elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

sábado, 18 de junio de 2011

19X: TOD@S Á RÚA!!!!!!!!

Achégase o día!!!! Mañá, domingo 19, convocámosvos a tod@s á manifestación a nivel europeo contra o Pacto do €uro. Dende a acampada, e en coordinación ca xente de DRX-Compostela, estamos ultimando detalles festivo-organizativos para que sexa unha xornada memorable, divertida, de loita e dignidade.

A CITA SERÁ ÁS 18h NA ALAMEDA (PORTA FAXEIRA). SEN SÍMBOLOS, SEN SIGLAS, SEN PARTIDOS, SEN SINDICATOS. SÓ NÓS, O POBO, E A NOSA INDIGNACIÓN.


A manifestación desembocará no Obradoiro, onde Carlos Taibo leerá o manifesto e despois haberá unha gala cultural.

Collede ás amizades, á familia, á veciñanza, á vosa rede virtual.... difundide, falade, animádevos e TOMEMOS Á RÚA!!!!

"EUROPA PARA O POBO, NON PARA OS MERCADOS"

COS NOSOS CARTOS NON QUEREMOS PACTOS!!!!!!!!!

Resumo da rolda de prensa do xoves, vía Galicia Confidencial (gracias)




Para saber máis, que hai que estar ben informad@:

Análise en ATTAC


Artigo no 20 minutos de hoxe


--------------------------------------


¡¡¡¡Se acerca el día!!!! Mañana, domingo 19, os convocamos a tod@s a la manifestación a nivel europeo contra el Pacto del Euro. Desde la acampada, y en coordinación con la gente de DRX-Compostela, estamos ultimando detalles festivo-organizativos para que sea una jornada memorable, divertida, de lucha y dignidad.

LA CITA SERÁ A LAS 18h EN LA ALAMEDA (PORTA FAXEIRA). SIN SÍMBOLOS, SIN SIGLAS, SIN PARTIDOS, SIN SINDICATOS. SÓLO NOSOTROS, El PUEBLO, Y NUESTRA INDIGNACIÓN.

La manifestación desembocará en el Obradoiro, donde Carlos Taibo leerá el manifesto y después habrá una gala cultural.

Traed a vuestras amistades, a la familia, al vecindario, a vuestra red virtual.... difundid, hablad, animaos y TOMEMOS LA CALLE!!!!

"EUROPA PARA EL PUEBLO, NO PARA LOS MERCADOS"

CON NUESTROS CUARTOS NO QUEREMOS PACTOS!!!!!!!!!

Para saber más, que hay que estar bien informad@:

Análisis en ATTAC

Artículo en el 20 minutos de hoy

70 comentarios:

  1. Esto es lo que nos faltaba a muchos...... Después de 5 años de carrera nos modifican el CAP y nos ponen un master de 1800€ y con límite de plazas, ahora no contentos con eso, CAMBIAN EL SISTEMA DE OPOSICIONES A PROFESORADO.

    Como podeis es por REAL DECRETO.

    http://www.elpais.com/articulo/sociedad/ano/practicas/sera/decisivo/oposiciones/docentes/elpepisoc/20110604elpepisoc_11/Tes

    ResponderEliminar
  2. si eso os parece poco mira esto :
    http://imaisd.usc.es/avisos.asp?i=gl&s=-70-72&id=607

    en fin...

    ResponderEliminar
  3. Já, e umha putada, depois de mais de 150 anos de luita obreira,de conquistas feitas a base de sangue, suor e bágoas, agora vai e em 15 anos todo à merda...

    ResponderEliminar
  4. Para mi esto esto es lo que deberia ser 15m: http://www.enriquedans.com/2011/06/yo-soy15m.html
    100% de acuerdo

    ResponderEliminar
  5. Na rúa, nos acampamentos, nas manifestacións hai diversidade. Moitas non vamos a manifestarnos hoxe polo programa neoliberal de elementos como Enrique Dans. A nosa rabia non é a vosa indignación. A nosa historia non é a vosa "mobida" efímera, cando non oportunista. As nosas demandas van dirixidas ao povo e non aos políticos. Non queremos reformas queremos comezar de novo con todo. Non queremos as migallas queremos abolir os privilexios. Sen xustiza non haberá paz.

    DRY non nos representa !!!

    ResponderEliminar
  6. Tendes que pensar que os meios não vão perder nenhuma oportunidade de nos criticar.

    Há que contar com isso, e há que continuar na rua.

    E há que conseguir objetivos.

    ResponderEliminar
  7. Estiven no primeiro día do campamento aquel 17 de maio as 12 do mediodía e continuei ali toda a semana até que empecei a ver cousas que lle restaron credibilidade (dende o meu punto de vista) tanto as Asambleas como o movemento.
    Hoxe houbo un momento no que esquecín todos esos "erros" do pasado e volvín a crer en todos nos que estabamos naquela praza pero durou pouco, durou ata que saliu de novo o movemento feminista (ollo, non estou en contra de este movemento pero si creo que non é nin o momento nin o lugar)lendo un manifesto propio e incluso modificando o manifesto común pedindo só subsidio de desemprego para as PARADAS. Os políticos de hoxe non me representa pero as peticións do movemento feminista tampouco. Dende o meu punto de vista está totalmente fora de lugar.

    ResponderEliminar
  8. Estou ata arriba de tanta merda e tanto oportunismo. Agardo que a xente quedades teñades toda a sorte do mundo e aprendades a lidiar con certas cousas. Eu non o farei, marcho. Moi boa sorte a todos.

    ResponderEliminar
  9. Estou co das 2305.

    Porque se lé un manifesto alternativo? Hai dous logo? Con cal nos quedamos? Ou é que hai que asumir ambolosdous???

    Diría que cando menos é confuso, pero sei que esa non é a palabra...

    ResponderEliminar
  10. Pois eu acho inaceitável que alguém tenha problemas por dizer desempregadAS em vez de desempregadOS.

    A democracia é para todos e TODAS.

