LeLectura do manifesto
2. Explicación do novo funcionamento das comisións: pola mañá as comisións encargaránse do mantemento e a estrutura, mentres pola tarde se organizarán segundo decidan. Ás 20:00 horas habería xuntanza/ reunión: un speaker corner no que se propoñen ideas para ir a votación da asamblea do día seguinte, ou votado con carácter urxente no día.
3. Apróbase que a asamblea lexislativa se reúna dous días seguidos: os venres e os sábados
4. Información das comisións:
· Infraestruturas: as tendas pasan a estar numeradas. Haberá que porse en contacto coa comisión para ver cales están baleiras. Fíxose un chamamento para que se usen as papeleiras.
· Información: cada vez máis xente estranxeira apoia o movemento. Xa está dispoñible o libro de firmas. Fíxose un chamamento para que exista máis interconexión entre asembleas.
· Audiovisuais: piden traer cámaras para filmar o posible desaloxo. Vai a comenzar a funcionar a radio. Tamén pediron voluntarios para a redacción dos contidos.
· Coordinación: recordaron que funciona o banco de tempo e pediron á xente que participe. Comezouse a crear unha rede das acampadas de Galiza para intercambiar ideas e propostas.
· Extensión organizativa: contactaron coa asociación de veciños de Vite e co colexio do barrio. Fixeron un recordatorio de que se reúnen as 13:00 horas.
· Propaganda: precisan de máis xente para colaborar e lembraron que as reunións da súa comisión se producirán ás 10:30 horas
· Económica: recordaron o principio de que non se acepta máis alá da cifra dos 200 euros. Agradeceron á xente que aporta o necesario para o campamento.
5. PROPOSTAS
5.1 Listas blancas
Debate: 1 partipante: Unha das bases do dereito é a presunción de inocencia respecto dos imputados. Concorda en non presentar condenados.
1p: Apoia a presunción de inocencia.
1p: Apoia a presunción de inocencia pero cree que os imputados non poden ir nas listas.
VOTACIÓN: APROBADO POR MAIORÍA
5.2 Estado da indignación. Convocatoria en Cortes dun debate sobre o estado da indignación para ver se os políticos se fan eco das reivindicacións.
VOTACIÓN: APROBADO POR MAIORÍA
5.3 PUNTO: Cambio na Lei Electoral. Mudanza simbólica do umbral do 5% ao 0% para obter representación política.
DEBATE: 1P: Todo o mundo debe ter dereito a presentarse e a ser elixido por minoritarío que sexa o partido.
1p: En relación á Lei Electoral hai 3 posibles debates: as circunscripcións, a lei D´Hont e a porcentaxe para obter representación.
1p: Galicia é unha excepcionalidade xa que ten a barreira nun 5% e no resto de comunidades está no 3%.
1p: A pesares de que se varíen as porcentaxes non serviría de nada, o importante é mudar a Lei D´Hont.
1p: Se se baixa a porcentaxe e non serve para nada, córrese o risco de que os políticos consideren que xa atenderon as nosas demandas e manipulen á opinión pública.
1p:O cambio é simbólico. O importante son as circunscripcións.
1p: Non é certo que estea no 3% o límite. A maior parte está no 5%, excepto en casos como Euskadi onde si está no 3%.
1p: Importancia dunha persoa un voto. Cambiar a Lei Electoral independentemente dos partidos que saian perxudicados.
1p: A Lei D´Hont favorece o bipartidismo. Circunscripción única para Galicia e abolir a Lei D´Hont para cambialo por un sistema máis xusto.
1p: Realizar obradoiros onde se expliquen os conceptos políticos e lexislativos necesarios para votar con coñecemento
VOTACIÓN: GAÑA A ABSTENCIÓN (VOLVERASE A DEBATIR)
1. Decisión sobre desaloxar o campamento ou manterse
1p: Cada persoa debe tomar a súa decisión individualmente.
1p: Considera que non se debe levantar o campamento ata que non se estenda o movemento aos barrios.
1p: Importancia de facer forza nas zonas periféricas. Manter os esforzos no campamento ata que se consiga unha estrutura.
1p:Distinción movemento- acampada. Marchar non é dar un paso atrás e dar un paso noutra dirección.
1p: A decisión de marcharse e volver pode depender do traballo que se faga nos barrios e de que como se vaia integrando o movemento polas distintas zonas.
1p: A praza é de todos e todos deben poder usala.
1p: Considera que moita xente que non pode acamapar apoia dende a casa lendo o blog e a través das redes sociais
1p: Seguir acampados ata que se asenten unas bases. O día do pregón non ten que ser unha data límite.
1p: Evitar enfrontamentos. Debe ser unha decisión individual.
