elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

lunes, 30 de mayo de 2011

Carlos Taibo comparte a súa visión do movemento coa #acampadaobradoiro

Asamblea 29-M

Foto por Baumgartem

O domingo 29 de maio chegou á #acampadaobradoiro un dos momentos máis agardados nos últimos días, a charla do profesor de Ciencia Política e Administración da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo. A pesares da gran expectación creada e da importante afluencia de asistentes, Taibo quixo deixar claro que a súa opinión era simplemente unha máis, tan válida coma outra calquera, e que a súa análise do movemento estaba baseada nos acontecementos que se deron en Madrid, onde puido seguir de preto o seu desenvolvemento. Iso si, matizou que el non viña representando a ninguén e que incluso dubidaba de que se estivera representando a si mesmo.


O éxito do movemento dxs indignadxs, que cualificou como o máis crible e activo dende a Guerra Civil, explícase, segundo o profesor, atendendo a media ducia de elementos: o traballo e talento das persoas que convocaron as manifestacións do 15-M, así como a súa intelixencia á hora de desmarcarse de calquera sigla política ou sindical; o descontento xeral entre a poboación polo actual contexto político, económico e social; o papel das universidades; a pegada das revoltas no mundo árabe, onde se están a dar importantes cambios coa saída da xente á rúa, e nunha dimensión diferente e paralela os movementos de protesta en Grecia e Portugal e o proceso iniciado en Islandia; a tarefa dos movementos sociais críticos (MSC), constituídos por persoas de centros sociais autoxestionados, movementos okupas, sindicatos alternativos, activismo ecoloxista, etc, sobre os que puntualizou que os seus vicios non lles permitiron mobilizar por si mesmos no pasado á cantidade de xente que está adherida ás actuais protestas; e, por último, os feitos en si acaecidos o 15-M, que nos deixaron episodios inéditos.

As almas do movemento
Para Taibo, a experiencia madrileña, extrapolable ao resto de cidades, está conformada por dúas almas que sosteñen o movemento. A primeira sería a dos MSC, tradicionalmente anticapitalistas, autoxestionados e cunha profunda cultura asemblearista. A segunda está constituída pola xente nova descontenta (XND), que atende máis a un perfil meritocrático (somos a xeración mellor preparada e a menos aproveitada), que ten unha visión do mundo diferente á dos MSC. O profesor de Ciencia Política cre que as relacións entre estes dous polos non está a ser especialmente conflitiva, pero si houbo exemplos de choque, como puido ser a polémica suscitada polas reivindicacións feministas, que entende que foron malinterpretadas.

A proposta programática, é dicir, a materialización do cambio polo que loitamos en liñas de actuación concretas, é para Taibo tamén unha combinación dos efectos das dúas almas mencionadas. Os MSC guíanse máis polo seu corte libertario e anticapitalista e adican pouco esforzo a tentar influír nos gobernantes, mentres que a XND tende a confiar en que as súas propostas sexan debatidas e analizadas nas Cortes. De tódolos xeitos, aquí Taibo ve unha eiva clara: o movemento está xeracionalmente connotado, xa que as necesidades dxs mozxs non son as mesmas que as doutros sectores de poboación. Así, cre que hai que achegar o movemento aos barrios e tender pontes tamén co movemento obreiro.

Todólogos non, grazas
Outro aspecto que analizou Carlos Taibo é o medo que apreza entre a xente de orde, algo que se pode advertir nos medios de comunicación. Aquí identifica unha plaga, a dos tertuliáns ou todólogos, especialmente os de dereitas, como César Vidal, que nos inicios das protestas afirmou que ETA estaba detrás delas. Taibo cre que estes todólogos se están a dar conta que os seus tradiconais campos de batalla (oposición ao enlace entre persoas do mesmo sexo ou as leis de interrupción do embarazo) son miudezas comparadas cos temas que se debaten a diario entre xs implicadxs no movemento.

