elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

martes, 31 de mayo de 2011

IMPORTANTE: Regulamento de organización da asemblea da #acampadaobradoiro

A continuación expoñemos o regulamento de organización da asemblea da #acampadaobradoiro, que foi proposto a semana pasada e aprobado por dita asemblea o 27 de maio de 2011. Empezamos a rexernos xa por este sistema dende o luns, 30 de maio de 2011. Nos últimos días puidemos comprobar que hai bastantes dúbidas aínda sobre este protocolo, polo que agardamos que coa súa publicación poidades ter unha idea máis clara e consigades interiorizalo.





Os órganos competentes encargados deste regulamento de funcionamento son os seguintes:

1. Comisión de asemblea: É un grupo formado por persoas liberadas das comisións e outras tarefas e encargadas exclusivamente da organización e bo funcionamento do regulamento da asemblea.

Tarefas da comisión:

                -Seguimento diario do traballo das comisións, recollendo posibles propostas que deban ser tratadas nos faladoiros ou nas asembleas xerais dos venres e sábados se procedese.
                -Organización diaria dos faladoiros-Speaker corner, elaboración da orde do día, organización dxs moderadorxs, recollida de actas...
                -Designar os encargadxs da recollida das actas e posterior transcrición para ser colgadas en internet e arquivadas.
                -Organización das asembleas xerais dos venres e sábados
                -O grupo de moderadorxs da asemblea estará formado polas mesmas persoas que forman parte da comisión, e farase de maneira rotatoria coa fin de non xerar referentes claros. (É imprescindible que as asembleas sexan dinámicas e operativas, para elo é necesario que o grupo de moderación teña moi claro o protocolo de funcionamento, mediación entre  participantes e poñentes, xestión das propostas, etc)
                -Marcarán os tempos de intervencións que non deberán superar os 5 minutos.

2. Reunión de Comisións:
De luns a sábado ás 12:00h: farase a xuntanza das comisións, onde se presentarán, debaterán e coordinarán temas relacionados cos traballos das comisións. Cada día na reunión de comisións, a comisión de asemblea  fará unha lectura das propostas que se fixeron o día anterior no Faladoiro-Speaker corner ou na Asemblea xeral dos venres e sábados a comisión de comunicación encargada de recoller as propostas chegadas por Internet tamén fará as achegas nesta reunión para ser debatidas. (É importante que poida estar mínimo un membro de cada comisión nesta reunión).

3. Asemblea xeral:

Os venres e sábados ás 20:00h terá lugar a asemblea xeral. Comezará cunha lectura do manifesto e as comisións informarán do seu traballo . Posteriormente lerase a orde do día, que estará maioritariamente marcada polo punto do manifesto que a comisión lexislativa traballou durante a semana, facendo un debate de maneira cerrada, coa fin de non desviar o interese da asemblea. O venres non se farán votacións, deixando un día polo medio para a reflexión e información, continuando o sábado co debate e posterior votación se procedese. No caso de  non chegar a ningún acordo seguirase traballando durante a próxima semana e será orde do día na seguinte asemblea xeral. (A comisión lexislativa será a encargada da decisión do punto ou puntos a tratar na asemblea xeral, comunicándollos á comisión de comunicación para que estean colgados en Internet e así que a xente poida vir informada ás asembleas.

No caso de que haxa persoas que traian propostas fóra da orde do día, invitaráselles a presentalas no faladoiro do luns ou a pasalas por escrito á comisión de asemblea ou comisión de comunicación co obxectivo de que poidan ser transmitidas na comisión que lles corresponda ou levadas ao próximo faladoiro.
Durante o desenvolvemento da asemblea xeral as comisións estarán plenamente adicadas ao transcurso da mesma, non programando reunións nin facendo outras cousas. Os membros das comisións repartiranse entre o núcleo da asemblea.

Nas asembleas dos venres e sábados non haberá “Micro aberto”, o debate será pechado á orde do día.

POR CUESTIÓNS DE FORZA MAIOR ou no caso de que existan propostas que expresen un CARÁCTER DE DECISIÓN URXENTE, a comisión de asemblea ou no seu defecto a propia asemblea pode decidir engadir un tema que estea fóra da orde do día e levalo a votación.


4. Faladoiros- Speaker corner:

De luns a xoves ás 20h terá lugar o faladoiro-Speaker corner, un espazo coordinado pola comisión de asemblea, que terá como obxectivo abrir o micro aos asistentes para que se poidan expresar e facer publicamente as súas propostas.

Comezará coa lectura do manifesto por parte dxs moderadorxs. Posteriormente as comisións terán un espazo para amosar o seu traballo ou facer comunicados se os houber. A continuación lerase a acta e propostas do día anterior --sempre de carácter non lexislativo. As lexislativas trátanse venres e sábados, a non ser que sexan urxente-- e levaranse a votación se procede. Ilustramos isto con exemplos prácticos co obxectivo de que quede máis claro.

Exemplo 1: Proponse trasladar o campamento á Alameda. Esta proposta SI podería ser debatida e votada nun destes faladoiros por non ter un carácter lexislativo.

Exemplo 2: Proponse elevar un escrito ás instancias correspondentes solicitando a modificación da Lei de Réxime Electoral Xeral (LOREX). Esta proposta NON podería ser debatida e votada nun destes faladoiros por ter carácter lexislativo e precisar dun tempo de traballo e reflexión amplo. Tería cabida nas asembleas xerais de venres e sábados. Só se podería tratar nun faladoiro no caso de que houbese unha cuestión de forza maior que o ditase ou se fose de carácter urxente.

Finalmente abrirase o micro aos participantes que se irán anotandose e saíndo de maneira organizada, non excedendo na súa intervención máis de 5 min.

POR CUESTIÓNS DE FORZA MAIOR, ou se hai propostas que expresen un CARÁCTER DE DECISIÓN URXENTE, a comisión de asemblea ou no seu defecto a propia asemblea pode decidir engadir un tema que estea fóra da orde do día e levado a votación.

5. Grupos de traballo:

Paralelamente a este proceso estableceranse grupos temáticos e específicos que traballen asuntos de interese, e que non estean recollidos nos  oito puntos do manifesto, e que nun futuro se poidan engadir e discutir na asemblea xeral.

6.A Rede:

Co obxectivo de informar sobre o traballo feito, iranse colgando no blog, as conclusións, propostas, actas, horarios, etc. Deste xeito as persoas que non poden asistir ás comisións, faladoiros ou asembleas poderán seguir diariamente dende a rede os pasos que se van dando.

7. As comisións:
As comisións que actualmente están funcionando son as seguintes: lexislativa (dividida nas subcomisións de democracia social, democracia política e democracia económica), comunicación, audiovisuais, acción (antes coñecida como propaganda), cociña, infraestruturas, son, extensión participativa, asemblea (xa definida anteriormente), cultura, información, coordinación e sanidade.


Cada comisión está traballando na elaboración dunha descrición do seu réxime interno de organización*, que inclúe unha definición breve do seu cometido, xeito de organizarse, horarios de reunións, contactos, etc. Cando este traballo estea rematado farase público a través de todas as nosas plataformas oficiais para que todxs xs interesadxs poidan estar debidamente informadxs das actividades e participar delas se o desexan.

8. Resumo:
-Asemblea de Comisións: De luns a sábado ás 12:00 horas.
-*Reunión das comisións: Horario por determinar
-Faladoiro Speaker's corner: De luns a xoves ás 20:00 horas.
-Asemblea xeral: Venres e sábado ás 20:00 horas.





CASTELLANO

A continuación exponemos el reglamento de organización de la asamblea de la #acampadaobradoiro, que fue propuesto la semana pasada y aprobado por dicha asamblea el 27 de mayo de 2011. Empezamos a regirnos ya por este sistema desde el lunes 30 de mayo de 2011. En los últimos días pudimos comprobar que hay bastantes dudas aún sobre este protocolo, por lo que esperamos que con su publicación podáis tener una idea más clara y consigáis interiorizalo.
Los órganos competentes encargados de este reglamento de funcionamiento son los siguientes:
1. Comisión de asamblea: Es un grupo formado por personas liberadas de las comisiones y otras tareas y encargadas exclusivamente de la organización y buen funcionamiento del reglamento de la asamblea.
Tareas de la comisión:

