elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

martes, 14 de junio de 2011

Stop desahucios!!!

Comunicado da Comisión de Economía Social (Lexislativa)

Dende Acampada Obradoiro queremos solidarizarnos con aquelas persoas que están en situación de desahucio. Se estás pendente de desahucio, podes contar con nós para estar alí contigo ese día e impedilo, como xa se fixo noutras cidades do Estado.

Se queres informarnos sobre a túa situación concreta, contacta con nós no punto de información da Praza de Obradoiro ou na dirección de correo electrónico:

democracia-economica-scq@googlegroups.com.

Máis info: http://dl.dropbox.com/u/22446495/panfleto2.pdf

--------------------------------------

Comunicado de la Comisión de Economía Social (Legislativa)

Desde Acampada Obradoiro queremos solidarizarnos con aquellas personas que están en situación de desahucio. Si estás pendiente de desahucio, puedes contar con nosotr@s para estar allí contigo e impedirlo, como ya se hizo en otras ciudades del Estado.

Si quieres informarnos sobre tu situación concreta, contacta con nostr@s en el punto de Información de la Plaza del Obradoiro o en la dirección de correo electrónico:

democracia-economica-scq@googlegroups.com

Más info: http://dl.dropbox.com/u/22446495/panfleto2.pdf

9 comentarios:

  1. ¡Qué fermosa iniciativa, rapaces!
    O que fai un mes era pouco menos que imposible, hoxe convosco, empeza a ser algo máis que probable.
    ¡Por Deus, non perdades as ganas de cambiar o mundo! ¡Benditos sexádes!

    ResponderEliminar
  2. e en que quedou a proposta da recollida de sinaturas para a modificación da lei hipotecaria, pra que aqueles que non sexan capaces de pagar o seu piso non queden aínda por riba con débedas co banco (e sen piso, claro)

    ResponderEliminar
  3. Eu propoño que ademais de actuar cando ocorre o desafiuzamento por impago ou débedas dalgunha familia, deberíamos actuar cando hai despedimentos, especialmente no ámbito público (privatizacións).

    Somos moitas as persoas que estamos a ser despedidas e acosadas laboralmente polos empresarios e tamén pola Xunta e polos Concellos e non contamos co debido apoio dos sindicatos (que no caso de Galiza xa asinaron a paz social co PP e lle deron carta branca ao despedimento libre -sobre todo na investigación e nos servizos públicos esenciais -igualdade, dependencia, preescolar na casa... ). Habería que coordinar accións de apoio mutuo entre todos os colectivos de afectados pola afensiva neoliberal.

    Moito ánimo e adiante coa loita. Que vai ser longa... agardo que isto non remate en maos de ningún partiducho vertical e manipulador, aínda que se chame DRY.

    ResponderEliminar
  4. http://www.xornal.com/artigo/2011/06/14/economia/psoe-pp-rexeitan-novo-dacion-da-vivenda-saldar-hipoteca/2011061419331400696.html

    Porque non todos somos iguais nos comportamentos políticos, e porque a moitos membros deste movimento hai que lles refrescar a memoria por curta que a teñan.

    ResponderEliminar
  5. Bravo pola iniciativa!!! A esta me apunto!! :)))

    ResponderEliminar
  6. Convido a tod@s para a reunión de democracia economica que é aberta, así como todas as comisons e reunions da Acampada. As xuntanzas ocurren as 19h30 no Obradoiro. Unete!!!!

    ResponderEliminar
  7. Como mudou o conto. Este blogue parece outro...

    Avante com as atividades anti-sistema!

    ResponderEliminar
  8. "Somos moitas as persoas que estamos a ser despedidas e acosadas laboralmente polos empresarios e tamén pola Xunta e polos Concellos e non contamos co debido apoio dos sindicatos (que no caso de Galiza xa asinaron a paz social co PP e lle deron carta branca ao despedimento libre -sobre todo na investigación e nos servizos públicos esenciais -igualdade, dependencia, preescolar na casa... ). Habería que coordinar accións de apoio mutuo entre todos os colectivos de afectados pola afensiva neoliberal."

    E non sabedes ir a un sindicato?????? Ai madre.

    ResponderEliminar
  9. Sen partidos e sindicatos verticais; acción, solidariedade e democracia directa.

    ResponderEliminar