elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

sábado, 21 de mayo de 2011

Acta do grupo de Política e Democracia participativa da Comisión Lexislativa (21 de maio)

Acta do grupo de Política e Democracia participativa da Comisión Lexislativa, do 21 de maio. 18:30h.

1.-Organización do grupo
- Este será un grupo de debate inicialmente, de elaboración de propostas a presentar en cada asemblea, modificables e para debater.
- Acórdase non tomar os 17 puntos de base que tiñamos; e facer propostas dende cero.
- A frecuencia das xuntanzas do grupo: serán en principio diarias. Mañá domingo 22 reunirase ás 18 horas (nos soportais do Concello, detrás da acampada).
- Todas as propostas publicaranse sempre no blog para que sexan públicas; ademais, crearase un correo para o grupo.

2.-Propostas
O grupo presenta dous eixos de debate abertos:
- Primeiro: 1) Reforma da democracia representativa ou 2) democracia participativa, directa e real, baseada en asembleas de barrio, parroquia ou concello, etc. e con capacidade de decisión (non consultivas).
- Segundo: 1) Unha reforma constitucional ou 2) ruptura e novo proceso constituínte.


__________________________________
O grupo é totalmente aberto; as propostas poden facerse a través del ou ben por comentarios no blog, que serán tratados cando o grupo de reúna.

En castelán:

Acta del grupo de Política y Democracia participativa de la Comisión Legislativa, del 21 de mayo. 18:30 horas.

1.- Organización del grupo:
- Este será incialmente un grupo de debate, de elaboración de propuestas a presentar en cada asamblea, modificables y para debatir.
- Se acuerda no tomar los 17 puntos de base que teníamos; y hacer propuestas desde cero.
- La frecuencia de las reuniones: serán en principio a diario. Mañana domingo 22 se reunirá a  las 18 horas (en los soportales del Ayuntamiento, detrás de la acampada).
- Todas las propuestas se publicarán siempre en el blog para que sean públicas; además, se creará un correo para el grupo.

2.- Propostas
El grupo presenta dos ejes de debate abiertos:
- Primero: 1) La reforma de la democracia representativa o 2) democracia participativa, directa y real, basada en asambleas de barrio, parroquias, ayuntamiento, etc. y con capacidad de decisión (no consultivas).
- Segundo: 1) Una reforma constitucional o 2) ruptura y nuevo proceso constituyente.



___________________________________
El grupo es totalmente abierto; las propuestas pueden hacerse a través de él o bien por comentarios en el blog, que serán tratados cuando el grupo se reúna.

MATERIAL NECESARIO PARA O BOTIQUÍN

Precísase o seguinte material para o botiquín do campamento:

-Vendas elásticas para escordaduras
-Esparadrapo
-Luvas/Guantes
-Tesoiras, pinzas
-Reflex en spray
-Antiestamínicos
-Fortasec
-Crema hidratante (body milk, after sun..)
-Paracetamol
-Ibuprofeno

Grazas pola vosa colaboración! :)

A REUNIÓN DAS 20:00 HORAS DE HOXE EN STREAMING

A reunión do día de hoxe, 21 de maio de 2011 será retransmitida en directo vía streaming pola canle de youtube de Itineris. Agradecémoslles que graben esta reunión de reflexión de xeito totalmente altruísta.

Aquí vos deixamos o link: youtube.com/ITINERIS2008. Estará operativo a partir das 20:00 horas.
Ademais conta con servizo de chat para poder participar en todo o que queirades.

PROGRAMA CULTURAL TARDE 21 MAIO

URXENTE: NECESIDADES DA ACAMPADA OBRADOIRO

Fai un sol do carallo na acampada. E hai cousas que se van esgotando. Velaquí a lista de necesidades que temos agora mesmo:

UN GENERADOR, IMPORTANTISIMO
  • Sombrillas
  • Toldos
  • fairy
  • Gasolina (para o xerador)
  • Fairy, panos.
  • leite
  • AUGA
  • bolleria para o almorzo
  • comida xa feita
  • cenouras
  • arroz
  • habas
  • aceite
  • sal

  • Mesa de estudo e cadeiras, tablóns, caballetes
  • madeira
  • bambú/tubos de cartón
  • tablóns
  • listóns
  • bloques/pedras
  • cinta de embalaxe
  • papel branco (rollo)

  • crema solar
  • gorros, pañuelos, etc. para protexer a cabeza.
  • Recipientes para meter xeo e bebidas.

UN GENERADOR, IMPORTANTISIMO

Hace un sol de carallo en la acampada. Y hay cosas que se van agotando. Aquí teneis la lista de necesidades que tenemos ahora mismo.

  • sombrillas
  • toldos
  • gasolina (para el generador)

  • leche
  • AGUA
  • Chocolate
  • bollería para el desayuno
  • zanahorias
  • arroz
  • habas
  • aceite
  • sal

  • mesa de estudio y sillas, tablones, caballetes
  • madera
  • bambú/tubos de cartón
  • recipientes para meter hielo y bebidas.

Propostas para unha Democracia Real

1. Co fin de achegarnos á realidade actual patente, consideramos fundamental a aprobación dunha Lei que acepte e regule a incorporación da participación cidadá nos órganos de representación públicos. Permitirase expresamente a participación a través das Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC).

2. En tódalas eleccións a circunscripcións serán únicas e coincidirá co nivel político no que se celebren.

3. No Senado tódolos/as senadores/as serán directamente elexidos/as por sufraxio universal na súa circunscripción autonómica.

4. Fórmula electoral proporcional pura, na que se abandanoría o sesgo maioritario da lei D’Hont e implicaría un aumento no número de representantes nas cortes.

5. Unificación da barreira mínima, para tódolos tipos de convocatoria electoral, no 3% dos votos emitidos como máximo.

6. Substitución das partidas porcentuais do gasto para campaña electoral por un teito de gasto global.

7. Límite salarial, inferior e superior, para tódolos/as os/as representantes públicos, directa ou indirectamente escollidos; así como para os seus asistentes, asesores ou calquer outro cargo de libre designación. Ningún salario representativo poderá ser inferior en 3 veces e superior en 6 ó Salario Mínimo Interprofesional (SMI), así como fundamentar a cuantía deste no salario medio.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO SÁBADO 21

Actividades Culturais no Obradoiro

11h00 Actuación de Circo – Pablo Trasno
Obradoiro Pancartismo
Espazo Infantil: xogos e obradoiros creativos
Expresión corporal e danza


12h00 Espazo de Reflexión


14h00 Comida Popular


15h00 Grafitada Popular
Comezo do mercadiño de troco (trae cousiñas)


16h00 Collage Reinvindicativo


18h00 Concerto de Linkorne


19h00 Contacontos Infantís – Tropa de Trapo


20h00 Espazo de Reflexión


22h00 Pallas@s en Rebeldía –
Peter Punk+Mago Teto+Pajarito


Concertos

23h00 Magnifique
23h45 Sacha na Horta

00h30 Habelas Hainas

01h15 Festicultores