elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

lunes, 27 de junio de 2011

Crónica do I Foro Aberto de Colectivos e Asociacións de Compostela


Onte, 26 de xuño, achegáronse ata o Obradoiro representantes duns 15 colectivos e asociacións de Compostela, en resposta á convocatoria feita dende a Acampada. Baixo o refuxio das carpas instaladas para a ocasión, e nunha tarde de calor sahariano, artelláronse os primeiros contactos e propostas comúns.

A xornada comezou ás 16h, cunha breve presentación de cada colectivo, a partir da cal elaborouse un pequeno mapa do tecido asociativo da cidade para buscar as reivindicacións e dinámicas de traballo partilladas ou próximas. Unha vez feito decatámonos de que, como adoita acontecer, son máis as cousas que nos unen que as que nos separan: soberanía alimentaria, perspectiva de xénero, ecoloxismo, dereitos humanos e da cidadanía, loita contra a marxinación, protección do público... son só algúns dos eixos de traballo que se puxeron en común no foro e que a meirande parte dos colectivos presentes partillaban dun xeito ou doutro.

As diferencias en procedementos, accións e dinámicas foron tamén enriquecedoras, xa que a súa posta en común abriu a porta á aprendizaxe colectiva e a posibles sinerxias entre as asociacións. Como ben dixo un dos participantes “esta mobilización ou movemento do 15M serve para xuntar forzas e tender pontes. En esencia, o problema de tod@s é o mesmo”. Efectivamente, o obxectivo que tiñamos na Acampada era precisamente o de xuntar a toda esa xente neste espazo público de debate que é a praza, ofrecer ese lugar para comezar a borrar as liñas que nos dividen e construír esas pontes polas que circular libremente.

Durante a conversa quedou claro que as ideas non paran de xurdir e medrar, e os grupos viñeron con propostas concretas a corto e medio prazo: unha ILP contra a privatización da sanidade pública, obradoiros de formación de voluntariado, accións contra os desahucios, participación ou organización do próximo Foro Social Mundial, ciclos de documentais e filmes...

Finalmente, a proposta que quedou como base de traballo inmediata -sen descuidar os debates e reflexións a longo prazo- foi a elaboración colectiva dun “Roteiro Cadáver Exquisito”. A idea, procedente da asociación ecoloxista Verdegaia, consiste en que cada colectivo faga un pequeno roteiro por distintos puntos da cidade que simbolicen as súas reivindicacións e sensibilidades. É dicir, unha asociación que teña como obxectivo a defesa da sanidade pública, podería escoller o CHUS.


Esta proposta foi moi ben acollida tanto pola súa orixinalidade como pola facilidade ca que se pode preparar. Será tamén un xeito diferente de achegarse de xeito directo ás problemáticas nas que moita xente leva tratando tanto tempo. O foro pechouse co compromiso de levar á nosa próxima cita, que terá lugar o venres 1 de xullo ás 19h, un boceto do roteiro que lle interesa facer a cada colectivo. A partir deles, elaboraremos un mapa común e organizaremos a acción.

Resumindo e a modo de conclusión. A xornada foi moi produtiva, alén de calorosa, e deixounos un bo sabor de boca, a cabeza chea de ideas, e moitas ganas de traballar xunt@s. Dende a Acampada, agradecemos moitísimo a participación de tod@s vos: Asociación en Defesa da Sanidade Pública, Coordinadora Galega de ONG, ONG Interred, Adega, Imbricadas na Acción, Adicae, Fundación Galiza Sempre, Cineclube de Compostela, Marcha Mundial das Mulleres, O Eirado, Verdegaia, Masa-Crítica, Foro Galego Inmigración, Panxea e Igualdade Animal.

Grazas tamén a aquelas que manifestaron o seu apoio á iniciativa, mais que por diversas circunstancias non puideron estar onte no Obradoiro: Altermundo, Asociación Galega de Cultura Urbana, AA. VV. A xuntanza. Medicos do Mundo, Fegamur e Ong Mi Perú.

Vémonos na praza o vindeiro venres!!!



Crónica del I Foro Abierto de Colectivos y Asociaciones de Compostela

Ayer, 26 de junio, se acercaron hasta el Obradoiro representantes de unos 15 colectivos y asociaciones de Compostela, en respuesta a la convocatoria hecha desde la Acampada. Bajo el refugio de las carpas instaladas para la ocasión, y en una tarde de calor sahariano, se fraguaron los primeros contactos y propuestas comunes.


