elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

sábado, 21 de mayo de 2011

Acta do grupo de Política e Democracia participativa da Comisión Lexislativa (21 de maio)

Acta do grupo de Política e Democracia participativa da Comisión Lexislativa, do 21 de maio. 18:30h.

1.-Organización do grupo
- Este será un grupo de debate inicialmente, de elaboración de propostas a presentar en cada asemblea, modificables e para debater.
- Acórdase non tomar os 17 puntos de base que tiñamos; e facer propostas dende cero.
- A frecuencia das xuntanzas do grupo: serán en principio diarias. Mañá domingo 22 reunirase ás 18 horas (nos soportais do Concello, detrás da acampada).
- Todas as propostas publicaranse sempre no blog para que sexan públicas; ademais, crearase un correo para o grupo.

2.-Propostas
O grupo presenta dous eixos de debate abertos:
- Primeiro: 1) Reforma da democracia representativa ou 2) democracia participativa, directa e real, baseada en asembleas de barrio, parroquia ou concello, etc. e con capacidade de decisión (non consultivas).
- Segundo: 1) Unha reforma constitucional ou 2) ruptura e novo proceso constituínte.


__________________________________
O grupo é totalmente aberto; as propostas poden facerse a través del ou ben por comentarios no blog, que serán tratados cando o grupo de reúna.

En castelán:

Acta del grupo de Política y Democracia participativa de la Comisión Legislativa, del 21 de mayo. 18:30 horas.

1.- Organización del grupo:
- Este será incialmente un grupo de debate, de elaboración de propuestas a presentar en cada asamblea, modificables y para debatir.
- Se acuerda no tomar los 17 puntos de base que teníamos; y hacer propuestas desde cero.
- La frecuencia de las reuniones: serán en principio a diario. Mañana domingo 22 se reunirá a  las 18 horas (en los soportales del Ayuntamiento, detrás de la acampada).
- Todas las propuestas se publicarán siempre en el blog para que sean públicas; además, se creará un correo para el grupo.

2.- Propostas
El grupo presenta dos ejes de debate abiertos:
- Primero: 1) La reforma de la democracia representativa o 2) democracia participativa, directa y real, basada en asambleas de barrio, parroquias, ayuntamiento, etc. y con capacidad de decisión (no consultivas).
- Segundo: 1) Una reforma constitucional o 2) ruptura y nuevo proceso constituyente.



___________________________________
El grupo es totalmente abierto; las propuestas pueden hacerse a través de él o bien por comentarios en el blog, que serán tratados cuando el grupo se reúna.

17 comentarios:

  1. me pareceria interesante que las Tic fueran una base.
    de entre todo lo que he escuchado estos dias me ha parecido muy buena la siguiente:

    La idea de una asamblea de expertos creada por votación popular para tratar un tema específico, es decir diferente tema diferente comite de expertos cada vez, me parece interesante, despues esas soluciones pausibles podrían exponerse en una página web para que todos las conozcamos, preguntemos aclaremos dudas, debatamos y finalmete entre todos, ya sea por votacion a traves de la web con un sistema de reconocimiento por el DNI que impida votar dos veces o a las personas menores de edad, aunque creo que esto agilizaría el proceso.

    no se, como siempre ideas en el aire para que alguien las vea y las mejore.

    Lamento no haber podido asistir hoy por causas laborales, pero mañana contad conmigo para todo lo que organiceis.

    ResponderEliminar
  2. Votar, listas me parece una tontería, se presta a que nos gobiernen grupos de amigos, no gente especializada.Voto por que exista unas oposiciones para políticos en la que tengan que dar cuenta de la rama en la que se van a especializar.

