elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

viernes, 20 de mayo de 2011

DENUNCIA!!

GALEGO

A día de hoxe, hai multitude de cargos políticos que non contentos con cobrar o soldo por exercer de incompetentes, aglutinan outros traballos cos seus correspondentes golosos salarios. Así é que dende aquí animámosvos a que nos mandedes CASOS REAIS que coñezades, para así pór en coñecemento de toda a cidadanía de como ademais de cobrar dos nosos impostos están tamén a acaparar postos de traballo.
Agardamos recibir a vosa información na nosa dirección de correo electrónico. Grazas

CASTELLANO

A día de hoy, hay multitud de cargos políticos que no contentos con cobrar el sueldo por ejercer de incompetentes, aglutinan otros trabajos con sus correspondientes golosos salarios. Así es que desde aquí os pedimos que nos mandeis CASOS REALES que conozcais, para así poner en conocimiento de toda la ciudadaní de como además de cobrar nuestros impuestos, están también acaparando puestos de trabajo.
Esperamos recibir vuestra información en nuestra dirección de correo electrónico. Gracias.

Xuntanza con funcionarios da Xunta de Galicia (20 de maio)

Despois dunha noite máis ao raso, presentámonos ante os funcionarios da Xunta de Galicia para transmitirlles as nosas inquedanzas e escoitar as súas. A xuntanza, considerada un éxito para o movemento, reuniu a máis de 50 persoas na sala de actos onde, despois de expor os nosos principais puntos e aclarar outros que foron xurdindo, chamouse a todos a participar na asemblea que terá lugar esta noite ás 20:00 horas na Praza do Obradoiro.
A reunión comezou cunha pequena aclaración. Despois, un dos compañeiros explicou brevemente quen somos e cales son as nosas intencións. Buscamos a complicidade dos funcionarios, deixándolles ver que eles, coma nós, están a sufrir a crise que os banqueiros e os políticos provocaron. Confirmamos ante eles a nosa non vinculación con sindicatos e partidos políticos.
Os asistentes á reunión, aos que voltamos a agradecer a súa participación, amosáronse moi activos e interesados no movemento que está a reanimar á sociedade española. As preguntas foron resoltas e as propostas anotadas, coa fin de expoñelas na asemblea de hoxe.
Para despedírmonos, queremos agradecer a Pablo o feito de permitirnos achegarnos a este grupo, tan castigado polas reformas do Goberno e tan importante para nós á hora de chamar ao resto da poboación. Grazas, Pablo.






En castelán:

Tras una noche más al raso, nos presentamos ante los funcionarios de la Xunta de Galicia para transmitirles nuestras inquietudes y escuchar las suyas. La reunión, considerada un éxito para el movimiento 15-M, reunió a más de 50 personas en el salón de actos donde tras exponer nuestros principales puntos y aclarar otros que iban surgiendo, se llamó a todos a participar en la asamblea
que tendrá lugar esta noche a las 20:00 horas en la Plaza do Obradoiro.
La reunión comenzó con una pequeña aclaración. Luego, Paco explicó brevemente quiénes somos y cuales son nuestras intenciones. Buscamos la complicidad de los funcionarios, dejándoles ver que ellos, como nosotros, están sufriendo la crisis que banqueros y políticos han provocado. Confirmamos ante ellos nuestra no vinculación a sindicatos y partidos políticos.
Los asistentes a la reunión, a los que volvemos a agradecer su participación, se mostraron activos y muy interesados en el movimiento que está reanimando a la sociedad española. Las preguntas fueron resueltas y las propuestas anotadas, con el fin de exponerlas en la asamblea de hoy.
Para despedirnos queremos agradecer a Pablo el habernos permitido acercarnos a este grupo, tan castigado por las reformas del gobierno y tan importante para nosotros a la hora de llamar al resto de la población. Gracias Pablo.

URXENTE: CONVOCATORIA DE PRENSA



CONVOCATORIA DE PRENSA

- URXENTE -



Dende a acampadaSCQ convocamos a todos os medios a cubrir as seguintes actividades.

  • Asamblea da acampadascq ás 20.00 horas onde se marcaran as bases directrices xerais para toda a fin de semana.
  • Ás 23.30 horas comezo da xornada de reflexión na acampadaSCQ
  • Sábado 21 de maio, durante toda a xornada realizaranse diversos actos lúdicos e culturais consistentes en actuacións musicais, teatrais, actividades para nenos, clown e cultura popular en xeral, nun encontro de portas abertas para todas as idades.


