Achégase o día!!!! Mañá, domingo 19, convocámosvos a tod@s á manifestación a nivel europeo contra o Pacto do €uro. Dende a acampada, e en coordinación ca xente de DRX-Compostela, estamos ultimando detalles festivo-organizativos para que sexa unha xornada memorable, divertida, de loita e dignidade.
A CITA SERÁ ÁS 18h NA ALAMEDA (PORTA FAXEIRA). SEN SÍMBOLOS, SEN SIGLAS, SEN PARTIDOS, SEN SINDICATOS. SÓ NÓS, O POBO, E A NOSA INDIGNACIÓN.
A manifestación desembocará no Obradoiro, onde Carlos Taibo leerá o manifesto e despois haberá unha gala cultural.
Collede ás amizades, á familia, á veciñanza, á vosa rede virtual.... difundide, falade, animádevos e TOMEMOS Á RÚA!!!!
"EUROPA PARA O POBO, NON PARA OS MERCADOS"
COS NOSOS CARTOS NON QUEREMOS PACTOS!!!!!!!!!
Resumo da rolda de prensa do xoves, vía Galicia Confidencial (gracias)
sábado, 18 de junio de 2011
viernes, 17 de junio de 2011
#acampadaobradoiro na Semana Verde de Silleda
Un grupo de persoas da #acampadaobradoiro viaxaron onte a Silleda, onde está a ter lugar a 34º Feira Internacional Semana Verde, entre o 16 de xuño até o 19 do mismo mes.
Co obxectivo de realizar un labor divulgativa dos puntos do manifesto e dos motivos que nos levaron a acampar no Obradoiro fai hoxe xa un mes, este grupo de traballo convoca unha Asemblea ás 20h no Campo da Igrexa.
Estades todos convidados a achegarvos para participar coa vosa propia voz neste novo espazo de reflexión.
---------------------------------------------------
Un grupo de personas de la #acampadaobradoiro viajaron ayer a Silleda, donde está teniendo lugar la 34º Feira Internacional Semana Verde, entre el 16 de junio hasta el 19 del mismo mes.
Con el objetivo de realizar una labor divulgativa de los puntos del manifiesto y de los motivos que nos llevaron a acampar en el Obradoiro hace hoy ya un mes, este grupo de trabajo convoca una Asamblea a las 20h en el Campo da Igrexa.
Estáis todos invitados a acercaros para participar con vuestra propia voz en este nuevo espacio de reflexión.
miércoles, 15 de junio de 2011
Dúas citas para maña!!!!
A acampada bule esta semana. Ademáis de estar preparando as asembleas de barrio e outras historias de extensión participativa, temos ai á volta da esquina a manifestación do 19 de xuño contra o Pacto do €uro.
Mañá, estades tod@s convidad@s a achegarvos á praza a dar ásas á vosa creatividade reivindicativa, xa que ás 14.30h faremos unha xornada de creación de faixas e berros de loita. Na acampada temos algo de material, mais animámosvos a traer as vosas aportacións (cartulinas, cartóns, pinturas, sprays...).
[actualizado con vídeo] Concentración no Parlamento do 15-X
Este mércores, 15 de xuño, vivimos unha lúdica e produtiva xornada de protesta ás portas do Parlamento galego. En breve teredes toda a información dispoñible con crónica, fotos e vídeos. Para abrir boca, expoñemos o manifesto que lles trasladamos hoxe aos "representantes" da Cámara galega. Ademais deste texto, entregamos no rexistro as reclamacións de listas brancas, debate sobre o estado da indignación e descenso da barreira electoral do 5% ao 0%, aprobados en asemblea.
Do pouco que puidemos saber ata agora do que se publicou nos medios, un par de aclaracións:
-Non eramos "medio centenar", se non que estabamos, polo menos, o dobre.
-A maioría dos medios ignoran nas súas informacións a forte e innecesaria vixiancia policial á que fomos sometid@s .
[Actualizado con vídeo] Asemblea en San Pedro-Acción Empapela os bancos
Etiquetas:
#acampadaobradoiro,
#acampadaSCQ,
acampada santiago,
acampadaobradoiro,
acampadaSCQ,
accións,
asembleas,
vídeos
martes, 14 de junio de 2011
Stop desahucios!!!
Comunicado da Comisión de Economía Social (Lexislativa)
Dende Acampada Obradoiro queremos solidarizarnos con aquelas persoas que están en situación de desahucio. Se estás pendente de desahucio, podes contar con nós para estar alí contigo ese día e impedilo, como xa se fixo noutras cidades do Estado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)