elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

jueves, 23 de junio de 2011

Charla informativa-participativa "Anonymous".


Mañana, Viernes 24 de Junio a las 16:30, tendrá lugar en Obradoiro una charla informativa-participativa sobre el movimiento activista en la red "Anonymous". La charla abarcará sus principios, origen, "modelo de organización" y funcionamiento del grupo activista en la red así como su relación y paralelismos con el 15-M.

El conocimiento es libre.
Somos Anónimos.
Somos Legión.
No perdonamos.
No olvidamos.
¡Esperadnos!


----------------------------------

Mañá, Venres 24 de Xuño ás 16:30, terá lugar no Obradoiro unha charla informativa-participativa sobre o movemento activista na rede "Anonymous". A charla abarcará os seus principios, orixe, "modelo de organización" e funcionamento do grupo activista na rede así como a súa relación e paralelismos co 15-M.

O coñecemento é libre.
Somos Anónimos.
Somos Lexión.
Non perdoamos.
Non esquecemos.
Esperádenos!

18 comentarios:

  1. Supoño que xa nos comezamos a decatar de que se nos está empezando a facer o vacio dende a sociedade galega. O movemento non se consolida nos barrios, onde se recibe con tanta simpatía como desconfianza, nin está recibindo o apoio que cabería esperar dos movementos sociais que operan na sociedade galega. Non é de extrañar: a tendencia a tratar o galego como idioma subalterno, reaccións de certo histerismo contra o nacionalismo, como quedou evidenciado coa polémica con Guillerme Vázquez, ou o rexeitamento ás premisas feministas (todas eles elementos consensuais nos movementos sociais galegos sen excepción) son razóns de peso para mostrarse prudente no apoio ao movemento.

    Ese é o primeiro paso, que ten como propósito modular o impacto dun movemento que non acaba de integrarse dentro dos parámetros da sociedade galega, nin da xente máis comprometida na transformación social. E o resultado é previsible: dinámicas de endogamia primeiro, e colapso por inanición despois.

    Porén existe un perigo maior: o perigo de comezarmos a ser percibidos como un perigo real para a sociedade galega. Esta percepción podería supoñer un segundo paso manifestándose de moitos xeitos. Por exemplo podería suceder que as personas proclives ao uso da violencia identificaran na acampada unha manifestación do inimigo a bater (o problema do españolismo). Ou podería suceder que as personas involucradas no eido institucional comezaran a pensar en cousas como a perigosidade da disposición das tendas, que por ser dun material tan inflamabel, non cumpren condicións básicas como a separación mínima para evitar a propagación dun lume accidental (o problema da salubridade e seguridade). Ou incluso a industria hosteleira podería ver un problema de imaxe que nun escenario de crise faría difícil a continuidade da acampada por mais tempo; algo así sucedeu en Sol, salvando todas as distancias (o problema económico). En todo caso, calquera desas manifestacións poderían lexitimar ás autoridades públicas a intervir para garantir a seguridade das personas... sen atopar oposición efectiva por parte dos movementos sociais que forman o entramado activista da cidade, do que con moi pouca intelixencia algunhas personas pretenden manternos a parte.

    Se continuamos promovendo unha imaxe do movemento tan indolente ante as demandas dos movementos sociais, e mesmo refractario a elas, situando ao galego como un idioma subalterno, ou que limita a súa relación cos demais movementos sociais a tachalos de oportunistas, estaremos favorecendo que o movemento comeze a ser visto como unha ameaza para a sociedade.

    ResponderEliminar
  2. Hombre TROLLencio, tu por aquí!

    ResponderEliminar
  3. o apoio no está recbindo por que estase a ver que o final se está a usar isto para conseguir as reinvidacións de grupos minoritarios e darlle unha repercusión que doutro xeito non terian. As xentes das ruas o que lle preocupa son as suas hipotecas ou o paro,preocupalle o seu futuro nesta sociedade caótica, fale galego ou castelan... a ameaza para a sociedade sodes vos mesmos con esos comentarios..

