Esta fin de semana foi altamente produtiva para as persoas da #acampadaobradoiro por varias razóns. Primeiro, porque saímos aos barrios -en concreto, a San Pedro- pola primeira vez; segundo, porque o domingo fixemos unha acción do máis vistosa; e, por último, porque como dicimos por aquí, “a cabesa non para!”, e estamos falando e dándolle voltas a moitas cuestións sobre o movemento e a acampada.
Comecemos polo principio.
Asemblea popular no barrio de San Pedro
Ás 18h do sábado, boa parte da acampada trasladouse á praciña da Igrexa do ilustre barrio de San Pedro, un momento que esperabamos con moita ilusión. E a veciñanza non nos fallou. Aínda que as intervencións comezaron con algo de timidez (cousas do micrófono), ao final púxose de manifesto que a xente que vive aí está moi acostumada a falar e reflexionar e, sobre todo, a loitar.
“San Pedro é un sitio peculiar. Vívese ben, saes á rúa e tes con quen falar, e iso é algo que xa non se da en moitos lugares”, reflexionaba un veciño. Ademais, o tecido asociativo deste barrio está consolidado e é extenso. Hai multitude de proxectos que naceron entre o empedrado irregular desta rúa: a horta comunitaria, o Mercado Entre Lusco e Fusco, a intensa actividade das asociacións de veciñas e veciños, etc; e outras que se están cociñando agora, como a iniciativa “San Pedro en Transición”.
A tarde transcorreu nun ambiente excepcionalmente bo e a curiosidade fixo que moita xente que pasaba pola rúa optara por unirse á conversa da praza. Para a xente que estamos no Obradoiro, foi un sopro de ánimo e ar fresco, renovado e axitador de conciencias. Unha inxección de enerxía que nos facía moita falla. Escoitamos moitas verbas de ánimo e de apoio que nos fixeron decatarnos de que, como dixo unha das persoas que interveu, “vós non sodes só a xente da acampada: sodes moitos máis”.
A asemblea durou unhas dúas horas e media, tempo que deu para escoitar verbas de persoas maiores, non tan maiores e novas, unha variedade que enriqueceu un diálogo que superou as nosas expectativas. Ao rematar, cadaquén volveu para a súa casa e nós para o Obradoiro. Máis acordouse unha data provisional para a seguinte asemblea en San Pedro: o xoves 16 ás 20h.
Podemos facer nosa esa frase de “misión cumprida”: fomos a San Pedro para volver a recuperar a praza como espazo de discusión política e de reflexión, o que era dende o principio dos tempos, e para facer que a veciñanza o fixera seu. Un dos detalles máis bonitos foi a posta en común de proxectos que xa estaban camiñando e as múltiples colaboracións posibles entre os mesmos que quedaron no ar. Artellando redes de solidariedade nos barrios.
Coa satisfacción de ver realizada esta labor, retirámonos ca seguridade de que a xentiña do barrio non vai deixar que lles pechen de novo esa porta. Grazas, veciñas e veciños, por facernos sentir como en casa e por ser como sodes. Máis unha praza liberada e de novo nas mans do pobo!
Acción “Empapela os bancos!”, sábado, 12h
Kilómetros de rolo de papel branco. Unha decena de sprays negros. 3 ou 4 vermellos. Uns cantos rolos de cinta de embalaxe. Cúter e tesoiras. Dez ou doce lemas consensuados, e algún espontáneo. Desta vez non levamos megáfonos, nin tambores, nin berros: as accións “guerrilleiras” coma esta deben ser feitas rápido e discretamente. Aínda que o resultado sexa de todo menos discreto.
Chegamos á Praza de Galicia pasadas as 12.00h e, tras deixar unha pegada ben visible no Santander, dividímonos en tres comandos que tomaron cada un o seu roteiro. Un saíu cara á Praza Roxa, outro baixou por Doutor Teixeiro e o último cubriu dende Virxe da Cerca ate Concheiros.
Como malabaristas urbanos, tivemos que facer funambulismo nalgúns casos, e é que hai que ver o altos que están os cristais dalgunhas entidades bancarias. Noutros foi moi sinxelo e ata houbo algunha obra de arte con todas as letras.
“Isto non é o Monopoly, temos sentimentos”, “Degustación de chourizos do país”, “Procúrase banqueiro honesto. Razón: aquí non”, “O capitalismo é o terrorismo”, “Acabaremos pagando por durmir nun caixeiro”... foron só algunhas das dedicatorias que lles deixamos ben á
vista de toda a cidadanía. Aínda que algún viandante torcese o entrecello, o certo é que a meirande parte da xente que nos viu “no allo” ou sorriu discretamente ou deixounos patente o seu apoio e ate a houbo quen parou a sacar fotos.
Volvemos á praza con un bo subidón polo traballo feito, divertido e que deu que falar. Desgraciadamente, a chegada do luns rachou ca parte física do asunto. Pero temos fotos e, sobre todo, gardamos as reaccións da xente e o ben que o pasamos. Acción... reacción!!
Este fin de semana fue altamente productivo para las personas de la #acampadaobradoiro por varias razones. Primero, porque salimos a los barrios -en concreto, a San Pedro- por primera vez; segundo, porque el domingo hicimos una acción de lo más vistosa; y, por último, porque como decimos por aquí, “a cabesa no para”, y estamos hablando y dándole vueltas a muchas cuestiones sobre el movimiento y la acampada.
Comencemos por el principio.
Asamblea popular en el barrio de San Pedro
A las 18h del sábado, buena parte de la acampada se trasladó a la plaza de la Iglesia del ilustre barrio de San Pedro, un momento que esperábamos con mucha ilusión. Y el vecindario no nos falló. Aunque las intervenciones comenzaron con algo de timidez (cosas del micrófono), al final se puso de manifiesto que la gente que vive ahí está muy acostumbrada a hablar y reflexionar y, sobre todo, a luchar.
“San Pedro es un sitio peculiar. Se vive bien, sales a la calle y tienes con quien hablar, y eso es algo que ya no se dá en muchos lugares”, reflexionaba un vecino. Además, el tejido asociativo de este barrio está consolidado y es extenso. Hay multitud de proyectos que nacieron entre el adoquinado irregular de esta calle: la huerta comunitaria, el Mercado Entre Lusco e Fusco, la intensa actividad de las asociaciones de vecinas y vecinos, etc; y otras que se están cocinando ahora, como la iniciativa “San Pedro en Transición”.
La tarde transcurrió en un ambiente excepcionalmente bueno y la curiosidad hizo que mucha gente que pasaba por la calle optara por unirse a la conversación de la plaza. Para la gente que estamos en el Obradoiro fue uno soplo de ánimo y aire fresco, renovado y agitador de conciencias. Una inyección de energía que nos hacía mucha falta. Escuchamos muchas palabras de ánimo y de apoyo que nos hicieron darnos cuenta de que, como dijo una de las personas que intervino, “vosotros no sois sólo la gente de la acampada: sois muchos más”.
La asamblea duró unas dos horas y media, tiempo que dio para escuchar palabras de personas mayores, no tan mayores y jóvenes, una variedad que enriqueció un diálogo que superó nuestras expectativas. Al acabar, cada cual volvió a su casa y nosotros al Obradoiro. Pero se acordó una fecha provisional para la siguiente asamblea en San Pedro: el jueves 16 a las 20h.
Podemos hacer nuestra esa frase de “misión cumplida”: fuimos a San Pedro para volver a recuperar la plaza como espacio de discusión política y de reflexión, lo que era desde el principio de los tiempos, y para hacer que el vecindario lo hiciera suyo. Uno de los detalles más bonitos fue la puesta en común de proyectos que ya estaban caminando y las múltiples colaboraciones posibles entre los mismos que quedaron en el aire. Tejiendo redes de solidaridad en los barrios.
Con la satisfacción de ver realizada esta labor, nos retiramos con la seguridad de que la gente del barrio no va a dejar que les cierren de nuevo esa puerta. Gracias, vecinas y vecinos, por hacernos sentir como en casa y por ser como sois. Una plaza más liberada y de nuevo en las manos del pueblo!
Acción “Empapela los bancos!”, sábado, 12h
Kilómetros de rollo de papel blanco. Una decena de sprays negros. Tres o cuatro rojos. Unos cuantos rollos de cinta de embalaje. Cúter y tijeras. Diez o doce lemas consensuados, y alguno espontáneo. En esta ocasión no llevamos megáfonos, ni tambores, ni gritos: las acciones “guerrilleras” como esta deben ser hechas rápido y discretamente. Aunque el resultado sea de todo menos discreto.
Llegamos a la Plaza de Galicia pasadas las 12.00h y, tras dejar una huella bien visible en el Santander, nos dividimos en tres comandos que tomaron cada uno su ruta. Uno salió hacia la Praza Roxa, otro bajó por Doutor Teixeiro y el último cubrió desde Virxe da Cerca hasta Concheiros.
Como malabaristas urbanos, tuvimos que hacer funambulismo en algunos casos, y es que hay que ver lo altos que están los cristales de algunas entidades bancarias. En otros fue muy sencillo y hasta hubo alguna obra de arte con todas las letras.
“Esto no es el Monopoly, tenemos sentimientos”, “Degustación de chorizos del país”, “Se busca banquero honesto. Razón: aquí no”, “El capitalismo es el terrorismo”, “Acabaremos pagando por dormir en un cajero”... fueron sólo algunas de las dedicatorias que les dejamos, bien a la vista de toda la ciudadanía. Aunque algún viandante torciera el entrecejo, lo cierto es que la mayor parte de la gente que nos vio “en el ajo” o sonrió discretamente o nos dejó patente su apoyo, y hasta hubo quien paró a sacar fotos.
Volvimos a la plaza con uno buen subidón por el trabajo hecho, divertido y que dio que hablar. Desgraciadamente, la llegada del lunes acabó con la parte física del asunto. Pero tenemos fotos y, sobre todo, guardamos las reacciones de la gente y lo bien que lo pasamos. Acción... reacción!!
Non credes que é hora de subir de nivel e facer coma en Sol? É o momento de deixar a acampada e pasar ás manifestacións diarias. Sería máis produtivo e a xente non quedaría farta, como xa está. Só hai que ver a diferencia entre a asistencia do principio (que se enchía o Obradoiro, coma quen di) e a de agora. É forzar a situación. Se seguides aí o único que se consegue é frenar os actos que terían lugar se non houbera acampada... "porque como xa están os acampados e a min xa non me mola o seu rollo, paso" é dicir, quedamos estancados, e non é iso o que queremos, non?
ResponderEliminarEu non sei realmente cómo foron estas accións, pero dende logo ó resumo da que pensar. Aparte do paternalismo perdoavidas intrínseco a esto:
ResponderEliminar"Podemos facer nosa esa frase de “misión cumprida”: fomos a San Pedro para volver a recuperar a praza como espazo de discusión política e de reflexión, o que era dende o principio dos tempos, e para facer que a veciñanza o fixera seu. Un dos detalles máis bonitos foi a posta en común de proxectos que xa estaban camiñando e as múltiples colaboracións posibles entre os mesmos que quedaron no ar. Artellando redes de solidariedade nos barrios.
Coa satisfacción de ver realizada esta labor, retirámonos ca seguridade de que a xentiña do barrio non vai deixar que lles pechen de novo esa porta. Grazas, veciñas e veciños, por facernos sentir como en casa e por ser como sodes. Máis unha praza liberada e de novo nas mans do pobo!"
Xentiña? Praza liberada? San Pedro leva anos abondo armonizando de cotío.
Tamén leo "accións guerrilleiras" divididas en "comandos". AcampadaSCQ está a facer o ridículo! ¿E a paz? Nen está nen se lle espera.
Concordo 100% co comentario 1, e 80% co 2.
ResponderEliminarvolos 2 anteriores si que estades a facer o ridículo, poñedevos a traballar langráns, que no obradoiro haivos ben xente a loitar polo voso e polo dos demais. Facede críticas construtivas non esas parvadas.
ResponderEliminarA linguaxe "de guerrilla" é totalmente simbólica, todas as accións son pacíficas, pero claro, coma o iades saber.
Segundo a miña forma de ver, as acampadas cumpliron o seu papel pero deixaron de ter sentido xa hai días. Penso que determinadas accións o que fan é gastar forzas, dispersar e perder o norte real cara accións concretas máis efectivas.
ResponderEliminar(Comentario das 9.44h o feito de non estar dacordo cas acampadas e moitas das súas accions, non quere dicir que non traballemos tanto ou máis neste tema)
Concordo ao 80% co comentario 1, ao 0% co 2 e ao 40% co comentario 3
ResponderEliminartamen se falou e repartiron panfletos co tema dos desahucios, se poiderades informar disto seria xenial
ResponderEliminarCuidado con pensar e actuar como iluminad@s do movimento!! San Pedro, coma moitos barrios e xentes de Santiago leva anos a organizarse ... concordo que é moi positivo levar discusións políticas as prazas, ao espazo público, pero cuidado outra vez! non estamos a inventar nada! escoitemos as críticas e corrixamos o antes posibel o noso inconsciente paternalismo. apertas!e que a loita continúe!
ResponderEliminar+1! Dende San Pedro.
ResponderEliminarPor favor 9:44, ¿pódesme aclarar cal o tan evidente simbolismo de "guerrilla" nun contexto de pacifismo? Quizáis é que os meus 26 anos currando me teñen o coco reblandecido... Por certo, ¿Cántos anos levas tí currando pra atreverte a me chamar langrán? Pregunto, supercomando.
ResponderEliminarÓ anónimo das 9:44, claro que sí, agora resulta que me vas dicir ti a min como teño ou non teño que facer os meus comentarios. Son o do comentario 1.
ResponderEliminarCéntrome na túa frase de "Facede críticas construtivas non esas parvadas." Perdoa? Onde viches ti que o meu comentario sexa unha parvada? Dilo porque vos chamo langráns e vos digo que vos poñades a traballar? Ai non, coño, que o que di iso é o TEU comentario, e non o meu. Eu fixen un comentario no que mostro todo o respeto do mundo e non me dedico a descalificar a ningúen, ó contrario ca ti. Só podo chegar á conclusión de que un comentario construtivo é para ti:
a) Un que estea de acordo co que ti pensas, que non se saia desas marxes porque entón xa seremos uns langráns e uns parvos.
b) Un comentario que descalifique ós que estean en contra do que ti pensas (que é básicamente o que fas ti).
c) Un comentario censurado, no que a xente non exprese o que realmente quere só por se che molesta.
D) Todas las respuestas anteriores son correctas.
Pois iso, neniño, que se alguén ten que mirar polo meu, ese serei eu. Ou pedinche eu que vaias acampar para mirar polo meu? Teñoche que dar as gracias por iso?
Síntocho ben, pero o que dis é un despropósito, o meu é un comentario construtivo por definición, o único que buscaba era facer ver a realidade. Eu levo co movemento dende o principio, pero últimamente perdeuse moito do que era. Prefería que empezaramos a facer outras cousas antes de deixalo morrer lentamente...
PERO DESCULPA EH, DESCULPA POR SE CHE MOLESTARON AS MIÑAS PARVADAS E LANGRANERÍAS. Hai que foderse...
"Máis unha praza liberada e de novo nas mans do pobo!"? Fóisevos a pinza. Espera espera, que non me enterei e agora resulta que estamos á reconquista das prazas. Joder, vou polo fusil por se vides "recuperar" a miña rúa tamén, non vaia ser.
ResponderEliminarEfectivamente, San PEdro ten sido dende hai anos exemplo de organización vecinal e ten un tecido social exemplar. A asociación de viciños é estupenda. Coido que as críticas son certeras. A San Pedro, e a calquera sitio, hai que ir con atitude de aprender e de intercambair coñecemento. Efectivamente, iso de que vos recuperastes a praza é como ignorar todo o que se ten feito en San PEdro, que non é máis que política dende a base, dende xs cidadxs, e todo isto moito antes do 15M e con persistencia no tempo (cousa que aínda non se sabe se ocorrerá co 15M, aínda eu dubido, polo ritmo que levades, por outra banda, ritmo bastante excluínte e insostíbel). Eu non houbera escrito isto se non se dixese que as críticas son parvadas. Vaia forma de censurar as opinións. Únome ao que di que o que está na acampada está porque quere e, ollo, porque PODE (non é a maioría da xente a que pode). PEro estar na acampada non é a única forma de loitar por un mundo mellor, así que máis respeto coa xente que non quere/pode ir. O 15M non é O MOVEMENTO. As loitas sociais veñen de moi atrás. Ás veces parece que algúns de vos credes que inventastes todo ( e renegades desa tradición de loita, causando unha ruptura - e loita da que vos, como individuos, vos beneficiastes: do socialismo, do feminismo, pero non vos - algúns, bastantes... - renegades de todo). Aclaro que se eu me tomo a molestia de vir ler o blog é, evidentemente, porque teño certo interés no movimento - máis antes ca agora - e se escribo críticas é efectivamente porque creo que podo aportar algo. Non me vale que me digan que a miña voz non conta, que teño que r alí e traballar coma para que conte, é a estratexia de algúns para desfacerses das críticas expresadas por este medio. Eu vou se quero e se non quero non vou. Teño dereito e non me vas dicir ti cal é a forma de loitar por un mundo mellor. E que non vaia non quere dicir que non teña razón no que digo e que non coñeza o 15M. Iso de que a opinión de que os que pasan moito tempo alí é máis válida non é moi democrático. A democracia ten que incluír a voz de todxs, non só dxs entusiasmadxs que queren/poden pasar aí todo o día. Eu se penso que son máis útil para o mundo facendo outras cousas, non teño por que perder credibilidade nin miña opinión ten que ser considerada peor. Deixade xa a arrogancia. Por certo, eu cando vou alí non vexo que a xente implicada sexa moi arrrogante, hai todo tipo de persoas. Pero non gusto de algunhas cousas que se fan no blogue, que xa se teñen criticado dabondo.
