elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

miércoles, 22 de junio de 2011

#acampadaobradoiro participará na Marcha Popular Indignada

Tras un tempo de debate, reflexión e organización, a asemblea de Acampada Obradoiro decidiu apoiar e asistir á Marcha Popular Indignada cara á Madrid, unha iniciativa á que xa se sumaron moitas das acampadas dende todos os extremos da península, e que abrirá novos camiños polos que transitará e medrará a indignación de tod@s.

A ruta Noroeste será a que percorrerán os grupos que sairán das acampadas galegas. No caso de Compostela, as etapas que se configuraron foron as seguintes:

  • 24 xuño: Santiago-Pedrouzo
  • 25 xuño: Pedrouzo-Arzúa
  • 26 xuño: Arzúa-Palas de Rei
  • 27 xuño: Palas de Rei-Portomarín
  • 28 xuño: Portomarín-Sarria
  • 29 xuño: Sarria-Triacastela
  • 30 xuño: Triacastela-O Cebreiro
  • 1 xullo: O Cebreiro-Vilafranca do Bierzo
  • 2 xullo: Vilafranca do Bierzo-Ponferrada
En Ponferrada, xuntaremonos c@s compañeir@s das outras acampadas galegas e tamén co grupo asturiano e leonés. A idea é chegar tod@s xunt@s a Madrid o día 23 de xullo. O esforzo loxístico e organizativo vai ser forte, polo que pregamos ás persoas interesadas en colaborar dalgún xeito -aínda que non se sumen á camiñada- a poñerse en contacto co grupo de traballo que está a montar todo o tinglado.

Podedes escribir a: marchaindignadosscq@gmail.com

Tamén acaban de lanzar o seu propio blogue, no que irán informando tanto da organización como do transcurso cotián da Camiñada.

-------------------------------------------------------

Tras un tiempo de debate, reflexión y organización, la asamblea de Acampada Obradoiro decidió apoyar y asistir a la Marcha Popular Indignada hacia Madrid, una iniciativa a la que ya se sumaron muchas de las acampadas desde todos los extremos de la península, y que abrirá nuevos caminos por los que transitará y crecerá la indignación de tod@s.

La ruta Noroeste será la que recorrerán los grupos que saldrán de las acampadas gallegas. En el caso de Compostela, las etapas que se configuraron fueron las siguientes:

* 24 junio: Santiago-Pedrouzo
* 25 junio: Pedrouzo-Arzúa
* 26 junio: Arzúa-Palas de Rei
* 27 junio: Palas de Rei-Portomarín
* 28 junio: Portomarín-Sarria
* 29 junio: Sarria-Triacastela
* 30 junio: Triacastela-O Cebreiro
* 1 julio: O Cebreiro-Villafranca del Bierzo
* 2 julio: Villafranca del Bierzo-Ponferrada

En Ponferrada, nos juntaremos con l@s compañer@s de las otras acampadas gallegas y también con el grupo asturiano y leonés. La idea es llegar tod@s junt@s a Madrid el día 23 de julio. El esfuerzo logístico y organizativo va a ser fuerte, por lo que rogamos a las personas interesadas en colaborar de alguna manera -aunque no se sumen a la caminata- a ponerse en contacto con el grupo de trabajo que está montando todo el tinglado.

Podéis escribir a: marchaindignadosscq@gmail.com

También acaban de lanzar su propio blogue, en el que irán informando tanto de la organización como del transcurso cotidiano de la Marcha.

21 comentarios:

  1. Que puta mania de Espanholizar Topónimos! O Cebreiro é o Cebreiro e nom El Cebreiro!!!! AHHHHHHHHH!

    ResponderEliminar
  2. É a marcha cara a meseta... Sempre igual...

    ResponderEliminar
  3. Pois "Vilafranca" "del Bierzo" é-che o mesmo...

    Estes vão a Madrid... PODIAM FICAR LÁ PRA SEMPRE!

    ResponderEliminar
  4. Qué ten de malo reunirnos todos en Madrid? Nos guste ou non, foi un dos lugares onde isto comezou e Sol simboliza algo para moita xente. Non creo que participar nesa marcha sexa algo malo, a verdade. Se o é gustaríame que me explicásedes porqué o vedes así.

    ResponderEliminar
  5. Pois porque significa ofrecer esforzos, dende logo que ben intencionados, nalgo que non vai a modificar a nosa realidade cotiá. Os de Sol deixaron Sol e fóronse os barrios... nós imos deixar o Obradoiro para irnos a Madrid? Non o vexo, o lóxico sería ir a Sar, a San Pedro, ao Castiñeiriño, a Fontiñas, a Pelamios, a Vite... e logo a outras vilas próximas.