Neste eido, Taibo tamén puxo como exemplo nomes propios de medios de comunicación e reflexionou sobre a súa postura. As cabeceiras de corte dereitista como ABC, La Razón, El Mundo e La Gaceta de Intereconomía son, en xeral, contrarias á onda de protestas e os seus todólogos realizan unha interpretación distorsionada e unha estratexia intencionadamente desinformada. Pola súa banda, noutros medios de corte máis progresista, como son El País e Público, Taibo entende que tras a simpatía inicial que mostraron, tampouco se vai ver un posicionamento claro do lado dxs indignadxs. Sobre a cabeceira do Grupo Prisa Taibo indica que está a asumir que as fendas do PSOE, en certo sentido, son as que dan lugar ao que está a ocorrer e que para nada cuestiona o modelo capitalista. No entanto, Público tenta avisar de que debemos afastarnos do radicalismo e non mostra de maneira clara a parte que lle corresponde aos MSC. Desta situación Taibo conclúe que non debemos buscar que nos represente ninguén e que somos nós os que temos que buscar camiños comunicativos propios. Por último, propón levar a cabo unha estratexia contestataria contra os todólogos (dos que case sempre se comproba que non saben nada) e convídanos á posibilidade de tirarlles ovos, sempre e cando isto non viole o noso principio de pacifismo.

O papel da esquerda
Nas súas reflexións Carlos Taibo tamén pasou polo papel da esquerda tradicional. Respecto dxs militantes de base asegura que non debe haber ningunha queixa, xa que, polo xeral están a colaborar deixando fóra os signos de identificación coas súas siglas. Onde si apreza problemas é na actitude dxs máis veteranxs, posto que moitxs consideran que xs mozxs non sabemos o que estamos a facer e que elxs teñen que explicárnolo ou darnos aulas sobre determinados asuntos. Ao contrario, Taibo pensa que son xs veteranxs os que deben achegarse ás acampadas e asembleas e recibir aulas dxs mozxs.

No caso concreto de Esquerda Unida, Taibo identifica unha postura respectuosa e de certo apoio, sen descartar que isto veña motivado en parte por intereses electoralistas. O profesor mostrouse crítico con membros da cúpula deste partido, como Ángel Pérez, candidato á alcaldía de Madrid, quen dixo que se tivera vinte anos menos probablemente estaría acampado; Taibo asegura que os que coñecen a Pérez saben que nunca tería durmido en Sol. Outro dirixente non identificado afirmou que as revoltas estaban a ter unha deriva berlusconiana e non concibía a postura de rexeitamento aos sindicatos maioritarios.

Cabe aquí engadir unha reflexión sobre a falta de sintonía cos sindicatos maioritarios. Taibo cre que se debe a que deixaron de facerse tres preguntas á hora de traballar: como traballamos? As palabras alienación e explotación fican fóra do seu discurso; para quen traballamos? Os sindicatos CXT e CNT do primeiro tercio do século XX, por exemplo, eran anticapitalistas, mentres que os actuais son alicerces do capitalismo; e que producimos? Están a esquecerse dos dereitos das xeracións vindeiras.
E agora que?
No referente ao futuro inmediato do movemento Taibo considera que é necesario abandonar as acampadas cando teñan cumprida a súa función, porque entende que poden podrecer e isto levaría aparellada a morte da onda de protestas. Ademais, levar as asembleas aos barrios (en Madrid xa houbo unha primeira experiencia) serviría para descentralizar, algo que tería dúas vantaxes: evitar o risco de burocratización e o risco de control por parte de axentes externos que puideran ter a intención de apoderarse do proceso. No curto prazo, tamén apreza as dificultades que pode traer o inicio do verán e cre que é preferible hibernar ata setembro para retomar todo con máis forza.

Pensando máis a medio-longo prazo, Taibo sinala catro horizontes posibles: o risco de morte do movemento, algo que ve pouco probable; a absorción por parte de axentes externos ou a división interna, un camiño do que di que non hai datos de que ata agora se puidera dar; a conversión nunha dinámica de desobediencia civil, que matiza que nos deixaría pouco satisfeitxs; e por último, a opción que considera máis plausible, a conversión nunha rede que se rexa pola autoxestión e o asemblearismo cunha clara inspiración anticapitalista, antipatriarcal, antiproductivista e internacionalista. Se faltara unha destas catro tendencias, Taibo cre que o movemento quedaría coxo.

