elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

miércoles, 15 de junio de 2011

[actualizado con vídeo] Concentración no Parlamento do 15-X


Este mércores, 15 de xuño, vivimos unha lúdica e produtiva xornada de protesta ás portas do Parlamento galego. En breve teredes toda a información dispoñible con crónica, fotos e vídeos. Para abrir boca, expoñemos o manifesto que lles trasladamos hoxe aos "representantes" da Cámara galega. Ademais deste texto, entregamos no rexistro as reclamacións de listas brancas, debate sobre o estado da indignación e descenso da barreira electoral do 5% ao 0%, aprobados en asemblea.

Do pouco que puidemos saber ata agora do que se publicou nos medios, un par de aclaracións:

-Non eramos "medio centenar", se non que estabamos, polo menos, o dobre.
-A maioría dos medios ignoran nas súas informacións a forte e innecesaria vixiancia policial á que fomos sometid@s .
-Había outra concentración doutras persoas que reivindicaban outras cousas que exhibiron unhas siglas determinadas. Algúns medios ou se confunden ou intentan confundirnos dicindo que estabamos tod@s no mesmo saco ou que nos levaron alí as mesmas razóns. Nada máis lonxe da realidade. Si houbo certo entendemento, diálogo e solidariedade entre cidadáns e cidadás, máis nada.

Manifesto: NON SOMOS AS PEZAS DO VOSO XOGO!

Querida clase política:

Se cadra chegaron aos vosos oídos rumores de que existe certa insatisfacción entre a xente vulgar pois o pobo non parece estar contento co rumbo que están tomando as cousas nin o xeito en que está sendo gobernado.

O pobo non acepta que baixedes a cabeza ante mercados e banqueiros e esquezades o "interese xeral" en aras do interese de catro engaravatados delincuentes.

O pobo non comprende os vosos privilexios e que en tempo de "vacas fracas" o primeiro que se recorte non sexan os vosos soldos e dietarios.

O pobo non soporta que se lle minta, que o ninguneen e que as súas xustas reivindicacións se desprecen.

O pobo leva un mes na rúa, e aínda que queira ir para a casa, a cada día que pasa demostrades que non pode nin debe facelo, por responsabilidade. Pois parece evidente que a casta política gobernante non captastes a mensaxe rumorosa.

Logo dun mes seguides sen saber dialogar e só espabilastes para ameazar con violencia @s mensaxeir@s.

Logo dun mes seguides dicindo que non sabedes o que o movemento de indignación quere. En que póla estades, meus pobres? Sábeo calquera persoa cun mínimo que se interese. Acaso non oístes falar de 8 puntos e un manifesto?

Logo dun mes seguides enleados nas vosas loitas de poder, corporativas e estériles, facendo oídos xordos ao clamor que invade a rúa.

Estamos indignad@s, querida clase política:

Non estades á altura das circunstancias. Carecedes de catadura moral (e intelectual demasiadas veces).

VÓS SODES A MINORÍA: casta parásita, xorda e cega á opinión dun pobo que ignorades.

Xa de vós fala o himno galego: "mais soio os ignorantes, féridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non".

Indignádesnos!

Aborrecid@s están @s rumoros@s de mercadeos, manipulacions, corruptelas, e de que xoguedes coas persoas como monicreques impotentes, pezas dun tetris que encaixades ao voso antollo entre malversación e malversación, prevaricacións múltiples e abuso de poder.

Acabou o sucio xogo.

GAME OVER

Aínda que nos vexades pobres, durmindo en tendas improvisadas na rúa e coas mans cheas de flores. Nin estamos de broma nin se trata de ningún xogo.

Rompeu a baralla!

Os tempos son chegados!





--------------------------------------------------------------

Este miércoles, 15 de junio, vivimos una lúdica y productiva jornada de protesta a las puertas del Parlamento gallego. En breve tendréis toda la información disponible con crónica, fotos y vídeos. Para abrir boca, exponemos el manifiesto que les trasladamos hoy a los "representantes" de la Cámara gallega. Además de este texto, entregamos en el registro las reclamaciones de listas blancas, debate sobre el estado de la indignación y descenso de la barrera electoral del 5% al 0%, aprobados en asamblea.

