Na asamblea da Comisión lexislativa realizada hoxe, día 19 de maio de 2011 determináronse as liñas de traballo a seguir en base ao manifesto aprobado na anterior Asamblea Xeral (democraciarealya.es) Tomando como base tal documento decidiuse a creación de 5 grupos de traballo:
1. Grupo de política e democracia participativa
2. Grupo de banca, fiscalidade e reducción do gasto militar
3. Grupo de emprego
4. Grupo de vivenda e servizos sociais
5. Grupo de coordinación nacional
Ditos grupos de traballo teñen como obxectivo desenvolver as propostas do manifesto, engadindo outras novas e depurando as existentes. Son de carácter aberto, así que calquera que desexe participar, ben na elaboración, ben na transmisión de propostas é benvido a colaborar. O importante deste movemento é que tod@s temos dereito a facer escoitar a nosa voz.
Ademais, queremos resaltar que Panxea puxo á dispoñibilidade deste grupo o uso do seu local para as reunións da comisión,así como os materiais dos que dispoñen.
Animádevos a participar para que as vosas ideas deixen de ser só iso.
Para colaborar e achegar as vosas propostas podedes poñervos en contacto con Mon Paz (ramon.paz.compostela@gmail.com)
No hay comentarios:
Publicar un comentario