    ResponderEliminar
  11. Son unha muller e a min tampouco me representa o comité feminista. Non entendo o porqué da existencia dun comité de feminismo. Creo que igualdade e admitir que o pacto do euro nos afecta a todos. Todos queremos igualdade, entón ¿qué sentido ten ler un manifesto para pedir dereitos de uns e non de outros? Ninguén con dous dedos de frente admitiria un comité machista, porque se admite un comité feminista?. Creo que a igualdade comeza dende o momento que aprendamos a deixar de distinguir entre homes e mulleres e comecemos a falar de persoas.

    ResponderEliminar
  12. Para o Anónimo das 09:35: o problema non existiría de haber dito paradas e parados.
    Non entendo porque ten que existir un comité feminista cando moitos e moitas dos integrantes de este movemento mostrámonos en desacordo.

    ResponderEliminar
  13. Hola xente!!!
    Aqui vos deixo un link, que saistes nun xornal francés...TOMA!
    http://actualutte.info/?p=4558
    *Ale*

    ResponderEliminar
  14. Uf!.Vejo que muita gente nom comprende que o feminismo nom é o mesmo que o machismo pero em mulheres. Pensade nisso.
    Eu som homem, mas comprendo que as mulheres som umha parte da humanidade duplamente oprimida, e que sem a sua libertaçom nom se libertara o género humano. E acho imprescindivel que se organizem e que fagam as acçons que considerem oportunas. Elas libertaram-se a elas mesmas.
    Avante rapazas!
    A revoluçom será feminista ou nom será!

    ResponderEliminar
  15. ¿Se defiende abiertamente la legalización d ela prostitución, como reclama el colectivo Hetaira, o saos ante otro caso de feminismo paternalista?

    ResponderEliminar
  16. Carlos Taibo pertenece al partido independentista CausaGaliza y es de ultraizquierda... ¿Por qué leyó ese personaje el manifiesto?

    ResponderEliminar
  17. Porque é galego, inteligente e fala bem, em galego.

    Considero inaceitável que haja gente que se declare anti-feminista.

    É como se nos declarássemos anti-natureza.

    Esses não podem fazer nada bom do movimento 15M.


    A DEMOCRACIA É PARA TODOS E TODAS, OU NÃO É.

    (secreta, idiota, te crees que no se nota?)

    ResponderEliminar
  18. Cando se fala de mulleres non se pretende excluir aos homes. Os homes, as súas circunstancias e os seus problemas son xa visibles por defecto (de case todos os homes); o das mulleres non. Daquela, cómpre facer ese esforzo. Porque se non, só falamos dos homes e dos cidadás, non das cidadás. E isto é pra todas e todos, non?

    non se pode fala de persoas, xa que a "persoa" en abstracto non existe. As circunstancias dos homes e das mulleres son moi distintas, e elas están en desvantaxe. Cando se fala de "persoa", o que se sinala, de cote, e só o que lle afecta aos homes. E cando se ven, a non apreciarse, como ocorre agora ( o panfleto amosa como as mulleres se ven máis afectadas por medidas coma o pacto do euro e parece que a ninguén lle importa) Os problemas das mulleres tenden a ignorarse e non verse. A análise da realidade ten que incluír o factor xénero (entre outros) para que se axuste máis a realidade, senón, só vemos unha parte, non vemos as cousas como son, e, por tanto, non construímos as solucións adecuadas. Hai que afinar na análise e nas propostas. Senón, só se atende a voz dos máis privilexiados (ou dos menos desvantaxados, como o querades ver: dentro dos desvantaxados, hai avantaqxados)

    O pacto do euro afecta a todas as persoas, si, pero a algunhas máis ca a outras. Non sei que problema hai en sinalar esa realidade. Por que vos molesta tanto abrir os ollos a esa realidade?
    As mulleres non son as únicas que están en situación de desvantaxe, certo: minorías étnicas, persoas co diversidade funcional, etc... Esas persoas tamén déberían sair e falar do seu, porque nós, o grupo dominante, non tendemos a facelo por elxs. Por iso, o grupo feminista non é so necesario, senón tamén insuficiente.

    Feminismo non é oposto de machismo. buscade a diferenza, por favor. É moi fácil. non ñe coiusa boa falar dende a ignorancia. Sede responsables da vosa propia Ilustración (Sapere aude, dicía Kant: atrevédevos!!)

    non era un manifesto alternativo, era só un panfleto. non saquedes a cousas de sitio para desprestixialas . iso é falaz.

    Pensade antes de falar.

    Abride os ouvidos e o corazón, por favor.

    R.B

    ResponderEliminar
  19. Eu penso antes de falar. E sei o que é o feminismo. E tamén sei recoñecer a pouca verjonza de aproveitarse dalgo que nunca se tivo por un mesmo.
    Con este tipo de cousas só conseguides que a xente que non coñece as vosas causas as aborreza de antemán. Entrando polas bravas, sen respeto polos que puxemos toda a nosa ilusión nisto. Nunca movéstedes a ninguén e o que estades conseguindo é que os nosos apoios se desmovilicen e pasen desto. E non me extraña.
    Ser feminista non é levar unha pancarta ou berrar contra o patriarcado. Ser feministas é traballar como persoa e saber respectarte como muller. Ser solidaria coas túas irmás. Eu, desde que conseguístedes aprobar o voso manifesto, non vos volvín a ver pola praza NUNCA. Como muller, como feminista pregúntome... ¿Ónde está a vosa solidaridade con nós, as mulleres que traballamos na plaza? Vindes aquí, entrads asoballando e cando conseguides o que buscades desaparecedes de novo.
    A min, como feminista, dame vergonza o que facedes. Instrumentalizades o noso traballo da mesma maneira que algúns homes fixeron e fan coas mulleres. Ten collóns (ui, soa machista?) que vos chamedes feministas. O único -ista que tedes é o de OPORTUNISTA.

    ResponderEliminar
  20. Hai feministas traballando TODOS OS DÍAS no obradoiro. Mira ben o que dis. Non as invisibilices. Nin insultes. O de falar dende a ignorancia ía pola persoa que comparou machismo có feminismo. É evidente que esa persoa non sabe o que é o feminismo, logo non debería facer xuizos sobre el. Se ti non es quen tal dixo, logo non te deas por aludida.

