elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

jueves, 9 de junio de 2011

[Actualizado] Entrevista a Xosé A. Sánchez Bugallo


Resumo da acta do Foro Aberto do día 7/6/11

-20:11: Comeza sesión de Foro Aberto
-Procédese á lectura da orde do día.
-Procédese á lectura do manifesto.
-20:19: Informes de Comisións
-Comisión de Comunicación: Solicítase oficialización inmediata da Comisión do “bo rollito”
-Comisión de Asemblea: Chamamento á participación na asemblea
-Comisión de Cultura: Procede á exposición do programa de mañá
-Comisión Lexislativa: Expón que estase a levar a cabo un proceso de contacto con plataformas que traten o tema de problemáticas de desaucio
-Comisión de infraestruturas: Presentación dos novos soportais, e fai chamamento á recadación de material.
-Comisión de Audiovisuais: Chamamento a suxerencias para o nome da radio da acampada
-Comisión de Extensión (in absentia): comezará a traballar dende mañá dende outros enclaves. Procédese a nomealos
-Información: procédese a nomear os puntos de debate, e o procedemento no micro pechado

Concentración na Xunta

GALEGO

Acampada Obradoiro convoca hoxe, día 9 de xuño, a toda a cidadanía galega nas portas da Xunta de Galicia (San Caetano, Santiago de Compostela).
Tal concentración vén motivada pola continua indiferenza que amosan os políticos galegos coa situación económica e social e a completa ignorancia sobre as nosas reivindicacións. Así, aproveitando que mañá se realiza unha reunión do Consello Galego (Presidente e Conselleiros) queremos ir a que se nos escoite, a facer a política enfronte deles.
Reunirémonos ás nove da mañá na praza do Obradoiro para saírmos de camiño á sede da Xunta.
A concentración será continuada no día, así que se podedes vir máis tarde estades convidados a facelo. Saca a túa indignación. Non sigas a ser un voto máis, unha cifra de enquisa, un títere nas mans dos que exercen o poder. Faite oír!


CASTELLANO

Acampada Obradoiro convoca hoy, día 9 de junio, a toda la ciudadanía gallega a las puertas de la Xunta de Galicia (San Caetano, Santiago de Compostela)
Tal concentración está motivada por la continua indiferencia que muestran los políticos gallegos con la situación económica y social, y la completa ignorancia sobre nuestras reivindicaciones. Así, aprovechando que mañana se produce una reunión del Consello Galego (Presidente y Conselleiros) queremos ir a que se nos escuche, a hacer política enfrente de ellos.
Os reuniremos a las nueve de la mañana en la praza do Obradoiro para salir de camino a la sede de la Xunta. La concentración será continuada en el día, así que si podéis venir más tarde, estáis igualmente invitados a hacerlo. Saca tu indignación. No continúes siendo un voto más, una cifra de encuesta, un títere de los que ejercen el poder. ¡Hazte oír!