elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

viernes, 20 de mayo de 2011

ACTA: Asemblea das 20 horas do 18-Maio



Dá comezo a Asamblea da tarde ás 20:20h. Agora expoñemos os diferentes puntos que se trataron durante esta:

  1. Lectura do comunicado sobre a lingua.
  2. Lectura do acta da Asamblea.
  3. Comisión de Infraestructuras
  • Axudar có que se necesite.
  1. Comisión de Comida
  • Crêpes, limpieza, reciclaxe, cosas quentes.
  1. Comisión de Actividades Culturais
  • Foron ao banco Santader vestidos de vagabundo.
  • Realizaron unha fotografía da mensaxe humana de Indignados, as 18:00, cunha grande participación..
  • Realizáronse diversas performances por toda a zona vella simulando unha votación, en onde se pode votar cousas como corrupción, diñeiro, estafas, recortes sociais...
  • No Obradoiro levouse a cabo a lectura do libro Indignádevos de Stephan Hessel.
  • Serán convocadas varia actuacións e performances para a fin de semana.
  1. Comisión de Comunicación
  • Traballo continuo nas redes sociais Twitter e Facebook.
  • Hai grandes apoios desde diferentes cidades de España, Europa e diferentes países de todo o mundo. 
    • Presentada Instancia no Rexistro Xeral do Concello, solicitando apertura as 24 horas do día dos W.C. públicos da zona -agora xa operativos-, tamén solicitado enganche para toma de alimentación eléctrica xeral -hoxe posteamos no blog grazas a un xerador custeado pola aportación económica de cidadáns particulares ). Tamén solicitamos contenedores de lixo selectivo extra para a zona e acceso en aberto e ilimitado á wifi pública da zona (este dous puntos tamén pendentes de resolución positiva por parte do Concello de Santiago).



  • Contamos con máis de 1000 seguidores no Facebook
  • No blog xa hai máis de 2500 visitas de usuairos únicos
  • Tumblr: fotos e vídeos do que acontece na acampada.
  1. Comisión de Axitación e Propaganda
  • Pola mañá, en grupos de 10 persoas foise berrando por todo a cidade, desde a Zona Vella ata o Campus Sur, cun gran apoio da xente que estaba pola rúa.
  • Necesítase materias e xente disposta a colaborar na creación de carteis e pancartas.
  • Creáronse 1200 octavillas, que se esgotaron rápidamente, polo que se crearon outras tantas, ademais de varios carteis.
  • Na praza do Obradoiro pódese ler o manifesto tanto en idioma galego, castelán e mesmo un resumo en inglés.
  1. Intervencións de xente anónima.
  • Necesítanse alargadores e xenerador (a gasolina a poder ser).
  • Frase: “Temos que ter en conta que o Goberno está enfermo de avaricia.”
  • Proposición de invitar a Leo Bassi para que veña actuar.
  • Desde a televisión din que estamos representados por partidos políticos e iso é mentira.
  • Agradécese a actividade cultural que se está a facer. Tendes máis actividades que toda a Cidade da Cultura, que custou 300 millóns. Estades acongollando ata ós banqueiros. Isto non ten data de caducidade.
  • Buscamos xente para a plataforma para que se presente á eleccións.
  • Isto sobrepasa todas as accións electorais que se pode facer.
  • Hai que quedar aquí e ata que non se aproben as nosas demandas, desta praza non se move ninguén.
  • O estudantado que esté en época de exámenes teñen que vir igual, porque non vañe estudar nada senón se pode ter un futuro.
  • Os traballadores explotados, os pensionistas e calqueira outra persona pode e debe falar porque isto non é só de estudantes, senón que é de todos.
  • O sábado todos que reivindicar o que é noso.
  • O sábado, Paiasos en Rebeldía farán un espectáculo para todos os públicos (fala unha das persoas deste colectivo).
  • Centro Panxea (parte da comisión lexislativa): Proposta do profesor de Ciencias Políticas (falta escribir)
  • Recordatorio da existencia do libro de firmas.
  • Proposición de novos eslogans: “Mexan por nós, cagamos por eles”, por exemplo.
  • Proposta de pancarta colavorativa para animar á xente que se queira unir.
  • Inivitación a cantar e tocar a toda a xente que queira na acampada.
  • Pregunta de como se reaccionaría se a policía vén a botarnos. Resposta: Pasear pola praza en círculos ata que marchen.
  • O Estado busca un cura para que reparta hostias e un electricista para que quite enchufes.
  • Putas mandade vós que os vosos fillos non saben.
  • Fomentar o software libre nas administracións.
  • Moitos e moitas dos que estamos aquí decimos que non estamos representados. Os nosos discursos deben ser en galego e utilizar unha linguaxe non sexista.
  • O autor do libro Indignádevos, de 96 anos, din que temos que movernos sen calar.
  • Isto crece exponecialmente. Todas as revolucións son froito, non dunha xeración, senón de todas.
  • Estamos nun país moi xeneroso. A xente di que non imos facer nada. Pero cando esta situación dáse en moitas máis cidades, quere dicir que vai en serio. Este é o momento da Revolución.
  • Comentario por Twitter: Sinto non acudir á Asamblea pero quero dicir que os equipos de fútbol se lles perdoan os impostos.
  • Non hai maior desprecio que non facer aprecio. Hai que pasar deles. Teñen que ser eles mesmos e os medios os que se preocupen e miren para nós, non ao revés.
  • Imos tratar de non personalizar aos candidatos politicos.
  • Hai que facer unha valoración xeral do traballo que hai aquí. Todo o mundo ten e debe participar para obter unha maior e mello organización. Non hai que ter medo, necesitamos a máis xente.
Sendo ás 9 e 25 da noite, dáse por concluida esta Asemblea con berros de:
“Non temos pan para tanto chourizo”.