    Por outra banda, estou a explicar por que o feminismo non só é necesario, senón insuficiente nun movemento destas características e ti nin argumentas nin contrargumentas. Explica, por favor, cal das mías razóns está equivocada. eu digo que é inherente, inevitable. Desde o meu punto de vista non é aproveitarse de nada. En lugar de insultar, móstrame cal é o meu erro - se é que hai tal - para que eu non persista nel. Eu si intento ilustrarme, por iso escoito as razóns das outras persoas. Escoitar e meditar o que din xs outrxs é unha das mellores formas de saír de posibles erros.

    Podes non estar de acordo, pensar que non é necesario, q non ven a conto o feminismo no obradoiro. Vale (aínda que non contrargumentes).
    Pero o que fas non é iso, non: limítaste a insultar, convertes as nosas razóns en asoballamento e adxudícasnos malas intencións. E non distingues unhas persoas de outras (persoas que estiveron ese día e marcharon, aínda que non para asoballar como ti dis, das que estiveron e ficaron ata hoxe, renunciando a moitas outras cousas que tiñan que facer). Non ver á xente que quedou, é distorsionar a realidade. E esa é unha cousa moi fea.

    Por outra banda, atacar as persoas e non os argumentos é unha falacia (falacia ad hominem). non hai diálogo democrática con falacias.

    Se eu actuase coma ti, descalificando - pensa niso - diría que pretendes asoballar ás mulleres por non entender que o feminismo ten que estar presente, por non estar de acordo conmigo, por non suscribirta á miña tese. Eu non o fago porque presupoño que non tes malas intencións. Do contrario, non mantería este diálogo contigo (se pensase que me mentes, pra que falar???). Hai que poñer un pouquiño de confianza na xente coa que dialogas. e penar que se cadra es ti a que está mal. Eu contemplo esa posibilidade e escoito, por iso reclamo argumentos.

    A descalificación non racional (insultos sen argumentos) é un intento de censurar as opinións. Ollo.

    eu penso que sen feminismo non hai democracia, por iso non estou disposta a deixalo fóra nun movemento que supostamente busca unha democracia real. Sen igualdade (non só entre homes e mulleres) non hai democracia. Esa é a miña opinión sincera e se a expreso e para mellorar o movemento. así que, por favor, non digas cousas sobre as miñas intencións que non son certas. Non te poñas na posición de quen sabe o que hai na cabeza das outras persoas nin me chames mentirosa ou oportunista. Iso, insultar, é o que fan os medios cxs indignadxs. Non sexas ti igual.

    ResponderEliminar
  21. Os de Izquierda Unida? Oportunistas. Os do BNG? Oportunistas, of course. O feminismo? Oportunistas. Nacionalistas? Oportunistas. Sindicatos? Oportunistas. Anarquistas, comunistas, soberanistas, ecoloxistas, okupas, socialistas...? Por suposto, oportunistas, oportunistas todos e todas. Todos os movementos e movementas sociais que actúan en Galicia/ Galiza, calquera que sexa a súa manifestación (grupos, redes, plataformas, sindicatos, partidos politicos...) todas sodes uns oportunistas que tratades de monopolizar e manipular o NOSO movemento.

    O BNG acaba de presentar no Congreso unha iniciativa para que se acepte a dación en pago. Sí, piden o mesmo ca nós, pero é por oportunismo. UGT fala de convocar folga xeral polo pacto do euro. Vale, igual ca nós, pero de novo é oportunismo. Oportunismo. Oportunismo Oportunismo Oportunismo e mais oportunismo. E os de #nolesvotes, por decir que BNG e IU eran os únicos partidos aceptables, tamén uns oportunistas. E iso que dicides de que levades máis tempo ca nós defendendo as mesmas demandas ca nós, eso por suposto é oportunismo puro e duro e por iso debemos defender de oportunistas o noso verdadeiro prístino incólume incorruptible puro movemento, para evitar que os oportunistas poidan corrompelo.

    Mi tesoro...

    ResponderEliminar
  22. Anímo das 16:39. Xenial!!! :-) Pretendemos representar os intereses de toda a cidadanía, pero logo dicimos: NÓS fixemos, NÓS pensamos, NÓS dicimos e se non estabas aquí, ti non es NÓS. Logo, que cidadanía e esa?

    Outro apuntamento. Iso de descalificar a calquera que admita abertamente partir dunha ideoloxía é moi desacertado. O que di que non ten ideoloxía, máis ben o que ocorre e que non sabe de onde saíron ás súas ideas. Porque ninguén inv enta unha postura. Todo posicionamento, todxo valor defendido, ten unha tradición atrás. Non se xesta no vacío.

    Eu non teño ideoloxía = eu non sei de onde veñen as miñas ideas.

    Iso de dividir xs indignadxs en oportunistas (por saber de onde veñen as súas ideas) e non oportunistas é tamén moi feo. Hai moitas cousas moi feas. Pero bueno, moitas outras son boas. Eu tamén teño escrito en moitos momentos dicindo "Parabéns" e cousas así.

    A persoa que escribiu como "Muiller de verdade", gustaríame moito poñerme en contacto con ela, para dialogar. Se me les (son RB e a que che contestou despois) escríbeme a xianabuin@hotmail.com

    ResponderEliminar
  23. non se pode dicir "somos o pobo", como se escoita moito por alí, e logo non querer incluír as opinións do pobo (si as persoas q nn están na acampada tamén son o pobo, as que máis están na disidencia, as que opinamos por este medio, etc...)

    ResponderEliminar
  24. ¿Se defiende que la muy polémica Ley de Paridad sea sometida a referéndum? Estupendo.

    Se defiende que la ilegalización de la prostitución sea sometida a referendum? Estupendo

    Se defiende que la política identitaria (lenguas en la escuela, toponimia) esté controlada directamente por el pueblo? Estupendo

    ResponderEliminar
  25. Opinións do Pobo.. habláis de o Pobo que vota al PSOE y PP, partidos mayoritarios en Galicia?

    ResponderEliminar
  26. ¿Cuál es el posicionamiento de la acampada en relación al conflicto de nacionalidades existente en el seno de la Comunidad Autónoma gallega? ¿Es españolita autonomista, nacionalista, indepe? ¿Asume el sentir mayoritario?

