elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

domingo, 5 de junio de 2011

Reportaxe con humor

#acampadaobradoiro saíu a rúa a recoller as reaccións do pobo ante o compromiso de Zapatero de aceptar as propostas d@s indignad@s. Velaquí o resultado!!

Nota: Obviamente, isto é unha reportaxe de humor. A ver se alguén vai crer que xa negociamos co Presidente.

------------------------------------

#acampadaobradoiro salió a la calle a recoger las recciones del pueblo ante el compromiso de Zapatero de aceptar las propuestas de l@s indignad@s. He aquí el resultado.

Nota: Obviamente, esto es un reportaje de humor. A ver si alguien va a creer que ya negociamos con el Presidente.



Ollo calendario!!!

Benquerid@s:

Anunciamos que dende xa mesmo podedes consultar a programación cultural, reivindicativa e festiva que cociñamos aquí, na Praza do Obradoiro, no calendario que aparece agora na barra lateral. Rápido, sinxelo, para toda a familia!! Avisaremos de novo desta evolución na nosa interconectividade e esquizofrenia dixital, por se alguén se perde esta nota e pense que deixamos de facer cousas!

Saúdo

----------------

Bienquerid@s:

Anunciamos que desde ya mismo podéis consultar la programación cultural, reivindicativa y festiva que cocinamos aquí, en la Plaza do Obradoiro, en el calendario que aparece ahora en la barra lateral. Rápido, sencillo, para toda la familia!! Avisaremos de nuevo de esta evolución en nuestra interconectividad y esquizofrenia digital, por si alguien se pierde esta nota y piensa que dejamos de hacer cosas.

Saludos

Di Elas mostra seu apoio @s indignad@s

O pasado mércores 1 de xuño deron comezo as celebracións da Festa da Ascensión en Compostela e as rúas da cidade vella convertéronse nun fervedoiro de cores e actividade no que títeres, pasarrúas e charangas tinguían a pedra dun alegre ambiente de festividade que se facía cada vez máis intenso a medida que camiñabamos pola Carballeira de Santa Susana cara o Campus Vida, lugar que acolleu o concerto da banda de rock “Di Elas”, e ao que acudiu unha comitiva de dez persoas das comisións de Acción, Cultura e Comunicación, levando consigo o manifesto d@s indignad@s que nos identificamos co Movemento do 15M.

Non lles foi doado atopar sitio entre os centenares de xóvenes e non tan xóvenes que abarrotaban os arredores do escenario no que actuou “Di Elas”, a banda do cantante e actor galego Luis Tosar e do guitarrista Piti Sanz, para promocionar o seu primeiro álbum, que foi estreado o pasado 29 de marzo. Ademais, contaron con “Novedades Carminha” como teloneiros.

O público correspondeu dende o primeiro momento aos artistas cun gran entusiasmo e o concerto transcurriu de xeito ameno e tranquilo dende as 11 da noite ata entrada a madrugada ao son de temas como “Volver” ou “Dile que no”, mentres os compañeiros de Acción defendían a visibilidade da súa faixa, que concentraba nos poucos trazos de tinta de “Democracia Real Ya - Reforma de la Ley Electoral”, a vontade dos milleiros de persoas que damos vida e voz a este movemento.


Crónica do I Foro Galego de Acampadas. Vilagarcía de Arousa, 4 de xuño de 2011

O “I Foro Galego de Acampadas” reuniu este pasado sábado, en Vilagarcía de Arousa, a case todas as acampadas e asembleas de indignad@s das cidades e pobos da Galicia, co fin de unificar forzas e ideas que poidan servir para avanzar nas nosas reivindicacións.

Ás 11 de mañá comenzou a xornada de traballo coa presentación de cada acampada por parte das persoas enviadas: un total de 12 asembleas (Pontevedra, Cambados, Morrazo, Porriño, Ponteareas, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía de Arousa, SCQ, Coruña, Vigo) comentaron, entre outras cousas, a estructura interna dos seus campamentos e a súa forma de traballar. Podedes consultar todos os detalles picando aquí.

Despois de xantar, o foro centrouse no debate de puntos como traballo en e na rede, actividades actuais e futuras das acampadas, propostas de actividades conxuntas e proxección das acampadas. Para rematar a xornada, fixouse a data do seguinte foro, que terá lugar o 25 de xuño, nun emplazamento todavía por determinar.