    ResponderEliminar
  4. "Supoño que xa nos comezamos a decatar de que se nos está empezando a facer o vacio dende a sociedade galega."

    Permíteme apuntar que o 19-J un 15% da poboación de Compostela saíu a manifestarse. Esta porcentaxe non foi acadada por ningunha outra cidade en todo o Estado! Se iso é "facer o vacío"... O que hai que oir...

    ResponderEliminar
  5. "As xentes das ruas o que lle preocupa son as suas hipotecas ou o paro,preocupalle o seu futuro nesta sociedade caótica, fale galego ou castelan... a ameaza para a sociedade sodes vos mesmos con esos comentarios.. "

    Perdoa, pero o comentario do compañeiro é moi lúcido. Que fácil é chamar Troll a calquera que opina distinto dun... (isto vai pola outra persoa).

    Do futuro das persoas, precisamente, sempre se ocupou o feminismo e vos non queredes escoitar ( a crítica que fai a economía feminista ao modo dominante de concibir a economía é BRUTAL e é una gasallo para todas as persoas, non só pra as mulleres, porque os homes tamén poden desenvolver determinados traballos - remunerados ou non - que por ser tradicionalmente femininos ou estar feminizados deparan á xente que se ocupa deles un futuro moi escuro de renta moi baixa e pensións de merda). Os outros movementos sociais tamén, sempre se preocuparon polo futuro das persoas. É irritante que pensedes que vos fostes os primeiros e que non querades aunar esforzos. A sinerxia sería moito más efectiva. E despois, calquera que as´`i pense, pois nada... é un Troll e punto... Inda bo é que nn todxs na acampada son así. Alabados sexan os 8 puntos!!!

    ResponderEliminar
  6. Algúns datos empíricos, pra poñer un pouco as cousas no seu sitio.

    A poboación de Compostela ronda os 100.000 habitantes, segundo o último censo actualizado. E posto que no caso mais optimista a esa manifestación acudiron unhas 5000 personas, os apoios chegarían a 5% como máximo.

    Pero hai mais. De novo, estamos en Galicia, e as cousas funcionan de forma distinta eiquí. Concretamente, Compostela non é como Madrid, é dicir, non se trata dunha cidade rodeada dun deserto, senón que nas manifestacións (e no resto de dinámicas sociais e laborais da cidade) participa a xente toda das comarcas colindantes, como demostra o caso de recoñecidos militantes do BNG que saen nas fotos. O que rebaixa a menos do 1% o apoio REAL manifestado pola poboación o 19J, un dos mais baixos do Estado, e probablemente o máis baixo de todas as capitais autonómicas.

    Se criticamos a la Razón por manipular o apoio á manifa comparándoa cos 20 millóns de votantes, non é coherente que nós fagamos o mesmo, pero ao revés. E se estamos criticando aos políticos pola súa autocomplacencia, os primeiros que debemos ser capaces de exercer a autocrítica somos nós.

    así que autocrítica por favor, humildade, e procuremos empezar a integrarnos na rede de movementos sociais que operan na cidade antes de que sexa demasiado tarde.

    ResponderEliminar
  7. non se pode continuar con esta actitude consistente en chamarlle "trolls" aos que opinan distinto por unha parte, e pola outra rexeitando integrar as achegas dos restantes movementos sociais por consideralos "oportunistas". nin o feminismo nin o nacionalismo poden ser considerados oportunistas, son os nosos aliados naturais, especialmente nesta cidade.

    con esta actitude vamos camiño de competir co independentismo een marxinalidade... ai ai ai...

    ResponderEliminar
  8. Aliados naturais?...non sabedes o que decides...vades a quedar solos como sigades con estas historias

    ResponderEliminar
  9. concordo no tema da marxinalidade... asusta un pouco ese ramalazo de sectarismo excluínte de chamarlle trolls e oportunistas a todo dios... a verdade é que cada vez hai menos apoios... nótase o cansancio da acampada... cada vez menos actividades e menos xente...