NOTA: Coma cada día, queremos agradecer o esforzo individual de cada un dos participantes na nosa concentración cidadá, tamén nos que non poden "estar" pero nos envían pulos, os notamos e os segiremos precisando. Pola vosa implicación, esforzo persoal, laboral, formativo ou familar ou de outra índole i a sensibilidade manifesta  á hora de pensar no ben colectivo de cara a un futuro aberto a novas ideas e xeitos horizontáis de entender a organización social.
En definitiva por materializar e construir a cada intre esa Utopía a cada rato máis realidade. Permanecemos en sintonía as 24h .. ;O)

GRAZAS pormater a PIÑA sen fisuras  sobre o mar de Pedra de Compostela, que baixo él xa sabemos quen descansa.


11 comentarios:

  1. Polo xeral o traballo que se esta a facer pareceme impresionante. Pero non podo compartir ese comentario de: os estudantes que esten de exames teñen que vir, pois non teran traballo. Os estudante temos que estudar, porque é o noso traballo. Que nos vaia a proporcionar ganancias ou non, é outra cousa. As nosas carreiras, sexan cales sexan, axudannos na nosa formación, tamén nas nosas reivindicacións. Como moza que participa no movemento estudantil e na política (si, tamén e orgullosa) dende hai anos, non podo entender como se nos pide que deixemos de lado a nosa formación. Sei que esto non é algo que compartades todas e todos. Simplemente decir iso.

    ResponderEliminar
  2. performance/concentración onte ás 18h e hoxe ás 10.30h. hai xente que (por sorte, todo sexa dito) traballamos e non puidemos onte nin podemos hoxe participar por mor dese horarios :S non sei, parece que se fan as cousas un pouco ó chou ou só mirando ós estudiantes... se queredes convocar xente de calquera tipo deberíades abrir as convocatorias e non facelas en horarios tan restrinxidos. e cando vamos a sentarnos con vós, por non poder ir ás convocatorias de concentración, atopamos un panorama estraño: sen ir máis lonxe antontes unha familia sentouse o meu carón e marcharon ó pouco porque había 2 pandillas fumando petas e unha delas ademais con mocho. se non queremos darlle a razón a intereconomía có dos ninis deberíanse facilitar as convocatorias e prohibir expresamente certas cousas coas q poden atacarnos.

    ResponderEliminar
  3. Estou dacordo co anónimo anterior. Xa supuxen que sendo xoves xuntaríase a xente do botellón, pero é que o martes non había iso. Se é así, debería controlarse ese tipo de cousas. Segue estando prohibido beber na rúa e non queremos que desaloxen o chiringuito por esas tonterías.

    ResponderEliminar
  4. Creo que falta a intervencion que pedia reflexionar sobre o punto da circunscripcion electoral unica por ser contraproducente para as autonomias e sobre todo para as nacions perifericas. Se esta e mo saltei ao ler pido perdon.

    ResponderEliminar
  5. Todas e todos sabemos que na acampada NON SE PODE BEBER ALCOL NIN CONSUMIR DROGAS, nada que lles dea unha excusa para botarnos ou desacreditarnos. Entre todos temos que manter o espírito e se vemos a alguén un pouco "fora de onda", é tan fácil como achegarnos e comentarllo. Sobre todo sempre en positivo!

