elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

sábado, 21 de mayo de 2011

Propostas para unha Democracia Real

1. Co fin de achegarnos á realidade actual patente, consideramos fundamental a aprobación dunha Lei que acepte e regule a incorporación da participación cidadá nos órganos de representación públicos. Permitirase expresamente a participación a través das Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC).

2. En tódalas eleccións a circunscripcións serán únicas e coincidirá co nivel político no que se celebren.

3. No Senado tódolos/as senadores/as serán directamente elexidos/as por sufraxio universal na súa circunscripción autonómica.

4. Fórmula electoral proporcional pura, na que se abandanoría o sesgo maioritario da lei D’Hont e implicaría un aumento no número de representantes nas cortes.

5. Unificación da barreira mínima, para tódolos tipos de convocatoria electoral, no 3% dos votos emitidos como máximo.

6. Substitución das partidas porcentuais do gasto para campaña electoral por un teito de gasto global.

7. Límite salarial, inferior e superior, para tódolos/as os/as representantes públicos, directa ou indirectamente escollidos; así como para os seus asistentes, asesores ou calquer outro cargo de libre designación. Ningún salario representativo poderá ser inferior en 3 veces e superior en 6 ó Salario Mínimo Interprofesional (SMI), así como fundamentar a cuantía deste no salario medio.


8. Total transparencia de salarios, propiedades e bens e intereses de tódolos/as representantes públicos, directa ou indirectamente elexidos, así como dos seus asistentes, asesores ou calquer outro cargo de libre designación.

9. Reducir o número preciso de firmas para levar a cabo unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), así como establecer que esta sexa un procedemento válido para levar a cabo unha iniciativa de reforma constitucional.

10. Regulación das fórmulas de comunicacións políticas invasivas da privacidade (mailing, contestador automático, spam...).

11. Prohibición da comunicación negativa e baleiras de contido que empregue a esaxeración, o engano ou a descalificación, como técnica para informar á cidadanía.

12. Aprobar ás “Agrupacións Cidadás” como fórmula posíbel para concurrir ás eleccións.

13. Supresión das Deputacións Provinciais, e por conseguinte o nicho que supón para políticas clientelares e caciquís.

14. Posta a disposición, accesíbel, libre, gratuíta e en código aberto, de tódolos datos e informacións xeradas polas institucións públicas, o seus traballadores e representantes. Exceptuando aqueles datos protexidos expresamente pola Lei de Protección de Datos.

15. Corrupción: inhabilitación de por vida para o exercicio de responsabilidade pública para tódolos declarados culpabeis xa dende o momento da primeira sentencia.

16. Labor pública: tódolos/as representantes públicos, directa ou indirectamente elexidos, estarán suxeitos ó mesmo réxime disciplinario que os traballadores das institucións ós que pertenzan funcionalmente. Abandoar os privilexios fronte á lei, ante a que todos sexamos iguais de facto e ningunha persoa se considere “inviolábel”, volvendo polo tanto a este precepto extensivo, en canto institución do Estado, á Casa Real e a tódolos seus representantes.

