elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

miércoles, 8 de junio de 2011

[Actualizado] En resposta ás declaracións de D. Guillerme Vázquez

Despois de tódolos comentarios e críticas xurdidas en torno ao texto que acompaña á publicación do vídeo de Guillerme Vázquez, dende a Comisión de Comunicación cremos necesario recoñecer a nosa equivocación e rectificar.

A diferenza do vídeo de Rafael Cuíña, publicado no blog cun texto puramente informativo baseado nas declaracións vertidas polo militante do PP, o texto que acompaña á entrada de Guillerme Vázquez foi redactado en consonancia coas reaccións das persoas que puideron velo nunha das sesións de proxección nocturna. Con todo, entendemos que poida parecer sesgada e dar lugar a malas interpretacións. Aínda que o contido sexa fiel á devandita reacción, é a forma a que fallou.

Pedimos desculpas se se malinterpretou a información. Pretendemos manter unha relación cordial con todos os cargos políticos que, en calidade de cidadáns, achéganse á praza ou se queren dirixir á asemblea. O movemento é de toda a cidadanía e todo o mundo ten voz nel.

Non somos profesionais, pero somos humanos e aprenderemos disto. Por ultimo, grazas a todos os que opinaron e criticaron a entrada. As criticas construtivas sempre son necesarias e axudan a mellorar.



Después de todos los comentarios y críticas surgidas en torno al texto que acompaña a la publicación del vídeo de Guillerme Vazquez, desde la Comisión de Comunicación creemos necesario reconocer nuestra equivocación y rectificar.

A diferencia del vídeo de Rafael Cuíña, publicado en el blog con un texto puramente informativo basado en las declaraciones vertidas por el militante del PP, el texto que acompaña a la entrada de Guillerme Vázquez fue redactado en consonancia con las reacciones de las personas que pudieron verlo en una de las sesiones de proyección nocturna. Sin embargo, entendemos que pueda parecer sesgada y dar lugar a malas interpretaciones. Aunque el contenido sea fiel a dicha reacción, es la forma la que ha fallado.

Pedimos disculpas si se ha malinterpretado la información. Pretendemos mantener una relación cordial con todos los cargos políticos que, en calidad de ciudadanos, se acercan a la plaza o se quieren dirigir a la asamblea. El movimiento es de todos y todos tienen voz en él.

No somos profesionales, pero somos humanos y aprenderemos de esto. Por ultimo, gracias a todos los que opinaron y criticaron la entrada. Las criticas constructivas siempre son necesarias y ayudan a mejorar.





"A mensaxe que deixou á asemblea o líder do BNG, Guillerme Vázquez, pasou desapercibida polo campamento igual ca un anuncio que pasa fugaz pola pantalla do televisor para logo quedar esquecido. Que nos dixo? "Alégrome de verte... moi boa sorte". Grazas, en serio, terémolo en conta. Sen embargo botamos de menos propostas, consellos e preguntas pola súa parte. Quizais os acampados, defraudados co discurso, esperaban do Sr. Vázquez máis implicación, máis interese pola nosa situación e unha demostración máis forte de coñecemento e comprensión das nosas esixencias, iso si, sempre a título persoal, como demostra no vídeo".

136 comentarios:

  1. Pois dixo cousas interesantes que non din os políticos do PPSOE.

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que sempre sentan ben estas palabras...

    ResponderEliminar
  3. Paréceme de pena o artigo que se fai con este vídeo despois de ver o que se fixo co de Cuíña. Se vén un tipo do PP que nos apoia, é molongui que te cagas, se vén un tipo do BNG falta implicación. De coña

    ResponderEliminar
  4. Está a verse o plumeiro dalgún de aí. Cuiña (PP) guai, Guillerme (BNG) mal rollo. Pois a min gústame o que di, e o que é mellor, están a traballar nesta dirección moito antes de que nós montásemos as "quechua". Controlar un pouco, que se non...

    ResponderEliminar
  5. Penso que é certo que non dixo nada máis aló da carantoña. Quintana en Audi e con tódalas prebendas, non o esquezo. En canto chegan ó poder ¿qué diferencia houbo? Eu non a vin.

    ResponderEliminar
  6. O que dis soa a NEOCOM, ou ao que nos tenta meter a dereita e os massmedia do sistema neoliberal na cabeza: "todos son iguais e polo tanto da igual que este no poder": Que veña BERLUSCONI !!!!. ou conmigo ou en contra, non hai tonos medios.
    Para que a xente crea neste movemento hai que ser creibles e deixarse de dogmatismos tipicos de aficionado.
    CONVENCER non é esto.
    Un movemento con tantos matices non pode ser intolerante e tópico.

    ResponderEliminar
  7. Onte despois do concerto de Som do Galpom puxeron o video presentando de forma lamentabel, decindo que ian grabar a reacción para mandarlla a este señor que queria falar con nos, solo faltou pedir os abucheos. Non sei que mal teñen as declaracións...

    Andrés non viches diferenzas, xa sei que sodes moi progres e modernos e todos son malos, pero os centros de días, rede locais de ensaio (preguntalle a som do galpom polo cd), garderias... foron cousa do BNG pero ta ben, sempre falta algo, compromiso, "implicación", etc

    ResponderEliminar
  8. Hai moito "progre" con mentalidade españolista nos que levan a comunicacion dos acampados, obsesionados con todo o que soe a nacionalismo ou que implique tirar para riba deste país, so lles preocupa ir a Madrid (a Sol) a ver que din para inmediatamente facerse eco. Non entenden o que é reivindicar de forma propia, mirar os problemas globais, os xerais e os locais con optica propia e despois unirnos a quen sexa para ir máis lonxe. Entendo que alguns son doutros sitios, pero non por eso poden impoñer os seus idiomas e as súas ideoloxias, teñen que ser respetuosos co sitio que os acolle e non vir aqui dando leccións.

    ResponderEliminar
  9. Claro, agora resulta que quen vaia alí vai ter que dicir o que vos queirades. Ide lamberlle o cu a Cuiña, iso si que mola

    ResponderEliminar
  10. Únome ás críticas cara esta nota da acampada.

    Cuiña, aínda sendo militante do partido que privatiza os servizos, benvido sexa.

    Guillerme, líder do partido que montou as gardarías, os centros de día, que valorou os dependentes antes que ningunha outra comunidade, que apostou pola construción de vivenda e o alugueiro da mesma de protección autonómica, que parou de golpe a especulación urbanística con esa medida, que apostou polas enerxías renovábeis e a creación de emprego en todos os concellos nos que había parques eólicos RESULTA QUE É MALO E NON HAI COMPROMISO.

    Se a persoa que fixo esta entrada é obxectiva entón a Terra é plana.

    Isto é unha vergoña!

    E XA POSTOS A DICIR ANIMALADAS... mellor calo, porque comezan a verse determinadas cousas na acampada que me indignan...

    ResponderEliminar
  11. Como se pode emitir dende o sitio OFICIAL da acampada un comunicado OFICIAL no que se critica abertamente a unha forza (por suposto mellorable) que vén demostrando o apoio á nosa causa e ás nosas reivindicacións?

    Que isto sexa un comentario persoal vale, pero é inadmisible que apareza na web oficial da acampada, cando o movemento 15-m xa dixemos era apartidista, e polo tanto hai xente de diversos partidos políticos e ideoloxías unidos só por uns puntos comúns. Que se fagan estas declaracións non fai máis que desinflar o movemento.

    FDO: un nacionalista indignado (e máis ao ler este artigo).

    ResponderEliminar
  12. Moito criticar a Cuiña, e agora os bloqueiro a defender ao seu líder. Cuiña é un cacique e o Guillerme Deus hahahahahahah!!!!!!

    ResponderEliminar
  13. El tratamiento desigual de las dos entrevistas realizados a "miembros de partidos políticos" es escandaloso!! Pedí mil veces que se retirase el video Cuiña,,, y nada. Y ahora esto??

    Tendremos que hablar dla comisión d comunicación en la asamblea.

    ResponderEliminar
  14. Eu tamén cuestiono á comisión de Comunicación. Que alguén faga algo con estes intoxicadores!. Se son xornalistas van directo para a TVG polo ben que saben manipular a información. Nin no PP o fan mellor. Anim o chavales, xa tedes futuro: nos gabinestes de prensa do PP ou nos de UDyP con Rosa Diez, que tamén odia os nacionalismos, ps ve paletos!.

    ResponderEliminar
  15. cuidadito que vienen los bloqueiros, politizan este movimiento tan guay y lo destragan!
    lástima de bois.

    ResponderEliminar
  16. FAlan de problemas ,, que todos temos,, comportanse como persoas civilizadaS,, pero parece ser que o llle pasa a moita xentiña que e tan do pais como as gotas do ceo,, seguen a ter a mesma vergoña de serem eles mesmos.............. que miren pras pedras do obradoiro a ver quen as puxo,, por quen as puxo ,, para que as puxo,, e que sigan facendose cuestions,, Ata que non se chegue o recoñecemento dun mesmo. mecagho nas movilizacions que non se moven

    ResponderEliminar
  17. Violeta: ti como censora pides a retirada do video de Cuiña, pero o de Guillerme só é "desigual"...... Queres un carguiño no BNG?? Pois aquí na acampada non caben inquisidoras rancias

    ResponderEliminar
  18. Pero porque lle tedes tanto odio ao BNG? Porque defenden o de aqui e non o de Madrid? Porque falan en galego e non en español?...
    Se non vos gustan porque invitades ao seu Portavoz e despois o poñedes a parir, por non decir o que vos queredes? Non tedes nengun tipo de escrupulos, nin tedes obxetividade nengunha. Estades cheos de prexuizos. Pois que sepades que o BNG esta defendendo moito do que defendedes vos nasempresas, nas rúas e nas folgas xerais, moito antes de que vos pensarades nelo. Un pouco de respecto para os que loitan polo que todos queremos. Sodes como crios, que un dia descubren de que vai o capitalismo e se creen que so eles loitan contra el. Un pouco de humildade e traballar todos xuntos.

    ResponderEliminar
  19. De Guillerme non se pode falar mal porque é guai do bloque, pero de Cuiña sí por ser Fillo dun "cacique", incluso algún chamoume ladrón ó seu pai. Se Cuiña falou foi porque llo pedimos e non é político, pero o Guillerme sí que o é. A Cuiña coñecémolo por activista galeguista e non porque fiexera nada malo.

    ResponderEliminar
  20. Os nenos de papa, con coidado "look" antisistema, descubriron o capitalismo! Ha,ha,ha.

    ResponderEliminar
  21. 1ºEl BNG fué quién aprobó el plus de altos cargos con el bipartito. Si este tipo quiere hablar al 15-M que renuncie a sus privilegios.
    2º El BNG es el partdo que más dinero debe alas cajas gallegas concretamente 3 millones de euros. Que los devuelva.
    3º Los del BNG son políticos, y como tales no nos interesan. Venden el himno, la patria , la bandera y la lengua como grandes diferencias de los " españois ", pero solo hay dos naciones , la de los ricos y la de los pobres. Nosotros representamos a los pobres y Guillerme y Quintana con sus salarios a los ricos. PUNTO

    ResponderEliminar
  22. Para non interesarche os políticos mira que ostia lle acabas de dar o bng. As xestións do BNG cas caixas galegas son cousas legais e nada raras, e unha entidade financiera concedendolle prestamo a un partido político que ten moitos máis afiliados que indignados acampados en galiza ten o 15M.
    Pero ta ben seguide cos tópicos en aportar nada novo, los políticos son todos malos, etc etc
    Tic-tac Tic-tac que pouco vos queda...

    ResponderEliminar
  23. Está claro canto odio tedes e onde estades os que escribides aquí: todo paus ao BNG e ningún para o PP. Xa vos facedes a "foto" a vós mesmos. FACHAS e por riba españoleiros. Darlle caña ao PP e ao PSOE que son os que vos gobernan. OLE este 15M!!!!

    ResponderEliminar
  24. Penso que os de comunicacion teñen que revisarse, e os que din que o bng e dos ricos e que quere confundir a xente, e non sei porque buscan diferencias cando hai sobre todo similitudes co que eu entendo que e "democracia real", viva o bng, viva iu, viva democracia real xa, fora ppsoe, upyd e ciu.
    Que non vos lien

    ResponderEliminar
  25. Que alguen lles diga, aos de comunicación, que teñen que ser os voceiros de todos/as, non so de si mesmos e que a súa misión no é crisparnos aos acampados/as.

    ResponderEliminar
  26. Só dous partidos políticos aprobaron o exame de #nolesvotes: izquierda unida e BNG. Esos son os dous únicos partidos que teñen dereito, por ser coherentes nas súas votacións co movemento, a participar nel. O único que amosa este artigo é unha tirria personal das personas que o publicaron con esa forza política, o cal é pouco obxectivo, moi parcial e sesgado ideolóxicamente.

    ResponderEliminar
  27. E unha pregunta: este comunicado, ¿foi sometido ao consenso da asamblea? Por que mal estaríamos se os de comunicación pensan que poden emitir comunicados en nome da asamblea sen consultar primeiro á xente que participa nela.

    ResponderEliminar
  28. Totalmente de acordo!

    ResponderEliminar
  29. Esta nota está xenerando malestar innecesariamente. Suponse que facemos esto para arreglar problemas, non para crealos. É unha metedura de pata dos de comunicación e debe ser subsanada. Non podemos pedirlle aos políticos que escoiten as nosas críticas se nós non demostramos ser capaces de facer o mesmo que pedimos.

    ResponderEliminar
  30. Como van a correxir os políticos as súas actuacións se nos non demostamos que sabemos facelo cando metémola pata? Senon se fai un xesto neste tema, cando somos acampados os que o pedimos, dificilmente imos ter credibilidade cara a sociedade e a nós mesmos.

    ResponderEliminar
  31. 1. É falso que o BNG fose "quién aprobó el plus de altos cargos con el bipartito" pois nom tinha o número de deputados e deputadas suficiente para aprovar nada por si só. Em todo caso di que foram os tres grupos parlamentares os que inicialmente apoiaram o plus. Isto causou muitas críticas na militância e na base social de Bloco. Posteriormente a CIG recolheu mais de 15.000 sinaturas numha ILP para deixa-lo sem efeito e o BNG rectificou a sua postura e votou em contra deste plus, mas receveu o voto maciço do PPSOE.

    2. Guillerme Vázquez nom cobra de nengumha instituçom pública pois nom é deputado, só é portavoz nacional do BNG.

    As meias verdades som outra forma de mentir.

    Por outra banda agora resulta que "Nosotros representamos a los pobres y Guillerme y Quintana con sus salarios a los ricos.". Caralho! num mes já tenhem "representantes" os pobres. Nom era que aqui cadaquem se representa só a si mesmo??

    ResponderEliminar
  32. No soy nacionalista, y apoyo totalmente al movimiento 15M, y creo que el comentario sobre Guillerme Vázquez es desproporcionado, y colgarlo en este blog a titulo personal, con tal consideración, atenta contra la lógica. Estais a tiempo de rectificar.

    Este político ha hablado de forma sensata haciau n movimiento apartidista, y creo que exigirle más, y si hubiera mostrado mayor compromiso, se hubiera tachado de oportunista. En serio, no os tireis más piedras a vuestro propio tejado.

    ResponderEliminar
  33. Estes chavales que están sendo manipulados non teñen nen puta idea. Conmigo que non conten.

    ResponderEliminar
  34. Si, moi reivindicativos, pero cando verten o odio sobre unha persoa e son descubertos, estos rapaces, non corrixen nin ainda cos maten.
    Toma a súa Democracia Real, e sobre todo XA.
    Ha, ha, ha....
    Ao final son iguais a todo o que critican.

    ResponderEliminar
  35. inclusivos? ... máis ben, neste caso, mal educados...

    ResponderEliminar
  36. Andrés, (comentario #5), se non ves a diferenza entre cando estivo no goberno o BNG co PSOE co fraguismo e con Feijoo é mellor que vaias revisar a vista.

    ResponderEliminar
  37. Quedaron retratados diante da sociedade. Grandísimo erro comunicativo, rapaces. Ide correndo votar Upyd ou PP.

    ResponderEliminar
  38. non contedes comigo...ide a Madrid a que vos digan qué facer...qué pouca personalidade

    ResponderEliminar
  39. Este movemento está para unir, non para dividir e parece claro que nota xenera disensos e malestar. Tamén parece claro que a nota non se corresponde co consenso da asamblea, sinón coa visión sesgada ideolóxicamente dun grupo de editores. Concordo en que se trata dun erro de comunicación, pero tamén que se trata dun erro democrático: non se pode "representar" á asamblea sin obter o seu consenso. E non me creo que a asamblea poida consensuar algo tan sesgado ideolóxicamente e tan pouco obxectivo. Debería rectificarse a nota e deixala igual que a de Cuíña por exemplo. Eso sería o democrático. En cambio esto é unha imposición autoritaria.

    ResponderEliminar
  40. Que decepción, non por opinar pois cada un e libre de facelo" pero si desde logo por unha falta de información total ao facer comparativas ou ben unha demagoxia manipuladora ou manipulada inconcevible:
    O sr vázquez podedes acusalo de político.
    un político que estivo sempre na oposición (COMO CARGO ELECTO) exepto en pontevedra un concello que dende logo se afasta muito do que Nos ten acostumbrados ppsoe, pois aparte de autorización cedeu auga e luz aos acamPados indignados desa cidade.
    Don Rafael cuiña descrebidelo com "activisra galeguista" :
    este seño Cuiña é ante todo esobre todo empresario, empresario con participación e empresas de mais de 50 traballadores como INASUS ou METALDEZA entre outras,
    empresas do secto do metal onde non se cumple o convenio e onde se fan horas "voluntarias gratis" todos os dias. horas extras "voluntarias" os sabados a 4euros ( o convenio está a 15 e pon un limite delas) onde hai despidos inprocedentes todos os dias sen indegnización, contrtos en fraude de lei, tratos vexatorios amenazas represión sindical...etc
    a maiores tratos extraños co IGAPE, contraros con VAlencia (CAmps) e tempos em maiorca, e embaixada en paises tan "democraticoS" como pro ianquis como arabia Saudí, un exemplo de clientes sustentaveis....e certo que este é o exemplo pural que busca DRY na galiza, este home é un claro exemplo da pluraridade dos indignaos, novos sen traballo e sen futuro??
    Dsde logo semelha unha contración e unha mala hostia inclreible os cometarios feitos nunha e outra entrevista... e se tedes dudas dade unha volta por Lalin e preguntadelle aos traballadores de cuiña se mentimos neste post ou non, sede coherentes pois o seño cuiña representa o capitalismo liberal mais atroz, guillerme unha organización políta que vos agrade ou nom sempe se reevindicou e se reevindica anticapitalisa e nacionalista, podedes entirvo o que querades pero desde logo respetade aos que pensamos doutro xeito desde a esquede non desde o seu asento de directivo de empresa con grandes beneficios.

    ResponderEliminar
  41. Este movemento, con xente como a leva comunicación, dexenera nun movimento de estupidez/fascistoide.

    ResponderEliminar
  42. Está moi claro como é que está a evolucionar este movemento. A spanisrevolution non deixa de ser un "brazo" máis da spanishdefense promulgada pola extremadereita e os españolfascismo rancio de UPyD.

    Tentei acudir á concentración, primeiro da Coruña, e despois de Compostela... mais o seu compromiso e indignación non só non cadra co meu compromiso e indiganción, senón que choca frontalmente.

    Eu estou certamente indignado pola persecución do meu Idioma (o Galego, porque eu non vivo en Castela) por parte da clase empresarial e política española. Estou indignado, tamén, polo desprezo que a clase empresarial, política, dirixente... mais ollo! tamén proletaria española... ten de cara ao meu País (o Galego, porque eu non vivo en Castela).

    En Catalunya xa se comezou coa petición, dentro das propostas, da autodeterminación das nacións oprimidas por España e os ricos españolitos:

    http://www.vilaweb.cat/noticia/3895058/20110605/lacampada-barcelona-finalment-incorpora-lautodeterminacio.html

    Para cando a mesma proposta en Galiza? Ah, claro! Aquí non! Aquí estamos ao que nos manden os do Sol! Se queren reforma electoral con circunscripción central (cousa que beneficiará aos españolistas de IU e UPyD) pois nós con eles. E claro... isto non perxudicará aos partidos soberanistas da esquerda alternativa no voto, mais si nos pactos. PSOE pactará con IU e PP con UpYD... e eu seguireime indignando contra os gobernantes, os burgueses que me chupan o sangue, o estado opresor e o movemento 15M que me escravizou máis aínda do que xa estaba.

    Non hai clase obreira libre en nacións escravas, e non hai nacións escravas en linguas alleas...

    No libro INDIGNÁDEVOS aparece un apartado de "indignación por Palestina". Eu solicito una "indignación por Galiza e a clase obreira"

    ResponderEliminar
  43. Chicos, creo que es bastante claro que se ha metido la pata hasta el fondo con este comentario por que está generando un gran rechazo y está provocando que perdamos el apoyo de gente tan próxima en sus planteamientos y en sus demandas a nosotros. Por no mencionar el malestar que se está generando en la acampada con esto. El derecho a equivocarse solo puede sostenerse cuando se ejerce la correspondiente responsabilidad de rectificación.

    ResponderEliminar
  44. Aí falaches! Estou contigo.

    ResponderEliminar
  45. Eu creo que non se debería entrevistar a representantes de partidos políticos NINGÚNS. O sr. Vázquez (e os representantes políticos) ten plataformas de comunicación dabondo para facer chegar a súa voz (ou a da súa formación) e non debería dárselle espazo neste movemento que busca a voz dos sen voz. Por outro lado o Cuíña non é un representante político é un cidadán civil con carnet de afiliado a un partido, se ides mirarlle os "antecedentes" a todo cidadán que se achegue antes de preguntarlle a súa opinión ides fodidos/as e se ter o carné dun partido ou sindicato exclúe de validez das opinións... revisade o voso ideario. Por outro lado ningunha ideoloxía política tentou manipular tanto a acampada como o nacionalismo galego de esquerdas e iso non creo que ninguén se atreva a negalo.

    ResponderEliminar
  46. Perdón, manipular? En serio, rapazolo busca os significados dos termos que pretendes empregar antes de escribilos.

    Se defendemos cousas que o BNG abandeira dende hai moitísimo máis tempo, é lóxico que nos apoien.

    ResponderEliminar
  47. Xa podemos ver cal é a liña dos que dirixen a acampada, "todos os políticos son iguais" pero vivan os que van de "güais" aínda que lle chupen o sangue aos seus traballadores como fai o chico Cuíña nas súas empresas no Deza. Seguide de acampada que está ben, pero ollo conpedir responsabilidades cando vos apisonen os chicos de PP e UPyD.
    Onde estabades cando o nacionalismo galego se enfrontou á reforma das pensións, xogando coa pda?

    ResponderEliminar
  48. Moito vos queixades das declaracións de Conde Roa e Bugallo sobre a acampada, pois non os votárades... Ah non, que a metade nin sequera estades censados en Santiago. Que isto do campamento chupipiruli nos vosos lugares de procedencia os vosos pais non volo permiten facer. E moitos acampados nin sequera foron votar. Así como ides defender unha democracia, se ninsequera ides votar? Se estades en descontento coas opcións políticas, podesdesvos presentar vós, mira que non haberá "Independentes por Begonte", "Alternativa dos Veciños de Oleiros"...

    E sentíndoo moito, a democracia falou, aínda que fose a maioría absoluta por 17 votos ou non a tivese, o PP foi o partido máis votado e foi o que a cidadanía santiaguesa quixo , mal que nos pese a todos!

    ResponderEliminar
  49. masturbación femenina con sacacorchos! =)

    ResponderEliminar
  50. Hoyga que neste texto falta a habitual liña de guións seguida da traducción ó español. Que cousa, veña xa o traduzo eu:

    -----------------------------

    El paleto nacionalista fue recibido a gritos de
    YO SOY ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOOOOOOOOOOOL

    ResponderEliminar
  51. UPEIDÉ! UPEIDÉ!
    La mitad es la totalidad!
    UPEIDÉ! UPEIDÉ!
    En contraposición a la disyuntina "O PSOE, O PP" , Nosotros somos el partido de la conjunción copulativa! Venga, que salimos en la Wikipedia y los Wikilikis esos!
    UPEIDÉ! UPEIDÉ! UPEIDÉ! UPEIDÉ!!!

    ResponderEliminar
  52. Soliño, oye, que el señor Cuiña tiene plataformas para comunicarse, es columnista en varios portales de internet, en versiones impresas de Xornal, etc. etc.

    Qué mérito tiene este niño de papá, sin carrera, pero empresario con éxito? Es un cacique, si quieres decirlo, un cacique gallego, en clave casi-nacional (gallega).

    Con repeto al comunicado, no comparto el independentismo del BNG, soy federalista convencido, hablo español siempre y deseo que mis hijas tengan educación exclusivamente en gallego y usen el gallego en Galicia. Pero no por ello voy a tratar como una mierda, que es lo que habéis hecho, al secretario general del BNG.
    En fin, yo pido que se borre esta entrada y punto pelota.

    ResponderEliminar
  53. O españolismo que impregna os acampados é verdadeiramente escandaloso. En xeral cheiran a UPyD que apetrenan. E a PP tamén.
    Onde estabades vós até agora? Onde cando tanto faciades falla en folgas, manifestacións e todo tipo de protestas? Dígovolo eu: rañándoa na casa de mamá e papá. E así vos vai na Galiza por desprezar a parte da sociedade, todo o nacionalismo -non só o Bloque-, que máis ten loitado polos dereitos e a dignidade das xentes galegas. Aquí, hoxe, só sodes catro gatos facendo camping e pasándoo ben que favorecedes a dereita cos vosos discursiños e actitudes prepotentes carentes de utilidade e de sintonía co país. Tedes ademais a intransixencia dos conversos a unha nova fe e bateredes co fracaso cando vos manifestedes nas nosas rúas.
    E quero deixar constancia de que eu non estou moi de acordo coa liña do BNG actual. Por que foi, por exemplo, Guillerme Vázquez visitar estas persoas? Que necesidade tiña de se poñer a tiro do inimigo?
    Todos os que se declaran independentes en política ou apolíticos rematan engrosando as filas da dereita. Só é cuestión de tempo.
    Pola miña parte, retírovos o meu apoio por pouco que xa fose, e chamo a todos os nacionalistas galegos a facer o mesmo.

    ResponderEliminar
  54. Estais tan "despolitizados" que sodes os tontos utis do españolismo do PSOE e o PP. Utilizades os mesmos argumentos trillados e tópicos deles. Gústevos ou non, estades en Galiza e esta é unha nacionalidade histórica (o di ata o PP), e vos erre que erre con argumentos preconstitucionais que so utiliza UPyD e o PP coa boca pequena. Sodes fascistas e ainda non o sabedes. Non pode haber nada mais triste que esto. Esta claro, as acampadas non van durar por falta de intelixencia. Mágoa.

    ResponderEliminar
  55. Es evidente que el malestar va en aumento. Chicos, creo que esto ya está sobrepasando los límites de lo prudente. No podemos usar la acampada como una trinchera desde la que atacar a otros ciudadanos, y mucho menos cuando esta gente comparte tantas cosas con los planteamientos de la acampada. Lo peor que se puede hacer es negar el problema o eludir su resolución. Se ha cometido un error, está causando malestar, el ambiente se está enrareciendo y debe rectificarse cuanto antes para que no se nos escape de las manos.

    ResponderEliminar
  56. NADA, son autistas. Non insistas, moito darlle ao pico, pero a hora de actuar, escóndense.
    Asi non imos cambiar o mundo.

    ResponderEliminar
  57. Non home non, non retiredes o vídeo nin rectifiquedes; deixade estar as cousiñas así, que ninguén mellor ca vós para facer o voso proprio retrato. Así xa vai sabendo todo o mundo quen sodes e a que ou quen representades.
    Por certo: non somos NÓS, OS NACIONALISTAS GALEGOS, os que compartimos os vosos plantexamentos; máis ben, vén sendo ó revés: sodes vós, os campistas, aínda que proia, os que defendedes teses que NÓS, repito, OS NACIONALISTAS GALEGOS de todas as liñas, tivemos por bandeira en mil batallas ó longo dos anos.
    NÓS estamos loitando aquí desde xa hai moito tempo; dende moitísimo antes ca vós como pouco. Non descubristes pólvora ningunha. Cómpre pór as cousas no seu xusto lugar.
    E aínda non estando en total acordo político con Guillerme, un home decente, defendereino até onde faga falla, porque sempre será dos meus alén de calquera diferenza.

    ResponderEliminar
  58. E que daquelas para eles era moito máis cómodo protestar pola Lei Sinde que polo abaratemento do despido. Pero agora non, agora son uns concienciados e teñen os santos collóns de criticar á esquerda ( á verdadeira esquerda , non ao PSOE ) que sempre estivo da súa parte e sempre loitaron por eles. PJ

    ResponderEliminar
  59. Goleada de comentarios a favor do entrevistado e en contra dos entrevistadores manipuladores e sectarios.
    E despois din que non fan politica e queson apartidistas.
    Que MORRO teñen!

    ResponderEliminar
  60. primeiro dicir que creo que está fora de lugar realizar calquer tipo vídeo a representantes políticos porque é darlle un tratmento de persoeiros de relevancia o que se afasta do espírito da asemblea como movemento cidadá, se algún responsábel político dalgunha organización quere dicir algo que se acerque a unha asemblea para falra como cidadá e se quere mandar algunha mensaxe como voceiro da súa organización ten os medios da súa organización (ex. que colque o vídeo na súa web).

    Dito isto tamen dicir polos comentarios anteriores, que non veña nadie do BNG dar leccións porque este partido sobrevive a base de ser a muleta do PSO€, e que intenta subirse agora ao barco do movemento despois de ignoralo ata o día 22 e incluso consideralo oopsta aos seus intereses (unha manobra da esquerda españolista dicían...), oportunismo é o que está a facer a dirección do BNG e Guillerme Vázquez con respecto ao movemento 15M. Que ben houberan feito na dirección do BNG se dende o principio escoitaran a cantidade de militantes e simpatizantes que están a participar na acampada...

    ResponderEliminar
  61. Honestamente a nota rezuma sede de vinganza, de carraxe. Malos sentimentos. Nada positivos. A xente positiva procura alonxarse da xente negativa. A xente negativa atrae máis xente negativa. A xente negativa non pode traer nada bó, nada positivo. Mala cousa. É unha mágoa. Até agora tiña boa pinta o da acampada. Unha pena que esto pasara.

    ResponderEliminar
  62. Si, home, si; están agora moi concienciados e sonche tamén moi apartidistas do noso señor... Mais cando eles só sexan un recordo simpático e guay do pasado -non tardarán moito en chegaren a ese punto- nós seguiremos aquí, de frente, coas nosas razóns e cos nosos erros, levando paus e sendo criticados por "partidistas" como si selo fose algo malo per se, e loitando por construir unha sociedade galega máis xusta e liberada dende a que actuar para mellorar tamén o mundo no que poidamos.
    E entón, mentres nós esteamos no futuro facendo o que sempre fixemos, onde andarán todos eles?

    ResponderEliminar
  63. Ao BNG podeselle acusar de moitas cousas, pero de oportunismo non. Na lista de #nolesvotes solo hay dous partidos "compatibles" co movemento: Izquierda Unida e BNG. Estos son os dous únicos partidos que votaron: en contra da guerra, en contra dos rescates á banca, én contra da Ley Sinde... son os dous únicos partidos que levan defendendo as nosas ideas no parlamento, no senado, nos concellos... pode gustarnos ou non pero esa é a realidade. Non se pode atacar así á xente que apoia as demandas do movemento, é moi pouco intelixente.

    ResponderEliminar
  64. Atacar aos partidos de esquerda como EU e BNG, únicos que loitan contra o capital e a globalización, os define nunha destas 3 posicións:

    1) perroflautas que pasarán sen pena nin gloria cando levanten en Madrid
    2) Dereitosos fachas ou colaboracinistas do poder
    3) simpatizantes de UPyD, que ao cabo vén a ser o mesmo que o punto 2

    Non me gusta ningunha das 3 posicións. Ata máis ver.

    ResponderEliminar
  65. Eu tamén estou indignado cós indignados con prexuizos do Obradoiro. Lamentabel

    ResponderEliminar
  66. Cada vez me gusta menos lo que veo en esta acampada. No está bien eso de andar metiéndose con la gente, cada uno tiene derecho a militar donde mejor considere o no militar en absoluto. Por favor un poco de objetividad y neutralidad.

    ResponderEliminar
  67. Que peniña dá isto. Non entendo as razóns dos ataques ao bloque, un dos poucos partidos que aínda se opoñen a este sistema teatreiro no que nos tocou vivir. Creo que o mellor será que todos volvamos para as casiñas a madurar un pouco...

    ResponderEliminar
  68. A por eles, compañeiros¡¡¡, desaenmascaremos aos fachaflautas do Obradoiro.

    Vivan os acampados de Catalunya e abaixo o españolismo

    ResponderEliminar
  69. Pois Guillerme do BNG o que dixo, dixo ben, non sei a que vén o comentario que acompaña o vídeo.

    Deberíades rectificar e pedirlle disculpas en persoa ao bo a Guillerme.

    Se non o facedes, mellor collede os cacharros e ide para a vosa casa, porque estaredes demostrando que non tedes os mínimos principios éticos e morais.

    Eu tamén estou INDIGNADADO con vós.

    ResponderEliminar
  70. Que veña Conde Roa e os desaloxen. Que aprendan.

    ResponderEliminar
  71. Non é por nada pero acabo de ver a noticia en dous medios de comunicación, e a mensaxe que estades transmitindo con esta "gracieta" é a de división e perda progresiva de apoio social. Por favor, correxide esta metedura de zoca, errare humanum est, e de sabios é rectificar.

    ResponderEliminar
  72. Gosto de que o Povo reconquiste as ruas (Reclaim The Streets, RTS).

    Nom gosto de ouvir a porta-voz #acampadaobradoiro falar na Rádio Galega na língua do Império Pequeno.

    ResponderEliminar
  73. Que cuatro fachas te digan que son lo mismo unos que otros, pues mire usted, no y mil veces no. Para acusar se deben presentar pruebas,sino es mejor callarse. Yo no tengo ningun problema en reconocer mis limitaciones, pero, lo que si tengo claro, es que soy un democrata convencido y que respeto a todos, independientemente de su ideologia. Pero todo tiene su excepción en mi criterio particular y esa excepción es con los fachas, los intoxicadores y los que no quereis a GALIZA. Para todos vosotros, mi más profundo rechazo y desprecio.

    ResponderEliminar
  74. Isto empeza a cheirar o partido da PutaDiez...e como asi sexa para min isto xa estaria mais que finiquitado...pra casiña ou se non que o franquista de Conde Roa se encargue de barrer a basura españolista...que cada dia que pasa cheira peor...

    ResponderEliminar
  75. Tedes que tomar unha decisión, porque esto empeza a derivar moito, pola vosa culpa e por agachar a cabeza coma un avestruz coa metedura de pata da comisión de comunicación.

    Canto mais tardedes, pior.

    Estades fastidiando todo o conseguido!

    ResponderEliminar
  76. Lamentable que moitos dos que ides contra o sistema e a manipulación dos mass media reproduzades aquí os argumentos que precisamente os grandes medios de comunicación gardians do sistema e que vós criticades, como La Voz de Galicia, soltaron no seu día contra o BNG. Hai moito indignado que efectivamente está jodido, coma todos, e indignado pero que prefire subirse ao discurso facil e populista de "son todos iguais" e que non fai o esforzo cívico de formarse, e informarse, para saber cal é a realidade e para saber a traxectoria de segundo que organizacións políticas. Pero claro, informarse custa esforzo, pero sen esforzo deste tipo pouco e con xente así non imos facer nada máis que dar unha pataleta e continuar perpetuando o mesmo sistema.

    Comunicación dimisión!!!

    ResponderEliminar
  77. Non sei se vos destes conta, pero estades a facerlle a mellor campaña publicitaria dos últimos tempos ao Bloque.
    Que listiños sodes.
    Con inimigos coma vós o BNG non precisa facer amigos.

    ResponderEliminar
  78. Hai moita xente moi cabreada con vós dende o principio por temas como o de agredir os dereitos dos galegofalantes, maioritarios nos movementos sociais, ou de repetir de forma acrítica as consignas de Madrid. A pesar dese cabreo, esa xente vos dou un voto de confianza e se ofreceu para colaborar. Se tratades a esa xente como inimigos, en lugar de tratalos como compañeiros, non vos estrañedes de que vos retiren ese voto de confianza, se é que non o fixeron xa. Hai que ser mais intelixentes e tratar de unir, non de dividir; hai que intentar sumar sempre, non restar. No futuro deberia someterse á decisión da asamblea as cousas que se publiquen no blog, e no que respecta ao pasado, deberia facerse a rectificación que vos piden.

    ResponderEliminar
  79. non. esta mensaxe tan agresiva contra alguén que ven ofrecer a súa axuda non representa nin á acampada do obradoiro nin tampouco ao movemento 15m de indignados. é unha mágoa que se estrague desta maneira todo o conseguido nestas semanas. é inxusto que se utilice o blog do campamento para darlle saída ás teimas personais dunhas personas moi concretas. por favor escoitade as críticas que vos fan e reaccionade en consecuencia.

    ResponderEliminar
  80. Hay un hecho fundamental por el que esta polémica DESACREDITA a la acampada: decenas de personas (¡más de 80 solo en este blog!) han mostrado aquí su opinión mayoritariamente EN CONTRA de este comunicado, no consensuado con la asamblea. A pesar de ello, los de comunicación hacen oídos sordos. ¿Es esa la democracia real que se promueve? Como dice el refrán: "Hechos son amores y no buenas razones". Esta polémica está desacreditando al movimiento.

    ResponderEliminar
  81. Xa ves o grado de infantilismo desta xente. Se non concordas con eles é que es un troll.

    ResponderEliminar
  82. É que estos que nos chaman trolls en inglés, que con tantos idiomas menos o galego xa parecen de Galicia Bilingüe, non poden rectificar así como así, porque primeiro os da comisión de comunicación teñen que falar cos das comisións B, H e L e logo comunicar o acordo á subcomisión R4 para que esta, á súa vez se poña en contacto coa comisión de gominolas e lambetadas que levará a proposta á asemblea xeral, onde se formará unha comisión N específica para estudar o tema e se decidirá, de se aprobar a moción por maioría simple, convocar a través doutra subcomisión, unha asemblea extraordinaria onde uns delegados especiais, elixidos na Porta do Sol de Madrid, convocarán a formación dunha... e bla, bla, bla...

    ResponderEliminar
  83. Esto ya empieza a cansarme. Si demuestra implicación es un demagogo que quiere fagocitar el movimiento, y si no se implica resulta que pasa de nosotros. ¿Y no será que por ser del Bloque hay que criticarlo sí o sí?

    ResponderEliminar
  84. OLA:

    A estas alturas e despois de ler varios comentarios creo que non vale máis a pena falar de si o empresario Cuiña (con todos os respectos para él, o pai era o pai e o fillo é o fillo) é mellor ou peor que o político Guillerme Vázquez.
    Pero que hoxe haxa sente que trate por igual ao BNG que ao PP ou PSOE, non é xusto... Fai falta falar do que pasaba fai 30 ou 40 anos? quen estaba na clandestinidade pelexando para vivir nun sitio con dereito a reunión ou liberdade de expresión? E quen pelexaba no Atlántico no ano 81 a bordo dun pequeno pesqueiro chamado Xurelo contra os verquidos nucleares? Cantos alcaldes franquistas (e familiares directos) permanecen hoxe en día en concellos das 4 provincias baixo as siglas do PP? POR FAVOR!!!!! é igual Louzán ou Baltar que o tal Guillerme Vázquez? As persoas que esceberon o comentario sobre él coñecen minimamente o rural e saben como gaña o PP as eleccións os apoios que teñen das súas Deputacións, de construtores locais, etc?
    Está claro que como creo que dixo Mario Soares "gobernar é descontentar", incluso defraudar, e que cando o BNG/Bipartito o fixo (gobernar e fallar -aínda que tamén houbo acertos: banco de terras,obstáculos/moratoria para seguir coa construción na costa, revisión das licencias para máis piscifactorías, encoros e minicentrais...-) moita xente quedou disgustada, pero aínda que tan só sexa porque uns defraudaran/fallaran/a cagaran 4 anos e OUTROS 16 (camiño de 20), non se merecen ser comparados con eles!! Uns estaban na cadea e nas comisarías por pelexar e defender cousas tan xustas como as que se reclaman nas acampadas(Quintana incluso -sí ese "tan malvado"- por loitar polo saneamento do río de Allariz acabou en Pereiro de Aguiar), e os "outros" acabarán na cadea por corruPPtos, esas son xa algunhas pequenas diferencias.
    ABRIDE OS OLLOS, SEGUIDE SENDO CRITICOS E DE CANDO EN VEZ REVISADE AS HEMEROTECAS

    ResponderEliminar
  85. Está claro que os do BNG non respectades a independencia deste movemento nin para que cada un decida no seu seo que idioma utilizar. Queredes impor unhas bases "mínimas" acordes coa vosa cosmovisión e todo o que non queira tragar é un facha de UpyD automaticamente, sodes igualiños que os que criticades. Criticades se se fai algo como en Sol pero queredes que se faga igual que na Praza de Catalunya. Seguides perdidos no voso propio labirinto e cada vez que sae algo que pode axudar a cambiar o sistema REAL no que AGORA vivimos facedes o posible para metelo a dar con vós voltas sen fin ás vosas teimas...e se non..son fachas!! E encima, cando os vosos políticos chegan ao poder...buffff!, que maneira de aproveitar os defectos do sistema en beneficio propio en vez de cambialos!!! AQUÍ NON SE BUSCA A PREEMINENCIA DUNHA OPCIÓN POLÍTICA POR SER TEORICAMENTE MELLOR QUE OUTRAS, AQUÍ SE BUSCA CAMBIAR O SISTEMA!!

    ResponderEliminar
  86. Se se busca o cambio do sistema eu o que detecto nestes movementos en Galicia é a implantación de moitos prexuízos moitas veces introducidos polos poderes fácticos e que vexo que cumpriron o seu efecto. Credes que o voso discurso anti-nacionalismo galego non ten carga nacionalista e non é asi, porque nos telexornais de antena 3 digan los nacionalistas excluíndo ao español non quere dicir que non exista a carga nacionalista española. Aquí ou defendedes a descentralización do Estado e entendes a diversidade como riqueza, ou avogades pola centralización de España e seguides a simular que dende Galicia so somos unha división provincial dun movemento nacional que ten a sede en Madrid ou rexeitades este debate achengadonos ao anarquismo. A teoría política é clara, ou carga nacionalista cara un lado ou outro ou destrucción desa carga como dicía Bakunin. A ignorancia e pechar os ollos ante isto por parte de moitos de vós vai a ser un gran motivo de división na acampada, pois queirades ou non moitos dos que tedes una enorme carga nacionalista española nos vosos comentarios Galicia segue a ser unha nación, academicamente non hai discusión.E por moito que o ignoredes senón calibrades a óptica ides quedar a un lado sen que haxa debate racional.

    ResponderEliminar
  87. Soliño... mudar o sistema cun consenso de mínimos que poderia asinar perfectamente o PP, o PSOE ou Upyd??
    Non entendo.
    Un consenso de mínimos que fala de "Democracia Real" pero nen cita de lonxe o tema da monarquia???
    Un consenso de mínimos que fala de "Democracia Real" pero quere impoñer unha cisrcunscripción única en todo o terrirório do estado para que Madrid colla aínda mais forza e lugares como Lugo fiquen definitivamente borrados do mapa?
    Un consenso de mínimos que fala de "Democracia Real" pero cheo de intencións e xeralidades e as únicas propostas concretas que se fan son pura reforma descafeinada?
    Un consenso de mínimos que fala de "Democracia Real" pero que non fala nada de que o estado sexa laico dunha vez?
    Un consenso de mínimos que fala de "Democracia Real" pero que non recoñece o dereito democrático de autodeterminación da xente?Un consenso de mínimos que fala de "Democracia Real" pero que non recolle o recoñexcemento dos dereitos das mulleres, de libre eleición do aborto ou temas de igualdade?
    E con isto falades de cambiar o sistema?? HAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHA
    Flipo coa vosa febleza argumental.
    Hai 30 anos calquera partido político de esquerda xa estaba a anos luz das vosas reivindicacións de xoguete. E só hai uns mesiños houbo unha folga obreira na Galiza reivindicando moitísimo mais ca vós.
    O que se vos di nos comentários é que tedes unha pésima comisión de comunicación, e que evidentemente coincidides co descurso FACHA á hora de caer en tópicos irreflexivos sobre a política galega.
    Incluso o socialdemócrata light de Quintana era moito mais avanzado en propostas que ese consenso de mínimos ditado polos universitarios de Madrid en Sol.

    ResponderEliminar
  88. cambiar o sistema, cara onde? cara o españolfascismo?, cara o anarcoespañolismo?... cara o sol? (nuca mellor dito).

    Para mudar o sistema o primeiro que compre mudar é a mentalidade. Como imos ir contra banqueiros e empresarios da man de colonizadores, invasores, represores... e para máis gaita falando o seu (si; o SEU) idioma?

    Conmigo non contedes!! Como persoa de esquerdas o dereito á autodeterminación das nacións é incuestionábel... Todo o contrario é españolismo. Todo españolismo é fascismo!

    ResponderEliminar
  89. Eu creo que ao carón da definición no diccionario de "españolismo provinciano" tiñan que por unha captura de pantalla desta entrada.

    ResponderEliminar
  90. , #acampadabcn decidiu incluir no manifiesto o dereito de autodeterminación de Catalunya. Unha boa parte da sociedade catalana foi reticente a apoiar o movimiento se entre as reivindicaciones non se atopaba o dereito autodeterminación. A ver se os cipaios do camping miran máis para as nacións irmás e deixan de lamber o cu aos españois.

    ResponderEliminar
  91. Eu tamén estou indignado con este ataque ao BNG decidido por non sei quen. Así vos estades marxinalizando, no canto de buscar alianzas. Aínda que ao mellor o que prentenden algúns trolls é que iso só serva para dicir que os partidos que apoian aos especuladores (PP e PSOE) e o único que se manifestou en contra deles (BNG) son o mesmo. Nin o propio Botín.

    ResponderEliminar
  92. Faime moita gracia iso que dicides de que os nacionalistas galegos estamos atrapados no labirinto, claro, porque vos estades empadroados no Universo y estais en sintonía con el cosmos. O que pasa é que estades sentados nas políticas do nacionalismo español so que cunha venda nos ollos e non vos dades nin conta porque nin volo parades a pensar. Facedelle caso ao que vos din o do PP, Rajoy Fraga y Rosa Díez no son nacionalistas, nacionalista es Beiras

    ResponderEliminar
  93. Leídos os anteriores comentarios reitérome autocitándome: "Queredes impor unhas bases "mínimas" acordes coa vosa cosmovisión e todo o que non queira tragar é un facha de UpyD automaticamente, sodes igualiños que os que criticades. Criticades se se fai algo como en Sol pero queredes que se faga igual que na Praza de Catalunya."
    E engado:o "cipaismo" dos demais forma parte do voso labirinto de psicoses variadas.

    ResponderEliminar
  94. Fora a comisión de comunicación, por non aglutinar e por dividirnos!
    Esto cheira a podre!

    Definitivamente, se non de Rosa Diez (UPyD) actuan como se foran.
    Non ao fascismo encuberto de acratismo.
    Non ao liberalismo encuberto de libertario.

    Esto e dereita pura e da dura!

    ResponderEliminar
  95. no pensaba escribir más sobre este tema, pero algún/a CENUTRI@ se le ha ocurrido llamarme "rancia inquisidora"....ay!! q paciencia, el pobre no sabe leer....
    Desde el principio me opuse a la publicación de ningún video de personajillos politiqueros... de ningún tipo ni color... ni mucho menos por ser ni apolítica, ni apartidista, sino para "no abrir vías de conflicto", para darnos la oportunidad de aprender a hacer otro tipo de "política", la política dla gente de a pié (eufemismo como otro cualquiera).
    Así como me opongo a que la acampada firme como tal, ningún panfleto, plataforma, iniciativa, ni convocatoria de nadie.... Porque son muchos años de instrumentalización, de la que una gran mayoría está harta; así que yo propongo (y creo tener derecho a hcerlo sin q nadie me insulte) q todas las iniciativas deben salir de la acampada. Agradeciéndo todas las propuestas, agradeciendo todas las informaciones, agradeciendo todas las visitas ... habrá que darle a cada una el lugar que merece... que no debe ser otro que el de oirlas, digerirlas y luego realizar nosotr@s la iniciativa que queramos; eso es darle todo el poder a las asambleas.
    La tarea .. OTRA POLITICA ES POSIBLE.... no es fácil; pero es mucho más dificil cuando se hace continuamente con insultos, ataques y arroutes varios.

    Y aprovecho... para explicarte q no quiero un cargo en el BNG!! que no soy nacionalista, soy votante de Izquierda Unida. Vosotros podéis seguir con vuestras peleas de "nacionalista gallego" contra "nacionalista español", me declaro habitante de marte. Así solo se le hace el juego al capital (ese si que no tiene patria ni fronteras... vive en paraísos "fiscales" y habla 5 idiomas, aunque lo hacen sólo entre ellos, porque a los pobres parias ni nos miran a la cara).

    Dedicado a los que tiran la primera piedra: http://www.youtube.com/watch?v=b9v9hd4FLCo

    ResponderEliminar
  96. Por que será que que os e as nacionalistas marcian@s, ou habitantes de Marte, ou supermegachachicosmopolitas falan e escriben sempre en español e non en galego?
    Será porque en realidade son españois-las até as cachas, como se sentía Ortega, aínda que non o queiran admitir?
    A equidistancia, nestes asuntos, non existe. E por iso, este movemento dos acampados na Galiza non ten futuro.

    ResponderEliminar
  97. Vexo que non hai argumentos, nin raciocinio, nin se entra a debater algo que está ahí por moito que se queira ser branco ou de marte. Se está entrada non tivera carga nacionalista non molestaría a ninguén pero iso é un absurdo. Seguide co voso negacionismo, e dadelle as costas aos razoamentos, ides moi ben. Supoño que a vos cousas como que LLamazares fose un nacionalista pero federalista español e que Cayo Lara sexa un fulano que defende teses centralistas son cousas que nin vedes. Ou que agora mesmo hai novas formas de diglosia como que nas urbes case calquera que fale galego é considerado votante do BNG como se levara unha etiqueta, e iso claro non ten nada que ver con este negacionismo. GALEGO É TODO AQUEL QUE QUEIRA SELO, A NOSA CULTURA E LINGUA É UN TESOURO, O UNIVERSAL É O LOCAL PERO SEN PAREDES, pareceme xenial que vos consideres de marte pero se fixerades o esforzo intelecutal que fixeron os cataláns, normal que sexan vangarda, ao mellor vos enterabades que vos credes de marte e non sodes máis que marionetas educadas en contra da diversidade.

    ResponderEliminar
  98. Es que en Marte te hablan el castejano de toda la vida... :D

    ResponderEliminar
  99. Deixémonos de tonterías de que o movemento é españolista ou no se cantas merdas... na acampada de Obradoiro hai unha pluralidade política que nunca da miña vida había visto e iso que levo militando nuha organización política da esquerda uns cantos anos, a práctica totalidade das organizacións da esquerda do país están a participar ("españolistas", grupos da órbita do BNG e independentistas) cun ámbiente de traballo que NUNCA antes se vira, asi que deixade de enmerdar.

    O comunicado da acampada non foi moi afortunado pero o problema principal penso eu é dar cabida nos medios do movemento a declaracións de responsábeis de organizacións políticas (con independencia do su color e posición), esto é un movemento cidadá e de base.

    ResponderEliminar
  100. Violeta corrosiva, que mal acabas de deixar a Izquierda Unida, (para ti non vale eso de Esquerda Unida) porque te definiste sen querer.
    Suscribo este comentario:
    "Por que será que que os e as nacionalistas marcian@s, ou habitantes de Marte, ou supermegachachicosmopolitas falan e escriben sempre en español e non en galego?
    Será porque en realidade son españois-las até as cachas, como se sentía Ortega, aínda que non o queiran admitir?
    A equidistancia, nestes asuntos, non existe. E por iso, este movemento dos acampados na Galiza non ten futuro."

    ResponderEliminar
  101. Chic@s q animad@s os veo, con esta entrada....

    escribí ese post en castellano como antes había escrito otros en gallego... la verdad es q es un tema en el q no pienso volver a entrar. Penso adicar o meu tempo a traballar por un mundo sen explotados nin explotadores, por unha democracia real, onde unha persoa sexa un voto (en betanzos e en murcia) e onde as persoas poidan decidir o modelo de estado no que desexan vivir, se queren unha monarquía ou unha república, un estado federal ou a independencia, se queren unha educación pública e de calidade, onde poidan estudar en galego, en chinés ou esperanto; etc.... e cando teñamos os instrumentos para poder pedir todo isto (que agora non os temos). Eu escollerei un estado federal, plurinacional e plurilinguistico, republicano, laico e soclalista.

    Espero veros este verano en el yate del ilutre gallego Amancio Ortega, yo estaré acampada con los trabajadores d SINTEL, coa xuventude do 15M no obradorio ou da "geraÇao à rasca", avec les jeunes d´avantgarde, e un longo etc. Non pensedes nunca que o galego é patrimonio dos nacionalistas; é só que algúns pensamos que as linguas son instrumentos para comunicarnos e non para dividirnos, e que a diversidade non é desigualdade.

    Por certo, podes votar Esquerda Unida, Esquerra Unida, Ezker Batua, Izquierda Xunida, la Gauche Unie, que o noso problema é que unha lei inxusta e antidemocrática fai que un escano para calquera candidatura de Izquierda Unida custe máis de 485.000 votos, fronte aos 66.700 que lles custa ao PPPSOE e aos 100.000 que lle custa ao BNG.

    Aqui vos deixoo un agasallo de dous amigos vascos, que o son: http://www.youtube.com/watch?v=WW_EzR4yWws

    ResponderEliminar
  102. Vésevos o plumeiro. É unha mágoa que baixo a careta de revolucionario se agoche un movemento que soi pide a desmobilización dándolle votos á dereita como pasou en Madrid e que se posicione claramente achegados á maldita dereita que nos goberna (con privatización de servizos, explotación e especulación) cousa que o BNG critica dende sempre. É un auténtico noxo.

    ResponderEliminar
  103. Violeta,a verdade e que a aclaración foi pior. Casi deixao como está. Con revolucionarias coma ti, temos PP para bo rato. Bicos

    ResponderEliminar
  104. Violeta está a favor dunha circunscripción única? E logo fala dun estado federal??? Que confusión mais grande ou que mala intención tes. Se fose por ti xa non existirian a provincia de Lugo ou Ourense, xa que os seus votos aínda valerian menos do que valen comparados co dos españois. Esa postura é directamente antigalega, centralista e antirural. Reflexiona un chisco.

    ResponderEliminar
  105. Violeta como que plurinacional y federal no me seas bloqueira eh! Qué sera lo próximo ir a una entrevista de trabajo en La Coruña hablando gallego, ay por favor que baje dios y lo vea.

    ResponderEliminar
  106. Estes da Izquierda española afundida son os mesmos que defenden ENCE na beira da ria de Pontevedra? Así levaron a malleira que levaron. Os mesmos que lle acaban de regalar as alcaldías de Santiago, Ferrol e Coruña ao PP? Vanse quitando as caretas os axentes do españolismo. Os fahaflcautas descerebrados que lle fan a claque aos explotadores de Monbus e Bluseans¡¡¡

    ResponderEliminar
  107. Non Violeta, non, moitos non estamos animados con esta entrada; estamos indignados; con ela e cos agora autoproclamados Indignados. Porque en realidade, a nosa indignación, a nosa náusea, vén de moito máis atrás que a vosa. E a algúns nacionalistas, perdurar durante anos nas distintas loitas neste país vainos pesando xa no lombo. E comprenderás entón que non esteamos xa para aturar as fallas de respecto e as saídas de ton de catro campistas que cren sabelo todo dende hai só dous días.
    Ala, saudiños e sentidiño.

    ResponderEliminar
  108. Violeta, Violetiña...
    La aclaración fue mucho peor... Yo soy ciudadano del mundo, sí, me considero así, y quiero que en todo el mundo haya justicia social para toda la humanidad...
    Ahora bien, soy ciudadano del mundo porque me siento gallego, me siento español, me siento vasco, me siento bretón, y me siento parte de cada pueblo de este planeta y mucho más de los pueblos oprimidos.
    Y creo que en Galicia, los poderosos siempre han sido unos, y los pobres otros. Hasta mi generación, los pobres (las clases trabajadoras) hablaban gallego y los ricos castellano. Tengamos muy presente eso siempre, aún cuando todo ha cambiado tanto, porque si bien es necesario comprenderlo todo, también lo es comprender al resto de la izquierda.

    Y siempre humildad, siempre, he votado al PC en los 80, en los 90 he votado al BNG, me he abstenido, he sido una de las abstenciones del 2009, no he votado ni al PSOE ni al BNG, sobre todo no he votado al BNG, pero rectificar es de sabios, escuchar al pueblo también.

    Todos somos imprescindibles, ni unos más ni otros menos. Respetémonos y tomemos ejemplo de todos, no solo de Madrid, creo que dadas nuestras circunstancias deberiamos mirar también hacia Barcelona.


    Un saludo a todos y nos vemos en las asambleas.

    ResponderEliminar
  109. Violeta, imos de revolucionari@s que te pasas, pero falas na lingua do imperio, mentres que eu falo a lingua do pobo galego.

    ResponderEliminar
  110. A "aclaración" non sei eu se non será peor que o texto orixinal. Pretendes decirme que foi unha reacción á proxección nocturna da súa intervención? que estabades fumados? porque o que di é máis ou menos o que vós defendedes. Tedes unha empanada mental incrible.

    ResponderEliminar
  111. Lamentable. Non tedes desculpa. Como o compañeiro de arriba, coido que é ben peor a tentativa de aclaración que o texto que orixinalmente acompañou o vídeo. Pola explicación dada, vese que hai entre os acampados unha xenreira inxustificada cara unha importante parte da poboación galega que leva pelexado moito por este país e as súas xentes.
    Manteño a miña chamadaa a todos os nacionalistas galegos, de calquera liña, para que lle retiren o apoio a este movemento esmorecente e alonxado da nosa realidade.

    ResponderEliminar
  112. rectificar es de sabios. a seguir currando chic@s!

    ResponderEliminar
  113. Polo que di xente doutras asembleas, parece que non só elementos reaccionarios controlan comunicación na asemblea do Obradoiro.

    ResponderEliminar
  114. Tras ler tódolos comentarios verquidos síntome anoxado (de noxo). Ide tomar todos vento. Agora sí da vergoña sentirse galego. Nen que a esquerda tivese o copyright!

    Españolista? UPyD? Ide tomar aire, pero eu sí vin ao "reivindicativo ex-preso" Quintana en Audi pagado por nós. E máis montando chiringos pros colegas en canto puido. ¿O poder corrompe? Efectivamente, independentemente das túas siglas ou pasado. En canto chegas "aisss como mola o chófer".

    A ondear bandeiras e a facer traballo de base mentres eles comen marisco, claro que sí.

    ResponderEliminar
  115. Así non imos a ningún sitio, esta acampada perdeu o norte, que é iso de darlle aos políticos a palabra para logo quitarlla facendo esos comentarios.....osea que el "guay del pepero de Rafa Cuiña" todo ben, "un neno que parace que nunca rompeu unha taza..." Tedes xente na acampada que pasa moito tempo e que se apropio do do discurso de todos, para empregalo ao seu antollo....así eso non tira meus...

    ResponderEliminar
  116. Se queredes recibir críticas, recoñece o erro públicamente e quitade os videos da rede, e estudade ben que facer con eles...esto non se pode convertir nunha cuchipanda de borregos interesados en facerse co movemento, fora tod@s os políticos e os seus discursos, xa estamos cansos de escoitalos, queremos escoitar novas cousas....A LA MIERDA TOD@S, que nos sirva de escarmento....

    ResponderEliminar
  117. Se queredes deixar de recibir críticas, recoñece o erro públicamente e quitade os videos da rede, e estudade ben que facer con eles...esto non se pode convertir nunha cuchipanda de borregos interesados en facerse co movemento, fora tod@s os políticos e os seus discursos, xa estamos cansos de escoitalos, queremos escoitar novas cousas....A LA MIERDA TOD@S, que nos sirva de escarmento....

    ResponderEliminar
  118. Pois si que foi didactico este video. Primeiro polo que di Guillerme, que ademais é certo, o BNG leva loitando (e pode comprobarse) dende moito antes ca nós, por moitas das cousas que loitamos nós. Segundo, polo que deron de si os comentarios (un 90% a favor das tesis do BNG) que nos ubicarón nunha realidade moi descoñecida, pola ocultación que fan os medios de comunicación, do traballo do Bloque. E terceiro, porque vemos que se actuamos to@s xuntos podemos transformar á realidade, podemos conseguir que se rectifique unha actuación manipuladora e interesada (cousa que non foi doada, nin se fixo cando tiña que facerse). As veces @s que queren transformar, reproducen os mesmos erros que os que estan a criticar.

    ResponderEliminar
  119. BNG, GOVERNO GALEGO XA!

    ResponderEliminar
  120. Vale, veña. Fagamos o que vós dicides, declaremos a acampada como nacionalista-independentista, de esquerdas, con un único idioma para todo (logo xa vos poredes dacordo se o galego, galego-portugués, ou portugués) e con apoio total ao BNG. Comezemos xa dunha puta vez a poñer as bandeiras estreladas do nacionalismo ondeando sobre ela. Declaremos que o que fagan en Sol nos importa pouco ou nada porque forman parte do Imperio e son uns imperialistas imperiosos e opresores e que, se acaso, só concordamos (incondicionalmente ou libremente, como queirades) co que fagan na Barcelona gobernada por CiU (por aquilo do irmanamento entre nazóns)Fagamos todo iso , defendamos a circunscripción provincial do franquismo mentres mantemos que queremos unha democracia real xa (ou isto último en realidade non terá a estas alturas xa puta importancia?) Corramos a paus fóra da acampada aos españolistas estes de UpyD que non se molestaron aínda en aprender o o noso idioma (ou idiomas, xa se verá, xa) ou que desconfían dos sacrosantos e inviolables líderes do movemento nacionalista Veñá, fagamos iso... e a ver que tal!?

    ResponderEliminar
  121. Soliño, penso que te quedas ti so co discurso baleiro e banal, falas de extremos e acabas de tocalos todos, realmente non aportas nada, e todo o que dis nada é real, está no túa imaxinación, así cho venderon e así o comprache como un burriño máis......ala ala tirando para diante que é o que fai falla, que queda moito camiño por labrar, e para eso hai que aportar ideas, non sei se estás na praza ou onde estás, pero aportacións positivas é o que fan falla, non gilipolleces..

    ResponderEliminar
  122. Bos días, un pracer comezar a xornada un día máis falando de "política";
    só respostarlle a Evaristo, non teño ningún desacordo có teu cometario, realmente non sei o que me queres dicir, nin de qué aclaración me falas... se te refires a "aclaración do video", eu non teño nada que ver, non son da comisión de comunicación. A miña primeira aportación ía no senso de criticar o desigual tratamento que se lle deu os dous videos: o do PP e o do BNG; partindo de dúas ideas:
    1º a diferencia que hay entre un militante da "derechona" e calquera outra persoa.
    2º e ao mesmo tempo, que a publicación destes videos, lonxe de aportar demasiadas cousas constructivas, únicamente nos ía desviar do noso traballo.

    Tampouco estou en desacordo contigo có tema do galego; non sei xq me recordas que é a lingua da clase traballadora galega e todas esas cousas que todo o mundo sabe. Eu son clase traballadora, falo galego e tamén falo castelán; o meu maior problema é que ademáis para traballar tamén teño que falar inglés (que che me custa moito máis) bueno, realmente o meu problema é que a precaria ensinanza pública deste país me tivo mil anos estudando un inglés de bote, mentras que quen o pdía pagar pasaba as vacances en London, e agora ten menos problemas nas entrevistas de traballo.