Aclaracións
  • Queremos reiterar que respetamos a decisión da Xunta Electoral e polo tanto non se convoca dende a acampadaSCQ ningún tipo de manifestación en apoio a partido político algún. Defendemos o dereito á reflexión.
  • Convidamos a toda cidadanía a participar da nosa iniciativa.
  • Non nos facemos cargo de calquera tipo acto violento que poida acontecer durante estas dúas xornadas. A base da nosa iniciativa é unha reivindicación pacífica e integradora.

PRÉGASE MÁXIMA DIFUSIÓN

Crónica da segunda noite no Obradoiro

Acta: asamblea das 12h-20 de maio

Carteis camisetas, folios: “estou reflexionando, por favor, non molestedes
  • Formar grupos pequenos, lendo a constitución en alto.
  • Gonzalo, avogado. O lúdico-festivo non está proibido.
  • Se ven a policía: reivindicar isto como espazo lúdico. Aínda que non se pensa de que se atrevan a disolver pola forza. Darlles toxos, etc., sempre mantendo a compostura.
  • Disolvernos e volver, ou quedarnos en grupos pequenos pola praza.
  • Reflexións sobre o voto. Temos que ir máis alá do sistema, mecanismos de participación política directa, nos barrios, presupostos participativos.
  • Alábase a labor que estamos facendo, sobre todo na forma na que nos organizamos na acampada.
  • Creación de grupos de traballo cara a un futuro, tratando temas que nos interesen, e estar traballando en rede.
  • Compañeiro que ven de cataluña. Os políticos son os que nos levan a estas situaciones. Hai que facerlles ver que cremos no que estamos facendo agora. Os políticos son un atentado constante cara a nós. Non os queremos, nin os cremos.
  • Debate sobre o voto- non voto. Opinións para todos os gustos. Pro, contra...
  • Chamamento a alguen que saiba, a que explique as diferencias entre voto nulo, branco e abstención.
  • Entrevista con gallardón en RNE, escoitada por un compañeiro.
  • Plantear se é un cuestionamiento do sistema o do bipartidismo. Sería interesante que o movemento chegara ás Xerais do ano que vén.

CONVOCATORIA URXENTE

Compañeiros e compañeiras: mañá sábado tense programado facer actividades ao longo de todo o día na acampada do Obradorio. Xa son varios os e as artistas que se ofreceron a participar no programa de actividades, facemos un chamamento a todos e todas a participar, Titiriteiros/as, contacontos, Cirqueiros/as, músicos... Ao longo do día de hoxe pasade polo campamento a ofrecer o voso espectáculo para que o poidamos programar, ou mandade un email a:
acampadaobradoiro@hotmail.com
Saúde indignadxs

Compañeros y compañeras, mañana sábado tenemos programado hacer actividades a lo largo de todo el día en la acampada del Obradoiro. Ya son varios los artistas que se han ofrecido a participar en el programa de actividades, hacemos un llamamiento a todos y todas a participar, Titiriteros/as, contacuentos, Cirqueros/as, músicos/as...A lo largo del día de hoy pásate por la acampada a ofrecer vuestro espectáculo para que lo podamos programar, o mándanos un email a:
acampadaobradorio@hotmail.com
Saúde indignadxs

Programa Cultural 20/05/2011

AVANCE:

10.30h - Performance-protesta. #RazónPrazaObradoiro

12h - Asemblea

14.30 Xantar

16h Creación da Biblioteca Comunal
aberta a aportación de libros chachis!

18h Obradoiro de Collage Periodístico

20h Asemblea

Coro da Rá incluido, hoxe sí! ;)

e actuación de instrumentos de vento de orixe Aborixe Australiano (djidjedou)

22h Cea


Convivenvia noctura A loita e Resistencia é Alegría !