17. Limitación de mandatos a dúas lexislaturas.



Propuestas para una Democracia Real

  1. con el fin de acercarnos a la realidad actual patente, consideramos fundamental la aprobación de una Ley que acepte y regule la incorporación de la participación ciudadana en los órganos de representación públicos. Se permitira expresamente la participación a traves de las Tecnologías de Información y Comunicación (TIC).
  2. En todas las elecciones, las circunscripción será única y concidirá con el nivel político en el que se celebren.
  3. En el Senado, todos/as senadores/as serán directamente elegidos/as por sufragio universal en su circunscripción autonómica.
  4. Fórmula electoral proporcional pura, en la que se abandonaría el sesgo mayoritario de la ley D´Hont e implicaria un aumento en el número de representantes en las Cortes.
  5. Unificación de la barrera mínima para todos los tipos de convocatoria electoral, en el 3% de los votos emitidos como máximo.
  6. Sustitución de las partidas porcentuales del gasto para campaña electoral por un techo de gasto global.
  7. Límite salarial, inferior y superior, para todos/as los/las representantes públicos directa o indirectamente elegidos/as, así como para sus asistentes, asesores o cualquier otro cargo de libre designación. Ningún salario representativo podrá ser inferior en 3 veces y superior en 6 al Salario Mínimo Interprofesional (SMI), así como fundamentar la cuantía de este en el salario medio.
  8. Total transparencia de salarios, propiedades y buenees e intereses de todos/as representantes públicos, directa o indirectamente elegidos/as, así como de sus asistentes, asesores o cualquier otro cargo de libre designación.
  9. Reducir el número preciso de firmas para llevar a cabo una Iniciativa Legislativa Popular (ILP), así como establecer que esta sea un procedimiento válido para llevar a cabo una iniciativa de reforma constitucional.
  10. Regulación de las fórmulas de comunicación políticas invasivas de la privacidad (mailing, contestador automático, spam...).
  11. Prohibición de la comunicación negativa y vacía de contenido que emplee la exageración, el engaño o la descalificación como técnica para informar a la ciudadanía.
  12. Aprobar las “Agrupaciones Ciudadanas” como fórmula posible para concurrir a las elecciones.
  13. Supresión de las Diputaciones Provinciales y, por consiguiente, del nicho que suponen para políticas clientelares y caciquistas.
  14. Puesta a disposición, accesible, libre, gratuita y en código abierto, de todos los datos e informaciones generadas por las instituciones públicas, sus trabajadores/as y representantes. Exceptuando aquellos datos protegidos expresamente por la Ley de Protección de datos.
  15. Corrupción: inhabilitación de por vida para el ejercicio de responsabilidad pública para todas las personas declaradas culpables ya desde el momento de la primera sentencia.
  16. Labor pública: todos/as representantes públicos, directa o indirectamente elegidos/as, estarán sujetos al mismo régimen disciplinario que los trabajadores de las instituciones a las que pertenezcan funcionalmente. Abandonar los privilegios prente a la ley, ante la que todos seamos iguales de hecho y ninguna persona se considere “inviolable”, volviendo por lo tanto a este precepto extensivo, en cuanto institución del Estado, la Casa Real y a todos/as sus representantes.
  17. Limitación de mandatos a dos legislaturas.

37 comentarios:

  1. E de que jeito exactamente restiram estas medidas o poder ao capital?

    ResponderEliminar
  2. Ola,
    quixera saber cal foi a forma de elexir finalmente a batería de propostas. Graciñas e un sáudo.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Por favor, necesito que me expliquedes que encontrades de positivo nas seguintes medidas:

    "2. En tódalas eleccións a circunscripcións serán únicas e coincidirá co nivel político no que se celebren."

    "5. Unificación da barreira mínima, para tódolos tipos de convocatoria electoral, no 3% dos votos emitidos como máximo."

    Poñamos por caso unhas xerais con circunscripción única. E remitamonos a resultados pasados:
    No 2008 só PSOE (43,64%) PP (40,11%) IU (3,8%) e CIU (3,05) terian entrado no parlamento. Claramente un parlamento menos plural e no que so participan os menmos de sempre.
    Tentemos a er se cos datos de 2004 mudaria a cousa... só PSOE (42,59%) PP (37,71%) IU (4,96%)e CIU (3,23) non e casualidade que sexan os mesmos e o parlamento sexa menos plural.
    En definitiva unha aberración democratica e excluinte.

    Non á barreira mínima, e non á Circunscripción Electoral Única! En todo caso a circunscripción debería ser autonomica. E os deputados correspondentes a cada autonomia repartidos proporcionalmente ao censo electoral das propias eleccións para asegurar que o voto de todos os cidadans vale o mesmo.

    Por outra parte subscribo totalmente o comentario #1

    Saúdos e reflexión.

    ResponderEliminar
  5. Ola, eu o que non entendo é de donde proveñen as propostas, pero como está aberto a máis propostas, por favor, sería bo debatilo en público, como xa o comentaron algunhas persoas co tema da circunscripción electoral única, posto que aí non todos probablemente coincidamos. Outro aspecto que eu creo é importante tería que ver cos elevadísimos porcentaxes de abstención. ¿É lexítimo un goberno onde se absteña o 60% da poboación? Gracias e saúdos.

