elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

jueves, 19 de mayo de 2011

Resumen de la asamblea de las 12h del jueves 19 de mayo

A las 12h del mediodía celebramos la asamblea matutina de este jueves, 19 de mayo. Comenzamos tratando el plan de actividades para esta tarde, organizando en primer lugar la fotografía que nos van a sacar a las 18h desde la balconada del Ayuntamiento. A todos aquellos que os acerquéis os pedimos que vengáis entre las 17 y 17:15h, para organizarnos: nos pintaremos las manos de blanco, nos tumbaremos en el suelo y dibujaremos con nuestros cuerpos la palabra INDIGNADOS.
Además, la comisión de cultura prepara una perfomance a las 17:30h. Decidimos también mantener el horario de la asamblea a las 20:00h, después de la cual (a las 21h) tendrá posiblemente lugar la actuación del Coro de Rá.

El material que necesitamos en estos momentos, a raíz de lo hablado en la asamblea son cinta, tizas, mobiliario y material eléctrico. Creamos una comisión económica, con el fin de recaudar dinero para poder adquirir algo de este material.

Como actividades a llevar a cabo, se propuso repartir octavillas, realizar una canción-protesta, realizar una sesión de micro abierto, repartir propaganda por toda la ciudad y la Asociación Payasos en Rebeldía se ofrece a realizar una performance el sábado.

Pasando a un punto de vista más teórico, debatimos la posibilidad de declarar el Obradoiro, de manera legal, campamento de refugiados ideológicos. También hablamos la posibilidad de que todo este movimiento continúe más allá del domingo, con la vista puesta en las elecciones generales a celebrar en 2012.

Se informó de la no-vinculación de la asamblea al manifiesto "Todos juntos, por fin", publicada en el resumen de la asamblea de ayer.

En cuanto a la discusión sobre el idioma de publicación de información de #acampadaobradoiro, llegamos a la conclusión de que cada "redactor" del blog y redes sociales publique la información en su idioma preferente como primera opción, realizando una traducción de lo publicado si tiene tiempo disponible. En caso de que esto no sea posible, desde #acampadaobradoiro animamos a todo aquel que quiera traducir un texto al idioma que le plazca que lo haga y que nos lo envíe a acampadaobradoiro@hotmail.com, donde lo recibiremos y posteriormente colgaremos debajo de la entrada original. Siempre es mejor sumar.

Ya por último, insistir en la heterogeneidad del movimiento: no somos solo estudiantes, también trabajadores, parados, jubilados, amas de casa, etc. No te quedes en casa, únete a #acampadaobradoiro.






TRADUCCIÓN AO GALEGO

Ás 12h do mediodía celebramos a asemblea matutina desta quinta feira, 19 de maio. Comezamos tratando o plan de actividades para esta tarde, organizando en primeiro lugar a fotografía que nos van tirar ás 18h dende a varanda do Concello. A todos aqueles que vos acheguedes pedímosvos que veñades entre as 17 y 17:15h, para organizármonos: pintaremos as mans de branco, deitarémonos no chan e debuxaremos cos nosos corpos a palabra INDIGNADOS.
Alén diso, a comisión de cultura prepara unha perfomance ás 17:30h. Decidimos tamén manter o horario da asemblea ás 20:00h, despois da cal (ás 21h) terá posibelmente lugar a actuación do Coro de Rá.

O material que precisamos nestes momentos, a raíz do falado na asemblea son cinta, xices, mobiliario e material eléctrico. Criamos unha comisión económica, co fin de recaudarmos diñeiro para poder adquirir algo deste material.

Como actividades para levar a cabo, propúxose repartir octavillas, realizar unha canción-protesta, realizar unha sesión de micro aberto, repartir propaganda por toda a cidade e a Asociación Paiasos en Rebeldía ofrécese a realizar unha performance no sábado.

Pasando a un punto de vista máis teórico, debatemos a posibilidade de declararmos o Obradoiro, de xeito legal, acampamento de refuxiados ideolóxicos. Tamén barallamos a posibilidade de que todo este movemento continúe máis alá do domingo, coa vista posta nas eleccións xerais a celebrar en 2012.