De lo poco que pudimos saber hasta ahora del que se publicó nos medios, un par de aclaraciones:

-No éramos "medio centenar", si no que estábamos, por lo menos, el doble.
-La mayoría de los medios ignoran en sus informaciones a fuerte e innecesaria vigilancia policial a la que fuimos sometid@s .
-Había otra concentración de otras personas que reivindicaban otras cosas que exhibieron unas siglas determinadas. Algunos medios o se confunden o intentan confundirnos diciendo que estábamos tod@s en el mismo saco o que nos llevaron allí las mismas razones. Nada más lejos de la realidad. Sí hubo cierto entendimiento, diálogo y solidaridad entre ciudadanos y ciudadanas, más nada.

Manifiesto: NO SOMOS LAS PIEZAS DE VUESTRO JUEGO!

Querida clase política:

A lo mejor llegaron a vuestros oídos rumores de que existe cierta insatisfacción entre la gente vulgar pues el pueblo no parece estar contento con el rumbo que están tomando las cosas ni la manera en que está siendo gobernado.

El pueblo no acepta que bajéis la cabeza ante mercados y banqueros y olvidéis el "interés general" en aras del interés de cuatro encorbatados delincuentes.

El pueblo no comprende vuestros privilegios y que en tiempo de "vacas flacas" lo primero que se recorte no sean vuestros sueldos y dietarios.

El pueblo no soporta que se le mienta, que lo ninguneen y que sus justas reivindicaciones se desprecien.

El pueblo lleva un mes en la calle, y aunque quiera irse a casa, a cada día que pasa demostráis que no puede ni debe hacerlo, por responsabilidad. Pues parece evidente que la casta política gobernante no captasteis el mensaje rumoroso.

Después de un mes seguís sin saber dialogar y solo espabilasteis para amenazar con violencia a l@s mensajer@s.

Después de un mes seguís diciendo que no sabéis lo que el movimiento de indignación quiere. En que rama estáis, mis pobres? Lo sabe cualquier persona con un mínimo que se interese. Acaso no oísteis hablar de 8 puntos y un manifiesto?

Después de un mes seguís enredados en vuestras luchas de poder, corporativas y estériles, haciendo oídos sordos al clamor que invade la calle.

Estamos indignad@s, querida clase política:

No estáis a la altura de las circunstancias. Caréceis de catadura moral (e intelectual demasiadas veces).

VOSOTROS SOIS LA MINORÍA: casta parásita, sorda y ciega a la opinión de un pueblo que ignoráis.

Ya de vosotros habla el himno gallego: "mais soio os ignorantes, féridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non".

Nos indignáis!

Aborrecid@s están l@s rumoros@s de mercadeos, manipulacions, corruptelas, y de que juguéis con las personas como títeres impotentes, piezas de un tetris que encajáis a vuestro antojo entre malversación y malversación, prevaricaciones múltiples y abuso de poder.

Acabó el sucio juego.

GAME OVER

Aunque nos veáis pobres, durmiendo en tiendas improvisadas en la calle y con las manos llenas de flores. Ni estamos en broma ni se trata de ningún juego.

Rompió la baraja!

Los tiempos son llegados!

12 comentarios:

  1. A accion pareceme ben, pero o comunicado... ¿non ten un tono un tanto condescendente e borde?

    Non quero crear polemica, pero por momentos parece mais unha declaracion de guerra que un comunicado de indignacion...

    ResponderEliminar
  2. Fon, agardamos te achegues ó obradoiro a escribir os comunicados con nós e seguro que entre todos o melloramos... A crítica é necesaria, pero o traballo aínda máis!

