elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

miércoles, 18 de mayo de 2011

Comunicado dende #acampadaobradoiro

A noticia da proibición da concentración na Puerta del Sol de Madrid espallouse por todas as concentracións similares que existen no estado. Dende o grupo acampado no Obradoiro queremos facer chegar o noso apoio a toda a xente acampada nas distintas cidades do estado. Nós, pola nosa parte, seguiremos na praza xa que polo de agora non tivemos ningunha resposta por parte da Subdelegación do Goberno.

En caso de que a súa resposta sexa negativa permaneceremos aquí exercendo o noso dereito constitucional de expresión e reunión de xeito totalmente pacífico, e este é o unico límite que contemplamos. Queremos facer especial fincapé en que non pensamos que sexa democrático facer depender estes dereitos básicos de permisos e prazos institucionais. Opinamos que a expresión da voz do pobo NUNCA debería ser ilegal, e que é a nosa responsabilidade facela escoitar.

Non entendemos por que os partidos políticos poden facelos seus mitines e nós, sen afiliacións a ningún partido político e vinculados só ás nosas propias conciencias cidadás, non estamos en igualdade de condicións para expresar a nosa idea do que é unha democracia.

O documento oficial de comunicación da proibición di que "a petición do voto responsable pode afectar á campaña electoral e a liberdade do dereito dos cidadáns ao exercicio do voto”. Non entendemos por que o noso intento de concienciar á cidadanía da necesidade de exercer o seu dereito (e deber) ao voto responsable é considerado como unha ameaza. No fundo, habería que preguntarse por que existe este medo ao voto responsable.



TRADUCCIÓN AL CASTELLANO


La noticia de la prohibición de la concentración en la Puerta del Sol de Madrid se extendió por todas las concentraciones similares que existen en el Estado. Desde el grupo acampado en el Obradoiro queremos hacer llegar nuestro apoyo a toda la gente acampada en las distintas ciudades del estado. Nosotros, por nuestra parte, seguiremos en la plaza ya que por ahora no hemos tenido ninguna respuesta por parte de la Subdelegación de Gobierno.

En caso de que su respuesta sea negativa permaneceremos aquí ejerciendo nuestro derecho constitucional de expresión y reunión de manera totalmente pacífica, y este es el único límite que contemplamos. Queremos hacer especial hincapié en que no pensamos que sea democrático hacer depender estos derechos básicos de permisos y plazos institucionales. Opinamos que la expresión de la voz del pueblo NUNCA debería ser ilegal, y que es responsabilidad nuestra hacerla escuchar.

No entendemos por qué los partidos politicos pueden hacer sus mítines, y nosotros, sin afilaciones a nigún partido político y vinculados solo a nuestras propias conciencias ciudadanas, no estamos en igualdad de condiciones para expresar nuestra idea de lo que es una democracia.

El documento oficial de comunicación de la prohibición dice que "la petición del voto responsable puede afectar a la campaña electoral y a la libertad del derecho de los ciudadanos al ejercicio del voto". No entendemos por qué nuestro intento de concienciar a la ciudadanía de la necesidad de ejercer su derecho (y deber) al voto responsable es considerado como una amenaza. En el fondo, habría que preguntarse por qué existe este miedo al voto responsable.





4 comentarios:

  1. MOITO ÁNIMO...DÁDESVOS CONTA QUE TEDES A APROBACIÓN DA XENTE DA RÚA? ISO É MOI IMPORTANTE, NON ATOPEI A NINGUÉN QUE VOS CRITIQUE...EXCEPTO O PP, CLARO, PERO ESES NON IMPORTAN.
    ADMIRO O QUE ESTADES FACENDO...XA ERA HORA DE ARMAR UNHA REVOLUCIÓN

    ResponderEliminar
  2. Pois é curioso, porque eu, si atopei xente que nos criticaba, e penso qu con razón.
    Os escritos, a meirante estan en Castelán, coma se fora a mesma revindicación aqui que alá, e as mulleres, invisibilizadas.
    Tamén é certo, que toda a xente está encantada de que moita xente que nunca se move, agora, por fin, esté actuando. A min gustaríame que se tiveran en conta estas cuestións, para que ninguén, ninguén quede excluido.

    ResponderEliminar
  3. O MEU TOTAL APOIO ÁS CONCENTRACIÓNS, E A REPULSA Á PROHIBICIÓN DAS MANIFESTACIÓNS POR NON É MÁIS QUE UN ATAQUE A LIBERDADE DA QUE TANTO PRESUME A NOSA SOCIEDADE.
    ESPERO PODER ESTAR O SÁBADO CON VÓS.
    SAÚDOS E ÁNIMO!

    ResponderEliminar
  4. Teñen medo ao voto responsable porque votalos a eles non é responsable. Encantoume a asamblea de hoxe ás 8, cada vez hai máis xente. Eu fun dende o primeiro día e realmente estou encantada. Amenizades moi ben as noites e hai moi bo ambiente na acampada. Espero que cheguemos moi lonxe porque certamente necesitamos un cambio. Pasarei hoxe a noite a ver se hai ou non hai desaloxo, esperemos que non que a policia por agora estase portando moi ben. Moita forza e saludos!

    ResponderEliminar