1p: Informa de que a policía cargou no campamento de París.
1p: Apoio a París e ao resto de países involucrados. O movemento debe evolucionar, seguir nas prazas dos barrios, nas redes sociais…
1p: Importancia de marcar prazos e abrir redes de comunicación. Usar novas tecnoloxías.
1p: Cre que non se desaloxará o campamento, que se xogará ao desgaste, problema común a todas as acampadas.
1p: Totalmente en desacordo con todo.
VOTACIÓN: APRÓBASE POR MAIORÍA MANTER O CAMPAMENTO
6. Lectura do protocolo de actuación en caso de desaloxo.
PECHE DA ASAMBLEA ÁS 22,15 HORAS
ASAMBLEA DEL 29 DE MAYO
1. Lectura del manifiesto
2. Explicación del nuevo funcionamiento de las comisiones: por la mañana las comisiones se encargará del mantenimiento y la estructura, mientras por la tarde se organizarán segundo decidan. A las 20:00 horas habría reunión: un speaker corner en el que se proponen ideas para ir a votación de la asamblea del día seguinte, o votado con carácter urgente en el día.
3. Se aprueba que la asamblea legislativa se reúna dos días seguidos: los viernes y los sábados.
4. Información de las comisiones:
· Infraestructuras: las tiendas pasan a estar numeradas. Habrá que ponerse en contacto con la comisión para ver cuales están vacías. Se hizo un llamamiento para que se usen las papeleras.
· Información: cada vez máis gente extranjera apoya el movimiento. Ya está disponible el libro de firmas. Si un llamamiento para que exista más interconexión entre asambleas.
· Audiovisuales: piden traer cámaras para filmar el posible desalojo. Vaya a comenzar a funcionar la radio. También pidieron voluntarios para la redacción de los contenidos.
· Coordinación: recordaron que funciona el banco de tiempo y pidieron a la gente que participe. Se empezó a crear una red de las acampadas de Galicia para intercambiar ideas y propuestas.
· Extensión organizativa: contactaron con la asociación de vecinos de Vite e con colegio del barrio. Hicieron un recordatorio de que se reúnen a las 13:00 horas.
· Propaganda: necesitan de más gente para colaborar y recordar que las reuniones de su comisión se producirá a las 10:30 horas
· Económica: recordaron el principio de que no se acepta más allá de la cifra de los 200 euros. Agradecieron a la gente que aporta lo necesario para el campamento.
5. PROPUESTAS
5.1Listas blancas
Debate1 participante: Una de las bases del derecho es la presunción de inocencia respeto de los imputados. Concuerda en no presentar condenados.
1p: Apoya la presunción de inocencia.
1p: Apoya la presunción de inocencia pero cree que los imputados no pueden ir en las listas.
VOTACIÓN: APROBADO POR MAYORÍA
5.2Estado de la indignación. Convocatoria en Cortes de un debate sobre el estado de la indignación para ver si los políticos se hacen eco de las reivindicaciones.
VOTACIÓN: APROBADO POR MAYORÍA
5.3 Cambio en la Ley Electoral. Mudanza simbólica del umbral del 5% al 0% para obtener representación política.
DEBATE: 1P: Todo el mundo debe tener derecho a presentarse y a ser elegido por minoritario que sea el partido.
1p: En relación a la Ley Electoral hay 3 posibles debates: las circunscripciones, la ley D´Hont y el porcentaje para obtener representación.
1p: Galicia es una excepcionalidad, ya que tiene la barrera en un 5% y en el resto de comunidades está en el 3%.
1p: A pesar de que se varíen los porcentajes no serviría de nada, lo importante y cambiar la Ley D´Hont.
1p: Si se baja el porcentaje y no sirve para nada, se corre el riesgo de que los políticos consideren que ya atendieron nuestras demandas y manipulen a la opinión pública.
1p: El cambio el simbólico. Lo importante son las circunscripciones.
1p: No es cierto que esté en el 3% el límite. La mayor parte está en el 5%, excepto en casos como Euskadi donde si está en el 3%.
1p: Importancia de una persona y un voto. Cambiar la Ley Electoral independientemente de los partidos que salgan perjudicados.
1p: La Lei D´Hont favorece el bipartidismo. Circunscripción única para Galicia y abolición la Ley D´Hont para cambiarlo por un sistema más justo.
1p: Realizar talleres donde se expliquen los conceptos políticos y legislativos necesarios para votar con conocimiento.
VOTACIÓN: GANA LA ABSTENCIÓN (SE VOLVERÁ A DEBATIR)
Decisión sobre desalojar el campamento o mantenerse
1p: Cada persona debe tomar su decisión individualmente.
1p: Considera que no se debe levantar el campamento hasta que no se extienda el movimiento a los barrios.
