elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

jueves, 2 de junio de 2011

Acta: Foro Aberto do xoves, 2 de xuño

Foro Aberto do Obradoiro, 2 de Xuño do 2011

Moderan Laura e Álex


(1) Lectura do Manifesto

(2) Protocolo do desaloxo

(3) Información das Comisións

(4) Micro Aberto





(1) Pola tarde "Foro de debate espontáneo" diante do posto de información. Non menos dunha cincuentena de persoas durante máis de hora e media... O pobo quere falar, dialogar e debater!

(2) Non se le o "protocolo de desaloxo", por considerarse non necesario.

(3) Información das Comisións



INFORMACIÓN:  desbordados pola xente que amosa o apoio. Van 1500 sinaturas. Infraestruturas está arranxando a tenda cúpula. Grande debate ante o punto de información pola tarde.

ECONÓMICA:  acéptanse doazóns de non máis de 200 euros.

COMUNICACIÓN: mudaron de espazo por causa do vento. A partir de luns publicarase un Xornal da Acampada. Estase creando unha Guía de Estilo (en conversas con Audiovisuais). 3 persoas irán á Interasemblea de Madrid nesta fin de semana e 5 ao Encontro galego de acampadas en Vilagarcía.

CULTURA: hoxe ás 22:00h A Requinta de Xián, O som do Galpóm. Programación de mañá. Rexistro electrónico da biblioteca e Mercadiño novamente.

NUTRICIÓN: cómpre aceite.

EXTENSIÓN PARTICIPATIVA: intenta xestionar como saír do Obradoiro e chegar a outros barrios da Cidade (xuntanza ás 14h todos os días). O maior debate é como facer este proceso e con que métodos e obxectivos: consesuado ir informar, desexado sería recuperar espazos e procesos asemblearios, para que a xente non fique indignada na casa.

Xente de Outes, Castiñeiriño, de mil lugares comezan a nos chamar para que vaiamos informar.

Facemos compilación de material de todas as comisións, para poder levalo por aí e amosalo.

DEMOCRACIA LEXISLATIVA

DEMOCRACIA POLÍTICA: falamos sobre o tema da Lei Electoral -tema moi complexo- estamos realizando obradoiros para coñecermos mellor a lexislación actual. Temas principais: porcentaxes mínimas, lei d´Hont, circunscripicións, tipo de listas.

Información sobre os debates, por exemplo sobre as circunscripcións (provincial?, autonómica? estatal?). Estivéronse informando sobre posibilidades de reforma sen modificar a Constitución; queda no ar o debate de ata que punto a vontade de reformarmos (democracia directa...).

Outro grupo estuda os referendos

DEMOCRACIA SOCIAL

-Reducción das horas de traballo.

-Como reforzar a Inspección de Traballo.

-Se eliminar ou non subcontratación e ETTs.

-Personalidade Xurídica.

Faise un chamamento á participación nas comisións. Hoxe ás 22 xuntanza das 3 comisións lexislativas.

DEMOCRACIA ECONÓMICA

O sistema financeiro actual non é democrático nin pensa nas persoas, só no capital. Cómpren alternativas, mais non temos claro que sistema é ese. A comisión debate propostas, entre elas saeu o tema da "banca ética", que tivo lugar onte na praza.

Pídese abrir debate sobre propostas neste sentido durante o Micro Aberto.

Xuntanzas no Obradoiro á hora de remate do Foro da Asemblea.

ACCIÓN

Mañá ás 11:30 convocatoria para irmos presentar as propostas aprobadas na Asemblea do Domingo ao Parlamento.




(4) Micro Aberto

- Sobre Cociña: lémbrase que se aceptan donacións, e que existe un Horario.

- Banca Ética, pódese resumir nas diferencias: a Banca Ética é máis transparente, de todos os movementos que hai cos cartos; sen comisións nin letras pequenas; na Banca Capitalista non se di que é o que se fai cos cartos (caixa negra para sufragar armas, narcotráfico, especulación...), mentres a Banca Ética pretende por en marcha un sistema de investimentos alternativo que permita apoiar proxectos que axuden a construir. Exemplos galegos: Isopeto, Coop57, Fiare.