    ResponderEliminar
  3. Ola xente, déixovos este post que a min e a máis xente nos preocupa:
    http://www.laesfera.org/2011/05/22/sol-empieza-a-fallar/

    ResponderEliminar
  4. http://15m2011.blogspot.com/2011/05/opinion.html?showComment=1306053845701#c1466715960728391454

    Es mi opinión del artículo, y si seguís teniendo dudas o preocupaciones acercaros al obradoiro y preguntar

    ResponderEliminar
  5. A mi me gustaría proponer en la línea del primer comentario el aprovechar las nuevas tecnologías para crear una plataforma gubernamental que mediante la identificación por el DNI-e permitiese a cualquier ciudadano acceder a:

    1) Una lista con todas las propuestas tanto del Gobierno como de la oposición que se tratarían en el parlamento.

    2) En dicha lista la gente podría solicitar la realización de un referéndum sobre dicha propuesta. En caso de que las solicitudes alcanzasen un número fijo que habría que fijar debería realizarse dicha consulta.

    3) Las consultas anteriormente comentadas se realizarían mediante la misma plataforma autenticada. Para que todo el mundo pudiese acceder en los ayuntamientos, Colegios,.. se habilitarían ordenadores para la gente que no tenga ninguno en su casa o a mano...

    Otra propuestas es la de entrar en el juego... es decir, crear una Asociación sin ánimo de lucro, mediante la cual se redactasen unos buenos estatutos que garantizasen el funcionamiento correcto de la misma, y, a posteriori, la creación de una agrupación política 100% dependiente de la asociación, la cual se vería en todo momento baja el control de la Asociación, funcionando de esa manera de forma democrática. Esta sugerencia no es sólo para crear una asociación, si no el crear un nuevo modelo de representación política con un funcionamiento más social y transparente, ya que el funcionamiento de los entes democráticos actuales no es nada claro...

    Un aludo

    Os dejo mi e-mail y mi blog:
    blog @ miguelduro.es
    www.miguelduro.es

    ResponderEliminar
  6. http://www.ustream.tv/recorded/14862173
    http://danix64.wordpress.com/2011/05/22/reflexion-critica-al-movimiento-acampada/
    http://www.meneame.net/story/reflexion-critica-asistente-asamblea-acampada-granada
    E a opinión dun dos impulsores do movemento 15 M
    http://www.enriquedans.com/2011/05/sobre-las-asambleas-las-acampadas-y-su-representatividad-en-el-movimiento-15m.html

    Compeñeiros, compañeiras, coidado...

    ResponderEliminar
  7. Manifesto Democracia Real Xa!
    http://www.escolar.net/MT/archives/2011/05/comunicado-de-prensa-de-democracia-real-ya.html

    ResponderEliminar
  8. Es genial el debate, que todos nos planteemos el tipo de democracia que nos gustaría. Me parece un acierto la creación de este grupo en concreto para debatir sobre estos dos temas en principio, pero no para decidir nada en principio ni someterlo a la votación en la asamblea, ya que como se dice en los post adjuntados en algunos comentarios, no tienen porque asumir ese tipo de responsabilidades por parte de asambleas de las acampadas. Hay que cambiar tres o cuatro cosas, en las que estamos todos deacuerdo y ya después vendrán los cambios concretos, que no procede decidir ahora. Esto no puede parar hasta conseguir estos mínimos. Saludos y fuerza!

    ResponderEliminar
  9. Por desgracia empieza a verse que algunos grupos estan abandonando las ideas transversales que nos unían a todos y estan tratando de erigirse en representantes de tod@s. Compañeros, si vais a proponer la independencia, la autodeterminación o similares hacedlo saber a todo el mundo, publicadloy decidlo a los medios. Muchos os seguiran, pero muchos otros tendremos claro que ya no debemos acudir a las asambleas pues no comulgamos con esas ideas. A mi me parece perfecto que se defiendan unas ideas u otras, pero que se ahga de un modo público y no de tapadillo en algunas comisiones.

    ResponderEliminar
  10. Estou de acordo co comentario das 18:44... dá a impresión de que este grupo de traballo está a abandoa-las ideas transversais que unen a este movemento por ideas dunha determinada cor.