ResponderEliminaraccion dos bancos simplemente xenial...moi agradecida compas, ainda que non puiden estar con vos o domingo, velo video é como estar aló con vos...animo e avante
ResponderEliminarsan pedro foi xenial, gostei moito de comezarmos a sair do obradoiro...iso si, se podedes subide o audio do video porque non se oe!
cris xxx :)
Por favor, San Pedro liberado???
ResponderEliminarNon fuchedes dar a outro sitio?? San Pedro é o barrio dos rojos, dos artistas e das feministas!!
Quen non o saiba, é que non é daqui...
Está ben que se partillen as cousas, pero vos, liberrar non liberachedes nada...
TEDE COIDADO, AS PALABRAS SON O NOSO D.I.
O que deberíades facer é madurar un chisco aínda antes de soltar semellantes perlas. O texto ten tal carga de arrogancia que indigna leelo. "Con la satisfacción de ver realizada esta labor, nos retiramos con la seguridad de que la gente del barrio no va a dejar que les cierren de nuevo esa puerta"
ResponderEliminar¿Pódese saber qué porta credes que abristes en S.Pedro? Mostrades non ter nen a máis mínima idea do que se leva facendo nese barrio dende hai moitos anos.
¿Guerrillas? ¿Comandos? Pero ¿vós de qué ides? Dóeme no corazón o que estades a facer con aquelo tan bonito que naceu o 15-M. Cada día que seguides acampados estades restando credibilidade. Pero supoño que é difícil decatarse cando un está vivindo unha emocionante aventura social por primeira vez na súa corta vida. Enténdoo, pero de momento é unha mágoa, e pronto será un lastre. Estades cegos no voso micromundo.
E dígoo tras tervos axudado con cartos, con comida e asistido ás asambleas (agora xa non, hai tempo que raian o absurdo).
En fin, que precisades un gran chute de humildade urxentemente.
A toda a xente que está facendo críticas por palabras ou expresións concretas, que moitas veces só teñen connotacións metafóricas, agradeceríalles que non se deixen levar unicamente pola linguaxe, que ten tantas connotacións como persoas que a comparten. Quedádevos co positivo. Foron dúas accións de puta madre. E punto
ResponderEliminarNon lle restedes importancia á linguaxe. Coa linguaxe construímos noso mundo humano, coa linguaxe xustificamos comportamentos, transmitimos valores, etc... Pensádeo dúas veces antes de dicir que a linguaxe non éimportante
ResponderEliminarSí, si, dúas accións de puta madre¡¡¡ a linguaxe carece de importancia, a razón, o pensamento, carece de interés. Eso mesmo din os clásicos do fascismo.
ResponderEliminarSE SIENTEN COÑO¡¡¡
18:42: Quizáis as accións fosen de puta madre, pero o que preocupa son as crónicas colgadas no blogue, e por tanto "oficiais". Non sei se se decatan de que os que non imos ás accións (por diversos motivos) buscamos información no blogue. E éste compónse de letras que combinadas entre sí expresan a postura "oficial". Así que se a expresión non é o importante dame por pensar que o único importante pra os acampados é vivir o momento de intensa relación que tendes (entre vos, claro). Sei do que falo porque vivín uns cantos anos en okupas. Encérraste nun pequeno mundo cheo de razón, pero rematas contradecíndote e parasitando, e co inimigo clarísimo: calquera que pense diferente.
ResponderEliminara ver. Isto das comunacións oficiais xa deu moitos problemas. Propoño que se rote a xente que traballenisto, pra que polo menos non se consolide unha imaxe concreta e pareza que a acampada é iso. non sei ata que punto é factíble, xa que quizáis esteades escasos de recursos humanos. É só unha idea.
ResponderEliminar