- Agradecemento a todos os que durmen na pedra. Hoxe deuse un debate no punto de información. Decaen os ánimos? Eu estou aquí porque despois de estudar 20 anos, non vou ter chollo; porque o sistema financeiro goberna o sistema democrático; ata as narices desas grandes empresas que cando pensan que cando van gañar menos, van e piden un rescate; fartos da elitización dos servizos públicos. Estou farto! Asístenos a razón e a nosa loita é máis q digna e xustificada.

- Contar un par de cousas á poboación que pasa por aí. Nótese que toda a vila está en festas, e nós non. Disque estamos acampados. Nós non estamos acampados, estamos indignados. Hai quen se queixa de que ocupamos unha praza que é patrimonio da humanidade... 7000 millóns. Os alcaldes saínte e entrante só falan de que nos zosquen, non de falar.... Cando estes señores e e os medios de comunicación digan o que dicimos e debatan do que falamos, poderemos saír daquí. Non entendemos porque estes señores políticos se encerraron aí dentro (referencia ás vallas ante o Pazo de Raxoi).

- Representante da Asemblea de Logroño. Menos tendas que aquí, máis de 200 persoas en Comisións. É bonito vervos aquí. En Logroño, gañou un nas últimas eleccións, pero 20000 votos foron para o lixo. Que comprendan eses señores que estamos aquí para quedar, e que somos nós os que decidimos, non eles.

- Que pasaría se non estivesemos aquí? para falar, para propor, para pensar... cousas que non se falarían se non estivesemos aquí. Por iso aquí estamos. E dinnos que marchemos, que xa algo está a mudar... e que pasaría se non estivesemos aquí? falaríase ou non? A xente por aí pregúntame por que estou aquí, eu sempre lles contesto que pasen pola praza e o vexan. Fago un chamamento aos que pasades por aí atrás, e que nos digades o que pensades. Nós non somos "a acampada" non somos "o movemento", só somos cidadáns que viñemos a dicir "esta democracia non nos representa".

- Aló polo 1770 dicía Kant "hai que atreverse a pensar" e propuña as prazas públicas, que non son de ninguén, que nos acollen. No 1967 os estudantes alemáns iniciaron unha grande loita, e algúns seguen: é un proceso longo. O alcalde de Santiago -con quen estudei- podo dicir que é un mentecato e non ten vergonza. Se quere armas que traia os tanques, pero en Tainanmen non funcionou...

- Esta praza é de todos, pero os media empregan ese argumento para dicir que molestamos e interrumpimos o paso; en troques son os de aí atrás os que puxeron unhas vallas: iso si que é cortar o paso.

- Alguén me dixo "divide e vencerás". Onde están os teenagers, os cuarentóns, os anciáns? Estamos sobretodo universitarios e un pouco máis.

- Estropeades a paisaxe un pouco, pero os turistas enténdeno. Eu cando viñen estudar aquí, tapáronme o Pórtico, e iso fixo que me esforzase un poucoi máis para aprecialo: o mesmo lle pasa aos turistas que descubren mellor a praza.

- Representantes de Lugo. Somos menos que aquí, somos vintenpoucas tendas, e moita xente que pasa polas tardes. Sodes a capital de Galicia e sodes os máis representativos, non hai dúbida. Rebatindo ao compañeiro, que critica que case só xente nova.. eu animo aos traballadores e máis adultos: axudádenos. E non marchedes de aquí sen que sexades vós quen o decide.

- Ola. Estou aquí coa miña familia, dous fillos de 15 e 16 anos, e tamén meus pais. E está Luz aí. E o outro día falei con Neira Vilas e díxome que aos seus 82 anos estaba con nós. Quérome confesar, radical, porque quero ir á raíz da cuestión. Non perder o contacto coa Terra. Esta economía feita para destruir e xerar lixo, o que máis está a facer é facerlle mal á nosa nai, a Terra. Temos que comezar a traballar por aquelo que nos cría e nos dá sustrento. Dicía Castelao que os galegos somos como árbores, cos pés ben radicados na Terra e as ponlas abertas ao mundo.

- 1º o micro é voso, de quen queira. 2º Hai mudanzas, é a primeira vez que esta praza ten un xardín. Pediría que o Concello contactase coa Comisión de Infraestruturas para ver de harmonizar os casetos co entorno da praza.