    ResponderEliminar
  6. Unha circunscripción electoral única suporía non ter en conta as realidades nacionais do Estado. E por certo, é o mesmo que pedía o manifesto do que vos desmarcáchedes antes. Exactamente o mesmo.

    ResponderEliminar
  7. Estiven onte pola noite por aí e alegreime moito co que vin, xente nova e entusiasta, convencidos de que poder cambiar esta sociedade consumista da que todos somos responsables, non só os políticos. Xa era hora!
    Máis alá do que critican outros comentarios (Anónimos, por favor, non!), a miña observación sobre as propostas refírese a insistencia nos políticas e nas eleccións, deixando de lado aos verdadeiros poderes (os mercados, a igrexa, os medios...). E tamén a responsabilidade individual para vivir de acordo co que predicamos.
    En definitiva, que para unha persoa dos meus anos, profesor de Historia máis preocupado polos valores que polos coñecementos académicos, descontento co mundo no que vivimos e optimista sobre as posibilidades de cambialo, esta mobilización é unha gratificación. Síntome mellor cos vós acampados, moitas grazas.

    ResponderEliminar
  8. Para anónimo 11:00.

    O que non e democrático e que no 2008 a partidos como pp e psoe lles costase sobre 60000 votos cada escano e a outros partidos como IU ese mesmo escano lle costase 400000, e provocando que según onde vivas, o teu voto teña mais valor ou menos. Se a pluralidade política diminue, será porque así o quere o pobo. Non pode ser que nos formemos unha pluralidade política cunhas formulas electorais que rozan o antidemocrático.

    ResponderEliminar
  9. De verdade que seguides pedindo a circunscripçom única? E um límite do 3%?
    Porque fazedes tam difícil acreditar que sodes um movimento mínimamente preocupado por Galiza e polos galegos?

    ResponderEliminar
  10. Segundo o aprobado onte por vós o Parlamento estaría composto actualmente por 4 partidos: PSOE, PP, CiU e IU. En cambio, PNV, BNG, ICV, NaBai, EA, e CC estarían fóra. Sodes conscientes diso non?

    ResponderEliminar
  11. E Esquerra tamén quedaría fóra, que xa se me esquecía :)

    ResponderEliminar
  12. TOTALMENTE EN CONTRA DO PUNTO 5. De feito véxoa contraria ó punto 2 ou a calquera punto sinónimo de "unha persoa, un voto".
    Non pensara na circunscripción autonómica, pero pensándoo ben sería máis xusta sen dúbida xa que así non habería zonas olvidadas da man de dios, e diso os galegos sabemos moito, q parecemos o último peido do cú con perdón.
    Quizais na seguiente asamblea.
    Saúdos e a darlles duro!

    ResponderEliminar
  13. Estamos a reclamar unha democracia, que realmente nos represente a tod@s e dende o meu punto de vista coa circunscrición única continuariamos a marxinar e a esquecernos dalgúns, que continuarían a sentirse non representados. Ben é verdade que a lei electoral actual non é xusta, pero a circunscripción única tampouco, non só porque perxudicaría a aquelas agrupación que unicamente se presentan nalgunhas comunidades, senón porque dificultaría a entrada de novas agrupacións, carentes de orzamentos e infrastuturas para competir cos grandes partidos políticos, por non falar da ventaxe que terían as comunidades máis poboadas, que serían ao fin e ao cabo as que decidirían sobre as demais. Non caiamos no erro de pensar que a circunscripción única é máis xusta porque é unha falsa percepción.
    Pola miña parte comparto a proposta da: "circunscrición autonomica. E os deputados correspondentes a cada autonomia repartidos proporcionalmente ao censo electoral das propias eleccións para asegurar que o voto de todos os cidadans vale o mesmo."

    Ánimo e loita!!