-Seguimiento diario del trabajo de las comisiones, recogiendo posibles propuestas que deban ser tratadas en los foros abiertos o en las asambleas generales de los viernes y sábados si procediera.
-Organización diaria de los foros abiertos-"Speaker Corner", elaboración de la orden del día, organización dxs moderadorxs, recogida de actas...
-Designar los encargadxs de la recogida de las actas y posterior transcripción para ser colgadas en internet y archivadas.
-Organización de las asambleas generales de los viernes y sábados.
-El grupo de moderadorxs de la asamblea estará formado por las mismas personas que forman parte de la comisión, y se hará de manera rotatoria con el fin de no generar referentes claros. (Es imprescindible que las asambleas sean dinámicas y operativas, para ello es necesario que el grupo de moderación tenga muy claro el protocolo de funcionamiento, mediación entre  participantes y ponientes, gestión de las propuestas, etc)
-Marcarán los tiempos de intervenciones que no deberán superar los 5 minutos.


2.Reunión de Comisiones:

De lunes a sábado a las 12:00h: se hará la reunión de las comisiones, donde se presentarán, debatirán y coordinarán temas relacionados con los trabajos de las comisiones. Cada día en la reunión de comisiones, la comisión de asamblea hará una lectura de las propuestas que se hicieron el día anterior en el Foro Abierto-Speaker corner o en la Asamblea general de los viernes y sábados la comisión de comunicación encargada de recoger las propuestas llegadas por Internet también hará las aportaciones en esta reunión para ser debatidas. (Es importante que pueda estar mínimo un miembro de cada comisión en esta reunión).

3. Asamblea general:

Los viernes y sábados a las 20:00h tendrá lugar a asamblea general. Comenzará con una lectura del manifiesto y las comisiones informarán de su trabajo . Posteriormente se leerá el orden del día, que estará mayoritariamente marcado por el punto del manifiesto que la comisión legislativa trabajó durante la semana, haciendo un debate de manera cerrada, con el fin de no desviar el interés de la asamblea. El viernes no se harán votaciones, dejando un día de por medio para la reflexión e información, continuando el sábado con el debate y posterior votación si procediera. En el  caso de no llegar la ningún acuerdo se seguirá trabajando durante la próxima semana y será orden del día en la siguiente asamblea general. (La comisión legislativa será la encargada de la decisión del punto o puntos a tratar en la asamblea general, comunicándoselos a la comisión de comunicación para que estén colgados en Internet y así que la gente pueda venir informada a las asambleas.
En caso de que haya personas que traigan propuestas fuera del orden del día, se les invitará a presentarlas en el foro abierto del lunes o a pasarlas por escrito a la comisión de asamblea o comisión de comunicación con el objetivo de que puedan ser transmitidas en la comisión que les corresponda o llevadas al próximo foro abierto.
Durante el desarrollo de la asamblea general las comisiones estarán plenamente dedicadas al transcurso de la misma, no programando reuniones ni haciendo otras cosas. Los miembros de las comisiones se repartirán entre el núcleo de la asamblea.

En las asambleas de los viernes y sábados no habrá Micro abierto, el debate será cerrado al orden del día.

POR CUESTIONES DE FUERZA MAYOR, o en caso de que existan propuestas que expresen un CARÁCTER DE DECISIÓN URGENTE, la comisión de asamblea o en su defecto la propia asamblea puede decidir añadir un tema que esté fuera del orden del día y llevarlo la votación.


4. Foros abiertos-Speaker corner:

De lunes a jueves a las 20h tendrá lugar el foro abierto-Speaker corner, un espacio coordinado por la comisión de asamblea, que tendrá como objetivo abrir el micro a lxs asistentes para que se puedan expresar y hacer públicamente sus propuestas.
Comenzará con la lectura del manifiesto por parte de lxs moderadorxs. Posteriormente las comisiones tendrán un espacio para mostrar su trabajo o hacer comunicados si los hubiere. A continuación se leerá el acta y propuestas del día anterior --siempre de carácter no legislativo. Las legislativas se tratan viernes y sábados, a no ser que sean urgentes-- y se llevarán a votación si procede. Ilustramos esto con ejemplos prácticos con el objetivo de que quede más claro.
Ejemplo 1: Se propone trasladar el campamento a la Alameda. Esta propuesta SÍ podría ser debatida y votada en uno de estos foros abiertos por no tener un carácter legislativo.
Ejemplo 2: Se propone elevar un escrito a las instancias correspondientes solicitando la modificación de la Ley de Régimen Electoral General (LOREG). Esta propuesta NO podría ser debatida y votada en uno de estos foros por tener carácter legislativo y precisar de un tiempo de trabajo y reflexión amplio. Tendría cabida en las asambleas generales de viernes y sábados. Sólo se podría tratar en una tertulia en caso de que hubiera una cuestión de fuerza mayor que lo dictara o si fuera de carácter urgente.
Finalmente se abrirá el micro a los participantes que se irán anotando y saliendo de manera organizada, no excediendo en su intervención más de 5 minutos.
POR CUESTIONES DE FUERZA MAYOR, o si hay propuestas que expresen un CARÁCTER DE DECISIÓN URGENTE, la comisión de asamblea o en su defecto a propia asamblea puede decidir añadir un tema que esté fuera del orden del día y llevarlo la votación.