- Un saúdo á Asemblea Soberana. Falan de que monopolizamos a praza... quero lembrar que cando veu o Papa montouse aíi un tinglado que custou unha chea de cartos e cortaron o acceso a prazas para el e xente desa ideoloxía. Pero claro, cando algo se saeu do seu esquema, o poder recorren á intimidación. Saúdo e Adiante.

- Cada día venta máis. Non se é que vai mudar o tempo, pero algo vai mudando. Ar fresco que a uns nos democraticamente nos refresca e a outros os atonta. Algún día me gustaría acordar e dicir "a cousa mudou por cousa do aire do Obradoiro". Seguide soprando sen medo! Democraticamente. Ilegalidade? Todos os movementos sociais naceron ilegales. Noutros tempos era dura a cousa -primeiro daban e logo seguían dando: e nós faciamos o mesmo loitando- e por sorte os tempo mudaron. E iso é o que teñen que ver estes señores, que a vosa actitude é exemplar. Se hoxe botan a 40, mañá habemos ser 80.

- Falan de ideoloxías, de esquerdas, disque. Non. Aquí estamos por e para o pobo, e o máis importante: co pobo. O pobo é conxunto de persoas, e a eses que están aí atrás, convidámolos a que baixen e se xunten co pobo, que falen e reflexionen.... non sei se me están escoitando.

- Os medios de comunicación non son a realidade, e as noticias hai que contrastalas. Moléstame que se intente definir as cousas antes de que ocorran. A realidade non é só a tele. Eu un día vin algo na tele e saín pitando para a praza,a e encontrei o que esperaba... e non sei como é que o esperaba, porque non hai referentes. Daquela foi antes das eleccións.... e eu daquela non me parecía que as propostas que había nos representaran: e gostei da reacción e non quería que isto parase, agora síntome feliz. Eu coido que é importante que todos nos involucremos máis en participar, participar, participar; os sindicatos non chegan á xente, os partidos non chegan á xente. A revolución está nas conciencias. E o bo disto é que calquera pode vir e participar.

- Un can perdido apareceu no acampamento.

- No mundo pásase moita fame... que vos parece pasar un día sen comer, para poñerse no lugar dos que non teñen para comer? Pide votación, gaña a abstención.

- Concordo coa discusión inicial sobre a "ocupación" do espazo público, e non sobre o porque da acampada. Onte Bugallo falou 15 minutos pola radio e bo político como é conseguiu non dicir nada. Leo no manifesto "non ao control de internet e abolición da lei Sinde": a min non me parece mal que haxa unha lei de propiedade intelectual... fago unha proposta que é que os dereitos de autor rematen a canda a vida do autor: que se recoñeza a autoría pero non 70 anos de ususfructo dos herdeiros.

- Hoxe saín da praza e decateime de que hai mooita xente que aínda non sabe o que está acontecendo. Eu convidaría a todos, incluídos os que están na parte de atrás da praza, a estender os debates e reflexións pola cidade adiante.

O pobo unido xamais será vencido!




Moderador lembra:

- Apuntarse no Banco do Tempo para axudar nas comisións e nas couisas da acampada.

- Para axudar na Cociña, falar directamente alí.

- Programación cultural desta noite: concertos de "A requinta de Xián" e do "Som do Galpóm".

- 19 de Xuño, manifestación convocada.

- 15 de Outono, convocada Manifestación Mundial.



--------------------------------------------------




Foro Abierto del Obradoiro, 2 de Junio del 2011


Moderan Laura y Álex




(1) Lectura del Manifiesto


(2) Protocolo del desalojo


(3) Información de las Comisiones


(4) Micro Abierto






(1) Por la tarde "Foro de debate espontáneo" delante del puesto de información. No menos de una cincuentena de personas durante más de hora y promedio... ¡El pueblo quiere hablar, dialogar y debatir!


(2) No se lee el "protocolo de desalojo", por considerarse no necesario.


(3) Información de las Comisiones


INFORMACIÓN: desbordados por la gente que muestra el apoyo. Van 1500 firmas. Infraestructuras está arreglando la tienda cúpula. Gran debate ante el punto de información por la tarde.