    ResponderEliminar
  14. En contra da circunscrición única, porque prexudica as provincias pouco poboadas e beneficia as moi poboadas. Todos os políticos se centrarían nas que tivesen moita poboación e as otras morrerían de pena peor que agora. Pero hai outra posibilidade que combina a circunscrición provincial e a Estatal ou autonómica (como se prefira). Trátase de que os deputados escolleríanse por provincias e os votos restantes, os que sobren e non dean para obter un deputado, sumaríanse cos doutras provincias e cada partido obtería os deputados dos restos naquelas provincias onde porcentualmente estivese más cerca de obter deputado. Así non se perden practicamente ningún voto e todas as provincias son importantes.

    Tampouco estou de acordo coa limitación de mandatos. Se pedimos unha democracia real, temos que ser coherentes. O que decide é o pobo, e se o pobo quere seguir elixindo a un determinado representante, debe poder facelo. Ademais, se un cargo público sabe que despois do segundo mandato non ten que someterxe ao xuízo popular, entón fará o que lle dá a gana. Os cidadáns temos dereito a xulgalo cos nosos votos.

    ResponderEliminar
  15. Eu digovos que calquer cousa que non sexa circunscrición única vai atentar contra o prinicipio "unha persoa, un voto". Ven e certo tamén que tamén vai afectar as necesidades periféricas do estado, favorecendo as comunidades con maior poboación. Dende o meu punto de vista a circunscrición única e a solución mais democrática, pero tamén considero necesario que o poder das autonomías sobre o goberno central ten que aumentar considerablemente para evitar a soberanía dunhas comunidades sobre as outras

    ResponderEliminar
  16. É moi sinxelo. Con circunscripción única e 3% un partido necesitaría (tendo en conta a poboación e a media de abstención) como mínimo, uns 700.000 votos para poder ter representación.

    Obviamente esa non é a solución máis democrática.

    ResponderEliminar
  17. Circunscrición única? Democracia Real (Borbónica), si oh! Comecemos polo dereito de autodeterminación, iso si é democracia

    ResponderEliminar
  18. Efectivamente, tes razón, e digo máis, con tal sistema de circunscrición única non terían representanción parlamwntaria Cantabria, La Rioja, Navarra,León, Teruel...
    Co sistema mixto que propuxen máis arriba, todas teñen representación e segue sendo "unha persoa un voto". O que ocorre para que non se perdan votos é que os restos súmanse.
    Imaxinade que extrapolamos o sistema de circunscrición única á UE (por coherencia deberiamos facelo non?), entón non terían representación Luxemburgo, Malta, Eslovenia e moitos países máis. A circunscrición única é a cousa máis reaccionaria que existe, porque ignora a realidade plurinacional do Estado.

    ResponderEliminar
  19. Todas estas são propostas de modificação do sistema eleitoral. Com isso já temos democracia real?

    Vou fazer eu algumas propostas democráticas mais, a ver que opinais:

    - Derogação imediada da Ley Orgánica 6/2002, de 27 de junio, de PARTIDOS POLÍTICOS, por INCONSTITUCIONAL e ANTIDEMOCRÁTICA. Todas as ideias e os partidos são legais, serão os cidadãos quem apoiem ou não.

    - Direito de AUTODETERMINAÇÃO DOS POVOS. A pertença a um estado será por soberania popular, não pola força. Os cidadãos dum povo poderão DEMOCRATICAMENTE mediante referendum escolher o seu sistema de governo.

    - Revisão da CONSTITUÇÃO ESPANHOLA que deverá ser novamente refrendada por estar obsoleta num 60%. Pode-se modificar para mudar a moeda, as competências que agora são da UE, mas não para as demandas dos cidadãos? A constitução deve ser democrática, não imposta por franquistas com as sombra dum novo golpe de estado condicionando as decisões.

    - Direito democrático do povo de escolher a sua forma de governo. Se o 80% dos cidadãos espanhois preferem uma república, por que temos uma monarquia? Democracia é o poder do povo.

    - Separação de facto de IGREJA e ESTADO, como define o art.16 da CE e como hoje não acontece.

    - Separação de poderes executivo, legislativo e judicial, como estabelece a CE e como não está a acontecer.

    - Abolição dos privilégios políticos: não à imunidade jurídica dos deputados, não aos salários vitalícios, incompatibilidade dos cargos em juntas diretivas de grandes empresas com cargos políticos, etc.