    ResponderEliminar
  27. En Galicia ha habido una conflicto político importante por culpa de las consultas en la escuela, en relación con la política lingüística e identitaria. ¿Cuál es el posicionamiento de acampadascq en esos temas? Democracia participativa y directa?

    ResponderEliminar
  28. Gustaríame que lle fosemos perdendo o medo á palabra feminismo pois o feminismo é unha corrente de pensamento que procura a equidade real entre as persoas e das persoas coa Terra, é moito máis do que falar de mulleres e homes, caendo outra vez en dicotomías. Pretende crear novas relacións, novas identidades que nos liberten de caérmonos nunha ou noutra categoría impermeable aos cambios.
    Gustaríame tamén informar de que a xente que nos comprometimos a crear un grupo de traballo feminista, levamos colaborando na acampada dende o principio,en ditintas comisións e grupos, polo que me parece que non merecemos tanta desconsideración. Que non durmamos alí non quere dicir que non entreguemos gran parte do noso tempo e esforzo poa causa.
    Tamén pediría que se alguén ten dúbidas sobre o que facemos fale con calquera de nós, pois penso que os nosos actos non contradín as nosas verbas, en caso contrario encantaríanos sabelo para discutilo, que a iso estamos, non?
    Por último, comentarvos que a idea de crear este grupo xurdíu coa intención de fomentar espazos de debate e reflexión sobre estas cuestións, así que agardo que lle quitedes o máximo partido ás actividades propostas, xa que as pensamos para tod@s!
    Manhá haberá un cineforo no que teremos a oportunidade de ver un filme que retrata moi ben as dificultades que as reivindicacións das mulleres noutros contextos culturais e históricos tiveron que pasar. Convido a deconstruir e cuestionar os feitos!
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  29. ¿Feminismo? ¿Cuál de ellos? el institucional? el d ela diferencia? ¿el de la igualdad? ¿el individualista? ¿el post-transfeminismo? ¿Qué pasa con la ley de paridad y la ley contra la violencia de género? se defiende su validación vía referendum?

    ResponderEliminar
  30. La ley de Paridad impone que los partidos deban tener un 50/50 de hombres y mujeres. lo Cual tiene como consecuencia la prohibición de listas compuestas por mujeres, y entra en conflicto con las listas abiertas: el sistema de listas abiertas NO garantiza que en los parlamentos termine habiendo un 50/50 aunque los partidos tengan en sus listas esta pauta

    ResponderEliminar
  31. Varias cousas a engadir, primeiro, non entendo porque si somos un movemento APOLÍTICO, nun dos días máis importante como foi o de onte ten que ter unhas palabras un personaxe político como Carlos Tabio, por moi de esquerdas que sexa... porque eu se estou neste movemento, se durmín na praza e traballei como os demáis, é porque estou farta tanto da dereita como da esquerda.
    Por outra banda está o tema do feminismo. Non me parece ben que formen parte activa do movemento lendo un manifesto "alternativo" nin modificando o propio manifesto. Respeto a igualdade pero tamén a democracia e se esto e por e para todos, todos deberíamos estar dacordo en defender as posturas feministas, e tal como vexo hoxe aquí ou onte na praza non todos están dacordo con que este grupo nos represente.
    Por último unha pregunta. É certo que a acampada conta con un comité friki? A que se adica exactamente?
    Dende fora parece que o movemento se está a concentrar demasiado en cousas de pouca relevancia e menos en cousas de máis importancia...

    ResponderEliminar
  32. Carlos Taibo: relacionado con Causa Galiza (independentismo de extrema izquierda), con causas antisindicalistas, antiobreras y grotescas en el contexto actual de paro masivo, hundimiento del consumo y cierre de cientos de empresas) como la del decrecimiento.

    ResponderEliminar
  33. Abaixo o consumo. Abaixo a explotación, si.

    O respeito e a paz vano ter que currar un pouco os portadores destas mensaxes de corte liberal españolista (tea party) que tedes dentro, non sei se das propias tendas. Mais desde logo si neste foro.

    Veñen tempos moi duros e teremos tempo de ver como estes defensores da empresa e do poder macho nos roen gran parte do traballo.

    Traballadorxs e paradxs organicemos a loita e non caiamos na demagoxia noxenta dos neocons. Ningún partido nos representa mais non esquezamos quen nos mexa por riba, quen fai todo o posible para engordar a gran burbulla do capitalismo, o grande crime.

    ResponderEliminar
  34. A actitude máis machista do suposto feminismo que representades últiamente é a diferenciación de sexos. Deixade a un lado a identidade sexual, quizais así todo sexa menos complexo, máis sinxelo. Non se pode pretender igualdade partindo da división. Ollo, unha cousa é división, e outra moi distinta diverasidade.
    E apoio o feminismo, pero non este tipo de feminismo concreto, moi de moda, no que o home, de primeiras, é un tremendo cabrón. Non, por que estades a facer o mesmo do que vos defendedes/defendemos.

    ResponderEliminar
  35. E se falades de PARADAS, falade tamén de POLÍTICAS. Que Merkel, polo de agora, é muller tamén.

    ResponderEliminar
  36. La inemnsa mayoría de gallegos ES españolista. Los de acampada scq sabrán lo que hacen, a qué target quieren dirigirse.

    ResponderEliminar
  37. Abajo el consumo... eso eso, que cierren más empresas y que haya más parados, LOL

    Soy anticonsumista pero quiero que alguien me contrate y me pague un sueldo lo más alto posible, basado en ganancias, LOL

    ResponderEliminar
  38. ¿Qué opinan los sindicatos del anticonsumismo? ¿Y Vicenç Navarro, que defiende políticas de fomento de la demanda y el consumo, como todos los keynesianos?

    ResponderEliminar
  39. Sin duda que el consumismo es un gran problema con tantas masas con trabajo y buenos sueldos gastando dinero a espuertas, LOL-. Necesitamos que se prohíba consumir o se acaben con las ayudas a las industrias estrategicas, Por ejemplo en Galicia habria que cerrar citroen o los astilleros, o reducir el consumo de lo producido por la industria ganadera.

    ResponderEliminar
  40. 22:15 Cagar sentencias desa maneira deixa bastante que dubidar sobre a túa veracidade.
    22:16 Consumismo e traballo non son un binomio. Hay que pasarse máis polas fabricas meu amigo.