ECONÓMICA: se aceptan donaciones de no más de 200 euros.


COMUNICACIÓN: cambiaron de espacio por causa del viento. A partir de lunes se publicará un Periódico de la Acampada. Se está creando una Guía de Estilo (en conversaciones con Audiovisuales). 3 personas irán a la Interasemblea de Madrid en este fin de semana y 5 al Encuentro gallego de acampadas en Vilagarcía.


CULTURA: hoy a las 22:00h A Requinto de Xián, El som del Galpóm. Programación de mañana. Registro electrónico de la biblioteca y Mercadiño nuevamente.


NUTRICIÓN: hace falta aceite.


EXTENSIÓN PARTICIPATIVA: intenta gestionar como salir del Obradoiro y llegar la otros barrios de la Ciudad (junta a las 14h todos los días). El mayor debate es cómo hacer este proceso y con que métodos y objetivos: consesuado ir a informar, deseado sería recuperar espacios y procesos asamblearios, para que la gente no quede indignada en la casa.


Gente de Outes, Castiñeiriño, de mil lugares comienzan a llamarnos para que vayamos a informar.


Hacemos compilación de material de todas las comisiones, para poder llevarlo por ahí y mostrarlo.


DEMOCRACIA LEGISLATIVA


DEMOCRACIA POLÍTICA: hablamos sobre el tema de la Ley Electoral -tema muy complejo- estamos realizando talleres para conocer mejor la legislación actual. Temas principales: porcentajes mínimos, ley d´Hont, circunscripicións, tipo de listas.


Información sobre los debates, por ejemplo sobre las circunscripcións (provincial?, autonómica? estatal?). Se estuvieron informando sobre posibilidades de reforma sin modificar la Constitución; queda en el aire el debate de hasta que punto a voluntad de reformármelos (democracia directa...).


Otro grupo estudia los referéndums


DEMOCRACIA SOCIAL


- Reducción de las horas de trabajo.


- Cómo reforzar la Inspección de Trabajo.


- Si eliminar o no subcontratación y ETTs.


- Personalidad Jurídica.


Se hace un llamamiento a la participación en las comisiones. Hoy a las 22 junta de las 3 comisiones legislativas.


DEMOCRACIA ECONÓMICA


El sistema financiero actual no es democrático ni piensa en las personas, sólo en el capital. Hacen falta alternativas, mas no tenemos claro que sistema es ese. La comisión debate propuestas, entre ellas salió el tema de la "banca ética", que tuvo lugar ayer en la plaza.


Se pide abrir debate sobre propuestas en este sentido durante el Micro Abierto.


Juntas en el Obradoiro a la hora de final del Foro de la Asamblea.


ACCIÓN


Mañana a las 11:30 convocatoria para ir a presentar las propuestas aprobadas en la Asamblea del Domingo al Parlamento.








(4) Micro Abierto


- Sobre Cocina: se recuerda que se aceptan donaciones, y que existe un Horario.


- Banca Ética, se puede resumir en las diferencias: la Banca Ética es más transparente, de todos los movimientos que hay con el dinero; sin comisiones ni letras pequeñas; en la Banca Capitalista no se dice que es lo que se hace con el dinero (caja negra para sufragar armas, narcotráfico, especulación...), mientras la Banca Ética pretende por en marcha un sistema de inversiones alternativo que permita apoyar proyectos que ayuden la construir. Ejemplos gallegos: Isopeto, Coop57, Fiare.


- Agradecimiento a todos los que durmen en la piedra. Hoy se dio un debate en el punto de información. Decaen los ánimos? Yo estoy aquí porque después de estudiar 20 años, no voy a tener chollo; porque el sistema financiero gobierna el sistema democrático; hasta las narices de esas grandes empresas que cuando piensan que cuando van a ganar menos, van y piden un rescate; hartos de la elitización de los servicios públicos. Estoy harto! Los asisten la razón y nuestra lucha es más que digna y justificar.


