elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

martes, 7 de junio de 2011

Acta de asemblea do Domingo 5/6/11

Aos cinco días do mes de Xuño do presente ano, reúnese en sesión ordinaria a asemblea aberta de Acampadaobradoiro, sendo as 20:16 horas. Cóntase coa presenza de acampados e cidadáns particulares.
-Procédese a ler a orde do día
-Procédese á lectura dos oito puntos do manifesto
-20:22- Comeza o turno de información de comisións
-Comisión de Infraestruturas: continúan coa organización do campamento, e están a prepararse para a choiva.
- Comisión de Información/Coordinación: Continúan coa recollida de sinaturas. Faise un chamamento á firma. Infórmase do novo censo de tendas, apelando á comunicación. Tamén faise un chamamento á participación a micrófono aberto
-Comisión de Extensión: Comunican a reformulación da proposta de saír aos barrios a partires do día 18, pasando a comezar a partires do sábado día 11 nos barrios de Sampedro e Castiñeiriño. Rógase consolidar contactos nos barrios.
-Comisión Económica: Estase a sufragar a viaxe a Madrid. Faise unha petición de aportacións de persoas de dentro do campamento. Séguense aceptando donacións.
-Comisión de Acción: Solicitan a creación dun stand para desenrolar as súas actividades. Mención ás actividades realizadas nos últimos días, e as que faranse nos vindeiros días.
-Comisión de Audiovisuais: faise un chamamento á participación de voluntarios con coñecemento en materia de montaxe e videos.
-Comisión de Comunicación: Informan da creación dun calendario de plataforma onde aparecerán tódalas actividades das comisións.
-Comisión de Extensión (bis): Chamamento a facer propostas e aportar ideas ao longo da semana co referente ao tema da descentralización das actividades do campamento.
-Resumo da reunión de comisións: chamamento á moderación en accións expontáneas. Cociña precisa voluntarios. Proposta de “reapropiación” do logo de Quechua®. Chamamento á moderación do ruído nocturno a partires das 2:00, e petición de comezar coas actividades do campamento entre as 9:30-10. Infórmase de que comunicación adquire competencias de forma non definitiva da disolta Comisión de Exteriores.
-Alusión: Creación de extensión implicou a desaparición de C. Exteriores englobando esas e máis competencias.
-Comisión de Cultura: Procede á lectura da súa programación para o día 6, e á programación de charlas para a vindeira semana.
-20:36: Propostas a votar hoxedraft