Informouse da non-vinculación da asemblea ao manifesto "Todos xuntos, por fin", publicada no resumo da asemblea de onte.

No referente á discusión sobre o idioma de publicación de información de #acampadaobradoiro, chegamos á conclusión de que cada "redactor" do blog e redes sociais publique a información no seu idioma preferente como primeira opción, realizando unha tradución o publicado se tiver tempo disponíbel.
Caso de que isto non for posíbel, dende #acampadaobradoiro animamos a todo aquel que queira traducir un texto ao idioma que quixer que o faga e que nolo envíe a acampadaobradoiro@hotmail.com, onde o recibiremos e posteriormente subiremos baixo da entrada orixinal. Sempre é mellor sumarmos.

Xa por último, insistir na heteroxeneidade do movemento: non somos só estudantes, tamén traballadores, parados, xubilados, amas de casa, etc. Non fiques na casa, únete a #acampadaobradoiro.

Grazas a   Olaia e a Álvaro

44 comentarios:

  1. O Coro da Ra non está confirmado aínda!
    Moita forza e a seguir!

    ResponderEliminar
  2. É a primeira vez que un movemento social non usa o noso idioma como lingua de comunicación. É unha mágoa, estou seguro de que se uniría máis xente se fose ó contrario. Saúdos e ánimo para seguir!

    ResponderEliminar
  3. unha que quere...19 de mayo de 2011, 16:43

    Eu de verdade que non entendo nada...
    que tipo de democracia REAL!!!!??? queredes?
    Democracia que marxine?
    acaso so se pide que os políticos repartan ganancias? non estar no paro?
    E logo, que democracia podemos ter as que estamos na minoría?
    Que democracia pode ser?
    As mulleres....a lingua..... se queredes unha democracia que non atenda a DIVERSIDADE, entón, apaga e vámonos.
    Temos que estar coas minorías, temos que estar cos/coas pobres, coas mulleres, cos/coas ancías, coas que falan linguas non-dominantes, cos/coas migrantes, cos/coas que teñen algunha discapacidade, cos/coas dominados/as...
    ESTAR EN DEMOCRACIA PARA TOD@S!! E que sexa REAL! sen excluir a ninguén...
    (se o facemos nós, como non o van facer eles?)

    ResponderEliminar
  4. Si, unha mágoa o do galego, ademais precisamente nestas datas.

    ResponderEliminar
  5. que mais dara o idioma.....

    as linguas estan para unir non para dividir!!!

    hay mais mundo mais ala do padornelo....

    ResponderEliminar
  6. máis mundo máis alá do Padornelo?? Ostia! Uniuse Feijoo a Democracia real Xa?? Jarl!

    Por certo... mans brancas?? iso en España é un símbolo anti ETA...

    ResponderEliminar
  7. Síntome solidario con esta causa, que é a miña causa, pero vexo que tamén se menospreza o meu idioma cando se opta pola opción bilingüe, como cando se pon a un negro e a un branco a competir cando uns abusaron reiteradamente dos outros, ou cando me din qeu hai máis vida máis alá do padornelo, cando eu estiven emigrado...en fin, avante, aínda que sinto moita pena de que a xente moza pase da lingua... Desta maneira non nos estraña que chegaramos a onde chegamos. Forza igualmente!

    ResponderEliminar
  8. 1. O idioma importa, claro que importa.
    2. Non só hai mais mundo "mais alá" do Padornelo, tamén o hai "máis acó" do Padornelo.
    3. A escasa presenza do galego no que se está movendo arredor de "#acampadaobradoiro" non é máis ca un reflexo sociolingüístico dos que están a participar polo de agora alí. É unha realidade obxectiva que non se pode facer máis que asumir.
    4. Para que o punto 3 mude, é extremadamente doado, non hai máis que participar alí. En canto haxa máis e máis galegofalantes (sexan "rag-escribintes" ou "agal-escribintes" ou "lisboetes-escribintes") compartindo ese mesmo espazo de xeito democrático, o natural é que o galego adquira a presenza que lle corresponde

    ResponderEliminar
  9. Tou dacordo, a lingua, a equidade, son base, e de xeito trasversal ten que estar en todo!
    Forza!