5. Grupos de trabajo:

Paralelamente a este proceso se establecerán grupos temáticos y específicos que trabajen asuntos de interés, y que no estén recogidos en los  ocho puntos del manifiesto, y que en un futuro se puedan añadir y discutir en la asamblea general.


6. La Red:

Con el objetivo de informar sobre el trabajo hecho se irán colgando en el blog las conclusiones, propuestas, actas, horarios, etc. De este modo las personas que no pueden asistir a las comisiones, tertulias o asambleas podrán seguir diariamente desde la red los pasos que se van dando.


7. Las comisiones:

Las comisiones que actualmente están funcionando son las siguientes: legislativa (dividida en las subcomisiones de democracia social, democracia política y democracia económica), comunicación, audiovisuales, acción (antes conocida como propaganda), cocina, infraestructuras, sonido, extensión participativa, asamblea (ya definida anteriormente), cultura, información, coordinación y sanidad.
Cada comisión está trabajando en la elaboración de una descripción de su régimen interno de organización*, que incluye una definición breve de su cometido, manera de organizarse, horarios de reuniones, contactos, etc. Cuando este trabajo esté rematado se hará público a través de todas nuestras plataformas oficiales para que todxs lxs interesadxs puedan estar debidamente informadxs de las actividades y participar en ellas si lo desean.


8. Resumen:

-Asamblea de Comisiones: De lunes a sábado a las 12:00 horas.
-*Reunión de las comisiones: Horario por determinar
-Foro abierto Speaker's corner: De lunes a jueves a las 20:00 horas.
-Asamblea general: Viernes y sábado a las 20:00 horas.



18 comentarios:

  1. Paréceme un equilibradísimo guión que quizáis consiga atallar os problemas durísimos de resolver da horizontalidade ó tempo que corta suficientemente a verticalidade ou xerarquía. Teño dúas críticas, pero vounas reflexionar antes de expresalas.

    PARABÉNS OBRADOIRO! Estades a facer un traballo incrible!

    Bicos a tod@s

    ResponderEliminar
  2. Gracias polo traballo que estades facendo, cada día me sorprendedes mais. Son moitas cousas e hai que ir pouco a pouco. O camiño que o "movimento" está facendo vaise construindo a cada pequeno paso que ides dando día a día. Os que estades ahí traballando estades dando un exemplo á sociedade, pero non vos olvidedes de que moita xente que está fora tamén quere participar e non pode estar ahí físicamente para enterarse de todo o que se move na acampada. Por iso é importante facilitarlle ós de fora mais información que lles axude a ir entendendo o que está nacendo na acampada, na praza do pobo, para poder ir entrando nela e facerse mais activo, participando tamén na súa construcción. Este exemplo que dades deberíase ir extendendo co paso do tempo á sociedade enteira para que as persoas que a integran aprenderan a ser cidadáns activos que participen na construcción da sociedade na que viven.
    Moitas gracias de novo e a seguir así!

    ResponderEliminar
  3. Estou repasando pa un examen pero un gran BRAVO a tod@s!
    Estou con vos, igual de lexo!
    Moitas gracias e perdona pa meu galego aproximativo!

    ResponderEliminar
  4. Parabéns, isto colle forma, e forza!!!!!
    Seguide así, chic@s!!!

    ResponderEliminar
  5. Penso que depois de vários dias de convivência, os não-galegos já aprenderam bastante galego como para a tradução ser desnecessária.

    Era bom ir pensando em não traduzir os comunicados internos da acampada. Que espabilem e aprendam galego.

    (Por certo, os polícias já todos sabem galego)

    ResponderEliminar
  6. Y tu no aprendiste español¿?