ACTA: Asemblea das 20 horas do 18-Maio



Dá comezo a Asamblea da tarde ás 20:20h. Agora expoñemos os diferentes puntos que se trataron durante esta:

  1. Lectura do comunicado sobre a lingua.
  2. Lectura do acta da Asamblea.
  3. Comisión de Infraestructuras
  • Axudar có que se necesite.
  1. Comisión de Comida
  • Crêpes, limpieza, reciclaxe, cosas quentes.
  1. Comisión de Actividades Culturais
  • Foron ao banco Santader vestidos de vagabundo.
  • Realizaron unha fotografía da mensaxe humana de Indignados, as 18:00, cunha grande participación..
  • Realizáronse diversas performances por toda a zona vella simulando unha votación, en onde se pode votar cousas como corrupción, diñeiro, estafas, recortes sociais...
  • No Obradoiro levouse a cabo a lectura do libro Indignádevos de Stephan Hessel.
  • Serán convocadas varia actuacións e performances para a fin de semana.
  1. Comisión de Comunicación
  • Traballo continuo nas redes sociais Twitter e Facebook.
  • Hai grandes apoios desde diferentes cidades de España, Europa e diferentes países de todo o mundo. 
    • Presentada Instancia no Rexistro Xeral do Concello, solicitando apertura as 24 horas do día dos W.C. públicos da zona -agora xa operativos-, tamén solicitado enganche para toma de alimentación eléctrica xeral -hoxe posteamos no blog grazas a un xerador custeado pola aportación económica de cidadáns particulares ). Tamén solicitamos contenedores de lixo selectivo extra para a zona e acceso en aberto e ilimitado á wifi pública da zona (este dous puntos tamén pendentes de resolución positiva por parte do Concello de Santiago).


Comunicado sobre o uso da lingua

Hoxe ao comezo da asemblea ás 20h, limos un comunicado no que falabamos da cuestión do uso do galego, a raíz dos comentarios e suxerencias que foron chegando ao blogue e ás redes sociais. Desgraciadamente, o ordenador no que o tiñamos  gardado desapareceu e non somos quen de atopalo. Polo tanto, facemos un pequeno resumo tirando do fío, xa que é de lei que o poidades ler tamén aquí.
na @acampadaSCQ tod@s axudamos


A razón pola que algunhas das comunicacións enviadas estaban en castelán foi que tanto esta coma outras das iniciativas que saíron desta asemblea son levadas de xeito voluntario e individual. Tamén cómpre dicir que a moitas das persoas que estan aquí non son galegas, e moitas outras si. Polo tanto e ao ser inciativas individuais é lóxico que cadaquen as desenvolva na lingua que se sinta máis cómoda/o. Tras falar entre nós, chegamos á resolución de facer todas as comunicacións en galego e castelán. Asimesmo, tentaremos tamén utilizar unha linguaxe incluínte e non sexista, seguindo as suxerencias que chegaron tamén sobre isto.

Non obstante, na comisión de comunicación apenas damos abasto para facer esta labor de tradución, así que agradeceremos a vosa colaboración neste sentido. Pasádevos por aquí e botádenos unha man.

Un saúdo e apertas dende
#acampadaobradoiro

ASAMBLEA DA COMISÓN LEXISLATIVA

Na asamblea da Comisión lexislativa realizada hoxe, día 19 de maio de 2011 determináronse as liñas de traballo a seguir en base ao manifesto aprobado na anterior Asamblea Xeral (democraciarealya.es) Tomando como base tal documento decidiuse a creación de 5 grupos de traballo:

1. Grupo de política e democracia participativa
2. Grupo de banca, fiscalidade e reducción do gasto militar
3. Grupo de emprego
4. Grupo de vivenda e servizos sociais
5. Grupo de coordinación nacional

Ditos grupos de traballo teñen como obxectivo desenvolver as propostas do manifesto, engadindo outras novas e depurando as existentes. Son de carácter aberto, así que calquera que desexe participar, ben na elaboración, ben na transmisión de propostas é benvido a colaborar. O importante deste movemento é que tod@s temos dereito a facer escoitar a nosa voz.
Ademais, queremos resaltar que Panxea puxo á dispoñibilidade deste grupo o uso do seu local para as reunións da comisión,así como os materiais dos que dispoñen.

Animádevos a participar para que as vosas ideas deixen de ser só iso.
Para colaborar e achegar as vosas propostas podedes poñervos en contacto con Mon Paz (ramon.paz.compostela@gmail.com)

Comunicado sobre o emprego dos idiomas na #acampadaobradoiro