La jornada comenzó a las 16h, con una breve presentación de cada colectivo, a partir de la cual se elaboró un pequeño mapa del tejido asociativo de la ciudad para buscar las reivindicaciones y dinámicas de trabajo compartidas o próximas. Una vez hecho nos dimos cuenta de que, como suele pasar, son más las cosas que nos unen que las que nos separan: soberanía alimentaria, perspectiva de género, ecologismo, derechos humanos y de la ciudadanía, lucha contra la marginación, protección de lo público... son sólo algunos de los ejes de trabajo que se pusieron en común en el foro y que la mayor parte de los colectivos presentes compartían de una forma o de otra.

Las diferencias en procedimientos, acciones y dinámicas fueron también enriquecedoras, ya que su puesta en común abrió la puerta al aprendizaje colectivo y a posibles sinergias entre las asociaciones. Como bien dijo uno de los participantes "esta movilización o movimiento del 15M sirve para juntar fuerzas y tender puentes. En esencia, el problema de tod@s es el mismo" Efectivamente, el objetivo que teníamos en la Acampada era precisamente juntar a toda esa gente en este espacio público de debate que es la plaza, ofrecer ese lugar para comenzar a borrar las líneas que nos dividen y construir esos puentes por los que circular libremente.


Durante la conversación quedó claro que las ideas no paran de surgir y crecer, y los grupos vinieron con propuestas concretas a corto y medio plazo: una ILP contra la privatización de la sanidad pública, talleres de formación de voluntariado, acciones contra los desahucios, participación u organización del próximo Foro Social Mundial, ciclos de documentales y películas...

Finalmente, la propuesta que quedó como base de trabajo inmediata -sin descuidar los debates y reflexiones a largo plazo- fue la elaboración colectiva de un "Roteiro Cadáver Exquisito". La idea, procedente de la asociación ecologista Verdegaia, consiste en que cada colectivo haga un pequeño recorrido por distintos puntos de la ciudad que simbolicen sus reivindicaciones y sensibilidades. Es decir, una asociación que tenga como objetivo a defesa de la sanidad pública, podría escoger el CHUS.

Esta propuesta fue muy bien acogida tanto por su originalidad como por la facilidad con que se puede preparar. Será también una manera diferente de acercarse de manera directa a las problemáticas en las que mucha gente lleva trabajando tanto tiempo. El foro se cerró con el compromiso de llevar a nuestra próxima cita, que tendrá lugar el viernes 1 de julio a las 19h, un boceto del recorrido que le interese hacer a cada colectivo. A partir de ellos, elaboraremos un mapa común y organizaremos la acción.


Resumiendo y a modo de conclusión. La jornada fue muy productiva, además de calurosa, y nos dejó un buen sabor de boca, la cabeza llena de ideas, y muchas ganas de trabajar junt@s. Desde la Acampada, agradecemos muchísimo la participación de tod@s: Asociación en Defensa de la Sanidade Pública, Coordinadora Galega de ONG, ONG Interred, Adega, Imbricadas na Acción, Adicae, Fundación Galiza Sempre, Cineclube de Compostela, Marcha Mundial das Mulleres, O Eirado, Verdegaia, Masa-Crítica, Foro Galego da Inmigración, Panxea e Igualdad Animal.

Gracias también la aquellas que manifestaron su apoyo a la iniciativa, mas que por diversas circunstancias no pudieron estar ayer en el Obradoiro: Altermundo, Asociación Galega de Cultura Urbana, AA. VV. A Xuntanza. Médicos del Mundo, Fegamur y ONG Mi Perú.

Nos vemos en la calle el próximo viernes!!!


2 comentarios:

  1. Xa me diredes pq non estaban os sindicatos que non son do poder, agrupacións políticas, grupos de estudantes, que queirades ou non son parte fundamental do tecido social e asociativo desta cidade.
    Constame que no primeiro momento foron invitados algúns pero cando aceptaron se lles diso que era só de asociacións de veziños...

    ResponderEliminar
  2. Esta acampada converteuse noutra "dictadura" donde só se da cabida a aquelas ideas que coincidan cas dos seus "organizadores"... o resto molesta e non se "admite", sutilmente excluente...aprobeitastesvos da ilusión de moitos para facer máis bulto e barullo para poder reinvidicar só as vosas "ideas" e que vos oise máis xente...¿vos falades de democracia?

    ResponderEliminar