    ResponderEliminar
  10. Xa pero como nos imos a adscribir a un movemento que dende o principio xa nos rexeita????

    ResponderEliminar
  11. E o idioma claro que é importante. Sabedes por que non tivechedes clase o martes, non?
    E é precisamente o idioma o que nos diferencia da xente que está en Madrid. Si non, con que se concentrasen alá chegaría non? Xa reivindican por todos. De nada serve acampar no Obradoiro si non miramos cara nós.

    ResponderEliminar
  12. Pois fagamos ao galego estar alí...
    Eu non me sinto discriminado por que quen está agora alí non se comunique en galego... simplemente sinto que a miña voz (aínda) non está presente. Dáme moita mágoa que a miña sociedade sexa así, pero levamos sabendo que é o que hai... agora ben, cambiémolo... vaiamos alí os que concordar co resto das cousas que se están propoñendo, cremos que o galego debe ser un elemento transversal, fagámolo presente

    ResponderEliminar
  13. personalmente creo que si alguen se sinte menospreciado pola cuestion do idioma é que non entendeu nada dos motivos desta protesta...

    cada un que fale no idioma que lle saia das pelotas...a pelicula esta vai de democracia non??

    e si...hai mais mundo mais ala do padornelo e cantos mais idiomas e mais culturas coñezas mellor

    ResponderEliminar
  14. Acordouse que se tentará realizar todo nos dous idiomas. Sigo pensando que renunciando á lingua e ás características que nos diferencian de Madrid non ten sentido facer nada. Somos nós os que temos que defender o noso, non temos que actuar como altofalantes da Porta do Sol. Temos que ter voz propia, cousa que non está a haber e segundo me parece non haberá. Unha mágoa.

    ResponderEliminar
  15. para Anonimo das 17:32:
    - se alguén non entende que outra persoa se poida sentir menosprezado pola cuestión do idioma, é que non entendeu nada dos motivos desta protesta
    - reiterar a frase "hai mais mundo mais alá do padornelo" é un exemplo de menosprezo

    ResponderEliminar
  16. O simple feito de que exista este debate en torno á lingua, é un reflexo máis de que a suposta democracia que tivemos ata agora leva anos manipulando a xeracións enteiras, anos ensinándolles que o Noso non é un idioma. O día no que non exista este debate, creerei que vivo nunha verdadeira democracia. Aínda así, apoio todo este movemento, onte estiven e hoxe vou a volver, pero volverei en Galego

    ResponderEliminar
  17. Eu polo que vexo, é que hai xente, que quere achegar ideas, reflexións, auto-evaluarse, e se lle responde con censura....vaia Democracia!
    E para a persoa que non quere entender:
    Falar idiomas é o máis positivo que hai. Cantos máis mellor, mais iso non quita que debamos revindicar o noso, o idioma de nós. (a maiores eu sei 4 idiomas máis, e un par máis que entendo aínda que non fale...)
    Son o primeiro que penso que saber idiomas é positivo, outra cousa é que me avergoñe do meu propio, como lle pasa a moita xente de aqui,...
    e visto o que estou a ver por aqui, contades con moita xente menos da que contaríades.
    (en certa medida, é algo buscado por vós)

    ResponderEliminar
  18. pero quen se está avergoñando do idioma?????cada un usa o idioma no que se sinte mais comodo para expresar as suas ideas!!! non hai mais!!!

    de verdad hai xente que nn se posiciona a favor deste movemento polo idioma ultilizado??de verdad para unha vez que hai union entre xente de distintos colores e ideloxias o idioma a usar é un obstaculo???

    ResponderEliminar
  19. Si o menosprecias haberá xente que non se una. E ninguén falou do idioma que empregue cada un, senon do que se emprega nos comunicados e dos comentarios dalgún nesta mesma entrada.