    ResponderEliminar
  6. Eu penso que é importante ter en conta o punto da circunscripción electoral única, polo que comentaba un compañeiro previamente. E penso que é necesario definir cal vai ser o modo de democratizar o proceso. Cando exista unha batería de propostas, quizais algunhas opostas, debería pensarse unha forma de decisión. Quizais votación a man alzada nas asambleas das 8 sexa o máis rápido, unha vez cheguen as propostas das comisións de traballo.

    ResponderEliminar
  7. O tema da circuncripción única é efectivamente un punto no que hai moito debate pero que aínda ninguén levou á asamblea, e que ademais para moitas/os é unha cuestión descoñecida. Se esta tarde te pasas pola asamblea agradecémosche que nos fales sobre este tema. Senón puideses estar alí podes enviar un comentario aquí mesmo e solicitar que sexa lido por outra persoa (que é o que estamos a facer). Estaremos pendentes! Moitas grazas todas as aportacións son moi importantes!

    ResponderEliminar
  8. Menuda tropa de comeflores estades feitos.
    -Desmarcadevos dos "violentos" e non de UPyD e a falanxe.
    -Davos igual marxinar a lingua nacional.
    -Estades acampados sen ningun discurso real, sen ningunha proposta contra o capitalismo, que pasa se isto medra??? cal será a diferenza???un pouco de maquillaxe da actualidade?
    -Ides en contra de todos os "partidos", "sindicatos"....Pero que vos fixeron os sindicatos como a CNT? por exemplo.Logo están os incoherentes de Esquerda "undida" apoiando eso, cando vai encontra da sua ideoloxia.
    -hai 2 partidos que van sair beneficiados evidentemente disto, para seu rédito electoral.
    -Con ese discurso pacificista, nunca ides lograr nada, alen de calmar as masas.
    -Donde estabais todos vos, nas folgas xerais?
    -Donde estabais todos vos nas luitas diarias?
    -Agora está de moda ir durmir alí?Pois cada un coa sua conciencia, pero teño claro miña postura e a dos galegos.

    Assinado.J.R.

    ResponderEliminar
  9. Eu concordo plenamente con J.R.

    E agradecería que me respondesedes a unha pregunta: de verdade apoiades un sistema electoral con circunscripción única, onde esa única nación sexa España?

    ResponderEliminar
  10. Jose Antonio Riajos20 de mayo de 2011, 14:55

    Eu inda irei máis lexos. Resulta que se quere levar a cabo unha revolución, pero acatando as ordes do goberno prohibicionista, e xa non se pode consumir o que cada un vexa, non vaia ser que alguén se moleste. Fai moitos anos apareceu un lema pintado nos muros de París, que viña a dicir o seguinte: "a liberdade dos demáis extende a miña ó infinito" Estaba firmada por un tal Bakunin. Líder de moita xente que entregou a súa vida pola loita de dereitos esenciais para o ser humano.

    ResponderEliminar
  11. 1 - A loita non implica violencia

    2 - O movemento é para amosar o descontento, é unha protesta non un golpe de estado. Amósanse propostas xerais porque nin somos políticos nin facemos o seu traballo. Só queremos cambios e sabemos por onde queremos q vaian eses cambios, as accións concretas deben facelas outros ós q lles competa iso. Nos esiximos e eles deben dárnolo.

    3 - acatamos as ordes do sistema porque non hai mellor maneira de protestar que facéndoo legalmente para ser ouvidos e, anque o desexen, non poder ser calados (q o intentan e moito).

    4 - non todos temos a mesma ideoloxía, có cal é unha estupidez asumir este movemento a unha ideoloxía concreta. insisto: é unha PROTESTA. só queremos q o país funcione, q o pato da crise non a paguemos só os pequenos, e isto une a xente de calquera condición.

    5 - por sorte somos bilingües (q non, q galicia bilingüe son outros, non tergiversar despois) e ás veces falamos en galego e ás veces en castelán. según salla no momento, aínda así, se houbérades ido veríades q moitos dos q falan en público fano en galego (si, fixeime).

    6 - moita xente é activa, pero anque non o sexan a xente móvese na medida q pode ou quere, aquí ninguén é o máis "che" como para cuestionar si fuche a esta ou a outra. e isto é unha loita diaria, así q onde estás ti?

    7 - país galicia, país españa... o tema q sempre sae cando hai algún movemento q minimamente implique á política. personalmente creo q a patria é un invento. non deberían existir as bandeiras nin os nacionalismos, de feito non percibo a diferencia entre un nacionalista e un facha (segundo as definicións q lle damos o populacho hoxe en día, nada de termos da RAE). pero aló cada un...

    Saúdos e seguimos tirando!

    ResponderEliminar