1p: Importancia de hacer fuerza en las zonas periféricas. Mantener los esfuerzos en el campamento hasta que se consiga una estructura.
1p: Distinción movimiento- acampada. Marchar no es dar un paso atrás es dar un paso en otra dirección.
1p: La decisión de marcharse y volver puede depender del trabajo que se haga en los barrios y de que como se vaya integrando el movimiento por las distintas zonas.
1p: La plaza es de todos y todos deben poder usarla.
1p: Considera que mucha gente que no puede acampar apoya desde la casa leyendo el blog y a través de las redes sociales.
1p: Seguir acampados hasta que se asienten unas bases. El día del pregón no tiene que ser una fecha límite.
1p: Evitar enfrentamientos. Debe ser una decisión individual.
1p: Informa de que la policía cargó en el campamento de París.
1p: Apoyo a París y el resto de países involucrados. El movimiento debe evolucionar, seguir en las plazas de los barrios, en las redes sociales…
1p: Importancia de marcar plazos y abrir redes de comunicación. Usar nuevas tecnologías.
1p: Cree que no se desalojará el campamento, que se jugará al desgaste, problema común a todas las acampadas.
1p: Totalmente en desacuerdo con todo
VOTACIÓN: SE APRUEBA POR MAYORÍA MANTENER EL CAMPAMENTO
6. Lectura del protocolo de actuación en caso de desalojo.
CIERRE DE LA ASAMBLEA A LAS 22:15 HORAS
Con relación á Lei Electoral. Por favor procurar máis información e facer Obradoiros ao respecto. É de supoñer que tedes xente que estudou, ou estuda, políticas. Se están a dicir moitas barbaridades sobre esa Lei... podedes informarme onde hai que ir para falar dese tema? que comisión leva o asunto? Grazas!
ResponderEliminarOs meus parabéns!! Vexo que isto é cada vez máis produtivo :)
ResponderEliminarEu tamén creo que sería beneficioso un obradoiro sobre a lei electoral, e que houbese tanta abstención na votación quere dicir algo. Pola miña parte, desde logo, bastante descoñecemento. E, aínda que tamén é responsabilidade de cada un de nós manternos informados, non estaría de máis unha pequena axuda.
Dende aquí tamén a miña proposta de que xa que non hai asambleas todolos días, se fixeran os obradoiros máis tarde, ás 20 ou así. Así a xente que traballa pola tarde pode chegar a tempo.
Unha curiosidade, a persoa que no tema do desaloxo estaba en desacordo con todo o anterior, deu razóns concretas? quizais pido demasiado, pero creo que estaría ben ter en conta os motivos que deu.
Saúdos e moito ánimo!
A persoa que estaba en desacordo con todo limitouse a dicir: ESTOY EN DESACUERDO CON TODA ESTA MOVIDA! VIVA LA ANARKIA! Sen máis.
ResponderEliminarIsto cada vez se pón máis interesante. Parabéns polo esforzo. Creo que imos avanzando.
ResponderEliminarSo unha cousiña: nos comunicados oficiais que se fagan (á prensa, entrada no blog etc) informando de que quedamos acampados no obradoiro, penso que sería moi bo dicir tamén o que se falou onte de que estamos dispostos a colaborar para que o pregón e as festas transcorran con normalidade (mover o campamento, recoller cara un lado da praza, reducir número de tendas). Que vexan que estamos do lado da xente e non lles queremos perxudicar. Deste xeito non lles damos escusas ós medios para desprestixiarnos de cara o "cidadán de a pé", que nos apoian un montón, e queremos que sigan ó noso lado, dándonos forzas, como ata agora!
+1 o anterior comentario. Temos que amosar que estamos aqui por e para todos, que o noso obxectivo non e incordiar (bueno si, so a clase politica...): o nosos obxectivos son crear, colaborar, falar, escoitar, propoñer, dialogar, ensinar, aprender, respetar, comprender, ...
ResponderEliminarIsto marcha
Todos a unha!
No nos vamos!
Son certos os rumeros que chegaron aos meus oídos? Que o grupo de acampadaobradoiro está "tomado" por nacionalistas radicais e que xa non está a xente do principio?
ResponderEliminarRumores, rumores, non rumeros.
ResponderEliminarApoio a proposta do anónimo das 11.26
ResponderEliminarCreo que unha boa información á xente, e colaboración entre todos nos pode dar moita máis forza e unión. Difusión e información! E se tedes dúbidas de algo, non fagades caso aos rumores, e achegádevos para comprobar calquera cousa por vós mesmos, é a mellor opción penso eu.
Con relación a este comentario:
ResponderEliminar"1p: A pesares de que se varíen as porcentaxes non serviría de nada, o importante é mudar a Lei D´Hont."