    Eu non me podo pasar demasiado pola acampada, apoio o que facedes. E é por iso que digo que isto é un erro. Agora ben, se hai xente que quere ir que vaia, pero as cousas aquí non están tan ben como para olvidarse do tema, o día 1 entra no concello Conde Roa e a ver que pasa...

    ResponderEliminar
  6. Entendo o que queres dicir, 19:44, mais pensas que o feito de ir alí é excluínte có que ti propós?
    A min paréceme importante estar alí, có resto de indignados de todo o país. Por unha parte porque penso que nos virá ben, no noso ánimo, ver a multidude que somos, que non estamos sós, que temos forza. Por outra, porque me parece igual de importante que iso o vexan tamén dende fora.
    Gracias por contestarme, é unha agradable sorpresa ver aquí xente que fala con respeto, sen soltar consignas por sistema e sen estar á defensiva.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  7. Ola a tod@s!!
    Xa está correxido o dos topónimos. Pedimos disculpas!! A explicación é sinxela: a entrada orixinal está en galego, despois utilizamos o OpenTrad para pasala a castelán (cuestión de aforrar tempo e traballo). Como sabedes, é dunha empresa galega e, lóxicamente, funciona razoablemente ben coa nosa língua. De feito, é moito mellor que moitos similares. Unha vez temos o texto, revisámolo "manualmente" para atopar os erros, que sempre hai algún. Porén, de cando en vez, algo se escapa, coma hoxe. Os vosos comentarios axudannos a detectálos. Graciñas, pois!
    E respostando á Anónimo 19:44: compañeir@, hai dúas semanas e pico que estamos indo aos barrios e aledaños de Compostela. De feito, moitos dos que mencionas xa están comezando a consolidar as súas asembleas propias. Tamén sacamos a cabeza polo rural: na semana verde de Silleda, en Monterroso (Lugo), etc. Mais como ben sabes, chegar aos recunchos desta terra non é doado, e máis nas aldeas: hai que ter un coche, un grupo de xente dispoñible, material feito para a ocasión... e non sempre é posible. A xente da comisión de extensión participativa está, de feito, traballando coma animais para artellar esa rede tan necesaria nestes momentos. No calendario do blogue, na columna da esquerda, atoparás as vindeiras citas nos barrios. Se che interesa organizar unha asemblea na túa aldea/barrio, o único que fai falla é vontade, ganas, boas ideas, e orellas ben abertas para escoitar o que a xente ten que decir. A verdade é que as reaccións e dinámicas que se crean nestes encontros sempre nos dan sorpresas moi positivas. Se queres, a xentiña da comisión pode darte máis info: extensionobradoiro@gmai.com
    Un saúdo!!

    ResponderEliminar
  8. ah, esquecimos engadir que a marcha a Madrid representa tamén unha oportunidade de pasar por parte das aldeas galegas, e ademáis, en zonas bastante "remotas". Tomámolo coma un camiño a abrir, algo que sempre é positivo. Cómpre dicir que hai unha idea flotante de facer algo similar pola nosa terra. Simplemente, non damos abasto para máis, e de facelo requeriría unha boa organización, e unha serie de recursos que non nos sobran (ou non temos, directamente). Pero a idea está presente!! Na acampada, adoitamos dicir que "extensión somos tod@s"... tamén vós, comentador@s. Se vos gustan as cousas que se fan e se falan, comentadeas no traballo, coas amizades, no bar, na praia. "La verdad está ahí fuera", so fai falla dicila en voz alta ;D

    ResponderEliminar
  9. o xeito mais intelixente de sumar recursos é conectar cos movementos sociais que están a operar no terreo e que o coñecen moito mellor do que nós. pero non se pode conectar cos movementos do entorno tachándoos de oportunistas e mostrándose tan refractarios ás súas demandas. ou "galeguizamos" a acampada ou estaremos condenándoa á súa desaparición.

    xa coñecemos as demandas de democracia real ya para todo o estado. agora: cales son as propostas para Galicia? e cales son as propostas coas que dende Galicia podemos enriquecer a movilización estatal e internacional?

    se nós non nos tomamos o traballo de pensar e darlle forma a unha aportación específica galega, o que nós podemos aportar debido á nosa particular forma de ver a vida, debido á nosa cultura, historia, paisaxe... que son diferentes do resto de pobos españois, a movilización en Galicia deixará de ter sentido, por que nin axuda a resolver os nosos problemas específicos, nin tampouco aporta nada ao conxunto.