    ResponderEliminar
  20. É o primeiro evento social e reivindicativo levado a cabo pola xuventude galega na que se fai unha discriminación positiva facéndoo nos dous idiomas. Iso sinceramente pouco lle favorece ó galego. A xuventude tiña que ser a que levase o re-rexurdimento da nosa lingua pero cada vez o vexo máis difícil. De tódolos xeitos pasarei por alí a dar o meu apoio xq unha cousa non quita á outra!!

    ResponderEliminar
  21. """
    de verdad hai xente que nn se posiciona a favor deste movemento polo idioma ultilizado??de verdad para unha vez que hai union entre xente de distintos colores e ideloxias o idioma a usar é un obstaculo???
    """

    Si.

    Boa tarde.

    ResponderEliminar
  22. para o do mundo mais alá do Padornelo:já sabes,gentalha assim nom a queremos no nosso pais.

    ResponderEliminar
  23. 1.O fin da intervención artificial do mercado inmobiliario que actualmente levan a cabo bancos e institucións de aforro, coa complicidade do Banco de España, a través da manipulación do mercado da vivenda, dificultando a independencia dos mozos e lastrando a capacidade de recuperación da economía de Galicia e de todo o Estado. O executivo non ten potestade de, unilateralmente, salvar bancos e caixas, ou calquera outra empresa, sen consultar o pobo a través de referendo.

    2. Endurecemento da loita contra a corrupción. Alongamento dos prazos de prescrición de delitos de corrución. Fin dos paradisos fiscais.

    3. O financiamento de partidos políticos e sindicatos a cargo exclusivamente das cotas dos seus afiliados. Este financiamento estára sometido a un procedemento rigoroso procedemento de fiscalización pública. Total transparencia nos patrimonios persoais e familiares de tódolos políticos e líderes sindicais, e endurecemento do réxime de incompatibilidades dos políticos para evitar tal interferencia de intereses de carácter mercantil na xestión pública.

    4. Reforma electoral (para ter listas abertas e eleción directa).

    5. Des-bancar ó poder político: NON Ó RESCATE DAS ENTIDADES FINANCIEIRAS.

    ResponderEliminar
  24. tamén hai mundo deste lado do Padornelo, e somos nós!

    ResponderEliminar
  25. Pensei en asistir á concentración... pero visto o visto non asisterei. Semellades máis un apéndice de UPyD que calquera outra cousa. En Vigo en castejano, na Coruña en castejano, en Compostela en bilingüe!
    Pero que vos pasa? En Galicia en Galego!!!! Nós non somos castellanos!!!!

    ResponderEliminar
  26. Ti non seras o que non queras ser, eu serei o que quera ser... A opcion bilingüe e menosprezar un idioma?. Pensei que bilingüe queria dicir duas linguas, pero parece ser que quere dicir que o Galego e merda... A mi soame a complexo, e eu penso que alguen que esta orgulloso do seu non deberia de ter complexos....

    Por ultimo, á xente que pensa que o galego e "noso" e este pais tamen e "noso", pois precisamente iso: tanto o pais como o idioma son Nosos, e iso quere dicir de todos, dos que te caen ben e dos que te caen mal... Porque se caemos en pensar que temos autoridade moral para decidir polos demais, estamos a caer moi preto de a xente que, estou seguro, todos os que comentamos aqui desprezamos...

    ResponderEliminar
  27. La verdad que todo esto suena bastante a Upyd, quizas la cultura democrática en este pais solo llega hasta ahí...

    ResponderEliminar
  28. Algúns estades como parvos, agardando o que passa na Porta do Sol, como em fim de ano, quando tomades as uvas vendo a Belén Esteban. Agardar ordes de Madrid. Mira que sodes colonizados

    ResponderEliminar
  29. Yo soy asturiana llegada hace unos meses a Galicia y lo tengo bastante claro: si pretendemos cambiar las cosas y uno de esos cambios va a ser dejar el gallego atrás, y la diversidad lingüística de España en general, conmigo no conteis.

