elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

miércoles, 8 de junio de 2011

Resumo da acta do Foro aberto do día 06/06/11

-20:31: Comeza a sesión de Foro Aberto

-Procédese a ler a orde do día

-Procédese coa lectura dos oito puntos do manifesto

-20:31: Información das comisións

-Comisión de información: Continúase coa recolleita de firmas.

-Faise chamamento a comisións

-Comisión de cultura: Facilítase o programa cultural para o día de hoxe, e vindeiros. Fálase da
actividade no blog, e dun Magazine cultural.

-Aclárase que a actividade do blog tense que proxectar, e faise un chamamento a aportacións
no Magazine cultural.

-Comisión de Sanidade: Procede a expoñer varios puntos

. Instalacións: apelan ao correcto emprego das instalacións sanidade

.Búscase novo persoal auxiliar, non necesariamente especializado, encargado de facer
pequenas curas.

.Proxecto de poñer un dispensario en primeira liña de plaza para atender aos transeúntes

.Plan docente, cunha primeira charla sobre as ETS

.Petición de retirada de pedras dos ventos para previr pequenos accidentes

-Comisión de Comunicación: Procede á creación dun libro de Estilo. Informan da moderación
do blog evitando comentarios inaxeitados

-Comisión de Audiovisuais: Comezarán o antes posible a difundir de forma intensiva
información do resto de campamentos

-Comisión de Infraestruturas: Chamamento a recolleita de sacos para poder retirar as pedras
dos ventos

-Reunión de Comisións: Expón os temas tratados na xuntanza desta mañá

-Presentase a acta resumo dos temas tratados na xuntanza de madrid, dándose mañá
información detallada

-21:08: Apertura do turno de micrófono aberto

-Informe sobre a xuntanza de Vilagarcía. Información subida na plataforma Web. Fálase das

accións aplicadas por outras asembleas. Apélase á importancia de actuar no mundo rural para
a efectividade do movemento.

[Actualizado] En resposta ás declaracións de D. Guillerme Vázquez

Despois de tódolos comentarios e críticas xurdidas en torno ao texto que acompaña á publicación do vídeo de Guillerme Vázquez, dende a Comisión de Comunicación cremos necesario recoñecer a nosa equivocación e rectificar.

A diferenza do vídeo de Rafael Cuíña, publicado no blog cun texto puramente informativo baseado nas declaracións vertidas polo militante do PP, o texto que acompaña á entrada de Guillerme Vázquez foi redactado en consonancia coas reaccións das persoas que puideron velo nunha das sesións de proxección nocturna. Con todo, entendemos que poida parecer sesgada e dar lugar a malas interpretacións. Aínda que o contido sexa fiel á devandita reacción, é a forma a que fallou.

Pedimos desculpas se se malinterpretou a información. Pretendemos manter unha relación cordial con todos os cargos políticos que, en calidade de cidadáns, achéganse á praza ou se queren dirixir á asemblea. O movemento é de toda a cidadanía e todo o mundo ten voz nel.

Non somos profesionais, pero somos humanos e aprenderemos disto. Por ultimo, grazas a todos os que opinaron e criticaron a entrada. As criticas construtivas sempre son necesarias e axudan a mellorar.



Después de todos los comentarios y críticas surgidas en torno al texto que acompaña a la publicación del vídeo de Guillerme Vazquez, desde la Comisión de Comunicación creemos necesario reconocer nuestra equivocación y rectificar.

A diferencia del vídeo de Rafael Cuíña, publicado en el blog con un texto puramente informativo basado en las declaraciones vertidas por el militante del PP, el texto que acompaña a la entrada de Guillerme Vázquez fue redactado en consonancia con las reacciones de las personas que pudieron verlo en una de las sesiones de proyección nocturna. Sin embargo, entendemos que pueda parecer sesgada y dar lugar a malas interpretaciones. Aunque el contenido sea fiel a dicha reacción, es la forma la que ha fallado.

Pedimos disculpas si se ha malinterpretado la información. Pretendemos mantener una relación cordial con todos los cargos políticos que, en calidad de ciudadanos, se acercan a la plaza o se quieren dirigir a la asamblea. El movimiento es de todos y todos tienen voz en él.

No somos profesionales, pero somos humanos y aprenderemos de esto. Por ultimo, gracias a todos los que opinaron y criticaron la entrada. Las criticas constructivas siempre son necesarias y ayudan a mejorar.