    ResponderEliminar
  41. Si se quiere una huelga general, hay que contar con la clase trabajadora y los sindicatos, y no solo con pequeñoburgueses, universitarios flipados o perroflautada "anticonsumista"
    Ademas, que el que no quiera consumir ya puede hacer eso;: no consumir. El probema está en tanta gente que quiere trabajar por cuenta ajena y cobrar bien, y no puede. Esa es la lucha.

    ResponderEliminar
  42. Decía Keynes que las masas trabajadoras tiene una propensión mayor al consumo y que esto era un arma formidable para el crecimiento, la estabilidad económica, el pleno empleo y el estado de bienestar.De ahí nace la llamada "economía del lado de la demanda", que por ejemplo es defenduida por Vicenc Navarro, que sabe más de economía que el Taibo.

    Y ahora viene gurus fracasados como Taibo, junto a 4 gatos univesitarios, y dicen que no, que lo importante es que en este contexto de no-consumo forzado por el paro y los bajos sueldos, la lucha está en evangelizar alas masas para que no consuman, y en defender medidas poliicas que acabarian como el modo de ganarse la vida de gran parte de los trabajadores. .

    Es de suponer que los anticonsumistas estaran encantados con tanta empresa cerrada y gente en paro porque no se vende nada, y que rechazaran todo puesto de trabajo cuya retribución salarial se base en que otros consuman, LOL

    ResponderEliminar
  43. y no solo con pequeñoburgueses, universitarios flipados o perroflautada "anticonsumista"
    Generalizar así también es digno de algún ser superior o algo.
    Y los sindicatos, pudieron hacerlo antes. Que le vas a pedir a los que están vendidos.

    ResponderEliminar
  44. Ahora resulta que es falso que la gran mayoría de gallegos NO es nacionalista gallego y Sí se siente español. Po fale.

    Será lamentable ver cómo acampdascq fracasa por dejarse alienar por vanguardias fracasadas marginales y infiltrados del nacionalismo.

    Animo, a ver qué tal os va pensando que la mayoría se va a adaptar a vosotros, y no al revés.

    ResponderEliminar
  45. 22:34
    Dale arriba, a ver si son Taibo (que simplemente salió a título individual como cualquier otro) y 4 perroflautas universitarios. Que me da a mi que te equivocas. Y si no tienes ni idea de lo que se pide, no creo que tengas razones para dictar sentencias sobre nada ni nadie de esa manera, a no ser que seas Dios, claro.

    ResponderEliminar
  46. ¿Entonces hay que cerrar Citroen, como defiende Taibo el Gurú? ¿E impedir a la peña comprar coches? jojojo. Auguro un exitazo de público.

    ResponderEliminar
  47. Ahora resulta que es falso que la gran mayoría de gallegos NO es nacionalista gallego y Sí se siente español. Po fale.
    No dije eso, sólo dije que tus sentencias no tienen ninguna validez. Por otra parte la cuestión que planteas no tiene ni sentido ni cabida entre los 8 puntos del manifiesto. Bueno si, si tu fundamento es dividir y provocar.

    ResponderEliminar
  48. Desde una perspectiva anticonsumista se debería estar celebrando el actual desplome de la demanda, el cierre de empresas con el consiguiente aumento del paro, y la ausencia de ofertas de trabajo para quienes solo quieren currar por cuenta ajena, no?

    ResponderEliminar
  49. "¿Entonces hay que cerrar Citroen, como defiende Taibo el Gurú? ¿E impedir a la peña comprar coches? jojojo. Auguro un exitazo de público. "
    No lo defiende Taibo, lo dices tú. Tu sabrás que pretendes. Espero que no tengas hijos trabajando y sacándose una carrera teniendo como máximo objetivo seguir trabajando en un PizzaMóvil, como hasta ahora.

    ResponderEliminar
  50. "Desde una perspectiva anticonsumista se debería estar celebrando el actual desplome de la demanda, el cierre de empresas con el consiguiente aumento del paro, y la ausencia de ofertas de trabajo para quienes solo quieren currar por cuenta ajena, no? "
    Cuando me enseñes de donde sacas lo de anticonsumista tendrá sentido seguir hablando de eso. Y tus prejuícios contra la gente que tiene huevos a no quedarse en casa no valen.

    ResponderEliminar
  51. Vamos a ver. Segundo o "Centro de Investigaciones Sociológicas" (a institución OFICIAL española encargada de facer os estudos sociolóxicos de poboación, opinión pública, estimacións de voto e demais) leva DECENIOS confirmando que máis do 80% da poboación se declara NA-CIO-NA-LIS-TA.

    Eso é o que falan os datos científicos, que tamén ilustran a seguinte paradoxa: os galegos non teñen maioritariamente ningún conflicto con sentirse tan galegos como españois, e que a pesar dese sentemento nacionalista, non votan maioritariamente ao bloque, probablemente por que o bloque representa unha ideoloxía moi pouco aceptada pola xente.

    Así que eses son os datos. Se o movemento 15M quere ter viabilidade en Galicia, e eu espero que así sexa, o primeiro que debe facer é ser consciente e saber en qué terreo se está movendo. En Galicia fálase maioritariamente galego, a xente maioritariamente ten un sentimento nacionalista, pero lóxicamente é un sentimento moi distinto dos cataláns ou dos vascos. A ver se vades cometer o mesmo erro que o BNG, de marxinalizarvos na pureza de "NUESTRO" movimento.

    ResponderEliminar
  52. Ahí está. De todas maneiras dubido que esta cuestión teña sitio, SÓ POLO DE AGORA, neste momento, que non neste movemento. É tan sinxelo como acadar os puntos básicos e convocar un referéndum. Non sei que tantas voltas lle dan algúns. Que eu sepa o nacionalismo tampouco está reñido con loitar xuntos cuns obxectivos marcados cos nosos amigos e veciños.

    ResponderEliminar
  53. "Desde una perspectiva anticonsumista se debería estar celebrando el actual desplome de la demanda, el cierre de empresas con el consiguiente aumento del paro, y la ausencia de ofertas de trabajo para quienes solo quieren currar por cuenta ajena, no?"

