elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

jueves, 26 de mayo de 2011

#indignadosSCQ

Isa
Lousame, A Coruña


GALEGO-ORIXINAL
Por que estás no Obradoiro?
- Porque xa hai moitos anos, bastante tempo, que estou traballando cada día pola miña conta a favor da xustiza e estou cada día que pasa máis convencida –se unha o pode estar máis aínda- de que eu voume adicar a isto o resto da miña vida ata que -confío plenamente nisto- na miña vellez poida gozar do mundo que os que estamos aquí queremos: limpo, verde, natural. Para os nenos que veñen quero deixar iso feito.

A inspiración do Speakers' Corner de Hyde Park chega a #acampadaobradoiro

O Speakers' Corner ou recuncho do orador do Hyde Park londiniense inspirounos esta semana para levar a cabo unha iniciativa similar na #acampadaobradoiro. A idea non partiu de aquí, se non que foi un profesor da Facultade de Filosofía quen acudiu ao Obradoiro cun grupo de estudantes para manter unha charla. Supuxo unha sorpresa moi positiva para os membros da #acampadaobradoiro ver como isto se facía de maneira tan espontánea. O grupo comezou sendo reducido pero adquiriu un nivel amplo de participación ao irse sumando moitas das persoas que estaban na praza nese momento.

O debate foi amplo e variado. Comezou con temas máis encamiñados ás materias relacionadas co grupo que se deu cita inicialmente pero foise extrapolando a outros ámbitos relacionados co movemento que nos abriu unha porta ao cambio e á esperanza hai dez días. A validez da colaboración de calquera, os acertos ou torpezas á hora de facer disto o espazo integrador e inclusivo que tod@s desexamos, a búsqueda de interlocutor@s válid@s e representativ@s, o artellamento da estrutura da asemblea, os seus problemas de funcionamento debido ao proceso de regulamento da mesma no que aínda seguimos a traballar ou a falta de experiencia que tamén nos leva a entrar en conflitos foron algúns dos múltiples temas que se tocaron.



Esta experiencia inspirounos e animámosvos a que acudades a debater sobre todos aqueles asuntos que vos inquedan, que consideredes que é oportuno compartir. A intención tamén é que isto sexa reforzado coa participación de expert@s en calquera das materias que se toquen e que tamén haxa moderador@s, por suposto. Se ao rematar estas charlas xorden propostas de interese que poidan facernos avanzar, non dubidedes en achegalas ás comisións porque poden ser moi enriquecedoras.

ACTA ASEMBLEA 25/5/2011



1. Lectura do manifesto.

2. Lectura da Acta de onte.

3. Chamamento ás comisións:
  • Com. Economía:
Explicación dos gastos da acampada (gasolina e gas, parafusos, torcas, etc.).
Propostas: optimización de recursos (xerador eólico), redución do gasto de gasolina e gas.
Doazón de 0'50 € ou máis unha vez á semana no caso de quedar sen doazóns. Transparencia.
  • Com. Infraestructuras: deixar de utilizar gasolina e xerador. Utilización de xeradores eólicos (obradoiros) e solares. Petición de material.
  • Com. Comida.: optimización de enerxía na cociña (cociña solar, forno solar), aforro en gas e xerador.
  • Com. Propaganda: deseño de logotipos, participación.
  • Com. Audiovisuais: realización dunha radio. Xa non emite por youtube por motivos de grupos de presión. Petición de técnicos.
  • Com. Comunicación: lectura dunha reflexión para as redes sociais. Radio local no Obradoiro.
  • Com. Cultura: programación do día 26.
  • Com. Lexislativa: explicación da organizacion: 3 grupos de traballo (democracia social, económica e política) con temas transversais.
    4. Propostas do día anterior e votación:

Programación cultural do 26 de maio na #acampadaobradoiro

Boas compañeir@s. A continuación pasamos a informar sobre a programación cultural que desenvolverá ao longo da xornada de hoxe, 26 de maio, na #acampadaobradoiro. Agardo que por non telo anunciado antes non perderades as actividades que tiñamos pola mañá. Ás 9.00 horas tivemos meditación e ás 11.00 horas un obradoiro de fabricación de iogur. Para a tarde aínda nos quedan moitas cousas. Animádevos a participar!!

16.00 Obradoiro de escritura creativa
16.00 Segunda sesión das clases de karate e defensa persoal
17.00 Obradoiro sobre actitudes lingüísticas impartido por Séchu Sende baixo o título Métodos de hipnose para falar galego
18.30 Charla sobre a edición independente de libros
19.00 Obradoiro de comunicación e asertividade
22.30 Proxección audiovisual a cargo do Cineclube de Compostela

Aproveitamos para lembrar que ás 20.00 horas temos asemblea coma sempre e que ao longo da tarde tamén se desenvolve o traballo das diferentes comisións. Son abertas, así que se podedes e tedes ideas que aportar non perdades a ocasión de pasar polo Obradoiro e unirvos.

Castellano



Buenas compañer@s. A continuación pasamos a informar sobre la programación cultural que se desarrollará a lo largo de la jornada de hoy, 26 de mayo, en la #acampadaobradoiro. Espero que por no haberlo anunciado antes no os hayáis perdido las actividades que teníamos por la mañana. A las 9.00 horas tuvimos meditación y a las 11.00 horas un taller de fabricación de yogur. Para la tarde aun nos quedan muchas cosas. Animaos a participar!!

16.00 Taller de escritura creativa
16.00 Segunda sesión de las clases de karate y defensa personal
17.00 Taller sobre actitudes lingüísticas impartido por Séchu Sende bajo el título Métodos de hipnosis para hablar gallego
18.30 Charla sobre la edición independiente de libros
19.00 Taller de comunicación
22.30 Proyección audiovisual a cargo del Cineclube de Compostela

Aprovechamos para recordar que a las 20.00 horas tenemos asamblea como siempre y que a lo largo de la tarde también se desarrolla el trabajo de las diferentes comisiones. Son abiertas, así que si podéis y tenéis ideas que aportar no perdáis la ocasión de pasar por el Obradoiro y uniros.