elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

jueves, 2 de junio de 2011

Breve crónica do encontro con Rivas, Salgado e Pereiro

A pesar do furacán que onte levou voando algunha que outra tenda na acampada do Obradoiro, tanto os convidados ao coloquio Manuel Rivas, Xurxo Salgado e Xosé Manuel Pereiro coma a xente toda que veu a escoitar as súas achegas, aguantaron estoicamente, para que ese mesmo vento non se levara as palabras que alá se escoitaron.

Rivas, Pereiro e Salgado, no ollo do furacán da #acampadaobradoiro

A conversa centrouse no papel dos medios de comunicación nos movementos sociais críticos, coma é o noso. Dada a experiencia dos convidados no mundillo, puidemos rescatar bastantes suxestións útiles, sobre todo para a comisión de Comunicación da acampada, aínda que tamén houbo reflexións sobre o rumbo do movemento en xeral.

Curiosamente, houbo moitas referencias ao movemento Nunca Máis que, para eles, ten moitas similitudes co que está a ocorrer nesta e noutras moitas prazas do mundo. Manolo Rivas, por exemplo, lembrou que “o momento extraordinario do Nunca Máis foi, precisamente, esa capacidade de recuperar os espazos, coma unha marea de xente”.


Falando de comunicación, coincidiron tamén na importancia de sermos nós mesmxs xs que fabricáramos información sobre o que está pasando, o que facemos e por que estamos aquí. Nese sentido, o escritor puxo como exemplo o “Manifesto contra o silencio”, lido de forma simultánea en 300 localidades galegas nos tempos, outra vez, do Nunca Máis: “A xente estaba nos lugares, implicou a todo tipo de persoas, cas súas distintas capacidades comunicativas. Miles de persoas conectaron na radiofonía segreda das ideas”.

Da mesma idea era Xurxo Salgado, quen opina que os medios tradicionais non van transmitir de xeito honesto a información sobre o que está pasando dende o 15M, por diversos motivos . Como ven dicindo un dos lemas deste movemento, “a revolución non será televisada”.

Xosé Manuel Pereiro fíxo que nos decataranos do delicado do momento no que nos atopamos, a nivel comunicativo. Retrotraéndose tamén ao pasado, recordou como “o caso das vacas tolas foi silenciado, o Prestige non se puido ocultar; e isto tampouco, porque estamos onde estamos, e isto é un inconveniente e unha vantaxe”. Convidounos a dar batalla no campo da información, elaborándoa dende a nosa propia visión e facendo que chegue aos medios e a sociedade: “Por que non houbo ataques máis frontais dos poderes fácticos, entre eles os medios? Porque saben que as reivindicacións son compartidas por moita xente”.

O debate transcorreu nesta liña, tocando tamén outros temas e, no turno de micro libre, a participación da xente foi moi enriquecedora. Deixámosvos ca peza audiovisual do evento, a modo de resumo. Grazas a todas as persoas que se achegaron á praza a partillar e reflexionar en común. Xuntxs, se pensa mellor!




-------------------------------------
A pesar del huracán que ayer llevó volando alguna que otra tienda en la acampada del Obradoiro, tanto los invitados al coloquio Manuel Rivas, Xurxo Salgado y Xosé Manuel Pereiro como toda la gente que vino a escuchar sus aportaciones, aguantaron estoicamente, para que ese mismo viento no se llevara las palabras que allí se escucharon.
 
La conversación se centró en el papel de los medios de comunicación en los movimientos sociales críticos, como es el nuestro. Dada la experiencia de los invitados en el mundillo, pudimos rescatar bastantes sugerencias útiles, sobre todo para la comisión de Comunicación de la acampada, aunque también hubo reflexiones sobre el rumbo del movimiento en general.
    
Curiosamente, hubo muchas referencias al movimiento Nunca Máis que, para ellos, tiene muchas similitudes con lo que está ocurriendo en esta y en otras muchas plazas del mundo. Manolo Rivas, por ejemplo, recordó que "el momento extraordinario del Nunca Máis fue, precisamente, esa capacidad de recuperar los espacios, como una marea de gente".
 
Hablando de comunicación, coincidieron también en la importancia de ser nosotrxs mesmxs xs los que fabriquen la información sobre lo que está pasando, qué hacemos y por qué estamos aquí. En ese sentido, el escritor puso como ejemplo el "Manifesto contra o silencio", leído de forma simultánea en 300 localidades gallegas en los tiempos, otra vez, del Nunca Máis: "La gente estaba en los lugares, implicó a todo tipo de personas, con sus distintas capacidades comunicativas. Miles de personas conectaron en la radiofonía secreta de las ideas"

De la misma idea era Xurxo Salgado, quien opina que los medios tradicionales no van a transmitir de manera honesta la información sobre lo que está pasando desde el 15M por diversos motivos. Como ya dice uno de los lemas de este movimiento: "La revolución no será televisada".

Xosé Manuel Pereiro nos hizo darnos cuenta del delicado del momento en el que estamos, a nivel comunicativo. Retrotrayéndose también al pasado, recordó cómo "el caso de las vacas locas fue silenciado, el Prestige no se pudo ocultar; y esto tampoco, porque estamos donde estamos, y esto es un inconveniente y una ventaja". Nos invitó a dar batalla en el campo de la información, elaborándola desde nuestra propia visión y haciendo que llegue a los medios y la sociedad: "¿Por qué no hubo ataques más frontales de los poder fácticos, entre ellos los medios? Porque saben que las reivindicaciones son compartidas por mucha gente".

El debate transcurrió en esta línea, tocando también otros temas, y en el turno de micro libre, la participación de la gente fue muy enriquecedora. Os dejamos la pieza audiovisual del evento, a modo de resumen. Gracias a todas las personas que se acercaron a la plaza a compartir y reflexionar en común. Juntxs, se piensa mejor!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario