Benquerid@s:
A partir de hoxe imos tratar de achegarvos un breve resumo do que se vai falando cada día nas reunións cidadás que celebramos ás 20.00 horas. As actas seguirán sendo publicadas como se vén facendo dende sempre, pero tendo en conta o longo que é o proceso ata que as facemos públicas na rede, pretendemos achegarvos un adianto para que poidades estar ao día de todas as actividades e participar nelas.
Ademais da información habitual das comisións, un dos puntos máis interesantes da tarde de hoxe foi o debate sobre o punto 8 do noso manifesto, no que pedimos a redución do gasto militar. As persoas que opinaron ao respecto foron aportando diferentes propostas para un desenvolvemento máis concreto, como ocorre cos outros sete puntos. Reivindicar a supresión deste gasto, o papel da industria armamentística, a produtividade do Exército ou as alusións a conflitos bélicos históricos e actuais foron algunhas das ideas expostas.
Por outra banda, artellouse a creación dunha nova comisión, que se encargará de establecer un diálogo con organizacións ou plataformas coas que poidamos ter puntos comúns e buscar a maneira de facer máis forza colectiva na reivindicación dos mesmos.
Informouse tamén da actividade dos catro grupos de traballo que están a desenvolver próximas mobilizacións:
-Concentración ante o Parlamento o mércores 15 ás 10.00 horas. Este grupo reúnese este martes, día 14, ás 11.00 no Obradoiro.
-Manifestación do 19 de xuño contra o pacto do euro.
-Actos reivindicativos na Semana Verde de Silleda, que se celebra entre os días 16 e 19 de xuño.
-Marcha de indignad@s a Madrid.
Chamamos á participación de toda a cidadanía nos grupos para preparar estas accións e para, por suposto, levalas a cabo. Respecto dos grupos dos que non se especifica hora de reunión, se queredes traballar neles, pasade polo Obradoiro e preguntade.
Sodes benvid@s.
lunes, 13 de junio de 2011
Resumo do foro aberto 13/06/2011
Concentración no Parlamento o 15-X
A #acampadaobradoiro fai un chamamento a toda a cidadanía a concentrarse pacíficamente ante a sede do Parlamento de Galicia (Rúa do Hórreo, número 63) o vindeiro mércores, día 15 de xuño de 2011, ás 10.00 horas baixo o lema: “Non somos as pezas do voso xogo”. Recuperaremos a simboloxía das flores para facer fincapé no carácter non violento das nosas accións.
Morte do €uro
Etiquetas:
#acampadaobradoiro,
#acampadaSCQ,
acampada santiago,
acampadaobradoiro,
acampadaSCQ,
vídeos
sábado, 11 de junio de 2011
Resumo da acta do Foro aberto do día 09/06/11
-20:24 Empeza a sesión de Foro Aberto
-Lectura dos 8 puntos do manifesto.
-Procédese a ler a orde do día.
-20:35: Informe das comisións
-Comisión de Cultura: procédese á lectura do programa de mañá.
-Comisión de Audiovisuais: infórmase da subida dos vídeos do sucedido na Xunta á plataforma Web.
-Comisión de Asemblea: faise a proposta dunha asemblea de acampados mañá. Hora á propoñer a continuación.
-Comisión de Extensión: informe da reunión informativa na Anxel Casal o día de hoxe.
-Comisión Lexislativa: infórmase da reunión conxunta trala asemblea de hoxe.
-Comisión do bo rolo: manifesta o seu agradecemento pola aceptación do día do bico. Agradecemento polo logrado hoxe pola mañá.
-Comisión de Acción: lectura do programa para mañá.
-Subcomisión de Democracia Económica: Comunícase que haberá unha acción de limpeza de bancos o domingo (lectura do programa da devandita acción).
-Comisión do Bo Rolo (bis): chamamento á hixiene na praza.
-Comisión de Asemblea (bis): este sábado, a asemblea de acampad@s realizarase ás 15:30, no Obradoiro. Informa de que aínda que o foro aberto de hoxe ía tratar o tema da banca ética, sería mellor pospolo ao domingo ou luns, chamamento a acordar o día.
-Comisión de Cociña: informa de que está a traballar na escaseza dos alimentos, lista facilitada.
-Comisión de Infraestrutura: informa de que está a traballar nun aparello de enerxía e aforrar en Gasoil.
-Procédese a ler as actividades dos seguintes días en conxunto.
-20:42: Ábrese a sesión do Micro Aberto.
Etiquetas:
#acampadaobradoiro,
#acampadaSCQ,
acampada santiago,
acampadaobradoiro,
acampadaSCQ,
actas,
asambleas,
foro aberto
viernes, 10 de junio de 2011
Asamblea en San Pedro

Mañá, sábado 11 de xuño, vai a celebrarse unha charla asamblear de indignadxs no barrio compostelán de San Pedro, a partires das 18:30h na Praciña da Igrexa.
Quedades todxs convidadxs a este espazo de reflexión: "non somos mercadoría en mans de políticxs e banqueirxs"
------
Mañana, sábado 11 de junio, se va a celebrar una charla asamblear de indignadxs en el barrio compostelano de San Pedro, a partir de las 18:30h en la Praciña da Igrexa.
Estáis todos invitadxs a este espacio de reflexión: "no somos mercancía en manos de políticxs y banquerxs".
jueves, 9 de junio de 2011
Resumo da acta do Foro Aberto do día 7/6/11
-20:11: Comeza sesión de Foro Aberto
-Procédese á lectura da orde do día.
-Procédese á lectura do manifesto.
-20:19: Informes de Comisións
-Comisión de Comunicación: Solicítase oficialización inmediata da Comisión do “bo rollito”
-Comisión de Asemblea: Chamamento á participación na asemblea
-Comisión de Cultura: Procede á exposición do programa de mañá
-Comisión Lexislativa: Expón que estase a levar a cabo un proceso de contacto con plataformas que traten o tema de problemáticas de desaucio
-Comisión de infraestruturas: Presentación dos novos soportais, e fai chamamento á recadación de material.
-Comisión de Audiovisuais: Chamamento a suxerencias para o nome da radio da acampada
-Comisión de Extensión (in absentia): comezará a traballar dende mañá dende outros enclaves. Procédese a nomealos
-Información: procédese a nomear os puntos de debate, e o procedemento no micro pechado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)