    ResponderEliminar
  3. Voume manifestar máis unha vez contra algo que eu considero que é unha forma non acaída de desacreditar unha opinión: en canto alguén critica algo, díselle, "oes, e logo por que non ves ti facelo?". Hai varias maneiras de colaborar con algo. Unha é sinalar o que se cre que está mal. Outra e mudar o que está mal, pero para mudar o que está mal, primeiro hai que decatarse de que está mal, non si??? E ao mellor alguén só sabe sinalar o que está mal, e non sabe construír a alternativa,non se lle ocorre, non sabe, non pode, etc... Pero, unha vez sinalado o defecto, é posible que a alguén se lle ocorra como amañalo. É perfectamente válido limitarse a sinalar o que está mal feito. É necesario. Non importa que esa persoa non faga más. Facer unha crítica xa e valioso en sí. Eu, desde aquí, seguirei facendo críticas cando o crea oportuno precisamente porque non son indiferente ao que estades facendo. Que eu non estea alí non lle resta valor ás mías observacións. De feito, a perspectiva que teño eu non a tedes vos, precisamente por estar álí dentro. E viceversa, eu non teño a vosa. E todas as perspectivas son necesarias porque ningunha é absoluta: desde unha posición se aprecian algunhas cousas e outras son invisibles; ídem pra outra posición. Recibide as círiticas como tesouros. Abride os oídos a todas as persoas, non só ás que considerades que son máis guays por estar todo o tempo alí.

    ResponderEliminar
  4. Concordo! Non todos podemos estar aí! E os que estamos indignados agradecemos que esteades aí, moito moito, e que nos teñades tamén en conta inda que só fagamos comentarios!!! Isto ten que segui adiante!!!
    Sabela

    ResponderEliminar
  5. Dende logo quen estea a facer este tipo de textos (empezou coa crónica de S.Pedro) estáse a lucir. Xa empeza cun "querida clase política" que seguro que para alguén o necesariamente inmaduro constitúe o cúlmen da retranca. Se se quere que te tomen en serio mal empezas.

    "Después de un mes seguís sin saber dialogar y solo espabilasteis para amenazar con violencia a l@s mensajer@s." Esto é exactamente o que pasa en acampada SCQ. A micro-violencia que se víu no espantallo da Xunta foi buscada a saco. "Asesinos!" "Fillos de puta!" berrábades. ¿Qué é violencia logo? ¿Só a agresividade dos demais?

    "En que rama estáis, mis pobres?" A condescendencia da noxo. ¿Así presentades un escrito no Parlamento?

    "Caréceis de catadura moral (e intelectual demasiadas veces)." Neste escrito quedan patentes as de quen o escribíu: a moral e a intelectual.

    E por último, saltándome mpoitas cousas, rematades chamándolles directamente "imbéciles". Pois sí que nos han escoitar así...qué pena. :((

    ResponderEliminar
  6. Que pouco gostan das críticas estes "indignadiños" que curiosamente, critican todo.
    Lamentable o acontecido hoxe diante do Parlamento. Lamentable o de meter no mesmo saco a todos os partidos. Sodes uns impresentables e así vos vai.

    ResponderEliminar
  7. despois de ler o comunicado que presentades (sen contido ningún, só descalificacións), e xa farta de que xeralicedes, e consideredes que todos os partidos políticos son o mesmo,faltandolle o respeto ás persoas que invirten moito tempo e esforzo sen pretender nada a cambio, a partir de hoxe podedes descontar xa unha persoa da manifestacion do domingo (e iso que estaba ilusionada con que isto levase a algún lado...)

    ResponderEliminar
  8. Varias cousiñas:

    -O manifesto coido que pretende plantexarse a modo epistolar, así que non é estraño que comece "Querida clase política", porque é como comeza calquera carta.

    -Non sei como hai xente que aínda poida defender que os nosos opresores non son violentos. Tampouco creo que a maior parte deles teñan a catadura moral e intelectual para exercer as funcións para as que son elixidos. Ir nunha lista non te converte automaticamente nunha persoa preparada para a representación do interese público. De feito, na maior parte dos casos, os políticos representan os intereses do capital e o mercado, intereses que moi públicos non son.