    O desde una perspectiva capitalista brutal, que por lo que intuyo es lo que usted pretende, hay que aguantar que hace dos años nos ofrecieran horas extra los sábados bien remuneradas (y en negro claro, así es nuestra patronal) que los obreros aceptaban pq como usted bien debe saber, en casa del pobre un duro que entra es como un tesoro, y cuál fue la sorpresa de los obreros cuando pasados dos años, se acabaron las horas y no sólo eso, despidos (bueno, usted disculpe, no renovación de contratos semestrales) basándose en una crisis que no tiene más justificación (hablando de fábricas) que exceso de stock. Si usted sabe de economía, y de oferta y demanda como bien cita un poco más arriba, conocerá el círculo del capitalismo que ya estudió el Sr Smith hace mucho años, ahora contésteme, ve usted de verdad una crisis, o simplemente es una tomadura de pelo, en la que aumentaron la producción de productos no perecederos hasta existir un exceso de stock para luego poder ahorrarse la mano de obra? Ya que habla de oferta y demanda, mire a su alrededor, en su ciudad, seguro que hay un polígono industrial, y respóndame, cuántas fábricas siguen funcionando? Y mire usted, este movimiento se caracteriza hasta lo que yo sé por ser horizontal, nunca jerárquico, de manera que cada uno puede expresar su manera de pensar, sin ser eso condicionante para que todos los que estemos allí sentados estemos 100% de acuerdo en todo lo que se dice, obviamente no somos una secta, más bien somos ciudadanos que tocamos el suelo, ni perroflautas ni perogrulladas semejantes. Y a mí no me molestan ni los perros ni las flautas, me molesta más estar en mi casa metido agotando la ayuda magnífica de 426€ después de haberme costeado mi carrera a base de hacer Big Macs, así de aburguesado me parece que tampoco, y después de ver como amigos míos con hijos a su cargo no tienen ni idea de como van a poder hacer aunque sólo sea para darle a sus hijos de comer cuando se le acabe la ayuda.

    Un consejo, salga de su vida de centro de ciudad, y dése un paseo por los barrios de las afueras, allí también vive gente, pregúntele en que condiciones están, que sinceramente, no creo que su mayor preocupación sea si galicia es españolista o nacionalista, o que si el huevo fue antes de la gallina. Aquí se habla de temas concretos, de vidas y familias desquiciadas por que no saben como van a poder hacer para seguir adelante mientras siguen viendo como cuatro se hacen ricos a costa del hambre de sus hijos. Sin acritud, pero antes de criticar algo, estaría bien informarse y no hablar desde un sillón que papá médico me compró cuando me regalo el piso. Hablemos de aburguesados entonces.

    ResponderEliminar
  54. Me irritan las burlas que no argumentan.

    Crecimiento infinito = dinero hoy, muerte pasado mañana. (los recursos se acaban!!!)

    no te dice la ética que tienes q legarle algo a las personas que nacerán en ese pasado mañana?? o qué privilegios te crees que tienes tú respecto de los que aún no han nacido y de los que viven en lugares menos afortunados??

    Crecimiento demesurado + mucho consumo en el norte = pobreza en el sur por agotamiento de sus recursos y por la recepción de la carga contaminante que aquí generamos. Osea, tú contaminas, tú disfrutas de los recusos y en el sur se joden. Y todo por seguir creciendo al estilo capitalista.

    Es una cuestión ÉTICA.

    Y no. el paro actual es una consecuencia del capitalismo sin restricciones, no de un decrecimiento PLANIFICADO. Es evidente que hay que condebir otros modos de obtención de la renta, de trabajo, de todo.

    ResponderEliminar
  55. A cuento de qué hay que hablar de MErkel?? Ya sabemos que esz mujer. Qué es lo que queremos que digas de MErkel?? Por qué si hablamos de paradas hay que hablar de MErkel? Dónde está la conexión? Con tanta irracionalidad es imposible avanzar

    ResponderEliminar
  56. "E apoio o feminismo, pero non este tipo de feminismo concreto, moi de moda, no que o home, de primeiras, é un tremendo cabrón. "

    El feminismo señala que hay una ESTRUCTURA patriarcal de la que hombresy mujeres participan (unas mujeres más, otras menos; unos hombres más, otros menos) .Es un problema de organización y de educación. Ambas cosas.

    Incluso cuando un hombre tiene sinceras intenciones de luchar por un mundo más igualitario, tendrá dificultades porque las estrucuturas y nuestro modo de organizarnos no lo permiten; será un individuo penalizado. No es nada contra los hombres, ni contra ningún individuo (hombre o mujer) en concreto.

    ResponderEliminar
  57. Claro que hay que decidir colectivamente la cuestión del feminismo en la acampada. PEro para decidir, hay que debatir racionalmente. De momento nadie da argumentos de por qué el feminismo no debe estar. Esa es la verdad. Cuando alguien empiece a argumentar, yo me sentiré muy feliz.

    ResponderEliminar
  58. El argumento es tan simple como que nos tengan en cuenta, para lo cual hay que centrarse en tres o cuatro puntos específicos y no diversificar las demandas, de otra manera, harán como hasta ahora, oídos sordos argumentando que tenemos demasiadas peticiones. Nuestras demandas son muchas, pero creo que debemos de ir por partes, no intentar abarcar un todo dentro de un movimiento que ya de por sí, está bastante denostado por los medios de información y por los políticos. Estoy de acuerdo en que el hombre y la mujer sean iguales, pero en todos los trabajos que he tenido, siempre hemos cobrado lo mismo tanto hombres como mujeres. No nos dividamos por querer abarcar todo ya, hagámonos uno y fuerte, hagámonos oír y vayamos paso por paso. Esa es mi razón, que por supuesto no tiene que ser compartida por todos. El afán de protagonismo de cualquier tipo es lo que nos puede llevar a que esto quede en nada. Las propuestas son concretas, y la indignación también. No digo que no deba estar presente el feminismo, por supuesto que sí, aunque más que feminismo, diría que tendrían que estar presentes las MUJERES, igual que no nos decantamos por ninguna ideología política, por que habemos de hacerlo por una ideología, si se me permite, sexual? El domingo había mujeres y hombres, conviviendo en paz y armonía, no me molesta que esté presente el feminismo, pero no entiendo por qué este feminismo en el que, y debéis entenderlo y respetarlo, no se ven reflejadas todas las mujeres, para muestra un botón (en este caso comentario) de una indignada que firma ahí arriba.