- Contar un par de cosas a la población que pasa por ahí. Que se note que toda la villa está en fiestas, y nosotros no. Por lo visto estamos acampados. Nosotros no estamos acampados, estamos indignados. Hay quien se queja de que ocupamos una plaza que es patrimonio de la humanidad... 7000 millones. Los alcaldes saliente y entrante sólo hablan de que nos golpeen, no de hablar... Cuando estos señores y y los medios de comunicación digan el que decimos y debatan del que hablamos, podremos salir de aquí. No entendemos porque estos señores políticos se encerraron ahí dentro (referencia a las vallas ante el Pazo de Raxoi).


- Representante de la Asamblea de Logroño. Menos tiendas que aquí, más de 200 personas en Comisiones. Es bonito veros aquí. En Logroño, ganó uno en las últimas elecciones, pero 20000 votos fueron para la basura. Que comprendan esos señores que estamos aquí para quedar, y que somos nosotros los que decidimos, no ellos.


- Que pasaría si no estuviésemos aquí? Para hablar, para proponer, para pensar... cosas que no se hablarían si no estivesemos aquí. Por eso aquí estamos. Y nos dicen que marchemos, que ya algo está cambiando... y que pasaría si no estivesemos aquí? se hablaría o no? La gente por ahí me pregunta por qué estoy aquí, yo siempre les contesto que pasen por la plaza y lo vean. Hago un llamamiento a los que pasáis por ahí atrás, y que nos digáis el que pensáis. Nosotros no somos "la acampada" no somos "el movimiento", sólo somos ciudadanos que vinimos a decir "esta democracia no nos representa".


- Allá por el 1770 decía Kant "hay que atreverse a pensar" y proponía las plazas públicas, que no son de nadie, que nos acogen. En 1967 los estudiantes alemanes iniciaron una grande lucha, y algunos siguen: es un proceso largo. El alcalde de Santiago -con quien estudié- puedo decir que es un mentecato y no tiene vergüenza. Se quiere armas que traiga los tanques, pero en Tainanmen no funcionó...


- Esta plaza es de todos, pero los media emplean ese argumento para decir que molestamos e interrumpimos el paso; en canjees son los de ahí atrás los que pusieron unas vallas: eso sí que es cortar el paso.


- Alguien me dijo "divide y vencerás". Donde están los teenagers, los cuarentones, los ancianos? Estamos sobretodo universitarios y un poco más.


- Estropeáis el paisaje un poco, pero los turistas lo entienden. Yo cuando vine a estudiar aquí, me taparon el Pórtico, y eso hizo que me esforzara un poco más para apreciarlo: incluso le pasa a los turistas que descubren mejor la plaza.


- Representantes de Lugo. Somos menos que aquí, somos vintenpoucas tiendas, y mucha gente que pasa por las tardes. Sois la capital de Galicia y sois los más representativos, no hay duda. Rebatiendo al compañero, que critica que case sólo gente nueva.. yo animo a los trabajadores y más adultos: ayudadnos. Y no os marchéis de aquí sin que seáis vosotros quienes lo decidís.


- Hola. Estoy aquí con mi familia, dos hijos de 15 y 16 años, y también mis padres. Y está Luz ahí. Y el otro día hablé con Neira Vilas y me dijo que a sus 82 años estaba con nosotros. Me quiero confesar, radical, porque quiero ir a la raíz de la cuestión. No perder el contacto con la Tierra. Esta economía hecha para destruir y generar basura, lo que más está haciendo es hacerle mal a nuestra madre, la Tierra. Tenemos que comenzar a trabajar por aquello que nos creía y nos da sustrento. Decía Castelao que los gallegos somos como árboles, con los pies bien radicados en la Terra y las ramas abiertas al mundo.


- 1º el micro es vuestro, de quien quiera. 2º Hay cambios, es la primera vez que esta plaza tiene un jardín. Pediría que el Ayuntamiento contactara con la Comisión de Infraestructuras para ver de armonizar los casetos con el entorno de la plaza.


- Un saludo a la Asamblea Soberana. Hablan de que monopolizamos la plaza... quiero recordar que cuándo vino el Papa se montó aquí un tinglado que costó un montón de dinero y cortaron el acceso a plazas para él y gente de esa ideología. Pero claro, cuando algo se salió de su esquema, el poder recurren a la intimidación. Saludo y Adelante.