    (O galego ainda o estou aprendendo :P)

    ResponderEliminar
  30. tamén en ingles! anda que...

    ResponderEliminar
  31. unha indignada máis19 de mayo de 2011, 23:03

    ningúen pretende deixar de lado ó galego, pero o castelán tamén é lingua oficial e pódense usar ambas. Se no pasado se impuxo o castelán e estivo mal...se hoxe se impón o galego tamén está mal.E se hai xente que vendo TODO o que se pretende conseguir polo noso futuro...por ter traballo, polos nosos dereitos pola democracia real e participativa dunha vez.....menosprezano pq fulanito escribiu nonsei que en castelán...apaga e vámonos. O bilinguismo era o estado a acadar cando estaba na escola, usar indistintamente os dous sen avergoñarse de ningún. Non sei que máis queredes. Eu non protesto porque a xente fale nunha lingua que é oficial ou uns somos libres e os outros son malos pq aínda que sean libres escollen o que non está ben visto??, Nin sequera sabedes se é un Séneca que ven de Valencia e de todas maneiras un galego ten dereito a falar no que lle pete. Acámpase para face-lo movemento máis grande, para crear unha verdadeira revolución, non para que os galegos collamos parte de pastel...para eso xa está ben a cousa como está Cando consigamos un cambio, será nese intre no que se decidirá todo...e na democracia participativa todos daremo-la nosa opinión e contará. Se aínda non estando unidos de todo para conseguir un cambio...xa estades poñendo trabas e buscando a vosa ganancia no tema nacionalista....non consegueremos nada.Sodes parte do problema. Hai que mirar máis aló do fuciño de un. Se os das dereitas e as esquerdas deixaron de lado as súas ideas específicas, deixadeas de lado vos tamén, que no que queremos facer, todos temos cabida.

    Por certo...a min o que si me parece mal é que se fale en galego lusista. Na miña familia dende sempre se falou galego pero ningún sabe o que é quintafeira ou primeira feira...cando temos palabras perfectas para iso xa en galego...luns martes mércores, xoves, venres, sábado e domingo.

    Así que eu vou pedir, para que se nos represente a todolos galegos, pq senón eu tamén me vexo fora, ....galego de verdade, o noso...non un inventado nin traído de portugal. O galego que todos coñecemos e sabemos falar, co que aprendemos na escola e no instituto e un galego legal...dentro da normativa. Cando se refunda un idioma por cuestións meramente políticas, acábase con el. E é unha mágoa que fagades a galegofalantes avergoñarse de oir portugues en lugar de galego. Con todo o meu respeto para Portugal e os seus habitantes e lingua.

    ResponderEliminar
  32. Ya saltamos con los nacionalismos a dar la nota. Viva la discriminacion positiva. Si se queja uno de la iglesia, de futbol, de la vecina o de las flores en publico y no se habla/fala en galego siempre salta alguien con que la abuela fuma.

    No se puede mezclar todo con el gallego y quejarse para dar la nota. Ya sabemos que el gallego esta ahi, es de todos nosotros y que hay que conservarlo pero no hagais de eso una secta porque lo que provocais es odio hacia el idioma.

    Estais provocando que la gente tenga que tener cuidado al hablar para no enfadaros y constatnemente aparecen palabras y normas gramaticales para intentar separarnos mas del castellano y parecernos mas al portugues o sabe dios que. Las normas que se imponen me recuerdan al titpico niño enfadado que patalea para que se fijen en el. Espero que ese niño crezca y se de cuenta de lo que ha hecho.

    Mirad a los catalanes con su FC Barcelona y su manera de politizar el exito en el futbol. Que han conseguido??? sentimiento catalan y que media España les tenga tirria. No faltara mucho para que pongamos las cosas en gallego y en ingles para discriminar al español porque el español no discrimina al gallego, se impone porque naturalidad y es asi. Si a mi me hubiesen hablado mis amigos en el colegio en gallego hablaria en gallego pero como no ha sido asi hablo castellano y no creais que por ello iba a cambiar mi discurso. Creo que mucha gente piensa como yo pero no dice nada porque hay miedo a que alguien se moleste.