Como xa podestes comprobar ao picar nos enlaces de enriba, creouse unha wiki para colgar a información referida a redes galega de acampadas. A dirección web é http://forogalegoacampadas.wikispaces.com/ e está aberta a todo aquel que quera colaborar nela.

-------------------------------------------

El "I Foro Gallego de Acampadas" reunió este pasado sábado, en Vilagarcía de Arousa, a casi todas las acampadas y asambleas de indignad@s de las ciudades y pueblos de la Galicia, con el fin de unificar fuerzas e ideas que puedan servir para avanzar en nuestras reivindicaciones.

A las 11 de mañana comenzo la jornada de trabajo con la presentación de cada acampada por parte de las personas enviadas: un total de 12 asambleas (Pontevedra, Cambados, Morrazo, Porriño, Ponteareas, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Santiago, A Coruña e Vigo) comentaron, entre otras cosas, la estructura interna de sus campamentos y su forma de trabajar. Podéis consultar todos los detalles picando aquí.

Después de almorzar, el foro se centró en el debate de puntos como trabajo en red y en la red, actividades actuales y futuras de las acampadas, propuestas de actividades conjuntas y proyección de las acampadas. Para finalizar la jornada, se fijó la fecha del siguiente foro, que tendrá lugar el 25 de junio, en un emplazamento todavía por determinar.

Como ya pudisteis comprobar al pinchar en los enlaces de arriba, se creó una wiki para colgar la información referida la red gallega de acampadas. La dirección web es http://forogalegoacampadas.wikispaces.com/ y está abierta a todo aquel que quiera colaborar en ella.

Programa cultural do domingo, 5 de xuño

18:00h (Acción) Flash Mob
22:00h Proxección de imaxes da acampada.
Mini-docus: - Que fas no caso de desaloxo?
- A realidade da nosa vida.
- A fábula dos ratos.
- A doctrina do Shock


----------
18:00h (Acción) Flash Mob
22:00h Proyección de imágenes de la acampada
Mini-docus: -¿Qué hacer en el caso de desalojo?
- La realidad de nuestra vida
- La fábula de los ratones
- La doctrina de Shock

sábado, 4 de junio de 2011

Informativo 1-2 Xuño #acampadaobradoiro

Aclaración do acontecido durante a celebración do Obradoiro Blu:sens Monbús

A #acampadaobradoiro parabeniza ao Obradoiro Blu:sens Mombús polo ascenso á Liga ACB, un mérito froito do esforzó de aficionados e xogadores. Pregamos que non se malinterprete nin se terxiverse o acontecido na Praza do Obradoiro durante a celebración do ascenso, xa que a protesta que se manifestou espontáneamente ía dirixida á clase política. As persoas ás que nos referimos eran as situadas no balcón dereito do Pazo de Raxoi, é dicir, as mesmas persoas que nos tildaron de okupas e que difundiron falacias sobre a salubridade da nosa protesta.

Para rematar, reiteramos a nosa parabenización ao Obradoiro, desexándolle moitos éxitos no futuro.


P.D.: Amosamos a nosa simpatía polo equipo emprestándolles o noso equipo de megafonía. Se o Concello non lles aporta medios, nós non temos inconveniente en deixarlles falar, que tamén son cidadáns.

CASTELLANO


La #acampadaobradoiro felicita al Obradoiro Blu:sens Mombús por el ascenso a la Liga ACB, un mérito fruto del esfuerrzo de aficionados y jugadores. Rogamos que no se malinterprete ni se tergiverse lo ocurrido en la Praza do Obradoiro durante la celebración del ascenso, ya que la protesta que se manifestó espontáneamente iba dirigida a la clase política. Las personas a las que nos referimos eran las ubicadas en el balcón derecho del Pazo de Raxoi, es decir, las mismas personas que nos tildaron de okupas y que difundieron falacias sobre la salubridad de nuestra protesta.

Para finalizar, reiteramos nuestra felicitación al Obradoiro, deseándole muchos éxitos en el futuro.

P.D.: Mostramos nuestra simpatía por el Obradoiro prestándoles  nuestro equipo de megafonía. Si el Concello no les aporta medios, nosotros no tenemos inconveniente en dejarles hablar, que también son ciudadanos.