elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

sábado, 21 de mayo de 2011

ACTA ASEMBLEA 22 MAIO 20H

 
Acta 20 de maio 20:00 horas

-Saúdo inicial e recordatorio das normas xerais.

-A comisión legislativa diríxese ós asistentes informando das súas competencias e do que fizaron no día de hoxe.

-A comisión de alimentación informa de que precisamos alimentos non perecederos e agradece a participación de tantísima xente.

-A comisión de difusión e propaganda explica que o seu traballo de hoxe centrouse en ampliar grupos sociais e solicitar a axuda de todos os sectores da sociedade. Estiveron traballando con varias asociacións e organizacións así como cos funcionarios. Precísase axuda en varias comisións xa que o desgaste diario comeza a facer mella.

-A comisión de infraestruturas informa de que todo o material que se poida achegar é benvido. Sempre son necesarias tendas, sacos, mantas, lona, cinta americana ou de carroceiro, material de oficina, cordas e pesos para afianzar tendas e toldos. Se por casualidade aparecese unha neveira sería un detallazo.

-Comunicación informa e que xa criamos unha rede de contacto con todas as mobilizacións do estado, desenvolvendo unha mellor organización entre campamentos.

-Intervén a comisión de acción cultural pedindo unha resistencia pacífica, estanse a centrar especialmente en lembrarlle á xente que os bancos teñen grande parte da culpa da situación actual. Marabillosa actuación do “Coro da ra”. Esta noite actuará “Habelas hainas”.
Actividades para o día 21: ás 11 da mañá, actividades para nenos e nenas cunha ludoteca, debuxos de cartelería, xogos varios e despois actuacións de pallasos.
Ás 12 reunirémonos para “reflexionar”.
A partir das 5, até as 7, haberá micro aberto para quen queira apoiar o movemento. De 7 a 8 contacontos. Ás 8 nova “reflexión”. Ás 22:00 actuacións variadas até entrada a madrugada. Intentarase presentar un documental.


-Intervención de Luz Fandiño: anima e agradece á xuventude este movemento e fai un chamamento á revolución pacífica.

-Dánsenos unha serie de puntos para o suposto caso de intervención policial ou desaloxo.
Ir sempre identificado, mostrar o DNI mais nunca dalo.
Pedir o número de placa do axente.
Esixir o motivo da detención.
Saber que temos dereito a un avogado, a un médico forense e mais a non declarar.
Pedir pasar a disposición xudicial canto antes.
En caso de multa, esixir o xustificante, que debemos conservar.
Non se nos pode imputar dúas veces o mesmo delito.
Ante todo, NON PROVOCAR.
-Un rapaz de Ciudad Real felicítanos pola coordinación e anímanos a que calquera interesado se achegue ás comisións e ofreza axuda.

-Faise fincapé en que isto non quede aquí, que continúe a avanzar e pregúntase como podemos facer isto.

-Que vamos facer o domingo? Danse tres propostas: quedarnos no Obradoiro, quedarse no Obradoiro delimitando a zona de voto, ir á Quintana e voltar finalizada a xornada electoral.

-Nós debemos tomar unha decisión propia independentemente do que o goberno decida.

-Comunicación lembra o chamamento aos medios para que dean fe do que acontece aquí, pedindo a maior transparencia.

-O logrado baseouse no respeito e anímannos a continuar así. Ademais, insístese en que temos logrado unir xeracións, algo que ten mérito polo difícil. Conseguimos a cohesión do grupo.

-Chéganos unha noticia de última hora referente á mobilización de Granada. Quedan até o 12 de xuño.

-Procédese á votación acerca de que imos facer o domingo. A asamblea decide por maioría quedar na praza do Obradoiro.

-Lense as propostas que temos, as cales serán subidas ao blogue na maior brevidade posible.

-Faise unha performance sobre a responsabilidade dos bancos nesta crise e finalizamos a asamblea coa actuación do “Coro da ra”.



ACTA 20 DE MAYO 20:00

-Saludo inicial y recordatorio de las normas generales.

-La comisión legislativa se dirige a los asistentes informando de sus competencias y de lo que hicieron en el día de hoy.

-La comisión de alimentación informa de que se necesitan alimentos no perecederos y agradece la participación de tantísima gente.

-La comisión de difusión y propaganda explica que su trabajo de hoy se centró en ampliar grupos sociales y solicitar la ayuda de todos los sectores de la sociedad.
Han estado trabajando con varias asociaciones y organizaciones así como con funcionarios.
Se necesita ayuda en varias comisiones ya que el desgaste diario empieza a hacer mella.

