elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

miércoles, 8 de junio de 2011

Resumo da acta do Foro aberto do día 06/06/11

-20:31: Comeza a sesión de Foro Aberto

-Procédese a ler a orde do día

-Procédese coa lectura dos oito puntos do manifesto

-20:31: Información das comisións

-Comisión de información: Continúase coa recolleita de firmas.

-Faise chamamento a comisións

-Comisión de cultura: Facilítase o programa cultural para o día de hoxe, e vindeiros. Fálase da
actividade no blog, e dun Magazine cultural.

-Aclárase que a actividade do blog tense que proxectar, e faise un chamamento a aportacións
no Magazine cultural.

-Comisión de Sanidade: Procede a expoñer varios puntos

. Instalacións: apelan ao correcto emprego das instalacións sanidade

.Búscase novo persoal auxiliar, non necesariamente especializado, encargado de facer
pequenas curas.

.Proxecto de poñer un dispensario en primeira liña de plaza para atender aos transeúntes

.Plan docente, cunha primeira charla sobre as ETS

.Petición de retirada de pedras dos ventos para previr pequenos accidentes

-Comisión de Comunicación: Procede á creación dun libro de Estilo. Informan da moderación
do blog evitando comentarios inaxeitados

-Comisión de Audiovisuais: Comezarán o antes posible a difundir de forma intensiva
información do resto de campamentos

-Comisión de Infraestruturas: Chamamento a recolleita de sacos para poder retirar as pedras
dos ventos

-Reunión de Comisións: Expón os temas tratados na xuntanza desta mañá

-Presentase a acta resumo dos temas tratados na xuntanza de madrid, dándose mañá
información detallada

-21:08: Apertura do turno de micrófono aberto

-Informe sobre a xuntanza de Vilagarcía. Información subida na plataforma Web. Fálase das

accións aplicadas por outras asembleas. Apélase á importancia de actuar no mundo rural para
a efectividade do movemento.

[Actualizado] En resposta ás declaracións de D. Guillerme Vázquez

Despois de tódolos comentarios e críticas xurdidas en torno ao texto que acompaña á publicación do vídeo de Guillerme Vázquez, dende a Comisión de Comunicación cremos necesario recoñecer a nosa equivocación e rectificar.

A diferenza do vídeo de Rafael Cuíña, publicado no blog cun texto puramente informativo baseado nas declaracións vertidas polo militante do PP, o texto que acompaña á entrada de Guillerme Vázquez foi redactado en consonancia coas reaccións das persoas que puideron velo nunha das sesións de proxección nocturna. Con todo, entendemos que poida parecer sesgada e dar lugar a malas interpretacións. Aínda que o contido sexa fiel á devandita reacción, é a forma a que fallou.

Pedimos desculpas se se malinterpretou a información. Pretendemos manter unha relación cordial con todos os cargos políticos que, en calidade de cidadáns, achéganse á praza ou se queren dirixir á asemblea. O movemento é de toda a cidadanía e todo o mundo ten voz nel.

Non somos profesionais, pero somos humanos e aprenderemos disto. Por ultimo, grazas a todos os que opinaron e criticaron a entrada. As criticas construtivas sempre son necesarias e axudan a mellorar.



Después de todos los comentarios y críticas surgidas en torno al texto que acompaña a la publicación del vídeo de Guillerme Vazquez, desde la Comisión de Comunicación creemos necesario reconocer nuestra equivocación y rectificar.

A diferencia del vídeo de Rafael Cuíña, publicado en el blog con un texto puramente informativo basado en las declaraciones vertidas por el militante del PP, el texto que acompaña a la entrada de Guillerme Vázquez fue redactado en consonancia con las reacciones de las personas que pudieron verlo en una de las sesiones de proyección nocturna. Sin embargo, entendemos que pueda parecer sesgada y dar lugar a malas interpretaciones. Aunque el contenido sea fiel a dicha reacción, es la forma la que ha fallado.

Pedimos disculpas si se ha malinterpretado la información. Pretendemos mantener una relación cordial con todos los cargos políticos que, en calidad de ciudadanos, se acercan a la plaza o se quieren dirigir a la asamblea. El movimiento es de todos y todos tienen voz en él.

No somos profesionales, pero somos humanos y aprenderemos de esto. Por ultimo, gracias a todos los que opinaron y criticaron la entrada. Las criticas constructivas siempre son necesarias y ayudan a mejorar.





"A mensaxe que deixou á asemblea o líder do BNG, Guillerme Vázquez, pasou desapercibida polo campamento igual ca un anuncio que pasa fugaz pola pantalla do televisor para logo quedar esquecido. Que nos dixo? "Alégrome de verte... moi boa sorte". Grazas, en serio, terémolo en conta. Sen embargo botamos de menos propostas, consellos e preguntas pola súa parte. Quizais os acampados, defraudados co discurso, esperaban do Sr. Vázquez máis implicación, máis interese pola nosa situación e unha demostración máis forte de coñecemento e comprensión das nosas esixencias, iso si, sempre a título persoal, como demostra no vídeo".