Posteriormente, o mestre, que se identificou como libertario e defensor da democracia directa, foi respostando ás diferentes cuestións dxs asistentes nas que desenvolveu un pouco máis estes catro termos. Ao ser inquirido pola maneira de substituír o capitalismo Taibo incidiu en que debemos marcar diferenzas respecto do leninismo e da socialdemocracia, as alternativas a este sistema que marcaron o século XX. Estas correntes, mediante vías diferentes, promovían o cambio tras chegar aos postos de poder. Carlos Taibo pensa que nós debemos ir mudando dende a base, dende onde estamos agora e, aínda que isto non garanta a fin do capitalismo, sen crear algo diferente é imposible derrubalo. Ao tempo, analizou que os gobernantes non van promover ese cambio e incidiu en que no caso concreto de PP e PSOE (as formacións que ostentan o poder na maior parte do estado) non se trata de partidos iguais, pero tampouco fundamentalmente diferentes --un dos puntos fundamentais que non os diferencia é a súa defensa do capitalismo--. Noutra orde de cousas, Taibo indica que a propia corrosión deste sistema está comezando a facernos favores, posto que os mecanismos de control de freo á contestación e de eficiencia xa non lle funcionan como no pasado.

No tocante ao antiproductivismo, Taibo explicou que a experiencia comunitaria das acampadas estaba sendo un exemplo desta postura, xa que nelas búscanse os mecanismos para vivir de maneira sostible e respectuosa co medio ambiente. Iso si, entende que para consolidar o modelo debemos trasladalo á nosa vida cotiá. Taibo é un fervente seguidor da ideoloxía do decrecemento, que promove buscar os mecanismos para vivirmos mellor con menos. A tese do decrecemento baséase na hipótese de que o crecemento económico --entendido coma aumento constante do Produto Interior Bruto (PIB)-- non é sustentable polo ecosistema global. Esta idea é oposta ao pensamento económico dominante, segundo o cal a millora do nivel de vida sería independente do crecemento do PIB e por tanto, o aumento do valor da produción debería ser un obxectivo permanente da sociedade. A cuestión principal, segundo xs defensorxs do decrecemento é que os recursos naturais son limitados e polo tanto non existe crecemento infinito. A millora das condicións de vida debe, entón, obterse sen aumento do consumo, mudándose o paradigma dominante.

A postura antipatriarcal non foi máis debullada por ser un concepto que non ofrece tantas lagoas, mentres que respecto da vocación internacionalista Taibo indicou que non podemos esquecer que os denominados países do Sur son os que padecen de maneira máis visible as inxustizas do modelo actual. Así, entende que salvarnos nós e deixar a estes países na situación da que nós tentamos escapar non sería unha maneira correcta de actuar.

Outras cuestións como a lingua galega, o ensino público, os resultados das eleccións do 22-M, a actuación nos niveis macro e micro ou a represión dxs compañeirxs de Barcelona tamén foron tocadas. En definitiva, un amplo espectro de temas que agardamos que quede ben reflexado aquí para que quen non asistiu poida facerse unha idea e que quen si o fixo teña a oportunidade de repasar esta experiencia.


NOTA: A escolla das siglas MSC e XND fíxose por iniciativa do autor buscando a comodidade e aforro de tempo e espazo á hora de escribir. Faise sen ningunha pretensión de colgar etiquetas ou crear división. 


CASTELÁN

El domingo 29 de mayo llegó a la #acampadaobradoiro uno de los momentos más esperados en los últimos días, la charla del profesor de Ciencia Política y Administración de la Universidad Autónoma de Madrid, Carlos Taibo. A pesar de la gran expectación creada y de la importante afluencia de asistentes, Taibo quiso dejar claro que su opinión era simplemente una más, tan válida como otra cualquiera, y que su análisis del movimiento estaba basado en los acontecimientos que se dieron en Madrid, donde pudo seguir de cerca su desarrollo. Eso sí, matizó que él no venía representando a nadie y que incluso dudaba de que se estuviera representando la sí incluso.

