elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ
Mostrando entradas con la etiqueta indignados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta indignados. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de junio de 2011

Concentración no Parlamento o 15-X

A #acampadaobradoiro fai un chamamento a toda a cidadanía a concentrarse pacíficamente ante a sede do Parlamento de Galicia (Rúa do Hórreo, número 63) o vindeiro mércores, día 15 de xuño de 2011, ás 10.00 horas baixo o lema: “Non somos as pezas do voso xogo”. Recuperaremos a simboloxía das flores para facer fincapé no carácter non violento das nosas accións.

jueves, 26 de mayo de 2011

#indignadosSCQ

Isa
Lousame, A Coruña


GALEGO-ORIXINAL
Por que estás no Obradoiro?
- Porque xa hai moitos anos, bastante tempo, que estou traballando cada día pola miña conta a favor da xustiza e estou cada día que pasa máis convencida –se unha o pode estar máis aínda- de que eu voume adicar a isto o resto da miña vida ata que -confío plenamente nisto- na miña vellez poida gozar do mundo que os que estamos aquí queremos: limpo, verde, natural. Para os nenos que veñen quero deixar iso feito.

miércoles, 25 de mayo de 2011

#indignadosSCQ

Brais
Xove, A Marina, Pontevedra
 GALEGO-ORIXINAL
Por que estás no Obradoiro?
- Porque estou indignado e creo que hai alternativa.
Que te levou a vir á acampada?
- Tiña as miñas dúbidas, sentimentos ambiguos sobre isto. Creo que hai que estar sempre cos movementos sociais. Vexo que hai un potencial enorme e moito senso humano.