    É de lembrar que no mundo sistémico o TODO é o que importa, é dicir, debemos procurar aquilo que nos una. A día de hoxe: unha reforma da lei electoral, unha maior fiscalización á banca e ás caixas de aforro, facer unha proposta para evitar implicados en casos de corrupción e demandar maior democracia interna aos partidos políticos! Estes son temas unificadores, senón o cren debería mira-los blogs doutras asembleas!

    ResponderEliminar
  11. Boa noite: estes días estou a apoiar ao movemento coa miña presenza puntual na vosa concentración, e expresando a miña opinión favorable cando teño a oportunidade. Ata este momento eu percibía un amplo apoio na poboación. Hoxe fun á Asamblea, e aínda que tiven que marchar ao pouco de comezar, leveime unha gran decepción porque, se o que está a ocorrer aquí fora algo xeralizado no resto do movemento, estaríase a sementar o fracaso. Explícome: o éxito deste movemento está en centrar as súas reivindicacións nuns aspectos moi concretos da nosa realidade que están a indignar á práctica totalidade da poboación de todo o Estado. Falo de peticións relativas á tasa de paro, o reparto inxusto da riqueza, a falta de protección social aos necesitados, a protección aos políticos corruptos, os privilexios dos políticos profesionais, o exceso de estrututas políticas (caso Senado, Deputacións...), o apoio do Estado á banca, .... Na Asamblea empezouse a falar de táboas reivindicativas amplas que, sen deixar de ser lexítimas e razoables, deberían quedar á marxe deste movemento: Lei de Augas, Lei da Familia, Decreto do Galego.... (falo de memoria) Está tan claro que me sorprende que non o vexamos todos os que desexamos que este movemento teña éxito: ou neste intre limitamos as nosas reivindicacións a poucas que entendemos e compartimos todos (madrileñas, aragoneses, casteláns, galegos e galegas...), ou perderemos o apoio da sociedade.

    Saúdos e ánimo.

    ResponderEliminar
  12. Ola, temos que ter claro que este vai ser un proceso lento e que temos que ter paciencia. Ata o de agora estanse a presentar propostas, son tan só propostas que todo o mundo pode facer, que se votarán en asamblea. Fai chegar as túas propostas, achégate ó comité lexislativo ou fálao na asamblea. Non hai xerarquías en canto ás propostas e todos temos na cabeza (eu penso) que hai que buscar consenso. O importante é non desgastarse e non etiquetar antes de tempo nada. Porque aínda non hai nada decidido e temos todo para decidir...
    Un saúdiño e ánimo!

    ResponderEliminar
  13. Ola xente, son Teresa, estiven hoxe na asamblea e tamén na comisión lexislativa da tarde e quixera deixar unha reflexión (é que a min o de falar en público, dáseme fatal...).


    Miña nai sufriu o machismo da ditadura franquista. Non a deixaron estudar. Quería ser médico i eu estou segura de que sería unha médico estupenda. A súa función era ficar na casa, ter fillos e aínda hoxe cos fillos xa independizados, tocoulle primeiro coidar á miña avoa materna e cando esta morreu, á tía do meu pai, a cambio dunha mísera axuda de 400 euros,que lles costa xestionar e que non soluciona nada. Eu penso que as mulleres son as grandes olvidadas cando se fala de Memoria Histórica. E hoxe, non pensemos que a situación está moito mellor. Si, temos a sorte de estudar (algunhas), pero seguimos a reproducir os mesmos patróns e os mesmos comportamentos que hai décadas e nas pequenas vilas a situación é moito peor. As mortes por violencia de xénero están á orde do día e, sinceramente, parece que non importa.


    Penso firmemente que é imprescindible que sexa en Galiza onde se xestionen e se decida sobre os nosos recursos. Cando vou á Serra da Capelada fíreme ver que se está a acabar co noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico. Pero non falo só dos muíños de vento. Falo tamén das centrais térmicas, das presas hidráulicas e de todo o que para min constitúe unha apropiación ilexítima dos recursos naturais, aínda por riba, a cargo de empresas foráneas.