El éxito del movimiento de lxs indignadxs, que calificó como el más creíble y activo desde la Guerra Civil, se explica, según el profesor, atendiendo a media docena de elementos: el trabajo y talento de las personas que convocaron las manifestaciones del 15-M, así como su inteligencia a la hora de desmarcarse de cualquier sigla política o sindical; el descontento general entre la población por el actual contexto político, económico y social; el papel de las universidades; la huella de las revueltas en el mundo árabe, donde se están dando importantes cambios con la salida de la gente a la calle, y en una dimensión diferente y paralela los movimientos de protesta en Grecia y Portugal y el proceso iniciado en Islandia; la tarea de los movimientos sociales críticos (MSC), constituidos por personas de centros sociales autogestionados, movimientos okupas, sindicatos alternativos, activismo ecologista, etc, sobre los que puntualizó que sus vicios no les permitieron movilizar por sí mismos en el pasado a la cantidad de gente que está adherida a las actuales protestas; y, por último, los hechos en sí acaecidos el 15-M, que nos dejaron episodios inéditos.

Las almas del movimiento
Para Taibo, la experiencia madrileña, extrapolable al resto de ciudades, está conformada por dos almas que sostienen el movimiento. La primera sería la de los MSC, tradicionalmente anticapitalistas, autogestionados y con una profunda cultura asamblearista. La segunda está constituida por la gente joven descontenta (GJD), que atiende más a un perfil meritocrático (somos la generación mejor preparada y la menos aprovechada), que tiene una visión del mundo diferente a la de los MSC. El profesor de Ciencia Política cree que las relaciones entre estos dos polos no está siendo especialmente conflictiva, pero sí hubo ejemplos de choque, como pudo ser la polémica suscitada por las reivindicaciones feministas, que entiende que fueron malinterpretadas.

La propuesta programática, es decir, la materialización del cambio por el que luchamos en líneas de actuación concretas, es para Taibo también una combinación de los efectos de las dos almas mencionadas. Los MSC se guían más por su corte libertario y anticapitalista y dedican poco esfuerzo a intentar influir en los gobernantes, mientras que la GJD tiende a confiar en que sus propuestas sean debatidas y analizadas en las Cortes. De todas formas, aquí Taibo ve un defecto claro: el movimiento está generacionalmente connotado, ya que las necesidades de lxs jóvenes no son las mismas que las de otros sectores de población. Así, cree que hay que acercar el movimiento a los barrios y tender puentes también con el movimiento obrero.

Todólogos no, gracias
Otro aspecto que analizó Carlos Taibo es el miedo que aprecia entre la gente de orden, algo que se puede advertir en los medios de comunicación. Aquí identifica una plaga, la de los tertulianos o todólogos, especialmente los de derechas, como César Vidal, que en los inicios de las protestas afirmó que ETA estaba detrás de ellas. Taibo cree que estos todólogos se están dando cuenta que sus tradicionales campos de batalla (oposición al enlace entre personas del mismo sexo o las leyes de interrupción del embarazo) son nimiedades comparadas con los temas que se debaten a diario entre lxs implicadxs en el movimiento.

En este campo, Taibo también puso como ejemplo nombres propios de medios de comunicación y reflexionó sobre su postura. Las cabeceras de corte derechista como ABC, Lana Razón, El Mundo y La Gaceta de Intereconomía son, en general, contrarias a la ola de protestas y sus todólogos realizan una interpretación distorsionada y una estrategia intencionadamente desinformada. Por su parte, en otros medios de corte más progresista, como son El País y Público, Taibo entiende que tras la simpatía inicial que mostraron, tampoco se va a ver un posicionamiento claro del lado de lxs indignadxs. Sobre la cabecera del Grupo Prisa Taibo indica que está asumiendo que los boquetes del PSOE, en cierto sentido, son los que dan lugar a lo que está ocurriendo y que para nada cuestiona el modelo capitalista. No obstante, Público intenta avisar de que debemos alejarnos del radicalismo y no muestra de manera clara la parte que le corresponde a los MSC. De esta situación Taibo concluye que no debemos buscar que nos represente nadie y que somos nosotros los que tenemos que buscar caminos comunicativos propios. Por último, propone llevar a cabo una estrategia contestataria contra los todólogos (de los que casi siempre se comprueba que no saben nada) y nos invita a la posibilidad de tirarles huevos, siempre y cuando esto no viole nuestro principio de pacifismo.