    Concretémonos, centrémonos, y tengamos presente que esto no lo vamos a solucionar ni en un mes, ni en seis ni en un año, y por lo tanto debemos avanzar "aos pouquiños". El que mucho abarca poco aprieta, que decía mi abuelo.

    ResponderEliminar
  59. "Claro que hay que decidir colectivamente la cuestión del feminismo en la acampada. PEro para decidir, hay que debatir racionalmente. De momento nadie da argumentos de por qué el feminismo no debe estar. Esa es la verdad. Cuando alguien empiece a argumentar, yo me sentiré muy feliz."

    Por certo e un consello, usar verbas como "esa es la verdad" están fora de lugar cando un pide argumentos, esa frase denota dogma de fe, coma o sistema patriarcal tantas veces cuestionado polo movemento femista e con razón (a Igrexa). Se un pide argumentos, non é de recibo ir cagando sentencias. A verdade non é túa, nin miña nin de ninguén, sólo existen puntos de vista. Sólo é un apuntamento sin ánimo de acritude, en absoluto é a miña intención crear polémica, sólo que non me gusta a incoherencia, e como tal, véxome obrigado facer este comentario.

    Repito, non quero crear polémica, pero si creo que debemos deixar a un lado divisións de calqueira tipo que non nos van a levar máis que a destruír desde dentro un movemento que nace por indignación de un grupo moi heteroxéneo de cidadáns. Unámonos, sabemos contra qué estamos indignados, logo centrémonos primeiro neso. No respecto á pluraridade é onde debe manterse este movemento. Gústenos ou non, todos temos a nosa verdade e a nosa opinión, e ningunha debe estar por riba de outra. Repito outra vez, sin ánimo ningún de acritude e de crear polémica, pero por favor, non tiremos tantas ilusións en debates que sabemos que non nos van levar a nada e nos que nunca nos habemos por todos de acordo, por moi xustos que nos parezan. Sigamos coa cuestión principal en que naceu o movemento, e non lle fagamos o traballo sucio a aqueles cos que estamos indignados. Dividíndonos, sólo lle damos a razón e sólo imos destruír desde dentro esto tan importante que fixemos. Non o fagamos por favor. Recordades o domingo? "o povo unido xamáis será vencido"? Pois unámonos por favor, non máis divisións.

    ResponderEliminar
  60. Unámonos. Afortalemos os lazos entre nós. Logremos que a distancia entre a diferenza das nosas singularidades desapareza, actuemos conxuntamente, como unha unidade, como un colectivo unido levados pola común indignación e a unívoca vontade de cambiar o sistema, non deixemos que as divisións impidan o noso camiño, centrémonos naquelo que nos une non deixemos que nos separe aquelo que nos diferenza, e deixémonos guiar pola luz da racionalidade.

    O discurso é moi bonito. Pode incluso chegar a ser conmovedor. Pero déixame sinalarche dous aspectos que se che escapan:

    1) O problema non consiste en que nos unamos nós. Nós xa estamos unidos, xa o temos claro. O problema consiste en lograr que a xente se una en cantidade suficiente e coa enerxía precisa para cambiar as cousas. Agora o tema está en qué estratexia seguimos para que se una a xente. E aiquí hai dúas posibilidades: ou medramos a base de AGREGAR personas que subscreban ao "noso" posicionamento, ou medramos a base de INTEGRAR as demandas que existen na realidade onde nos movemos. A actitude dalgunha xente da acampada é absolutamente refractaria á realidade do entorno: rexéitase o nacionalismo, rexéitase o feminismo. Non hai concesións. Por tanto, cabe deducir que a opción pola que se optou é a primeira. Pero claro, existe un pequeno problema con esa opción: que esa é a que caracteriza aos partidos políticos e ás organizacións sectarias: as bases están dadas, o único que tes que facer é unirte a elas e axudarnos a conseguir a nosa verdade. Por suposto, é algo moi cómodo. Se mirarades un pouco ao voso entorno en troques de esixirlle ao todo diós que acate sen rechistar os dogmas de Madrid, poderiades tervos decatado fai tempo de que estades facendo (algúns) exactamente o mesmo que a UPG fai dentro do Bloque, impoñendo un dogma e despois esixen aos demais que se "unan". E, por suposto, ao bloque vaille cojonudamente.

    2) O tema da racionalidade. Pídese debate racional, argumentos racionais, propostas racionais. Cítame un só movemento social da historia que estivera operado por causas racionais. Non hai nin un só. De feito, a "indignación", que é o leit motiv deste movemento, é unha emoción, un sentemento, básicamente irracional, como o son todos as forzas que moven o mundo: o amor, o medo, a paixón.

    Non é mediante a adhesión sectaria dos demais aos nosos posicionamentos como imos lograr que a xente se una: a xente só se vai unir se percibe que o movemento pode dar cabida ás súas demandas, e pensar que podemos continuar avanzando sen integrar demandas como as do feminismo ou o nacionalismo é simplemente inviable: pretender que un movemento formulado en termos patriarcais e españolistas arraigue é estúpido, por que ese espazo xa está ocupado polo PSOE e polo PP. E non é mediante a razón como se consigue movilizar a xente. Se a xente actuase racionalmente, o racional sería empregar o tempo para ter un mellor futuro personal, ou empregalo en horas extras, ou en estar coas nosas familias e cos seres queridos.

    Vades deixarvos querer ou queredes que vos deixen? Eis a cuestión. E, polo momento, o corazón e a razón van perdendo.