- Cada vez hace más viento. Aire fresco que a unos en los democráticamente nos refresca y a otros los atonta. Algún día me gustaría recordar y decir "la cosa cambió por cosa del aire del Obradoiro". Seguid soplando sin miedo! Democráticamente. Ilegalidad? Todos los movimientos sociales nacieron ilegales. En otros tiempos era dura la cosa -primero daban y luego seguían dando: y nosotros hacíamos el incluso luchando- y por suerte los tiempo mudaron. Y eso es lo que tienen que ver estos señores, que vuestra actitud es ejemplar. Si hoy echan a 40, mañana hemos de ser 80.


- Hablan de ideologías, de izquierdas, por lo visto. No. Aquí estamos por y para el pueblo, y el más importante: con el pueblo. El pueblo es conjunto de personas, y a esos que están ahí atrás, los invitamos la que bajen y se junten con el pueblo, que hablen y reflexionen... no sé si me están escuchando.


- Los medios de comunicación no son la realidad, y las noticias hay que contrastarlas. Me molesta que se intente definir las cosas antes de que ocurran. La realidad no es sólo la tele. Yo un día vine algo en la tele y salí pitando para la plaza, la y encontré lo que esperaba... y no sé cómo es que lo esperaba, porque no hay referentes. Luego fue antes de las elecciones.... y yo de aquella no me parecía que las propuestas que había nos habían representado: y me gustó la reacción y no quería que esto parara, ahora me siento feliz. Yo creo que es importante que todos nos involucremos más en participar, participar, participar; los sindicatos no llegan a la gente, los partidos no llegan a la gente. La revolución está en las conciencias. Y el bueno de esto es que cualquiera puede venir y participar.


- Un perro perdido apareció en la plaza.


- En el mundo se pasa mucho hambre... que os parece pasar un día sin comer, para ponerse en el lugar de los que no tienen de comer? Pide votación, gana la abstención.


- Concuerdo con la discusión inicial sobre la "ocupación" del espacio público, y no sobre lo porque de la acampada. Ayer Bugallo habló 15 minutos por la radio y buen político como es consiguió no decir nada. Leo en el manifiesto "no al control de internet y abolición de la ley Sinde": a mí no me parece mal que haya una ley de propiedad intelectual... hago una propuesta que es que los derechos de autor rematen la canda a vida del autor: que se reconozca la autoría pero no 70 años de ususfructo de los herederos.


- Hoy salí de la plaza y me enteré de que hay mucha gente que aún no sabe lo que está ocurriendo. Yo invitaría a todos, incluidos los que están en la parte de atrás de la plaza, a extender los debates y reflexiones por la ciudad adelante.


El pueblo unido jamás será vencido!








Moderador recuerda:


- Apuntarse en el Banco del Tiempo para ayudar en las comisiones y en las couisas de la acampada.


- Para ayudar en la Cocina, hablar directamente allí.


- Programación cultural de esta nooite: conciertos de "El requinto de Xián" y del "Som del Galpóm".


- 19 de Junio, manifestación convocada.


- 15 de Otoño, convocada Manifestación Mundial.

3 comentarios:

  1. Mi admiración y reconocimiento a tod@s en general y a quienes hayan trabajado en esta Acta. Chapeau!!

    A los trolls ni caso.

    ResponderEliminar
  2. Quixera proporvos un par de cousas, non sei se é o lugar axeitado (comentarios).
    No que respecta a extender o movemento, cando haxa algo xa nos barrios de compostela, como penso que estades xentes de distintos puntos de galiza, deberiades de levar o movemento ó resto de poboacións.
    Sobre o de debatir, está moi ben, pero penso que en vez de darlle vos voltas a todas as cousas, deberiades de fixarvos en proxectos que xa están en marcha e que xa teñen feito moito traballo de debate (por aproveitar a senerxias e o tempo, que non sobran), como fixestes no tema da alternativa á banca, en vez de debater levar a xente qu eestá na banca ética e vos explique como funciona.
    Non podemos estar sempre empezando de cero.
    Unha aperta.
    Suso.

    ResponderEliminar
  3. Es AIS O Peto (asociación por un interese solidario), no IS. :-)

    ánimo

    ResponderEliminar