    Hay que ser mas humilde linguisticamente y dejar que la gente se comunique como quiera, no imponer nada y que cada uno hable/fale como le salga de aquel sitio. Nadie te va a mirar mal por hablar castellano ni nadie te va a mirar mal por hablar gallego.

    ResponderEliminar
  33. Anónimo 23:23

    Podría llamarte imbécil, pero respeto tu derecho a expresarte en pos de que estamos por un bien mayor, así que me lo retiro y espero no ofenderte ni la mitad de lo que tú me has ofendido a mi. Espero que cambies de opinión.

    ResponderEliminar
  34. moi ben, moi ben, deprezade os reintegratas tamén... sodes unha democracia da hostia!
    PD: segunda, terza, cuarta, quinta e sexta feira son verbas galegas de toda a puta vida informate anda!

    ResponderEliminar
  35. Para Nico..

    ¿En que te he ofendido? acaso no digo verdades como puños? me llamas imbecil y sueltas 2 frases hechas que no van a ningun lado. Si tu tienes tu manera de pensar yo tengo la mia. Bien de insultar sin motivo y escudandose en sabe dios que. Bien de frases gratuitas. Enorabuena por tu intervencion.

    ResponderEliminar
  36. Teño que manifestar o meu descontento ca dirección que está a tomar a acampadaobradoiro. En primeiro lugar, creo que a non vinculación o manifesto "Todos a unha, por fin" xa e o primeiro erro a partires do cal creo derivan o resto.

    En segundo lugar, o feito solicitar proposicions nas asambleas so vai facer que a medida que aumentedes as proposicións a defender, diminua o numero de xente que apoie todas elas e consecuentemente a xente que apoie o movemento.

    Creo tamén que existe unha falta de coordinación entre as diferentes acampadas e polo tanto unha falta de coordinación nomovemento. Pretendemos cambiar o modelo do estado español, non o da provincia nin o de Galicia, polo que creo é necesaria a dita coordianción.

    Pido desculpas se algún dos meus argumentos e errado, xa que non puiden estar de momento con vos, pero si que estivo a miña moza e creo saber con bastante certeza do que falo.

    Se alguén quere falar do tema, estou no irc freenode tomalaplaza co nick de jimi

    ResponderEliminar
  37. acampaourense dá exemplo a nivel lingüístico: http://democraciarealxaourense.wordpress.com/

    bravo!

    ResponderEliminar
  38. É flipante a cantidade de xente que estades no Obradoiro todo o día... e toda a noite! Ánimo!

    ResponderEliminar
  39. que triste que se estea a discutir polo idioma no que se fale... que mais da que sexa en galego ou castelan o entendedes non?? pois deixar de queixadevos e unidevos e se non queredes uniros a causa, tampouco molestedes.. todo e criticar e nada construir!! ANIMO A TODOS OS QUE ESTADES NO OBRADOIRO!!! estiven a noite do mercores.. pero os exames me impiden estar ahi con vos, espero que a acampada dura mais alo que o domingo!!Saudos dunha castelan falante ^^

    ResponderEliminar
  40. Pero por que hay que falar tanto do asunto do galego??? alguén nos prohibiu falalo??? Eu creo que son libre de usala miña lingua cando quero.

    Pero no canto, non son libre de poder alquilar un piso, porque son caros, non podo traballar nin pola miña conta porque no me deixan as esixencias fiscais, nin por conta allea porque non hay traballo. Non podo estudiar porque cada vez é máis caro. Non podo ter acceso a cultura, porque teño que lucrar a uns que non entenden nada de cultura para facelo. Non son libre de elixir os meus representantes porque xa veñen elixidos de fábrica, e así podería seguir con un montón de libertades que non temos, e polas que si teríamos que estar debatindo. E polas que temos a sorte de ter a libertade de facelo en galego!

    Parece mentira que non vos dedes conta de que cando obrigas a alguén a facer algo, estás facendo que lle deixe de gustar facelo...