    ResponderEliminar
  7. e a comisión económica esquecestedes ou a eliminachedes?
    Eu creo que se debería eliminar. NON QUEREMOS CARTOS.

    ResponderEliminar
  8. aparte de cuestiones de idioma (otra vez...)

    ¡¡¡BUEN TRABAJO!!!

    es un poco complejo, pero esta muy bien explicado! espero que funcione, muchas gracias!!

    ResponderEliminar
  9. Pois não aprendi NEM QUERO SABER.

    Quando me falam de EspaÑa
    Sempre tenho uma disputa:
    Que se EspaÑa é minha mãe
    Eu sou um filho da puta

    Uah!!!
    http://www.youtube.com/watch?v=hyC6ZJeIpU8&feature=related

    ResponderEliminar
  10. O malo é que tampouco sabes galego... es un colonizador portugués.

    ResponderEliminar
  11. A ver, os iluminados reintegracionistas, se entendedes dunha vez que o movemento é a nivel de toda España. Así de claro. O que se está a pedir non só abarca a Galiza, e se non o queredes entendeder, mal imos. A discusión do idioma, está de máis.

    ResponderEliminar
  12. este tío no es un reintegracionista. mirad dedes donde escribe,es el mismo de siempre, el de las conspiraciones

    ResponderEliminar
  13. O movimento GALEGO ou é GALEGO ou não é GALEGO.

    Se fala em castelhano, não é GALEGO.

    Os bons e generosos
    a nossa voz entendem
    e com arroubo atendem
    o nosso ronco som,
    mas só os ignorantes
    e féridos e duros,
    imbecis e escuros
    não nos entendem, não.

    (fragmento do hino da Galiza, o poema Os Pinheiros, de Eduardo Pondal)

    ResponderEliminar
  14. Por suposto que o movemento NON é galego. Acaso o pensabas?
    O movemento, é de toda España, acerca da clase política e económica que nos ten fartos a todos os españóis. Galegos, asturianos, madrileños, catalanes, etc...
    O movemento Galego que tí dís, é outra cousa, e outra loita moito máis vella, que non ten nada que ver con isto.
    O problema é que vos empeñades en facer vosa a toda a xente que está a loitar por cousas que non teñen que ver co que vos estades a pedir.

    Así nos luce o pelo.

    ResponderEliminar
  15. Cómo??? Cómo podedes facer algo tan aberrante como cambiarlle a letra ó himno galego, e quedarvos tan tranquilos?

    Os boos e generosos,
    A nosa voz entenden;
    E con arroubo atenden,
    O noso rouco son;
    Mas, sós os ignorantes,
    E férridos e duros,
    Imbéciles e escuros
    No-nos entenden, non.

    Ésta é a letra orixinal, escrita en 1890 por E.Pondal. Non escribiu en portugués, dende logo.

    Se Castelao, Pondal, Risco, L.Dieguez e demáis levantaran a cabeza e viran o q estades a facer....

    ResponderEliminar
  16. A veces es perder el tiempo escribir o responder a gente asi...pero bueno... ahora tengo tiempo libre ;)
    1- Me parece una aberracion que re-escribas el himno gallego de otra forma. Es himno no es mi himno, si el de las 15:01
    2- No eres español?Bien: mira tu dni, o tu pasaporte. cuantas becas recibiste? de donde cobraste el paro?
    3- Seguid asi, si lo que intentais es debilitar esto, estais consiguiendo todo lo contrario. Gracias en serio

    Un saludo

    ResponderEliminar
  17. Espero que todos estos independentistas radicales, cuando necesiten ir al médico, vayan a uno privado y por supuesto gallego, y no hagan uso del dinero público de la Seguridad Social Española.

    ResponderEliminar
  18. joder cos indepes estan todo o dia metendo merda,non se dan conta que isto é mmoitisimo mais importante (polo menos para a meirande maioria) que as suas reivindicacions de sempre(que reivindican cinco).Por certo hai moito galego que se expresa en castelan e é tan galego coma os indepes que parece que se cren de rza pura ou algo asi.......
    Por certo isto non é estatal é mundial ,e senon tempo o tempo.........
    Estades facendoo fenomenal,seguide asi,esta semana ainda non puiden ir pola praza pero meu espirito segue ai..
    ANIMO!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar