elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

sábado, 4 de junio de 2011

Organigrama das comisións de #acampadaobradoiro

O prometido é débeda. A continuación pasamos a explicar brevemente o funcionamento de cada comisión, os seus horarios de reunión e as vías de contacto para participar nelas. Lembrade que son abertas e que se precisa xente en todas elas. Participade!!

COMISIÓN DE NUTRICIÓN

Unha das comisións máis estimadas dentro da acampada. Será porque somos todxs uns larpeirxs. Para cociñar contan cun responsable xeral dos pratos a cociñar, un responsable de cada plato e axudantes. Tamén hai encargadxs de limpeza e almacén. Os cargos son rotatorios. Traballan en varios turnos: de 9 a 10 (almorzo), de 12 a 16 (preparación da comida e posterior limpeza), de 17 a 19 (merenda) e de 20 a 24 (preparación da cea e posterior limpeza). A hixiene, salubridade e limpeza dos espazos, persoal e útiles de traballo é, obviamente, algo que se leva coa máxima escrupulosidade.

-Horario: Reunión diaria de 12 a 14 horas.

-Contacto: non hai mail de contacto. Dadas as características do traballo, é preferible que aquel que queira participar pase directamente pola #acampadaobradoiro. Adoitan necesitar cousas, así que se queredes aportar, estade pendentes dos anuncios que facemos por Facebook e Twitter.

COMISIÓN DE INFRAESTRUTURAS

Coñecida popularmente como superestruturas, esta comisión encárgase da construción e mantemento das nosas instalacións. Traballan con todo tipo de materiais e antes de iniciar cada obra, realizan un concienzudo exame sobre a súa necesidade e viabilidade. Tampouco van sobradxs de persoal e material, así que xa sabedes.

-Horario: Non teñen reunión. Localizables na comisión.

-Contacto: infraestructuras.acampadascq@gmail.com

COMISIÓN LEXISLATIVA

Son esxs tipxs que lle están a dar voltas todo o día a leis orgánicas, enmendas, disposicións xerais e normativas de toda índole. Polas noites, nos seus soños aparece o manifesto dos oito puntos. Divídense en tres grupos de traballo: democracia social, democracia económica e democracia política. Coordínanse con Cultura para organizar charlas e debates sobre aqueles asuntos lexislativos que máis nos inquedan e dos que moitas veces temos escaso coñecemento. Tamén chaman á participación de todxs nas súas xuntanzas.

-Horario: Cada grupo de traballo reúnese diariamente despois das asembleas, entre as 21 e as 22 horas. Fan unha reunión conxunta os xoves á mesma hora.

-Contacto: legislativaobradoiro@hotmail.com

COMISIÓN DE CULTURA

Concertos, obradoiros, charlas ou o popular chi kung shaolin cóntanse entre as diferentes actividades promovidas por esta comisión. A diferenza dos partidos políticos, estxs si que poden presumir de ter programa. Tamén se encargan da nosa biblioteca. Sempre adoita haber unha persoa na comisión para atender as diferentes propostas que chegan. Non deixedes de participar.

-Horario: Reunión diaria entre as 21 e as 22 horas.

-Contacto: culturaobradoiro@gmail.com

COMISIÓN DE ACCIÓN

Os animados e ruidosos pasarrúas, a limpeza e desinfección de bancos, o reparto de material gráfico, a procesión de enterro do euro ou a chegada das nosas reivindicacións ao palco dos concertos da Ascensión (da que informaremos en breve) son algunhas das cousas que se levan cabo dende a comisión de acción (antes propaganda). Coa súa actividade, achegan as ideas do movemento ao corazón de rúas e prazas.

-Horario: Reunión tralas sesións abertas de tarde, entre as 21 e as 22 horas.

-Contacto: acción.acampadascq@gmail.com

COMISIÓN DE EXTENSIÓN PARTICIPATIVA

É evidente: o traballo que estamos a facer non pode quedar só na Praza do Obradoiro. A expansión do movemento dxs indignadxs por todos os barrios e poboacións próximas a Compostela é fundamental. Niso estase a traballar nesta comisión. Acabamos de publicalo, pero volvémolo lembrar.

-Horario: Reunión diaria ás 14 horas.

-Contacto: extensionobradoiro@gmail.com

COMISIÓN ECONÓMICA

Tranquilidade, non se colou Botín na acampada. Esta comisión leva as contas dos nosos ingresos e gastos para o mantemento básico. Os ingresos obtéñense mediante doazóns cun límite de caixa máximo de 200 euros. A transparencia coa que traballan debería ser un espello no que mirarse para xs banqueirxs. As facturas e xustificantes de pago gárdanse debidamente.

-Horario e contacto: Tendo en conta o delicado que é manexar cartos, calquera que queira aportar algo á comisión económica, é preferible que pase polo Obradoiro en persoa. Preguntar en información.

COMISIÓN DE AUDIOVISUAIS

Son o ollo ao que nada lle escapa. A xestión da canle de youtube, as emisións en streamming que realizamos, a recopilación de fotografías e a gravación das accións do movemento son as súas tarefas. O obxectivo de toda esta recopilación de material é a realización dun documental. Tamén fan un informativo diario e están traballando para o lanzamento dunha radio. Moito choio, non? Por iso demandan a participación de todxs, especialmente persoas con coñecementos en edición e montaxe de vídeos. Para a radio recóllense todo tipo de ideas e formatos de programa.

-Horario: Non teñen unha hora fixa. Sempre se procura que haxa dúas persoas no seu local en cada un dos turnos de traballo: mañá, tarde e noite.

-Contacto: audiovisuais.acampadascq@gmail.com

COMISIÓN DE COMUNICACIÓN

Son os ''plumillas'' da acampada. A elaboración e xestión de contidos do blog, twitter e facebook son as súas principais funcións. Tamén tratan de coordinarse o máximo posible co resto de comisións para achegar as súas necesidades, informacións, etc. A colaboración con audiovisuais tamén é básica. Actualmente traballan na elaboración dun xornal en papel. Manteñen un contacto regular co resto de acampadas repartidas por todo o mundo. Por certo, xente para traballar nunca sobra.

-Horario: Sen reunións fixas. Para calquera cousa podedes pasar pola acampada. Sempre hai alguén na tenda de comunicación.

-Contacto: acampadascq@gmail.com

COMISIÓN DE INFORMACIÓN/COORDINACIÓN

Esta comisión encárgase de manternos ben organizadxs a todxs os que estamos na acampada e de atender o posto de información polo que pasan centos de persoas cada día a interesarse polo que facemos. A nivel interno (información), recollen firmas de apoio, reparten o manifesto en diferentes idiomas, difunden a actividade diaria e xestionan o buzón de suxerencias, ademais de organizar o banco de tempo. A nivel externo (coordinación) fan de enlace entre todas as comisións, realizan a xestión administrativa da acampada e recollen as diferentes necesidades para ser anunciadas desde comunicación.

-Horario: Reunións diarias entre as 11 e as 12 horas. Para calquera consulta, pasar polo posto de información.

-Contacto: info.acampadacq@gmail.com

COMISIÓN DE ASEMBLEA

Esta comisión encárgase da preparación diaria do programa de cada asemblea tentando que sexan o máis operativas posible. Designan aos moderadores e responsables de levantar acta e recollen as propostas que se levan á asemblea.

-Horario: Reunión diaria ás 18 horas.

-Contacto: Non teñen mail de contacto. Pasade pola acampada se queredes colaborar.

COMISIÓN DE SANIDADE/CASA DE SOCORRO

Proporcionan os primeiros auxilios para todo tipo de lesións. Para traballar nesta comisión, pasade pola Praza do Obradoiro.

COMISON

Xestionan o equipo de son para as asembleas e demais actividades nas que sexan necesarios os seus servizos: charlas, concertos, etc. Tamén se encargan dos obxectos perdidos. Non se sabe moi ben por que, pero alguén ten que facelo.

Agardamos que vos animedes todxs a participar e aportar cousas ás comisións. A túa voz conta. Únete!!!

CASTELLANO

Lo prometido es deuda. A continuación pasamos a explicar brevemente el funcionamiento de cada comisión, sus horarios de reunión y las vías de contacto para participar en ellas. Recordad que son abiertas y que se necesita gente en todas ellas. Participad!!

COMISIÓN DE NUTRICIÓN

Una de las comisiones más estimadas dentro de la acampada. Será porque somos todxs unxs glotonxs. Para cocinar cuentan con un responsable general de los platos a cocinar, un responsable de cada plato y ayudantes. También hay encargadxs de limpieza y almacén. Los cargos son rotatorios. Trabajan en varios turnos: de 9 a 10 (desayuno), de 12 a 16 (preparación de la comida y posterior limpieza), de 17 a 19 (merienda) y de 20 a 24 (preparación de la cena y posterior limpieza). La higiene, salubridad y limpieza de los espacios, personal y útiles de trabajo es, obviamente, algo que se lleva con la máxima escrupulosidad.

-Horario: Reunión diaria de 12 a 14 horas.

-Contacto: no hay mail de contacto. Dadas las características del trabajo, es preferible que aquel que quiera participar pase directamente por la #acampadaobradoiro. Suelen necesitar cosas, así que si queréis aportar, estad pendientes de los anuncios que hacemos por Facebook y Twitter.

COMISIÓN DE INFRAESTRUCTURAS

Conocida popularmente como superestructuras, esta comisión se encarga de la construcción y mantenimiento de nuestras instalaciones. Trabajan con todo tipo de materiales y antes de iniciar cada obra, realizan un concienzudo examen sobre su necesidad y viabilidad. Tampoco van sobradxs de personal y material, así que ya sabéis.

-Horario: No tienen reunión. Localizables en la comisión.

-Contacto: infraestructuras.acampadascq@gmail.com

COMISIÓN LEGISLATIVA

Son esxs tipxs que le están dando vueltas todo el día a leyes orgánicas, enmiendas, disposiciones generales y normativas de toda índole. Por las noches, en sus sueños aparece el manifiesto de los ocho puntos. Se dividen en tres grupos de trabajo: democracia social, democracia económica y democracia política. Se coordinan con Cultura para organizar charlas y debates sobre aquellos asuntos legislativos que más nos inquietan y de los que muchas veces tenemos escaso conocimiento. También llaman a la participación de todxs en sus juntas.

-Horario: Cada grupo de trabajo se reúne diariamente después de las asambleas, entre las 21 y las 22 horas. Hacen una reunión conjunta los jueves a la misma hora.

-Contacto: legislativaobradoiro@hotmail.com

COMISIÓN DE CULTURA

Conciertos, talleres, charlas o el popular chi kung shaolin se cuentan entre las diferentes actividades promovidas por esta comisión. A diferencia de los partidos políticos, éstxs sí que pueden presumir de tener programa. También se encargan de nuestra biblioteca. Siempre suele haber una persona en la comisión para atender las diferentes propuestas que llegan. No dejéis de participar.

-Horario: Reunión diaria entre las 21 y las 22 horas.

-Contacto: culturaobradoiro@gmail.com

COMISIÓN DE ACCIÓN

Los animados y ruidosos pasacalles, la limpieza y desinfección de bancos, el reparto de material gráfico, la procesión de entierro del euro o la llegada de nuestras reivindicaciones al palco de los conciertos de la Ascensión (de la que informaremos en breve) son algunas de las cosas que se llevan cabo desde la comisión de acción (antes propaganda). Con su actividad, acercan las ideas del movimiento al corazón de calles y plazas.

-Horario: Reunión tras las sesiones abiertas de tarde, entre las 21 y las 22 horas.

-Contacto: acción.acampadascq@gmail.com

COMISIÓN DE EXTENSIÓN PARTICIPATIVA

Es evidente: el trabajo que estamos haciendo no puede quedar sólo en la Praza do Obradoiro. La expansión del movimiento de lxs indignadxs por todos los barrios y poblaciones próximas a Compostela es fundamental. En eso se está trabajando en esta comisión. Acabamos de publicarlo, pero lo volvemos a recordar.