    -Despois do que dixeron todos estes señores de nós, temos que quedar caladiños e gabalos nos escritos (metade reivindicativos e metade SIMBÓLICOS)que lles presentamos, ou que? Xa bastante facemos molestándonos en escribirlles un texto. É bastante máis que a atención que eles lle prestan ás necesidades da maioría das persoas.

    -Non están todos no mesmo saco? Isto supoño que vén porque aos simpatizantes, votantes e militantes do BNG (eu estiven nas 2 primeiras categorías ata non hai moito), moléstalles que se cante: "Bloque, PSOE, PP, a mesma merda é". Vaia, que neste cántico, antes o BNG non aparecía. Igual os que non están aceptando a crítica son os seguidores destas siglas e non pensan por que se está a producir esta crítica cando hai uns anos a xente de esquerdas (nacionalista ou non), non miraba con malos ollos esta formación.

    Un exemplo: Onte, durante a concentración dos compañeiros do ensino contra a transformación de varios institutos en centros de FP (lamentable medida), saíu Aymerich do Parlamento a atender aos medios diante dos concentrados (especialmente cos da CIG, como é lóxico) e tras a súa aparición estelar marchou. Para min isto é: Unha foto e de volta ao meu, pero u-las solucións? U-lo compromiso real? Esta actitude non a inventa Aymerich, por suposto, senon que llela temos visto a moitos representantes políticos de tódolos partidos nos últimos tempos.

    Os indignados ou como queirades chamarlle teñen moitas cousas que mellorar, pero hai outros que tamén teñen unhas cantas. Reflexionemos todos, por favor. Saúde e revolución!!!

    ResponderEliminar
  9. Qué lindo gatito17 de junio de 2011, 2:56

    Querid@ Variascousiñas:

    Eu non sei se comenzas cada carta que escribes con "Querid@", pero se é así, meu probiño, non sei de qué ponla caíches tí.

    ResponderEliminar
  10. Se a vosa maior crítica constructiva é se o manifesto comeza ou non por "Querida clase política" creo que vos estades a perder un gran debate de fondo ou o tedes moitas ganas de amolar.

    O resto das críticas son sempre benvidas.

    Sobre o que comentas Fon, estou de acordo contigo, si hai un ton borde e moita retranca no manifesto, pero sinceramente creo que é apropiado. Como di o manifesto levamos un mes na rúa e a clase política parece que aínda non se deu por aludida. Non é unha declaración de guerra, é unha chamada de atención desesperada.

    E por último é gracioso que critiquedes a inmadurez de quen escribe os manifestos, porque ata a data ningún manifesto foi redactado pola mesma persoa, son colectivos e neles participa xente que nunca estivo acamapada (Eu si estiven acampada e falo con coñecemento de causa).
    Criticar o que non se coñece non leva a nada, antes de facelo tamén se pode preguntar.

    ResponderEliminar
  11. Se a nosa clase política (todos os partidos) tivese a catadura moral e intelectual para exercer as funcións para as que foron elixidos non estariamos agora nesta situación, así que vexo moi ben que se lles iguale a todos porque ademais todos teñen, tiveron ou terán responsabilidades de goberno nalgún intre e algún nivel e representación en todas as cámaras. Hai que quitar aos que non evitaron que isto pasase cando gobernaban, aos que non o evitan agora onde gobernan e aos que non pensaban evitalo onde fosen a gobernar porque as súas prioridades son "outras". E sobretodo hai que evitar que os que nada fixeron antes presuman de ser os que máis fan agora. Se ante o perigo do sistema social hai quen segue defendendo a construción de autovías e estradas mentres se recurtan a sanidade e a educación... a ese hai que acusalo diante de todos!!

    ResponderEliminar
  12. É verdade que un dos indignados que lle montou o cristo a Aimerico (cousa que outros e outras fixemos taaaaaaaaaaaaaaantas veces) era nen mais nen menos que o rersponsable de política local de UPyD, Eusebio Ónega Carrera? Entón xa non son todos os partidos o mesmo???

    ResponderEliminar