    ResponderEliminar
  41. Querido Anónimo 00:03 (Anteriormente conocido como Anónimo 23:23):

    Me parece que no me has leído correctamente, puesto que yo no te he insultado en ningún momento. Pero me temo que ha habido una mailterpretación de mis palabras, así que usaré un lenguaje más sencillo para que no se vuelva a repetir.

    Personalmente me ofende el lenguaje con actitud agresiva que usas desde un principio. Me parece que no es éste el sitio para hablar así, pero supongo que será tambien un despiste o una malinterpretación.

    No me parece para nada que digas verdades como puños cuando afirmas: "Si se queja uno de la iglesia, de futbol, de la vecina o de las flores en publico y no se habla/fala en galego siempre salta alguien con que la abuela fuma." Me parece que estás equivocado, porque no es el mismo contexto el de una conversación informal y el de una nota de prensa o comunicado oficial. Yo opino que en organismos oficiales gallegos debemos usar mayoritariamente la lengua gallega, aunque como ves, yo escribo en castellano. No me parece nada mal que además se ponga en castellano, como tampoco me parece mal que se ponga en inglés, alemán, francés o incluso esperanto. Es más, cuantos más idiomas, más se difundirá el mensaje. Creo que hay herramientas en los blogs que permiten la traducción de los textos a varios idiomas y se podría comprobar qué tal funcionan esas herramientas, porque yo no lo sé.

    Otra cosa que me ofende de tu texto primario es: "Estais provocando que la gente tenga que tener cuidado al hablar para no enfadaros" He tenido la suerte de debatir con mucha gente de muchos partidos políticos y de ideologías muy diferentes y siempre he tenido la suerte de poder debatir siempre de manera cordial, pero para conseguirlo siempre hay que tener una disposición dialogante y de respèto, cosa que (me da a mí la impresión, pero puedo equivocarme) de que a tí te falta.

    Haces un símil futbolístico: "Mirad a los catalanes con su FC Barcelona y su manera de politizar el exito en el futbol. Que han conseguido??? sentimiento catalan y que media España les tenga tirria" Y por responderte en igual medida, ¿no es el Real Madrid el que también politiza sus éxitos en contra de los "catalanes" y crea un sentimiento antimadridista por la prepotencia de sus responsables técnicos y administrativos? Puede que en ésto me equivoque, porque no soy un experto futbolero, como según parece eres tú, pero por lo que yo veo, el Madrid tiene tambien una cuota de animadversión bastante importante, que no creo que se deba a sus recientes éxitos deportivos.

    Comentas tambien que “Hay que ser mas humilde linguisticamente y dejar que la gente se comunique como quiera" y como ves, yo escribo en castellano y nadie me ha dicho absolutamente nada. Así que no creo que vayan por ahí los tiros.

    Ya tu segundo comentario me parece un poco airado, pero lo achaco a que no me debí de expresar suficientemente claro en mi primera contestación. Pero debo decirte que, personalmente creo, que nadie dice "verdades como puños", puesto que la verdad no es universal. De aquí podríamos sacar todo un debate filosófico, pero mejor en otro momento y lugar. Pero debo felicitarte cuando dices "Bien de frases gratuitas", tienes razón, las frases nunca deben ser gratuitas, puesto que siempre llevan su trabajo y desgaste y, de verdad, me encantaría que la gente no usara frases manidas y cien veces repetidas por ciertos segmentos de la población que, podríamos llamar "de derechas".

    Creo que ya me he extendido demasiado y pido perdón por ello, pero espero que ésta vez no leas nada que yo no haya querido decir. Disculpa tambien por tardar tanto en contestar, pero es que estuve un poco ocupado y espero que no achaques mi tardanza a cobardía a la hora de responderte o indiferencia hacia tus opiniones.

    En(h)orabuena por tus intervenciones.

    ResponderEliminar
  42. Anónimo 23.23, has perdido un lector

    ResponderEliminar
  43. Anónimo 00.03. non, non dis verdades "como puños"

    ResponderEliminar