    Non soporto tampouco esta cultura enlatada de supermercado, de domingos de centro comercial, de Sálvame e Salsa Rosa, de Bisbal, Chenoa e Manu Tenorio. Non o aturo, revólvenseme literalmente as tripas.


    Son da comarca de Ferrolterra, alí, exceptuando a xente maior nas aldeas, nin dios fala galego, e como é de esperar a min educáronme en castelán. Pasados os anos fíxenme consciente, por diversos motivos, de que tiña que defender a lingua de Galiza. Hoxe falo galego e para min é un dereito fundamental a defensa das linguas minoritarias.

    Estas son as cousas que a min me gustaría cambiar, cando menos (xa non falo das repercusións da contaminación ambiental na saúde e demais...).Se me pides que estableza prioridades nos meus principios, nos meus ideais, direiche que non podo. Se me preguntas se é posible unha revolución sen cambiar estas cousas contestareiche que non. Sen embargo entendo que para que algo saia adiante hai que trazar unha estratexia. E penso que é fundamental identificar o que nos une, en vez do que nos separa. Isto non significa que eu renuncie ós meus principios. Máis ben todo o contrario. Significa que vou loitar por unha democracia onde se me escoite. E para que sexa posible iniciar un proceso de reforma onde teñan cabida as demandas de distintos sectores da sociedade.

    SIGUE MÁIS ABAIXO, QUE NON ME DEIXA NO MESMO BLOGUE

    ResponderEliminar
  14. SON TERESA, SIGO AQUÍ OUTRA VEZ,CARALLO, DEBÍA TER MOITO QUE FALAR...

    As propostas formuladas por Democracia REal Xa teñen un amplo respaldo social e aínda que non supoñen unha ruptura, melloraría moitísimo a calidade de vida de todos os que aquí estamos puteados. Eu engadiríalle "o dereito da cidadanía de convocar un referendum vinculante ó nivel administrativo que a cidadanía que convoca o referendum considere". Aínda que non estudiei políticas, nin dereito, nin economía, atrévome a falar así, a risco de meter a pata ou dicir unha burrada. O que quero dicir é que a posibilidade de que a cidadanía poida convocar un referendum vinculante xa soluciona case todos os problemas. E isto é unha pequena achega que se pode aportar ó documento orixinal que todos suscriben. Agora ben, os pasos ou atrancos que hai no camiño, iso xa non é competencia miña, posto que non teño nin os coñecementos nin a formación para elaborar ou trazar a estratexia correspondente.


    Quero con isto dicir, que teño medo. Teño medo de que a xente empece a afastarse do movemento. ASí o dixen e así o estou vendo, en base ós comentarios que leo por aí en blogues, no facebook nesta páxina e demais. E creo que é responsabilidade nosa, de todos, saber e comentar que isto pode pasar. Por outra banda eu apoio tódolos puntos do decálogo proposto, creo firmemente neles e parécenme fundamentais, mais sigo a pensar que debemos escoitar as críticas da xente que respaldou o movemento 15-M. Hai moitas dúbidas respecto de todo isto, cara onde imos, como estruturarnos, pero eu creo que temos que ser pacientes e tenaces e non darlles a razón ós banqueiros nin ós goberneiros, nin ser un experimento sociolóxico ó servizo dos mass-media.


    Saúdos a todos e ánimos para a xente que está a traballar nas comisións. Esta semana tan só poderei asistir ás asambleas das 8, pero alí estarei. En caso de que finalmente se aprobe a proposta dun plano de sustentabilidade , eu ofrézome a colaborar, posto que é niso no que traballo diariamente.


    Acabo de ver os resultados eleitorais. Isto reforza o noso movemento.