    ResponderEliminar
  61. Vaia cacho troll españolista, consumista, machista!!!
    Ollo, non se vos meta este "Torrente" na acampada?!!!
    ;)

    ResponderEliminar
  62. O problema é que eu non vou a unha manifestación ou movemento sobre algo a facer outro algo. Non sei se me entendes. Eu non vou a unha manifestación feminista a pedir que aos homes maltratados tamén se nos escoite e se nos integre, que aínda somos máis minoría. Eu non vou a unha manifestación en pro dos dereitos dos inmigrantes a pedir que a minoría ourensá está marxinada do resto de Galicia. Cada cousa no seu lugar e no seu tempo. A comodidade está en non traballar cada un polo seu e aproveitar un movemento que deixa as diferenzas a un lado para promulgar as miñas razóns. Facede outro aparte, estou seguro de que quen queira (e será a maioría da praza) vos apoiará. Pero haberá quen non, e dende o principio díxose que esto era horizontal e aberto. Pero existen uns puntos que son os que se están a defender. Fora diso, todo o que se integre pode que non represente a todos, pois a xente que alí se xuntou xuntouse con e por ese puntos, non por outros. E se estades a ver certo rexeitamento como dicides, pois facede o favor de respetar a vontade da maioría. Se non estades de acordo, haberá quen non o este con outras cousas, e ten a liberdade de seguir apoiando ou non, pero o que non se pode facer e que despois de máis de dúas semanas sigades na mesma liña cando vos mesm@s falades do rexeitamento que se ten cara o tema nesa praza.

    ResponderEliminar
  63. "Cítame un só movemento social da historia que estivera operado por causas racionais. Non hai nin un só."
    Quizais ese é o problema. Esta vez estámolo a tentar, pero hai quen só pon trabas.

    ResponderEliminar
  64. "A cuento de qué hay que hablar de MErkel?? Ya sabemos que esz mujer. Qué es lo que queremos que digas de MErkel?? Por qué si hablamos de paradas hay que hablar de MErkel? Dónde está la conexión? Con tanta irracionalidad es imposible avanzar"

    Merkel é políticA.
    No discurso do 19X con ese "manifesto alternativo" faluse de paradAs e políticOs.
    Logo, poñéndome nese extremo, eu digo, falade tamén de políticAs, coma Merkel. Se non estanse a crear prexuízos en contra dos homes, e iso nin é feminismo nin é igualdade, é hembrismo. Se se esixe algo, sexamos coherentes. Nin tod@s @s polític@s son homes, nin tod@s @s parad@s mulleres. Co sinxelo que era non facer diferenzas.

    ResponderEliminar
  65. Unha muller indignada co feminismo indignado.21 de junio de 2011, 15:46

    O Feminismo involucrado no movemento está completamente desvirtuado. Quen busca a igualdade, non louva a diferenza.

    ResponderEliminar
  66. O peor das acampadas é o desnorte ideolóxico que existe. E para combater ao amo, hai que deixar atrás ao Tío Tom (inofensivo e reaccionario) e convertirse nunha pantera negra (incisiva e revolucionaria). Os debates que vos traedes por aquí son moi carcas e só fan restar apoios.

    ResponderEliminar
  67. Non hai ningún desnorte ideolóxico, o que pasa e que non se poden deixar enganar polos partidos. Nin se poden deixar levar por marcas de ningún tipo. Agora saltaredes co de que hai partidos que está propoñendo cousas relacionadas co manifesto. AGORA. Dame a risa. Non vos deixedes enganar ovelliñas. Estádelo facendo moi ben, baixo o meu punto de vista claro. Seguide así. E os que non sepan ver que o que estades facendo vai máis alá do que se fixo ata agora será ben porque non admiten estar contra as cordas, ou ben porque se dan de conta de que estades a loitar da maneira que hai que facelo, e ven que os seus anos de loita non serviron de nada por non respetar as pautas democráticas, de ahí que traten de ubicarse como patróns do movimento, seguindo coas súas teimas que de democráticas teñen pouco, impoñendo a dedo o que eles queren. Se tan seguros están, que o leven a asambleia. E sen tan seguros están, que deixen de incurrir ás descalificacións ou minusvalorar as ideias do resto. Persoalmente, estoume a dar de conta de que as asociacións ás que apoiaba dan máis pena que gloria, e dende logo xa non contan comigo. ARRIBA O MOVIMENTO!

    ResponderEliminar
  68. ARRIBA O MOVEMENTO!

    ARRIBA ESPANHA!

    UNA GRANDE Y LIBRE!

    etc.

    ese é o problema das consignas, que derivan no que derivan. empézase pola consigna, polos puntos en común, despois o programa de mínimos, despois o programa, despois a agrupación, a asociación... finalmente, o partido.

    que xa levamos dadas unhas cantas voltas carai. que este movemento non naceu onte da nada, aséntase sobre o traballo feito por miles de activistas ao longo dos anos, na rúa e na internet. que levamos prácticamente un mes axudándovos e parece que vos costa aceptar que non estades sós. soas. estámosvos observando, estamos participando. non o estades facendo mal, pero humildade por favor, humildade, abride o corazón, abride os ollos, convidade, facilitade, aceitade, integrade, unide... non impoñades, non rexeitedes, eso é o que aprenderon a facer os demais. que eles aprendan de ver cómo vós aprendedes. demostrade que sabedes identificar o que hai de vós nos demais. integrade a galicia por que en galicia estades integradas. un mais dos seus fluxos, agora influinte, mañá... quen sabe. de vós depende.

    ResponderEliminar
  69. Un argumento polo que se debe realizar unha votación sobre se a praza, a acampada, en fin, os indignados están de acordo co pensamento feminista?
    En primeiro lugar, coido que non deberíamos votar esto agora que xa están dentro, que publican os seus manifestos no blog ou que os leen na praza.
    Xa que presumimos de ser un movemento democrático teriamolo que ter decidido democráticamente antes da súa participación.

    Agora, se me pides un argumento como xa dixen en outros comentarios, os políticos de hoxe non me representan pero o feminismo tampouco o fai.

    ResponderEliminar
  70. "Agora, se me pides un argumento como xa dixen en outros comentarios, os políticos de hoxe non me representan pero o feminismo tampouco o fai."

    Entón queres dicir con eso que non cres que ten que haber igualdade de oportunidades para as persoas, con independencia do corpo co que nazan? non igualdade ante a lei? non igualdade na participación (requisito da democracia)?

    " coido que non deberíamos votar esto agora que xa están dentro"

    por q te lamentas de q estean dentro? isto no estaba aberto para tdxs xs cidadás e cidadáns? pra xente da rúa? as feministas non son xente da rúa? veñen logo da lúa ou de onde?

    ResponderEliminar