El papel de la izquierda
En sus reflexiones Carlos Taibo también pasó por el papel de la izquierda tradicional. Respecto de lxs militantes de base asegura que no debe haber ninguna queja, ya que, por lo general están colaborando dejando fuera los signos de identificación con sus siglas. Donde sí aprecia problemas es en la actitud de lxs más veteranxs, puesto que muchxs consideran que lxs jóvenes no sabemos lo que estamos haciendo y que ellxs tienen que explicárnoslo o darnos aulas sobre determinados asuntos. Al contrario, Taibo piensa que son lxs veteranxs los que deben acercarse a las acampadas y asambleas y recibir aulas de lxs jóvenes.

En el caso concreto de Izquierda Unida, Taibo identifica una postura respetuosa y de cierto apoyo, sin descartar que esto venga motivado en parte por intereses electoralistas. El profesor se mostró crítico con miembros de la cúpula de este partido, como Ángel Pérez, candidato a la alcaldía de Madrid, quien dijo que si tuviera veinte años menos probablemente estaría acampado; Taibo asegura que los que conocen a Pérez saben que nunca habría dormido en Sol. Otro dirigente no identificado afirmó que las revueltas estaban teniendo una deriva berlusconiana y no concebía la postura de rechazo a los sindicatos mayoritarios.

Cabe aquí añadir una reflexión sobre la falta de sintonía con los sindicatos mayoritarios. Taibo cree que se debe a que dejaron de hacerse tres preguntas a la hora de trabajar: como trabajamos? Las palabras alienación y explotación quedan fuera de su discurso; para quien trabajamos? Los sindicatos CGT y CNT del primer tercio del siglo XX, por ejemplo, eran anticapitalistas, mientras que los actuales son pilares del capitalismo; y que producimos? Están olvidándose de los derechos de las generaciones venideras.
Y ahora que?
En lo referente al futuro inmediato del movimiento Taibo considera que es necesario abandonar las acampadas cuando hayan cumplido su función, porque entiende que pueden pudrirse y esto llevaría aparejada la muerte de la ola de protestas. Además, llevar las asambleas a los barrios (en Madrid ya hubo una primera experiencia) serviría para descentralizar, algo que tendría dos ventajas: evitar el riesgo de burocratización y el riesgo de control por parte de agentes externos que pudieran tener la intención de apoderarse del proceso. En el corto plazo, también aprecia las dificultades que puede traer el inicio del verano y cree que es preferible hibernar hasta septiembre para retomar todo con más fuerza.

Pensando más a medio-largo plazo, Taibo señala cuatro horizontes posibles: el riesgo de muerte del movimiento, algo que ve poco probable; la absorción por parte de agentes externos o la división interna, un camino del que dice que no hay datos de que hasta ahora se pueda dar; la conversión en una dinámica de desobediencia civil, que matiza que nos dejaría poco satisfechxs; y por último, la opción que considera más plausible, la conversión en una red que se guíe por la autogestión y el asamblearismo con una clara inspiración anticapitalista, antipatriarcal, antiproductivista e internacionalista. Si faltara una de estas cuatro tendencias, Taibo cree que el movimiento quedaría cojo.

Posteriormente, el maestro, que se identificó como libertario y defensor de la democracia directa, fue contestando a las diferentes cuestiones de lxs asistentes en las que desarrolló un poco más estos cuatro términos. Al ser inquirido por la manera de sustituir el capitalismo Taibo incidió en que debemos marcar diferencias respecto del leninismo y de la socialdemocracia, las alternativas a este sistema que marcaron el siglo XX. Estas corrientes, mediante vías diferentes, promovían el cambio tras llegar a los puestos de poder. Carlos Taibo piensa que nosotros debemos ir mudando desde la base, desde donde estamos ahora y, aunque esto no garantice el fin del capitalismo, sin crear algo diferente es imposible derribarlo. Al tiempo, analizó que los gobernantes no van a promover ese cambio e incidió en que en el caso concreto de PP y PSOE (las formaciones que ostentan el poder en la mayor parte del estado) no se trata de partidos iguales, pero tampoco fundamentalmente diferentes --uno de los puntos fundamentales que no los diferencia es su defensa del capitalismo--. En otra orden de cosas, Taibo indica que la propia corrosión de este sistema está comenzando a hacernos favores, puesto que los mecanismos de control de freno a la contestación y de eficiencia ya no le funcionan como en el pasado.