    ResponderEliminar
  15. Hola. Bo día.
    Gustaríame poder colaborar con vos e formar parte dalgunha comisión. Traballo nunha asociación de consumidores de bancos, caixas e seguros e levamos moito tempo loitando contra os bancos, intentando que non sexan tan abusivos e que sempre estén presionando os consumidores e meténdose os seus dereitos por ahí. Así que poño os meus coñecementos a vosa disposición. Aquí levamos loitando pola dación en pago, por a eliminación das cláusulas suelo, e un montón de cousas para que a vida da sociedade sexa máis fácil, e que os bancos non se leven sempre a mellor parte.
    Se queredes que os podo servir de utilidade, me chamo Eugenia e este e o meu email: genimir@yahoo.es

    ResponderEliminar
  16. Saúdos dende Colombia! na nosa condición de compostelanos indignados, vémonos na obriga ética de estar con tod@s vos ainda que fisicamente nos atopemos lonxe. Gustaríanos aportar a nosa parte dende aquí polo que vos facemos chegar as seguintes propostas:

    -1. Propostas varias:
    oCambio lei de partidos por unha lei máis igualitaria.
    oPresupostos participativos en todos os concellos.
    oFin do gasto público en armamento.
    oPolíticos imputados fóra das listas de ningún partido político.
    oResponsabilidade social corporativa obrigatoría e real nas empresas.
    oApoio e difusión por parte do goberno á banca ética.
    oEducación pública laica e de calidade.
    oResponsabilidade e penalización ao maltrato animal e contaminación do medio.
    oReparto de riqueza. Equiparación de soldos.
    oEliminación de soldos vitalicios aos cargos políticos.
    oTransparencia orzamentaria na administración pública.
    oFin do gasto publico á Igrexa.
    oSanidade pública e de calidade.
    oFin da especulación inmobiliaria.
    Non máis casas vacias e xente sen casa.
    oInversión en gasto social e desenvolvemento humano.
    oFin de financiación publica a partidos políticos e á monarquía.
    oHabilitación de zonas verdes e recursos naturais onde poidamos estar cos nosos animais en liberdade.
    oPromoción do transporte público e ciclovías.
    oDemocratización cultural e acceso libre e gratuito aos bens e actividades culturais.
    oPoliticas de emprego para xóvenes e adultos que non sexan contratos basura.
    oAumento do gasto para escolas infantís.
    oConciliación familiar e laboral sen discrimación por sexo.
    oPoliticas de cooperación exterior máis humanas e menos económicas.
    oFin da manipulación nos medios de comunicación públicos.
    oCumprimento da declaración universal de dereitos humanos.
    oPosibilidade de voto inmigrante.
    -2. Concretar que vai pasar a medio – longo prazo. A nosa proposta é que se sigan realizando as movilizacións pacíficas polo menos un día á semana ata ver cambios reais.Seguir coas asambleas de barrios. Somos conscientes do que esto implica pero nos temos que comprometer.
    -3. Difusión da seguiente pàxina: http://actuable.es/peticiones/apoyo-desde-mundo-al-movimiento-15-m, para quenes non están físicamente ahí pero vos apoian en todo o mundo!
    -4. Todo o noso apoio e a seguir mantendo a calma! FORZA!

    ResponderEliminar
  17. Todo debe comezar dende a democracia real, participativa, directa... o resto é fariña do mesmo costal.
    Primeiro: Estamos a engadir ideas a este movemento do 15M, e iso fai que construamos sen querer un símil, idéntico, a un programa electoral.
    Segundo: Cun programa electoral non somos máis que un partido político dos que tantos hai. Paréceme incoherente seguir co sistema instaurado, esta revolución nace porque queremos cambiar o sistema. Ser un partido político significa que non imos a ser apoiados conxunto da sociedade.
    Terceiro: Non estamos innovando, non estamos a facer algo novo. Creo que a acampada estase a convertir nunha realidade paralela na que cremos que estamos xa nunha democracia directa porque vemos que se aproban ideas a través do noso voto. Pero non somos un goberno, o noso apoio a unha causa como o feminismo ou calquier outra non significa máis que calquer apoio que podería recibir dun partido político calquera.

    Hai que ter en conta dunha vez por todas a internet para que os cidadáns teñan voz e voto real, hai que convertir o sistema de ILP´s e referendums en algo sinxelo e normal.
    Queremos democracia directa, real, participativa, de ahí máis da información e educación, nace o resto.

    ResponderEliminar