elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

miércoles, 15 de junio de 2011

Dúas citas para maña!!!!



A acampada bule esta semana. Ademáis de estar preparando as asembleas de barrio e outras historias de extensión participativa, temos ai á volta da esquina a manifestación do 19 de xuño contra o Pacto do €uro.


Mañá, estades tod@s convidad@s a achegarvos á praza a dar ásas á vosa creatividade reivindicativa, xa que ás 14.30h faremos unha xornada de creación de faixas e berros de loita. Na acampada temos algo de material, mais animámosvos a traer as vosas aportacións (cartulinas, cartóns, pinturas, sprays...).



[actualizado con vídeo] Concentración no Parlamento do 15-X


Este mércores, 15 de xuño, vivimos unha lúdica e produtiva xornada de protesta ás portas do Parlamento galego. En breve teredes toda a información dispoñible con crónica, fotos e vídeos. Para abrir boca, expoñemos o manifesto que lles trasladamos hoxe aos "representantes" da Cámara galega. Ademais deste texto, entregamos no rexistro as reclamacións de listas brancas, debate sobre o estado da indignación e descenso da barreira electoral do 5% ao 0%, aprobados en asemblea.

Do pouco que puidemos saber ata agora do que se publicou nos medios, un par de aclaracións:

-Non eramos "medio centenar", se non que estabamos, polo menos, o dobre.
-A maioría dos medios ignoran nas súas informacións a forte e innecesaria vixiancia policial á que fomos sometid@s .

[Actualizado con vídeo] Asemblea en San Pedro-Acción Empapela os bancos


[Actualizado con outro vídeo] Vídeo da acción na Xunta (xoves 9 xuño)