-Horario: Reunión diaria a las 14 horas.

-Contacto: extensionobradoiro@gmail.com

COMISIÓN ECONÓMICA

Tranquilidad, no se ha colado Botín en la acampada. Esta comisión lleva las cuentas de nuestros ingresos y gastos para el mantenimiento básico. Los ingresos se obtienen mediante donaciones con un límite de caja máximo de 200 euros. La transparencia con la que trabajan debería ser un espejo en el que mirarse para lxs banquerxs. Las facturas y justificantes de pago se guardan debidamente.

-Horario y contacto: Habida cuenta de lo delicado que es manejar dinero, cualquier que quiera aportar algo a la comisión económica, es preferible que pase por el Obradoiro en persona. Preguntar en información.

COMISIÓN DE AUDIOVISUALES

Son el ojo al que nada se le escapa. La gestión del canal de youtube, las emisiones en streamming que realizamos, la recopilación de fotografías y la grabación de las acciones del movimiento son sus tareas. El objetivo de toda esta recopilación de material es la realización de un documental. También hacen un informativo diario y están trabajando para el lanzamiento de una radio. Mucho chollo, no? Por eso demandan la participación de todxs, especialmente personas con conocimientos en edición y montaje de vídeos. Para la radio se recogen todo tipo de ideas y formatos de programa.

-Horario: No tienen una hora fija. Siempre se procura que haya dos personas en su local en cada uno de los turnos de trabajo: mañana, tarde y noche.

-Contacto: audiovisuais.acampadascq@gmail.com

COMISIÓN DE COMUNICACIÓN

Son los ''plumillas'' de la acampada. La elaboración y gestión de contenidos del blog, twitter y facebook son sus principales funciones. También tratan de coordinarse el máximo posible con el resto de comisiones para acercar sus necesidades, informaciones, etc. A colaboración con audiovisuales también es básica. Actualmente trabajan en la elaboración de un periódico en papel. Mantienen un contacto regular con el resto de acampadas repartidas por todo el mundo. Por cierto, gente para trabajar nunca sobra.

-Horario: Sin reuniones fijas. Para cualquier cosa podéis pasar por la acampada. Siempre hay alguien en la tienda de comunicación.

-Contacto: acampadascq@gmail.com

COMISIÓN DE INFORMACIÓN/COORDINACIÓN

Esta comisión se encarga de mantenernos bien organizadxs a todxs lxs que estamos en la acampada y de atender el puesto de información por el que pasan cientos de personas cada día a interesarse por lo que hacemos. A nivel interno (información), recogen firmas de apoyo, reparten el manifiesto en diferentes idiomas, difunden la actividad diaria y gestionan el buzón de sugerencias, además de organizar el banco de tiempo. A nivel externo (coordinación) hacen de enlace entre todas las comisiones, realizan la gestión administrativa de la acampada y recogen las diferentes necesidades para ser anunciadas desde comunicación.

-Horario: Reuniones diarias entre las 11 y las 12 horas. Para cualquier consulta, pasar por el puesto de información.

-Contacto: info.acampadacq@gmail.com

COMISIÓN DE ASAMBLEA

Esta comisión se encarga de la preparación diaria del programa de cada asamblea intentando que sean lo más operativas posible. Designan a los moderadores y responsables de levantar acta y recogen las propuestas que se llevan a la asamblea. 

-Horario: Reunión diaria a las 18 horas.

-Contacto: No tienen mail de contacto. Pasad por la acampada se queréis colaborar.

COMISIÓN DE SANIDAD/CASA DE SOCORRO

Proporcionan los primeros auxilios para todo tipo de lesiones. Para trabajar en esta comisión, pasad por la Praza do Obradoiro.

COMISON

Gestionan el equipo de sonido para las asambleas y demás actividades en las que sean necesarios sus servicios: charlas, conciertos, etc. También se encargan de los objetos perdidos. No se sabe muy bien por qué, pero alguien tiene que hacerlo.

Esperamos que os animéis todxs a participar y aportar cosas a las comisiones. Tu voz cuenta. Únete!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario