elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

domingo, 29 de mayo de 2011

Enquisa limitada a turistas sobre a #acampadaobradoiro

Noche.
Foto por Baumgartem

GALEGO

Un dos acampados no Obradoiro, estudiante de psicoloxía, levou a cabo unha enquisa limitada a turistas que visitaron o pasado venres a Praza do Obradoiro, entre as 12:45h y as 13:27h, cun tope de 100 persoas cuestionadas.

A enquisa recolle a opinión de cidadáns españois, norteamericáns, portugueses e italianos, sempre evitando caer en sesgos debidos á apariencia física ou actitudinal.

A pregunta formulada era: ¿moléstalle a acampadaSCQ? Tanto a nivel estético e/ou persoal. 


Contestaron afirmativamente: 15/102
Contestaron negativamente: 87/102

Os datos, non as declaracións, falan por si mesmos.


CASTELLANO

Uno de los acampados en el Obradoiro, estudiante de psicología, llevo a cabo una encuesta limitada a turistas  que visitaron el pasado viernes la Plaza del Obradoiro, entre las 12:45h y las 13:27h, con un tope de 100 personas cuestionadas.

La encuesta recoge la opinión de ciudadanos españoles, norteamericanos, portugueses e italianos, siempre evitando caer en sesgos debidos a la apariencia física o actitudinal.

La pregunta formulada era: ¿les molesta la acampadaSCQ? Tanto a nivel estético y/o personal.

Contestaron afirmativamente: 15/102
Contestaron negativamente: 87/102

Los datos, no las declaraciones, hablan por sí mismos.

Charla-Coloquio de Carlos Taibo no Obradoiro

GALEGO

Esta tarde, ás 18:00 horas contaremos na praza do Obradoiro coa presenza de Carlos Taíbo para dar unha charla-coloquio sobre "Implicación e incidencia dos medios de comunicación nos movementos sociais".
Nesta charla trataránse ademais, outros temas relativos á globalización, dende macroeconomía ata a situación no Terceiro Mundo.Unha das súas principais causas é o decrecemento (En defensa del decrecimiento: “decrecer é necesario e supón un cambio de valores”).
Actualmente Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É autor dunha vintena de libros en castelán e tamén algúns en galego-portugués, fundamentalmente relativos ás transicións na Europa central e oriental contemporánea, ademais de numerosos artigos. No referente ao movemento 15M postulouse como unha voz de referencia e sabedoría, sempre apoiando a causa.
Como aperitivo, ás 16:00 horas debatirase sobre a proposta achegada onte na asemblea por Brais: Listas brancas, redución inmediata da porcentaxe mínima para ser elixido ao 3% e convocatoria de sesións en cortes sobre o estado da indignación.
Se queredes afondar no traballo deste autor, recomendámosvos que consultedes na súa páxina web: carlostaibo.com


CASTELLANO

Esta tarde, a las 18:00 horas contaremos en la plaza del Obradoiro con la presencia de Carlos Taíbo para dar una charla-coloquio sobre “Implicación e incidencia de los medios de comunicación en los movimientos sociales”.
En esta charla se tratarán además, otros temas relativos a la globalización, desde la macroeconomía hasta la situación en el Tercer Mundo. Una de sus principales causas es el decrecimiento (En defensa del decrecimiento: “ decrecer es necesario y supone un cambio de valores”).
Actualmente Carlos Taibo ejerce como profesor de Ciencia Política y Administración en la Universidad Autónoma de Madrid. Es autor de una veintena de libros en castellano y también en gallego- portugués, fundamentalmente relativos a las transiciones en Europa central y oriental contemporánea, además de numerosos artículos. En lo referente al movimiento 15M se postuló como una voz de referencia y sabiduría, siempre apoyando la causa.
Como aperitivo, a las 16:00 horas se debatirá sobre la propuesta comentada en la asamblea por Brais: Listas blancas, reducción inmediata del porcentaje mínimo para ser elegido al 3% y convocatoria de sesiones en cortes sobre el estado de la indignación.

Si queréis profundizar en el trabajo de este autor, os recomendamos que consultéis en su página web: carlostaibo.com


ACTUALIZACIÓN: En caso de lluvia hay sitio alternativo para la charla de Carlos Taibo. +info en Obradoiro.

Info importante para posible desalojo / Info importante para posible desaloxo

Informativo de #acampadaobradoiro

Inauguramos os informativos da acampadaSCQ.

