elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ
Mostrando entradas con la etiqueta 19X. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 19X. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de junio de 2011

19X: TOD@S Á RÚA!!!!!!!!

Achégase o día!!!! Mañá, domingo 19, convocámosvos a tod@s á manifestación a nivel europeo contra o Pacto do €uro. Dende a acampada, e en coordinación ca xente de DRX-Compostela, estamos ultimando detalles festivo-organizativos para que sexa unha xornada memorable, divertida, de loita e dignidade.

A CITA SERÁ ÁS 18h NA ALAMEDA (PORTA FAXEIRA). SEN SÍMBOLOS, SEN SIGLAS, SEN PARTIDOS, SEN SINDICATOS. SÓ NÓS, O POBO, E A NOSA INDIGNACIÓN.


A manifestación desembocará no Obradoiro, onde Carlos Taibo leerá o manifesto e despois haberá unha gala cultural.

Collede ás amizades, á familia, á veciñanza, á vosa rede virtual.... difundide, falade, animádevos e TOMEMOS Á RÚA!!!!

"EUROPA PARA O POBO, NON PARA OS MERCADOS"

COS NOSOS CARTOS NON QUEREMOS PACTOS!!!!!!!!!

Resumo da rolda de prensa do xoves, vía Galicia Confidencial (gracias)

miércoles, 15 de junio de 2011

Dúas citas para maña!!!!



A acampada bule esta semana. Ademáis de estar preparando as asembleas de barrio e outras historias de extensión participativa, temos ai á volta da esquina a manifestación do 19 de xuño contra o Pacto do €uro.


Mañá, estades tod@s convidad@s a achegarvos á praza a dar ásas á vosa creatividade reivindicativa, xa que ás 14.30h faremos unha xornada de creación de faixas e berros de loita. Na acampada temos algo de material, mais animámosvos a traer as vosas aportacións (cartulinas, cartóns, pinturas, sprays...).