En cuanto al antiproductivismo, Taibo explicó que la experiencia comunitaria de las acampadas estaba siendo un ejemplo de esta postura, ya que en ellas se buscan los mecanismos para vivir de manera sostenible y respetuosa con el medio ambiente. Eso sí, entiende que para consolidar el modelo debemos trasladarlo a nuestra vida cotidiana. Taibo es un ferviente seguidor de la ideología del decrecimiento, que promueve buscar los mecanismos para vivir mejor con menos. La tesis del decrecimiento se basa en la hipótesis de que el crecimiento económico --entendido como aumento constante del Producto Interior Bruto (PIB)-- no es sostenible por el ecosistema global. Esta idea es opuesta al pensamiento económico dominante, según el cual la mejora del nivel de vida sería independiente del crecimiento del PIB y por tanto, el aumento del valor de la producción debería ser un objetivo permanente de la sociedad. La cuestión principal, según lxs defensorxs del decrecimiento es que los recursos naturales son limitados y por lo tanto no existe crecimiento infinito. La mejora de las condiciones de vida debe, entonces, obtenerse sin aumento del consumo, mudándose el paradigma dominante.

La postura antipatriarcal no fue más desgranada por ser un concepto que no ofrece tantas dudas, mientras que respeto de la vocación internacionalista Taibo indicó que no podemos olvidar que los denominados países del Sur son los que padecen de manera más visible las injusticias del modelo actual. Así, entiende que salvarnos nosotros y dejar a estos países en la situación de la que nosotros intentamos escapar no sería una manera correcta de actuar.

Otras cuestiones como la lengua gallega, la enseñanza pública, los resultados de las elecciones del 22-M, la actuación en los niveles macro y micro o la represión de lxs compañerxs de Barcelona también fueron tocadas. En definitiva, un amplio espectro de temas que esperamos que quede bien reflejado aquí para que quien no asistió pueda hacerse una idea y que quien sí lo hizo tenga la oportunidad de repasar esta experiencia.


NOTA: La elección de las siglas MSC y GJD se hizo por iniciativa del autor buscando la comodidad y ahorro de tiempo y espacio a la hora de escribir. Se hace sin ninguna pretensión de colgar etiquetas o crear división.

22 comentarios:

  1. Gostei desse "Castelán".

    AVANTE OBRADOIRO!!!!

    ResponderEliminar
  2. Una pena no haber podido ir, más aún tras lo que se lee aqui. Muchas gracias por colgarlo!

    ResponderEliminar
  3. Está xenial o resume. Coma si estivese alí. Moitas gracias!!

    ResponderEliminar
  4. Concordo, está muito bem o resumo.

    AVANTE, OBRADOIRO, OBRIGADOS TAIBO, PARABÉNS A TODOS!!!

    (e duro, muito duro com os sabotadores!)

    ResponderEliminar
  5. Magnífica síntesis. Enhorabuena!!

    ResponderEliminar
  6. "Una pena no haber podido ir, más aún tras lo que se lee aqui. Muchas gracias por colgarlo!"

    ¿Tan malo fue que hubo que ahorcarlo?

    ResponderEliminar
  7. Graciñas polo esforzo de recoller e difundir a conferencia de Taibo, que persoalmente me resultou moi inspiradora. Fantástico resumo!

    ResponderEliminar
  8. Taibo é do CNI de sempre. Estades tolos ou sodes uns infiltrados.

    ResponderEliminar
  9. Soluciones globales para problemas globales. Global Think!.

    ResponderEliminar
  10. Gravouse a intervención de Carlos Taibo?
    Sería moi bo poder contar coas palabras de Taibo en 1ª persoa...
    Parabéns por telo convidado!

    ResponderEliminar
  11. Hai que ser moi inxenuo para crer en C. Taibo, que chega a ser tan cínico que di que nin se representa a el mesmo. Alguén di aquí antes que é do CNI, o caso é que é unha persoa ben escura, un oportunista que se sobe ao último tema antisistema de moda (URSS, Iugoslavia, Unión Europea, decrecemento, etc), un verdadeiro "todólogo", para facer cartos (véxanse o uso que fai das traducións ao galego ou das ortografías do galego). Entre o que vende (é a palabra) e o que el é hai un abismo. Aos políticos hai que pedirlles a súa declaración de patrimonio, a xente coma Taibo tamén habería que facelo, non se pode ir pola vida sen un mínimo de coherencia.

    ResponderEliminar
  12. O comentário anterior responde a un elemento da Brigada Provincial de Información responsábel da GUERRA SUXA e SUBTERRANEA: difamar, dividir, listas negras, hipercriticismo, queimar, desmobilizar.

    Perante os abusos policiais, COPWATCHING: o espía espiado. Eles teñen moito medo. Teñen un "traballo" noxento que perder, nós só podemos perder as nosas cadeas...

    "La presencia de policía secreta ha sorprendido a muchas/os, pero la realidad es que es una constante en las manifestaciones y en los movimientos sociales en general. La Brigada Provincial de Información, con organización interna y objetivos heredados de la Brigada Político-Social del franquismo, se encarga de recopilar información sobre personas concretas a través de infiltraciones en movilizaciones o colectivos, pinchazos de teléfonos móviles así como seguimientos o interrogatorios. Si dichas informaciones no les dirigieran hacia actos materiales delictivos, no sería la primera (ni la última) vez que se provocan altercados cuando conviene, o que se construyen pruebas en despachos de Moratalaz con tal de detener a compañeras/os. Nos alegramos que haya salido a la luz esta vez, pero nos gustaría que se tomara conciencia de que es la normalidad democrática..."

    ResponderEliminar
  13. só comentar algunhas inexitudes do que dixo Taibo en relación as supostas declaracións de Ángel Pérez (candidato de IU á alcaldía de Madrid) de que nin morto pasaría unha noite na acampada de Sol como se estivese oposto, é non é iso se non que apoia pero non vai por ser unha persoa significada en Madrid
    http://www.lavanguardia.com/local/madrid/20110519/54156857561/perez-iu-capitalizar-cosas-que-no-hacemos-nos-daria-verguenza.html

    ResponderEliminar
  14. Assim que Taibo é um todólogo que só pensa em fazer cartos. Será essa a opiniâo de um policia ou de um dos nossos estalinistas superados pelos acontecimientos? Tem sentido, aliás, esta distinçâo que proponho?

    ResponderEliminar
  15. Por cada 10 acampados hai 4 policías.

    ResponderEliminar
  16. O que califica a Taibo de todólogo non é, desgrazadamente, un policía. Con certeza é un dos nosos que aínda nos se decatou de que o seu mondo morreu

    ResponderEliminar
  17. Para acampadaobradoio:
    Los miembros de Galiza revolutiuon y galicianrevolution, tienen blindados sus grupos de facebook, donde en uno de ellos, galicianrevolution, se pueden leerr insultos hacia acampadaobradoiro, y se aprovechan de la libertad para adherirse y publicar que hay en el grupo de FB de acampada, para acaparar la atención y meter su propaganda.

    ResponderEliminar
  18. «Por cada 10 acampados hai 4 policías.»

    Então temos um problema grave. Se é assim, não há movimento.

    Será?

    ResponderEliminar
  19. En galicianrevolution se habla bien y mal de acampadaobradoiro porque cada quien dice lo que le da la gana y resulta que, como las personas tienen criterio propio,a unas acampadascq les parece bien y a otros no. Invito a que todo el mundo entre y lo vea por sí mismo. El grupo no está cerrado. yo lo leo todos los días.

    ResponderEliminar
  20. É do CNI por que o dis ti? Os do CNI non están indignados?

    ResponderEliminar
  21. Hoje parece que lhes deram o dia livre...

    ResponderEliminar
  22. Deberíades correxir o texto. Taibo non falou de CXT, senón de UXT

    ResponderEliminar