    - Referendum para qualquer questão económica e política supra-estatal. Um povo soberano em democracia é quem manda, não o FMI, nem a OTAN, nem o BCE, nem todos esses organismos sem nenhum tipo de control DEMOCRÁTICO que ditam resoluções políticas de grande impacto.

    - Referendum para questões políticas do estado de grande transcendência. Por exemplo, política energética com ou sem centrais nucleares. Numa democracia real essas decisões não podem ser tomadas sem consultar os cidadãos.

    E depois se quereis falamos das propostas econômicas que está a propor ATTAC e outros.

    NUMA DEMOCRACIA, O POVO ORDENA, O GOVERNO OBEDECE.

    Saúde, Terra e Liberdade.

    ResponderEliminar
  20. Podemos discutir ata o infinito o tema da circunscrición única, para min é un tema secundario. Eu son de Ourense e para nada me sinto representado polos Baltares e demais representantes do 'territorio'. Sexa cal sexa o sistema do sufraxio eu quero que os meus 'representantes', naceran na Gudiña ou en Tesalónica, gobernen seguindo, en resume, uns criterios de xustiza social (o que inclúe, por suposto, o respecto ás identidades) e defensa do medio ambiente.

    ResponderEliminar
  21. Aplicando o tema da circunscripción única ao movemento #15M, tendo en conta que a asamblea do Sol acumula máis votos que a asamblea do Obradoiro, nós deberiamos supeditarnos sempre ao que se acorde en Sol, porque ao fin e ao cabo, alí as propostas aprobadas acumulan máis votos que calquera das aprobadas no Obradoiro, así que si eso eliminamos as asambleas no Obradoiro e unicamente enviamos as nosas propostas a ver se as aproban alí

    ResponderEliminar
  22. Concordo con todas as túas propostas agás a última. Por que limitar a capacidade de decisión do pobo aos grandes temas? O pobo debe poder decidir en todos os temas que considere oportuno. Poñanse as condicións necesarias (recollida de formas, determinado número de deputados, etc.)e que o pobo sexa quen decida se quere referendum ou non. Na Suíza acontece algo saí e non parece que lles vaia tan mal niso. Como ti dis, o pobo é quen ordena, pero para todo. As cuestións que afectn a un concello deben ser votadas polos cidadáns do concello, as que sexan de ámbito autonómico, polos cidadáns da Comunidade Autónoma e as que sexan de ámbito estatal por todos os do Estado. É así de simple

    ResponderEliminar
  23. Que non Heladio, que non, que se deputado non depende dos votos de Ourense, por que había de interesarse por eses votantes? O que ti propós baséase nun buenismo político, que non existe. Se un deputado ten que escoller entre beneficiar a Sevilla ou a Ourense, a quen cres que beneficiará? É obvio, á máis poboada, porque a súa reelección depende diso.
    E non é un tema secundario, é un tema de primeirísima orde. Sabes quen o propón tamén? UPyD, ou sexa os reaccionarios. A dereita adora a circunscrición única.

    ResponderEliminar
  24. As «Propostas para unha Democracia Real» deste post, discutíveis, evidentemente, resultam suspeitosas por duas cousas:

    1.- São propostas de reforma do sistema eleitoral. A DEMOCRACIA REAL é muito mais do que o sistema eleitoral.

    2.- Coincidem totalmente com a Proposição Não de Lei apresentada por UPyD no parlamento espanhol. http://www.youtube.com/watch?v=mFqjWVW5mK4

    Se a gente que está acampada no Obradoiro é algo mais do que militantes de UPyD fazendo campanha eleitoral encoberta, outras muitas cousas deveriam ser discutidas e propostas.

    Eu fiz uma primeira achega, gostaria que vós, que sois os que estais ali façais muitas mais, e que as discutais civilizadamente e até que as voteis DEMOCRATICAMENTE em assembleia (democracia real e direta) antes de reflecti-as em qualquer manifesto, web, ou o que for.

    ResponderEliminar
  25. Discutindo propostas concretas, eu sou totalmente em contra do distrito eleitoral estatal único. Isso implica na prática que Madri e Barcelona decidam o governo. E como tal, os partidos políticos farão as suas políticas só para obter votos nas grandes cidades, o qual é profundamente ANTIDEMOCRÁTICO, pois fomenta o desequilíbrio territorial e margina os eleitores rurais e periféricos (por se já não estiverem marginados abondo), que num sistema assim passam a ser zeros à esquerda.

    Esta medida é oportunismo político de UPyD (deles nasceu essa proposta), e é uma chave para a entrada no poder de partidos marginais da ultra-direita. Por exemplo, um BNG ou PNV com aproximadamente 300.000 votos em Galiza ou em Euskadi são democraticamente partidos muito representativos dos cidadãos galegos e bascos. Com o distrito único, a Falange Espanhola poderia somar em todo o território 400.000 votos e deixar sem representatividade a BNG e PNV.

    Isto é o que aconteceu em Áustria ou em Finlândia, assim é como uma minoria residual se converte chega a entrar no governo.

    Mas alguém dirá que isso também poderia beneficiar a partidos de esquerda. Mentira, para isso está a Lei de Partidos, para ilegalizá-los (os de esquerda), e isto foi o que aconteceu com Alternativa Internacionalista, coligação eleitoral para umas europeias onde sim funciona o DISTRITO ÚNICO ELEITORAL.

    Evidentemente, os partidos galegos, bascos, e catalães ficam sem representatividade. Por isso nas europeias (distrito único) precisam de coligações.

    O DISTRITO ÚNICO é uma proposta NACIONALISTA ESPANHOLA contra os nacionalismos galego, basco e catalão.

    E não é de recibo que um tema tão secundário como este seja tão prioritário no movimento Democracia Real Já.

    ResponderEliminar
  26. Unoquepasabaporallí21 de mayo de 2011, 18:18

    #DemocraciaRealYa está para luchar por los intereses políticos (que no partidistas) de todos los españoles. Para cambiar el sistema.
    Parece que algunos defendéis lo intereses de cierto partido, y eso no me gusta nada, nada. Desvirtúa la intención de esto.

    ResponderEliminar
  27. Unoquepasabaporallí,

    Se a «inteción de esto» é só reformas do sistema eleitoral e não nenhuma outra num estado com profundíssimo déficit democrático, se a «inteción de esto» é beneficiar os interesses partidários de UPyD, se a «inteción de esto» é exaltar o nacionalismo espanhol, eu estarei encantado de desvirtuá-lo.

    Saúde e democracia!!!

    ResponderEliminar
  28. Todo esto personalmente creo que se traduce en el "un hombre, un voto" frente al sistema actual de circunscripción provincial que pudiera beneficiar a los dos grandes partidos. El problema obvio de la circunscripción única (aunque parece que a la gente no le importe lo más mínimo) es el enorme perjuicio para las regiones menos pobladas y para los partidos mayoritarios en provincias pequeñas (PNV y Nafarroa Bai), igual de injusta que la infrarepresentación de IU sería la infrarepresentación de partidos como estos.

    ResponderEliminar
  29. Unoquepasabaporallí21 de mayo de 2011, 19:23

    Claro, pero es que ese es el problema a solucionar, la infrarrepresentación de partidos como IU y la sobrerrepresentación de partidos como BNG, que al final 300000 votos acaban siendo la llave y decidiendo por encima de los intereses de mucha más gente. No es justo que porque un partido sólo se presente en parte de España, tenga más facilidades que otros. El congreso debería ser lo mas parecido a coger a todos los españoles y sentarlos allí, como si los escaños se repartiesen con %. Para representación territorial ya tenemos el Senado (que funcione como una mierda es otro tema que tb habria que arreglar)

    ResponderEliminar
  30. Unoquepasabaporallí e Anónimo, «se os ve el plumero». Ou seja, que as únicas petições que vós fazeis são de reforma eleitoral?

    Toda a democracia se reduz ao sistema eleitoral?

    Acima deixei outras propostas para UMA DEMOCRACIA REAL, só a modo de exemplo, falatam muitas mais. Nenhuma dessas questões vos preocupam?

    Sou todo ouvidos. Gostaria ouvir propostas DEMOCRATIZADORAS REAIS além das simples reformas do sistema eleitoral.

    Um saúdo.

    ResponderEliminar
  31. CONCORDO COM O QUE JÁ FALOU MARCOS CELEIRO,ESE É O CAMINHO FIRME CUM SÓ PERO , A MONARQUIA NÃO TEM SENTIDO E COIDO QUE TAMPOUCO TEM LUGAR.

    ResponderEliminar
  32. Hai algo máis antidemocrático que limitar por lei un mandato a dúas lexislaturas?

    Que sucede se o pobo segue a depositar a súa confianza nun determinado mandatario máis alá de 8 anos? Debemos recortar nese caso a vontade popular?

    Estas medidas teñen un tufo a UPyD que fan que me desentenda do movemento

    ResponderEliminar
  33. Autodeterminaçao, republica, antidiscriminaçao por razom de cultura. Imprescindiveis!

    ResponderEliminar
  34. ¿Pero esto es para las elecciones españolas o portuguesas?

    ResponderEliminar
  35. Os habéis parado a pensar que en donde funciona la circunscripción única es en los mercados.

    ResponderEliminar
  36. Não sou contra a circunscrição única mas tem de ser acompanhada pelo corolário lógico que é, ademais, um direito inalienável: o direito de autodeterminação. A mim não me importa que 43 milhões de espanholes possam influir nos destinos de 3 milhões de galegos, sempre que esses 3 milhões de galegos possam dar cabo dessa influência em qualquer momento.
    José.

    ResponderEliminar
  37. Que é a democracia? De que falamos quando pedimos democracia real, quando decimos que o que hoje existe nom o é? Como se mide a qualidade da democracia num país? Falamos só da possibilidade de votar cada 4 anos? Falamos só da lei electoral e a representatividade que produce? Falamos tamem da participaçom cidada, do gozo dos direitos civis e políticos num estado livre, falamos do governo do povo e nunca contra o povo?
    A que todo o mundo entende que uma democracia nom pode ser racista?Pois tampouco nunca poderemos falar de democracia mentras persista a sociedade machista e patriarcal. Assi, umha das observaçons que se fam á hora de decidir o estado das democracias é a situaçom das mulheres desses países (com muita lógica pois estamos falando da metade da poboaçom)
    Pois neste Estado, polo feito de ser mulheres, podemos ser assassinadas, violadas, golpeadas na vida diária, menosprezadas e ridiculizadas, ter restringidos e controlados os movimentos, ter os trabalhos de mais baixa qualificaçom, cobrar menos, ser abocadas à maternidade e ao cuidado dos demais, seja infância, velhez ou dependência, num trabalho gratuito e infravalorado que aforra milhos ao sistema; só por ser mulheres nom decidimos livremente sobre o nosso corpo e decidem mais a Iglesia ou o Estado; educa-se-nos de jeito distinto, nom estamos representadas em igualdade nos centros de poder e toma de decissons e incluso, a maior parte das veces, nem sequer se nos nomea, somos invisíveis….
    Cómo nom vai haver em todas as praças feministas indignadas? Que todo o mundo tenha claro que nom é só umha consigna mais a de que "Sem mulheres nom hai Revoluçom".
    E agora, como som feminista, utilizo umha determinada língua, e incluso junto as letras de forma diferente, haberá quem diga que nom tenho cabida na praça, que quero botar todo a perder, que quero aproveitar-me. Só dizer-lhes que o feminismo leva existindo no nosso pais desde hai muitos anos, mais dos que eu tenho e que leva transformando a sociedade pouco a pouco pêro sem pausa, ainda que ao poder patriarcal nom lhe interesse reconhecer-lhe o mérito; que as mulheres que estiverom antes que nós conseguindo cousas como o direito ao voto ou o acesso á educaçom, ou o divorcio ou tantas outras, tamem tiverom en contra a quenes temem perder privilégios.
    Sem dúbida nengumha Será feminista ou nom será.

    ResponderEliminar