"A mensaxe que deixou á asemblea o líder do BNG, Guillerme Vázquez, pasou desapercibida polo campamento igual ca un anuncio que pasa fugaz pola pantalla do televisor para logo quedar esquecido. Que nos dixo? "Alégrome de verte... moi boa sorte". Grazas, en serio, terémolo en conta. Sen embargo botamos de menos propostas, consellos e preguntas pola súa parte. Quizais os acampados, defraudados co discurso, esperaban do Sr. Vázquez máis implicación, máis interese pola nosa situación e unha demostración máis forte de coñecemento e comprensión das nosas esixencias, iso si, sempre a título persoal, como demostra no vídeo".

martes, 7 de junio de 2011

Acta de asemblea do Domingo 5/6/11

Aos cinco días do mes de Xuño do presente ano, reúnese en sesión ordinaria a asemblea aberta de Acampadaobradoiro, sendo as 20:16 horas. Cóntase coa presenza de acampados e cidadáns particulares.
-Procédese a ler a orde do día
-Procédese á lectura dos oito puntos do manifesto
-20:22- Comeza o turno de información de comisións
-Comisión de Infraestruturas: continúan coa organización do campamento, e están a prepararse para a choiva.
- Comisión de Información/Coordinación: Continúan coa recollida de sinaturas. Faise un chamamento á firma. Infórmase do novo censo de tendas, apelando á comunicación. Tamén faise un chamamento á participación a micrófono aberto
-Comisión de Extensión: Comunican a reformulación da proposta de saír aos barrios a partires do día 18, pasando a comezar a partires do sábado día 11 nos barrios de Sampedro e Castiñeiriño. Rógase consolidar contactos nos barrios.
-Comisión Económica: Estase a sufragar a viaxe a Madrid. Faise unha petición de aportacións de persoas de dentro do campamento. Séguense aceptando donacións.
-Comisión de Acción: Solicitan a creación dun stand para desenrolar as súas actividades. Mención ás actividades realizadas nos últimos días, e as que faranse nos vindeiros días.
-Comisión de Audiovisuais: faise un chamamento á participación de voluntarios con coñecemento en materia de montaxe e videos.
-Comisión de Comunicación: Informan da creación dun calendario de plataforma onde aparecerán tódalas actividades das comisións.
-Comisión de Extensión (bis): Chamamento a facer propostas e aportar ideas ao longo da semana co referente ao tema da descentralización das actividades do campamento.
-Resumo da reunión de comisións: chamamento á moderación en accións expontáneas. Cociña precisa voluntarios. Proposta de “reapropiación” do logo de Quechua®. Chamamento á moderación do ruído nocturno a partires das 2:00, e petición de comezar coas actividades do campamento entre as 9:30-10. Infórmase de que comunicación adquire competencias de forma non definitiva da disolta Comisión de Exteriores.
-Alusión: Creación de extensión implicou a desaparición de C. Exteriores englobando esas e máis competencias.
-Comisión de Cultura: Procede á lectura da súa programación para o día 6, e á programación de charlas para a vindeira semana.
-20:36: Propostas a votar hoxedraft

lunes, 6 de junio de 2011

Informativo da #acampadaobradoiro: 5-6 de xuño.

Nova edición do Informativo Obradoiro.
Disfrutadeo!!!!

-----------------------

Nueva edición del Informativo #acampadaobradoiro
Disfrutadlo!!!!


Indignad@s no Parlamento galego, 3 de xuño

parlamento
Un parlamento é unha charla ou discurso, e por extensión aplícase á reunión de representantes do pobo, onde se discuten e resolven asuntos públicos. Con esta palabra poderiamos denominar o que se realiza na praza do Obradoiro cada día ás 20 horas, mais a inclusión nesta definición do edificio da rúa do Hórreo que hoxe visitamos quedaría en dúbida en canto ao contido do significado. Fomos aló armados co de sempre: potas, culleres, tambores, un montón de ilusión e desta vez con dúas propostas para os traballadores que alí se reúnen con ánimo de representarnos. Estas propostas foron aprobadas pola Asamblea do luns 29, e consistían en dous puntos ben básicos e doados de entender: listas brancas e a consideración do estado de indig-nación.
O ruído dos nosos instrumentos, a nosa voz, os nosos papeis foron ignorados. Só un par de medios estaban alí para recoller o pintoresco da nosa cacerolada. Seica o edificio do Parlamento está moi ben insonorizado, xa que ningún traballador tivo a ben facer acto de presenza para saber que nos pasaba. O malo é que nós, as persoas acampadas, somos ben teimudas, e decidimos falar cun dos policías custodios do “privado lugar” que sorprendentemente tiveron a ben traernos un funcionario-enlace que tratase connosco.

Programación cultural: lunes 6 de xuño

17h - Charla de Mon Paz, membro de "Democracia Real Xa"

22h - Proxección do documental Earthlings (animalista)


--------------------


17h - Charla de Mon Paz, miembro de "Democracia Real Ya"

22h - Proyección del documental Earthlings (animalista)

domingo, 5 de junio de 2011

Reportaxe con humor

#acampadaobradoiro saíu a rúa a recoller as reaccións do pobo ante o compromiso de Zapatero de aceptar as propostas d@s indignad@s. Velaquí o resultado!!

Nota: Obviamente, isto é unha reportaxe de humor. A ver se alguén vai crer que xa negociamos co Presidente.

------------------------------------

#acampadaobradoiro salió a la calle a recoger las recciones del pueblo ante el compromiso de Zapatero de aceptar las propuestas de l@s indignad@s. He aquí el resultado.

Nota: Obviamente, esto es un reportaje de humor. A ver si alguien va a creer que ya negociamos con el Presidente.