    ResponderEliminar
  10. Estou totalmente de acordo de apoiar os movementos sociais, persoalmente, e polo menos dende a acampada o procuro transmitir, a nosa acción recaerá en ser o apoio e formar parte das protestas de moitos cidadáns que a día de hoxe ven os seus dereitos vulnerados, que pese a escoitar que viven nunha democracia, vense sometidos a ditadura dunha minoría política e banqueira, que non os representan.
    É por esta mesma razón, que dende a asemblia d'Obradoiro se están a desenvolver accións deste tipo e con eses obxectivos; podo afirmar que o que máis me molesta nestas situacóns é cando alguen da opinións tomándose alleo a realidade, o cal e imposíbel xa que todos formamos parte do problema e da solucion, asi que pido que toda esta xente que esta a postear, o cal creo que produce unha riqueza inmensa para as nosas argumentacions persoais e colectivas, colabore con esas ideas, con firmes proposta e diretrices.
    E o de que o galego, esta nunha posicion de segunda plana, direi que o meu (noso) idioma sempre estará representado mentres haxa alguen que o empregue se comunique nel.

    ResponderEliminar
  11. Por aportar algo penso que o tema do galego o que lle molesta a moita xente é ver que se relega a un segundo lugar tantas veces, ou mesmo desaparece totalmente. Por exemplo nesta noticia aparece o galego despois do castelán. Podería argumentarse que hai que tratar a todos os idiomas por igual, claro que ese é o argumento que utilizan as personas que queren mal ao galego por que é ben sabido que o prestixio social do castelán, por motivos históricos, económicos e todo eso, é superior ao do galego, e por tanto o único xeito práctico de equilibrar é xustamente favorecendo o uso do galego, e priorizando o seu uso, que é exactamente o contrario do que se fixo nesta noticia si te fixas, onde se prioriza o castelán, que aparece primeiro, e o galego queda relegado a unha segunda opción.

    Como ves, non se trata só de que tí uses o galego no plano individual. Trátase de que como se prioriza o uso das linguas na acción colectiva, que é algo no que está fallando moito este movemento. Anque penso que a xente está tendo bastante paciencia e ademais ninguén naceu aprendido, creo que é innecesario provocar o malestar da xente galegofalante, que como acabo de explicar, ten a súa lóxica e as súas razóns.

    ResponderEliminar
  12. Dado que non dou atopado a fonte retiro (momentáaneamente) o dito. Pero ou me meteron un tripi na bebida ou xuro que leín nos xornais que as estimacións de SCQ eran de 5.000 e a Policía Local elevóunas a 15.000.

    ResponderEliminar
  13. Si excluye el español, como pasa en muchas pubñicaciones de este blog, yo paso de apoyar a este movimiento.

    ResponderEliminar
  14. Ninguén defende excluir idioma ningún. Cantos mais idiomas, mellor. Do que se falou (polo menos ata agora) é de darlle prioridade ao galego para usalo como o idioma vehicular no traballo colectivo por que que é o idioma propio de Galicia e necesita ser protexido.

    Lóxicamente, cantas mais traducións haxa, ao español ou ao inglés tamén por exemplo, mellor.

    ResponderEliminar
  15. Pois deixa de "apoiar", vai-te para a tua casa, poli.

    ResponderEliminar
  16. para a súa casa estase a ir moita xente por culpa de xente coma vós que estades a aproveitarvos da ilusión de moita xente que de verdade quere que as cousas cambien pero a vos sólo vos interesa conseguir a vosa parcela para facer campaña "política"...Todo o que tocades o prodecedes, unha vez máis volvedes a facelo mesmo, ¿vos falades de democracia e liberdade?, non sabedes o que é iso...

    ResponderEliminar
  17. Es lo que pasa por permitir que la escoria marginal hispanofóbica, enemistada con el 90% de los gallegos, haya logrado expulsar a gente que estaba al principio. La organización ha permitido que aquí y en el foro de FB, estos fascistas galegueiros hayan hecho lo que han querido. Os sirve de aprendizaje, al menos.

    ResponderEliminar
  18. Sí, xa podedes saír do armario upeydeiros de Galicia Bilingüe !

    ResponderEliminar