-La comisión de infraestructuras nos informa de que todo el material que se pueda aportar es bienvenido. SIEMPRE son necesari@s tiendas, sacos, mantas, lonas, cinta americana o de carrocero, material de oficina, cuerdas y pesos para afianzar tiendas y toldos. Si por un casual apareciese una nevera sería un detallazo.

-Comunicación informa de que ya hemos creado una red de contacto con todas las movilizaciones de España, desarrollando una mejor organización entre campamentos.

-Interviene acción cultural pidiendo una resistencia pacífica, se están centrando especialmente en recordar a la gente que los bancos tienen gran parte de la culpa de la situación actual. Maravillosa actuación del grupo “O coro da ra”
Esta noche actuará “Haberlas hainas”.
Actividades para o día 21: a las 11 de la mañana actividades para niños e niñas con una ludoteca, dibujos de cartelería, juegos varios y luego actuaciones de payasos.
A las 12 nos “reuniremos para reflexionar”.
A partir de las 5, hasta las 7, hay un micro abierto para quien quiera apoyar el movimiento. De 7 a 8, un Cuentacuentos. A las 20, nueva “reflexión”. A las 22 actuaciones variadas hasta entrada la madrugada y se intentará proyectar un documental.

-Intervención de Luz Fandiño: anima y agradece a la juventud este movimiento y nos anima a la revolución pacífica.

-Se nos dan una serie de puntos para el supuesto caso de intervención policial o desalojo.

-Ir siempre identificado. Mostrar el DNI pero nunca dárselo.
- Pedir el número de placa del agente.
-Exigir el motivo de detención.
-Saber que tenemos derecho a un abogado y a un médico forense, y a no declarar.
-Pedir pasar a disposición judicial cuanto antes.
-En caso de multa, exigir el justificante, que debemos conservar.
-No se nos puede imputar dos veces el mismo delito.
-Ante todo, NO PROVOCAR.

-Un chico de Ciudad Real nos felicita por la coordinación y nos anima a que cualquiera interesado se acerque a un comision y ofrezca ayuda.

-Se hace hincapié en que esto no quede aquí, que siga avanzando y se preguntan cómo podemos hacer esto.

-¿Qué vamos a hacer el domingo?: se dan tres propuestas: quedarnos en el Obradoiro; quedarnos en el Obradoiro delimitando la zona de voto; o ir a la Quintana y volver al finalizar la jornada electoral.

-Nosotros debemos tomar una decisión propia independientemente de lo que el gobierno decida.

-Comunicación recuerda el llamamiento a los medios para que den fé de lo que sucede aquí, pidiendo la mayor transparencia.

-Lo logrado se ha basado en el respeto y nos animan a continuar así. Además, se insiste en que hemos logrado unir generaciones, algo que tiene mérito por lo difícil: hemos conseguido una cohesión de grupo.

-Nos llega una noticia de última hora referente a la movilización de Granada, se quedan hasta el 12 de junio.

-Se procede a la votación acerca de qué vamos a hacer el Domingo. La asamblea decide por mayoría quedarse en la plaza del Obradoiro.

-Se leen las propuestas que tenemos, las cuales serán subidas al blog en la mayor brevedad posible.

-Una performance en relación a la responsabilidad de los bancos en esta crisis y finalizamos con la actuación de “O coro da ra”.

FIN DE LA ASAMBLEA

1 comentario:

  1. Expresarei nun momento o que eu opino respecto a Acampada.

    Nun momento estuvo super ben, pero dende que Rubalcaba puxo as condicións, e a Acampada aceptounas, acabouse o bó, explícome.

    1.eiro , nada de mencion cara os políticos: QUé carallo é íso? Como se supón que ides pelexar contra eles sen mencionalos? Deberíamos facer todo o contrario, poblar Santiago con pegatas e pintadas contra eles.
    2ndo. Nada de roupa "paramilitar": é decir, non se pode expresar un? Se a mín me gusta a roupa de camuflaxe, non podo levala? Esa é realmente a liberdade de expresión que se busca en DRX?

    Non se pode loitar contra algo, se lle fas caso. Eu disfrazaríame do Subcomandante Marcos, e incitaría a facelo. A policía non cargará, e se cargara, os violentos serían eles, e saíria a luz a represión. De verdade, falo de corazón, non podedes loitar contra a represión, se reprimides gustos, e non podedes ir contra os políticos actuais, se lles facedes caso!

    ResponderEliminar