    ResponderEliminar
  10. Outra vaca no millo!!!.... se queres galeguizar a acampada (máis!!, xq xa está davondo) monta unha o dia 25 de xullo e poñedeslle unha bandeira ben grande..
    Como ben dis as propostas do 15m de DRY son para todo o estado e para todalas persoas, non te esquezas...para reintegracionistas, galeguistas, feministas e tipos varios, montade unha propia e deixade que os demáis loitemos polo que nos interesa a MAIORIA DA XENTE...

    ResponderEliminar
  11. Pois eu felicito e expreso a miña admiración á columna galega que vai poñer un enorme esforzo en contribuír a un precioso e moi significativo símbolo. Estou seguro que se lles irá engadindo xente polo camiño e quén sabe canta chegará a Madrid, pode ser moito! Ë a mellor acción ata o momento aparte da extensión ós barrios. BRAVÍSSIMO!!! :)

    ResponderEliminar
  12. Eu penso que o que nos interessa à maioria da gente é termos uma vida tranquila, sem termos que andar a fazer textos em duas línguas e a explicar constantemente qual é a nossa origem e por que a defendemos, sem ter que por cima aguentar os abusos económicos e sociais desses que dizem ser democratas, mas são uns ladrões. Eu quero conservar o meu emprego, e também quero conservar a minha língua, que é a dos meus pais e avós e tataravós. Quero poder ir comprar qualquer cousa e ser atendida amavelmente na minha língua, sem estar a lutar constantemente contra a ignorância dos outros. Quero redigir uma ata sem ter que dar contas sobre a língua, só sobre os conteúdos. Quero uma sociedade mais justa para todos, por isso também a quero para os galegos e galegas, e por isso sou reintegracionista.

    ResponderEliminar
  13. A verdade é que se xa resulta violento ter que andar seguido chamándolle a atención aos funcionarios e demais casta que incumpren a obriga de atendernos en galego, esto de ter que andar facendo o mesmo cunha xente que supostamente loita contra as inxustizas sociais... sinceramente, resulta moi cansino e moi pouco ilusionante. Para eso deixamos as cousas como están.

    Eso sí, unha cousa vos digo: ao meu barrio -onde por certo non se vos viu o plumeiro- non se vos ocurra vir con estas por que sairedes pola mesma porta que entrades. Só faltaría, vamos.

    ResponderEliminar
  14. "mas são uns ladrões. Eu quero conservar o meu emprego, e também quero conservar a minha língua, que é a dos meus pais e avós e tataravós."

    Se és galega os teus abós e tatarabós galegofalantes non falaban coma tí. Falaban galego. Respétaos!

    ResponderEliminar
  15. "Se és galega os teus abós e tatarabós galegofalantes non falaban coma tí. Falaban galego. Respétaos!"

    Entendes a diferenza entre falar e escribir?

    ResponderEliminar
  16. Sou galego e os meus pais e avós falavam muito melhor do que eu, porque eles não tiveram a desgraça de receber um ensino espanhol tão sistemático como eu.

    O que eles não sabiam era escrever, meu policial noturno...

    ResponderEliminar
  17. Sabes, infiltradilho, o que acontece aos espanhóis que aprendem bem a sua língua? Lá por Valladolid, Madrid, Castañavid e esses lugares?

    Pois que ficam impedidos de falar bem qualquer outra língua. Repara na pronúncia espanhola do inglês... Que peninha!

    Eu não quero ser ignorante. Mas compreendo-te, tu tens que fazer o teu trabalho... que vida mais dura!

    ResponderEliminar
  18. Aos que tachades de "policía" e "infiltradinho": ou vos falta un fervor, ou escribides só pra reventar os posts, ou sodes (permitide a expresión) completamente imbéciles. :(

    ResponderEliminar
  19. Secreta, idiota, te crees que no se nota??

    ResponderEliminar
  20. Ok, opción C/ Completamente imbéciles.

    Fdo. Un poli nocturno, secreta e infiltrado, e coa paciencia esgotada pra aturar máis aos 3 reventaposts que non pararán ata que a vergoña allea que producen consiga que ninguén faga comentarios nos posts.

    Dádesme noxo, e máis noxo aínda me produce que sendo só tres estades conseguindo o obxectivo: REVENTALO TODO. É alucinante.

    Um Mais, Samsa e Isabel ¿por qué o facedes? ¿Qué satisfacción atopades? Sodes a vergoña en persoa. DEIXADE DE SABOTEALO TODO DUNHA PUTA VEZ!!!!! DEIXÁDENOS EN PAZ!!!!!

    ResponderEliminar
  21. http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=101047

    ResponderEliminar