Inauguramos los informativos de la acampadaSCQ.

sábado, 28 de mayo de 2011

Acta asemblea 28 maio

ACTA ASEMBLEA 28 MAIO

1. Lectura dos oito puntos do manifesto por María e Brais.
2. Información sobre o sistema de mensaxes SMS para informar a xente ante o posíbel desaloxo (Belén).
3. Lectura do protocolo de desaloxo (Pablo)
4. Información sobre as declaracións de Bugallo,e sobre os dous feridos graves da acampada de Barcelona. Tamén sobre as asembleas de barrio de Madrid.
5. Información das comisións.
Audiovisuais: a partir de hoxe hai un informativo diario e proxección de vídeos despois dos concertos.
Alimentación: faltan tomates e pimentos.
Cultura: programa dos próximos dias.
Extensión: Están traballando no acercamento aos centros socioculturais da cidade, piden xente para a comisión.

Protocolo a seguir en caso de desaloxo en #acampadaobradoiro

GALEGO

Que facemos en caso de tentativa de desaloxo por parte da policía:

1. O máis importante é manter a calma en todo o momento, estamos organizadxs, temos unha equipe de avogadxs que nos atenderán. Daranse instrucións precisas dende a megafonía que deben ser respectadas por toda a xente.

2. Teremos un grupo de compañeirxs para mediar con as forzas policiais, con identificación visíbel. Esas persoas son as que tratarán cos axentes, e cumpre evitar calquera outra interacción que os policiais poidan malinterpretar.

3. A estratexia de resistencia será a de sentada pacifica no centro da praza do obradoiro sen responder a provocacións. Sentaremos no chan en silencio e agarraremos aos brazos das persoas que estean cerca de nós. É moi recomendábel que te agarres a persoas con as que teñas confianza.

4. Se non tes clara a túa participación neste tipo de resistencia, diríxete as entradas do Obradoiro.

5. Se queres que che mandemos unha sms no momento no que comece o intento de desaloxo, mándanos un correo con teu número de móvil a desalojoscq@gmail.com (servicio gratuíto). Avisa a todos os teus contactos que están desaloxando a acampada para que nos xuntemos nas entradas do obradoiro.

E recorda: evita difundir rumores, recorda que a única información fiábel é a que se transmite pola megafonía. Leva sempre o DNI, mantén a calma, xuntxs podemos, do Obradoiro non nos moverán!

CASTELLANO

Que hacemos en caso de tentativa de desalojo por parte de la policía:

1.L más importante es mantener la calma en todo el momento, estamos organizadxs, tenemos un equipo de avogadxs que nos atenderán. Se darán instrucciones precisas desde la megafonía que deben ser respetadas por toda la gente.

2. Tendremos un grupo de compañerxs para mediar con las fuerzas policiales, con identificación visible. Esas personas son las que tratarán con los agentes, y conviene evitar cualquiera otra interacción que los policias puedan malinterpretar.

3. La estrategia de resistencia será la de sentada pacífica en el centro de la plaza del Obradoiro sin responder a provocaciones. Nos sentaremos en el suelo en silencio y agarraremos a los brazos de las personas que estén cerca de nosotros. Es muy recomendable que te agarres a personas con las que tengas confianza.

4. Si no tienes clara tu participación en este tipo de resistencia, dirígete a las entradas del Obradoiro.

5. Si quieres que te mandemos un sms en el momento en el que comience el intento de desalojo, mándanos un correo con tu número de móvil a desalojoscq@gmail.com (servicio gratuito).
 Avisa a todos tus contactos que están desalojando la acampada para que nos juntemos en las entradas del Obradoiro. 

Y recuerda: evita difundir rumores, recuerda que la única información fiable es la que se transmite por la megafonía. Lleva siempre el DNI, mantiene la calma, juntxs podemos, del Obradoiro no nos moverán!

Menú sabrosón de actividades culturais

Mañá vai ser un día intenso e no que seguro que tod@s imos aprender moito. Alá vai!

11.00 Teatro Encontro, espectáculo sorpresa
16.00 Chi Kung Shaolin
17.00 Obradoiro de francés: conversa, xogos...
18.00 Charla Coloquio con CARLOS TAÍBO
           "Implicación e incidencia dos medios de comunicación nos movementos sociais".

21.30 Concerto:
          Som do Galpóm
          Grou Pequeno
          Proxección de curtas.

Mañana será un día intenso y en el que seguro que tod@s vamos a aprender mucho. Allá va!

11.00 Teatro Encontro, espectáculo sorpresa
16.00 Chi Kung Shaolin
17.00 Taller de francés: conversación, juegos
18.00 Charla Coloquio con CARLOS TAÍBO
           "Implicación e incidencia de los medios de comunicación en los movimientos sociales"

21.30 Concierto:
          Som do Galpóm
          Grou Pequeno
          Proxección de curtas.