Se en Compostela la barrera fuese del 3% (o no hubiese un mínimo) y no de un 5% el PP perdería un escaño que ganaría IU, con lo cual probablemente no nos gobernaría Conde Roa
Si no probar: http://icon.cat/util/elecciones
añado http://icon.cat/util/elecciones/rsMVGbCYYg
ResponderEliminarEstive a ver as fotos e agora a ler este resumo e de verdade vejo que cada día ides a mais. Mais organizados, mais conscientes, mais preparados...Dá glória ver-vos...
ResponderEliminarA persoa que estaba en contra de todo dixo algo así como:
ResponderEliminarEu vou ter os cojóns de decilo. Estou en desacordo con absolutamente todo. Vós non vos atrevesdes a estar en desacordo. Penso que un ten que seguir as súas ideas ata a morte. Non me gusta o borreguismo. Que viva la anarquía! Bienaventurados sexan os mansos de espíritu, deles será o reino dos ceos :-)
se non me lembro, así foi
persoalmente, non creo que fose tan trivial o que dixo. ou así interepreto eu. Porque ás veces teño a impresión que a xente se creo oda vontade xeral de Rousseau, que é moito máis ca a vontade todos e cada un, como se fose problemático. Efectivamente, se un loita dentro dun movemento, ten q asumir q ás veces se van dicidir cousas que non lle gustan, e no por iso debe marchar. Pero hai que ser conscientesn das diferenzas e de que se pode estar aí desde a disidencia. En todos os movementos as persoas que pensaban diferente (as máis revolucionarias) foron sancionadas. OLLO: non digo que isto estea a ocurrir aquí, só qu escoitei referencias que non me gustaron (de persoas individuais, non comunicados oficiais) que me fan pensar na ilusión esa da vontade xeral aproblemática e inxenua.
ÁNIMO!!!
certo, a pluralidade e diferenza de opinións é unha das cousas que nos fai medrar. pero sen chegar ó conflito: http://www.elpais.com/articulo/portada/Discrepar/crear/conflictos/elpepusoceps/20110515elpepspor_6/Tes
ResponderEliminarTemos que ser toda a sociedade, e nela hai multiplicidade de opinións e formas de pensar. Debemonos respetar uns a outros, e máis agora con todo esto
creo que ceder el micro a esta ultima persona fue todo un ejemplo de democracia y de saber escuchar
ResponderEliminarCreo que estou aprendendo máis nestas últimas semanas que en 9 anos de educación institucionalizada :) Qué ben o podemos facer as persoas cando nos decatamos da nosa capacidade e nos unimos! Levaban moito tempo querendonos facer crer que estabamos sos e que non tiñamos ningún poder para cambiar as cousas. Estamos demostrando que se equivocaban. E por iso teñen tanto medo en nos queren botar da rúa! Resumindo: ánimo e adiante, que isto marcha!
ResponderEliminarSobre o tema dos rumores de mal rollo, radicalización etc: non fagades nin caso! Hai un par de individuos que se adican a meter cizaña no blog para dar mala imaxe e que a xente se desanime e non vaia polo Obradoiro.
ResponderEliminarAsí que en caso de dúbida ide por alí e veredes que a xente é plural e aberta; e toda colaboración, idea, axuda, e por suposto crítica (constructiva claro!) é recibida de bo grado.
Eu vexo que hai unha vontade de escoitar e mellorar, de feito, non sei se o notastes pero ante as críticas que houbo de que as actividades culturais se estaban a afastar da razón pola que saimos á rúa, houbo un cambio de rumbo total e agora se propoñen máis charlas informativas sobre leis, o sistema actual, alternativas a este...
Simplemente suxeride e colaborade para darlle a isto a forma que queirades que para iso é de todos nos. O único é que hay que cambiar o chip: deixar de ser pasivos, simple público que se traga o que lle boten, e pasar a ser activos e participar directamente.
De feito se o pensades iso é precisamente o que estamos reivindicando: democracia real, participativa, de base! Por iso o primeiro para cambiar o sistema é cambiar nos mesmos, a nosa actitude! Non delegar tanto e ser máis responsables nos mesmos.
(perdón por enrollarme tanto :P é que me entusiasmei! )
Alégrome entón de que os rumores non sexan certos, a verdade que me preocupaba porque isto non o pode mopolizar un grupo, ten que seguir sendo de todos, dos que están nas prazas e dos que están nas casas, é dicir, dos cidadáns.
ResponderEliminarCada día veo más futuro, lo estamos haciendo bien, con calma pero muy bien. Enhorabuena a los que estáis ahí todo el día, y muchas gracias por hacer que recupere la fe en que podemos cambiar las cosas
ResponderEliminar