    Máis enriba alguén falaba da "circunscripción única". Bueno, ese pareceme un tema máis interesante. O comentario parece dicer que eu defendín a circuncripción única algunha vez; cousa que me asombra, porque penso que nunca falei diso; así que compre algunha aclaración..
    sen dúbida, al circunscripción única responde directamente a idea dun sistema electoral representativo onde unha persoa sexa un voto; Idea que comparto totalmente, se ben hai máis variables a ter en contra como a fórmula de atribución de escanos ou o tipo de Estado ao que se vai aplicar., etc.
    Neste senso, o movemento parece pular por unha circunscripción única, e a verdade e que eu xamáis me posicionei porque me parece un avance; se ben a miña posición persoal, e en relación có modelo de Estdo actual, partía da circusncripción autonómica. En calquera caso, o importante é superar a circunscripción provincial,recollida nos arts.68 e69CE, posto que favorece a exclusión dos partidos non maioritarios (ou o que é o mesmo favorece o bipartidismo ao reducir directamente o número de persoas que poden ser electas) Neste senso, a miña oposición frontal as propostas dirixidas a reducir aínda máis a circunscrupción mediante un sistema de parroquias, como se propuxo algunha vez na acampada; un modelo que nos abocaría, aínda máis se cabe, a un sistema monocolor e caciquil.
    Se se quere profundizar aínda máis, ou mellor dito, se queremos pasar de propostas reformistas a outras máis de raiz, podemos falar tamén de modelos de democracia real dende as bases, dende o pobo, sen partidos políticos, a través da elección dos representantes nos centros de traballo, nos barrios, etc... o debate, sen apriorismos, sempre é bo.

    ResponderEliminar
  123. Ao final, a rectificación cal vén sendo? "Perdoade se vos molestou, pero seguimos tendo razón"? E pur si muove...

    ResponderEliminar
  124. Esta nota dá vergoña allea.

    ResponderEliminar
  125. Para Anónimo das 11:00

    "todo o que dis nada é real, está no túa imaxinación"
    CITO:
    "Anim o chavales, xa tedes futuro: nos gabinestes de prensa do PP ou nos de UDyP con Rosa Diez, que tamén odia os nacionalismos, ps ve paletos!. "

    "Ide correndo votar Upyd ou PP. "
    "Se defendemos cousas que o BNG abandeira dende hai moitísimo máis tempo, é lóxico que nos apoien. "

    "so lles preocupa ir a Madrid (a Sol) a ver que din para inmediatamente facerse eco. "

    "non contedes comigo...ide a Madrid a que vos digan qué facer..."

    "En Catalunya xa se comezou coa petición, dentro das propostas, da autodeterminación das nacións oprimidas por España e os ricos españolitos:(...) Para cando a mesma proposta en Galiza? Ah, claro! Aquí non! Aquí estamos ao que nos manden os do Sol!"
    "Gústevos ou non, estades en Galiza e esta é unha nacionalidade histórica (o di ata o PP), e vos erre que erre con argumentos preconstitucionais que so utiliza UPyD e o PP coa boca pequena. Sodes fascistas e ainda non o sabedes."
    "non somos NÓS, OS NACIONALISTAS GALEGOS, os que compartimos os vosos plantexamentos; máis ben, vén sendo ó revés: sodes vós, os campistas, aínda que proia, os que defendedes teses que NÓS, repito, OS NACIONALISTAS GALEGOS de todas as liñas, tivemos por bandeira en mil batallas ó longo dos anos. "
    "agora son uns concienciados e teñen os santos collóns de criticar á esquerda ( á verdadeira esquerda , non ao PSOE ) que sempre estivo da súa parte e sempre loitaron por eles."
    "desaenmascaremos aos fachaflautas do Obradoiro.
    Vivan os acampados de Catalunya e abaixo o españolismo "
    "#acampadabcn decidiu incluir no manifiesto o dereito de autodeterminación de Catalunya. Unha boa parte da sociedade catalana foi reticente a apoiar o movimiento se entre as reivindicaciones non se atopaba o dereito autodeterminación. A ver se os cipaios do camping miran máis para as nacións irmás e deixan de lamber o cu aos españois. "
    "Nom gosto de ouvir a porta-voz #acampadaobradoiro falar na Rádio Galega na língua do Império Pequeno. "

    "Hai moita xente moi cabreada con vós dende o principio por temas como o de agredir os dereitos dos galegofalantes, maioritarios nos movementos sociais, ou de repetir de forma acrítica as consignas de Madrid"

    "Como imos ir contra banqueiros e empresarios da man de colonizadores, invasores, represores... e para máis gaita falando o seu (si; o SEU) idioma?"
    "falas na lingua do imperio, mentres que eu falo a lingua do pobo galego. "
    "Vanse quitando as caretas os axentes do españolismo."
    "Se fose por ti xa non existirian a provincia de Lugo ou Ourense, xa que os seus votos aínda valerian menos do que valen comparados co dos españois. "

    Todo isto se dixo. Teño unha imaxinación eu...

    E xa paso de seguir con isto, é como falar coas lousas do chan.

    ResponderEliminar
  126. Otia Sosiño, agora de repente cambiache todo o discurso...que pasa contigo tío??? lee o primeiro e lo o segundo, veña manda un terceiro agora, penso que ao final acabarei estando de acordo coa túa opinión.....

    ResponderEliminar
  127. Propongo que nunca más se hable de personas que se dedican a la política, a menos que sea realmente importante y esté directamente relacionado con la acampada(eje: Conde Roa diciendo públicamente que sóis cochambre o Touriño diciendo que va a tomar medidas para levantar la acampada). Lo que piense un político título individual y sea expresado a través de cauces no públicos, no debería aparecer en el blog.
    Me parece de sentid común para el tema del apartidismo. COHERENCIA y retirad ambos videos, q no vienen a cuento.

    ResponderEliminar
  128. A min o único que me gustaría sería que se fixera o esforzo intelectual ou se maduraran aspectos básiquisimos para poder simplemente dialogar nun contexto de entendemento. E para que non pasen cousas coma esta onde a inmadurez de crer no dialogo do neofascismo fai que se crea que os discursos non teñen carga nacionalista. Sosiño pon un exemplo extremo para intentar explicar como a defensa da autonomía dun pobo sempre é extrema o cal é que é trivial ver que non é asi, podemos ir de menos infinito a máis infinito nesa carga, pasando por cero polo anaquismo, ou incluso anarcocapitalismo e deixar de falar de grupos sociais. Pero é que este é un movemento que so busca unha representación demócratica máis xusta pero é que para iso é intrinseco falar do achegamento dos organismos de decisión pública á xente, de que os galegos poidamos transladar as nosas cuestións directamente á instancia política e para iso temos que falar de autonomía e autoxestión de Galicia. Iso ten carga nacionalista por suposto moderada e democrática pero o inmaduro é ver como xente que se encarga da comunicación da acampada pasa de falar de plurinacionalismos e federacións a ataques pueriles ao nacionalismo galego por considerarse equidistantes ou alleos ao debate e o único que sucede é que non se enteran do que falan ou é que nunca se pararon a pensalo. Un erro ao meu ver. E a mellor solución está no dialogo.

    ResponderEliminar
  129. PUNTO D INFORMACIÓN: xq parece q algúnha xente pensa que participo da comisión d comunicación; e acabo d atopar o motivo: nalgún inte comecei un cometario dicindo " escribin este post", pero quería dicir "escribin este comentario". Vamos, q non son da comisión de comunicación!!!!

    ResponderEliminar
  130. viva a demagoxía!!! viva!!!

    ResponderEliminar
  131. "¿Que nos dixo?"Alegrome de verte...moi boa sorte", se esta foi a reacción que tivo a maior parte das persoas que viron as declaracións nese "pase nocturno",non podo decir mais que DECEPCIÓN!!!. Se pola contra, catro iluminados decidiron facer ese comentario e con el tentar manipular, e digo tentar, porque só con ver as declaracións, calquera persoa con dous dedos de frente pode ver claro o que dixo Guillerme Vazquez:
    -Defensa da rexeneración democrática (¿non era iso o que se pedia dende as acampadas?)
    -Maior autogoberno (¿non se defende iso cando se fala de darlle unha maior representatividade ao pobo?)
    -Defensa dos dereitos das persoas por riba dos dereitos do capital (¿non defendía iso este movemento?)
    Pois nada, rapazas e rapaces, xa vai sendo hora de que se aclaren obxetivos e reivindicacións, e que se loite dende galiza. Deixovos cunhas palabras dun home que loitou pola terra:"A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle da de comer a unha vaca non ten dereito a muxila". Castelao.

    ResponderEliminar
  132. Eu traballei nas empresas do Cuiña e sempre pagaron ben e tratan con respecto á xente. O que diga o contrario minte, e ó mentir difamades. Rafa Cuiña é bo tío, aínda que sexa fillo dun ppero. Bastantes problemas ten no ppmerda por ser como é.

    ResponderEliminar
  133. O voso non é unha desculpa, unha desculpa é sincera e admite que se errou, o voso é intentar tapalo con nonseiqué. Se non rectificades de verdade, retratarédesvos.

    ResponderEliminar
  134. Isto non é unha desculpa nin unha rectificación, senón un lavado de cara no que se di que se desculpan "PERO"...

    Cada vez paréceme peor o xeito de levar a comunicación...

    ResponderEliminar
  135. http://firgoa.usc.es/drupal/node/49...

    ResponderEliminar