elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

sábado, 4 de junio de 2011

Informativo 1-2 Xuño #acampadaobradoiro

Aclaración do acontecido durante a celebración do Obradoiro Blu:sens Monbús

A #acampadaobradoiro parabeniza ao Obradoiro Blu:sens Mombús polo ascenso á Liga ACB, un mérito froito do esforzó de aficionados e xogadores. Pregamos que non se malinterprete nin se terxiverse o acontecido na Praza do Obradoiro durante a celebración do ascenso, xa que a protesta que se manifestou espontáneamente ía dirixida á clase política. As persoas ás que nos referimos eran as situadas no balcón dereito do Pazo de Raxoi, é dicir, as mesmas persoas que nos tildaron de okupas e que difundiron falacias sobre a salubridade da nosa protesta.

Para rematar, reiteramos a nosa parabenización ao Obradoiro, desexándolle moitos éxitos no futuro.


P.D.: Amosamos a nosa simpatía polo equipo emprestándolles o noso equipo de megafonía. Se o Concello non lles aporta medios, nós non temos inconveniente en deixarlles falar, que tamén son cidadáns.

CASTELLANO


La #acampadaobradoiro felicita al Obradoiro Blu:sens Mombús por el ascenso a la Liga ACB, un mérito fruto del esfuerrzo de aficionados y jugadores. Rogamos que no se malinterprete ni se tergiverse lo ocurrido en la Praza do Obradoiro durante la celebración del ascenso, ya que la protesta que se manifestó espontáneamente iba dirigida a la clase política. Las personas a las que nos referimos eran las ubicadas en el balcón derecho del Pazo de Raxoi, es decir, las mismas personas que nos tildaron de okupas y que difundieron falacias sobre la salubridad de nuestra protesta.

Para finalizar, reiteramos nuestra felicitación al Obradoiro, deseándole muchos éxitos en el futuro.

P.D.: Mostramos nuestra simpatía por el Obradoiro prestándoles  nuestro equipo de megafonía. Si el Concello no les aporta medios, nosotros no tenemos inconveniente en dejarles hablar, que también son ciudadanos.

Organigrama das comisións de #acampadaobradoiro

O prometido é débeda. A continuación pasamos a explicar brevemente o funcionamento de cada comisión, os seus horarios de reunión e as vías de contacto para participar nelas. Lembrade que son abertas e que se precisa xente en todas elas. Participade!!

COMISIÓN DE NUTRICIÓN

Unha das comisións máis estimadas dentro da acampada. Será porque somos todxs uns larpeirxs. Para cociñar contan cun responsable xeral dos pratos a cociñar, un responsable de cada plato e axudantes. Tamén hai encargadxs de limpeza e almacén. Os cargos son rotatorios. Traballan en varios turnos: de 9 a 10 (almorzo), de 12 a 16 (preparación da comida e posterior limpeza), de 17 a 19 (merenda) e de 20 a 24 (preparación da cea e posterior limpeza). A hixiene, salubridade e limpeza dos espazos, persoal e útiles de traballo é, obviamente, algo que se leva coa máxima escrupulosidade.

-Horario: Reunión diaria de 12 a 14 horas.

-Contacto: non hai mail de contacto. Dadas as características do traballo, é preferible que aquel que queira participar pase directamente pola #acampadaobradoiro. Adoitan necesitar cousas, así que se queredes aportar, estade pendentes dos anuncios que facemos por Facebook e Twitter.

URXENTE: ADIASE A ASEMBLEA DE HOXE

Por mor do recebemento ao club Obradoiro, que está a ter lugar nestes momentos, a praza atópase impracticable para facer unha asemblea. Polo tanto, como medida urxente e necesaria, @s compañeir@s da comisión de asemblea propuxeron adiala e xuntala ca de mañá. Temos a orde do día ben gardadiña, así que non haberá problemas.

Outra razón importante é que hoxe temos actividades nocturas e moi jugosas programadas, como xa sabedes. E se fixeramos a asemblea máis tarde, non se poderían facer, co disgusto que iso conlevaría, sobre todo á xente da comisión de acción.

Pregámosvos que difundades a mensaxe e disculpedes as molestias. Paciencia...

Saúdos e revolta!

-----------------------------------------

Debido al recibimiento al club Obradoiro, que esta teniendo lugar en estos momentos, la plaza se encuentra impracticable para hacer una asamblea. Por lo tanto, l@s compañeir@s de la comisión de asamblea propusieron retrasarla y juntarla con la de mañana. Tenemos el orden del día bien guardado, así que no habrá problemas.

Otra razón importante es que hoy tenemos actividades nocturnas y muy jugosas programadas, como ya sabéis. Y si hicieramos la asamblea más tarde, no se podrían hacer, con el disgusto que eso conllevaría, sobre todo a la gente de la comisión de acción.

Rogamos que difundáis el mensaje y disculpéis las molestias. Paciencia....

Saludos y revolta!

Comisión de extensión participativa


Apresentámosvos á nova comisión de EXTENSIÓN PARTICIPATIVA. Atención, porque o seu traballo é fundamental. Deixamos aquí o texto que escribiron a modo de presentación, e convidámosvos a colaborar ca súa causa.


"A recentemente creada comisión de extensión participativa tenta saír coa experiencia da acampada e a asemblea do Obradoiro, dando impulso á participación cidadá, cara a todos os barrios e pobos cercanos.


O traballo da semana próxima será achegarnos ás zonas de Bertamiráns, Milladoiro e Castiñeiriño, así como a varios institutos e centros de ensino. Ademais, estase a organizar un encontro informativo na biblioteca Ánxel Casal, o próximo xoves día 9 de xuño ás 18 horas. Nos próximos días engadiremos información ao respecto.


Agradécese a aportación de contactos que estamos a recibir e animamos á xente de todas as zonas ou barrios que queiran aportar os seus mandándoo ao correo extensionobradoiro@gmail.com, no que tamén se recollerán propostas e suxerencias.


As xuntanzas da comisión estanse a realizar todos os días ás 14 horas".

_______________________________________________________


La recientemente creada comisión de extensión participativa intenta salir con la experiencia de la acampada y de la asamblea del Obradoiro, impulsando la participación ciudadana, hacia todos los barrios y pueblos cercanos.


El trabajo de la próxima semana será acercarnos a las zonas de Bertamiráns, Milladoiro y Castiñeiriño, así como a varios institutos y centros de enseñanza. Además, se está organizando un encuentro informativo en la biblioteca Ánxel Casal, el próximo jueves día 9 de junio a las 18 horas. En los días siguientes añadiremos información al respecto.


Se agradece la aportación de contactos que estamos recibiendo y animamos a la gente de todas las zonas y barrios que quieran aportar los suyos mandándolos al correo extensionobradoiro@gmail.com, en el que también se recogerán propuestas y sugerencias.


Las reuniones de la comisión se están realizando todos los días a las 14 horas.

Programa cultural e festivo, 4 de xuño

Benquerid@s:


Esta fin de semana a acampada anda frouxa de efectivos. Como ben sabedes, hai xente que marchou para Madrid, e outra que foi para Vilagarcía, aos encontros interacampadas que se están desenvolvendo agora mesmo. Polo tanto, @s que quedamos na Praza do Obradoiro decidimos relaxar un pouco o ritmo de actividades. Aínda así, hoxe vai ser unha noite ben feitiña. Achegádevos á acampada, que o imos pasar ben!

  • 20.00h Asemblea
  • 23.00h Cortexo fúnebre pola Morte do Euro***
  • 00.00h Concertos
    • A Compañía do Ruido
*** A hora do cortexo é aproximada. Por que? Pois porque depende da hora da cea, a cea depende da cociña, e en cociña failles moita falla axuda para poder alimentarnos a unha hora prudente. Así que, resumindo, facemos oficialmente un CHAMAMENTO IMPORTANTE: HOXE OS E AS COMPAS DE COCIÑA PIDEN EXPRESAMENTE VOLUNTARI@S PARA A CEA.


---------------------------

Bienquerid@s


Este fin de semana, la acampada anda floja de efectivos. Como bien sabéis, hay gente que se fue a Madrid, y también la hai que fue a Vilagarcía, a los encuentros interacampadas que se están desarrollando ahora mismo. Por lo tanto, quienes quedamos en la plaza del Obradoiro decidimos relajar un poco el ritmo de actividades. Aún así, hoy va a ser una noche bien entretenida. Acercaos a la acampada, que lo vamos a pasar bien!

  • 20.00h Asamblea
  • 23.00h Cortejo fúnebre por la Muerte del Euro***
  • 00.00h Conciertos
    • A Compañía do Ruido
*** La hora del cortejo es aproximada. ¿Por qué? Pues porque depende de la hora de la cena, la cena depende de la cocina, y en cocina les hace mucha falta ayuda para poder alimentarnos a una hora prudente. Así que, resumiendo, hacemos oficialmente un LLAMAMIENTO IMPORTANTE: AS E OS COMPAS DE COCINA PIDEN EXPRESAMENTE VOLUNTARI@S PARA LA CENA.

Acta da asamblea do 3 de xuño

Acta da asemblea do Venres día 3 de Xuño do 2011

20:05 Comezo da Asemblea
  • Apróbase a orde do día:
    • Lectura do Manifesto
    • Información das comisións
    • Presentación de propostas
  • Procédese a lectura do manifesto
  • Información das comisións e propostas:
    • Comisión de información: infórmase do cambio de estrutura e asignación do libro de firmas.
    • Comisión de coordinación: Preséntase a recopilación do horario de xuntanzas de comisión que estarán impresas en información a partires de mañá. Fálase das novas competencias de información que se basean na axuda á comunicación intercomisional por medio de enlaces de comisión. Infórmase da recollida de tendas para a limpeza xeral e redistribución do campamento que se levara a cabo mañá.
    • Comisión de extensión: Facilítase información sobre a proposta de saír ós barrios tendo como proposta de partida o 18 de Xuño. Suxírense charlas nos institutos e un punto informativo en Ánxel Casal.
    • Comisión de audiovisuais: Continúase cos informativos cun día de retraso co referente da información que trata. Séguense subindo vídeos en www.youtube.com e está en desenvolvemento a gravación dun documental. Unha das persoas que vai a Madrid pertence a Audiovisual; tamén irá unha persoa desta comisión a Vilagarcía.
    • Comisión de infraestruturas: Faise chamamento a ceder baterías recargables para estender as nosas competencias de enerxías renovables.
    • Comisión lexislativa: Faise unha proposta da opcionalidade da banca ética. Estiveron toda a semana estudando a proposta; defenden a súa aplicabilidade a nivel municipal e comarcal. Hoxe exponse mañá someterase a votación.
    • Comisión de información fala de parte da comisión de económica: Pon de relevo o gasto que supón ir a Madrid. Poñer cartos no fondo implica un serio desgaste do mesmo e suxírese unha posible aportación extra por medio de doazóns, incidindo que se segue aceptando aportacións.
    • Comisión da asemblea: Comunícase que é unha comisión de recenté creación con filosofía de foro aberto. Fai fincapé da necesidade de moderadores novos e transcriptores das actas… Solicítase no día da asamblea a máxima participación dos involucrados suspendendo temporalmente as súas función facendo acto de presencia ás 18 da tarde na carpa de información (posible cambio de lugar). Tamén faise un chamamento a presencia en asamblea de todos os membros das diferentes comisión.