elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

jueves, 9 de junio de 2011

Concentración na Xunta

GALEGO

Acampada Obradoiro convoca hoxe, día 9 de xuño, a toda a cidadanía galega nas portas da Xunta de Galicia (San Caetano, Santiago de Compostela).
Tal concentración vén motivada pola continua indiferenza que amosan os políticos galegos coa situación económica e social e a completa ignorancia sobre as nosas reivindicacións. Así, aproveitando que mañá se realiza unha reunión do Consello Galego (Presidente e Conselleiros) queremos ir a que se nos escoite, a facer a política enfronte deles.
Reunirémonos ás nove da mañá na praza do Obradoiro para saírmos de camiño á sede da Xunta.
A concentración será continuada no día, así que se podedes vir máis tarde estades convidados a facelo. Saca a túa indignación. Non sigas a ser un voto máis, unha cifra de enquisa, un títere nas mans dos que exercen o poder. Faite oír!


CASTELLANO

Acampada Obradoiro convoca hoy, día 9 de junio, a toda la ciudadanía gallega a las puertas de la Xunta de Galicia (San Caetano, Santiago de Compostela)
Tal concentración está motivada por la continua indiferencia que muestran los políticos gallegos con la situación económica y social, y la completa ignorancia sobre nuestras reivindicaciones. Así, aprovechando que mañana se produce una reunión del Consello Galego (Presidente y Conselleiros) queremos ir a que se nos escuche, a hacer política enfrente de ellos.
Os reuniremos a las nueve de la mañana en la praza do Obradoiro para salir de camino a la sede de la Xunta. La concentración será continuada en el día, así que si podéis venir más tarde, estáis igualmente invitados a hacerlo. Saca tu indignación. No continúes siendo un voto más, una cifra de encuesta, un títere de los que ejercen el poder. ¡Hazte oír!

10 comentarios:

  1. estades de coña? non vai a ir ninguén. entre que a xente traballamos e convocades con horas anticipación, eso chámase ser previsor. #acampadaSCQ DEP

    ResponderEliminar
  2. al anónimo anterior, que eu tamén traballo, hoxe quedanme 8 horas mais... DEPerias pirarte.

    ResponderEliminar
  3. que acuda xente!!! que parece que a policía prepárase para cargar!!

    ResponderEliminar
  4. Hoy la cagasteis bien cagada. Haceis una convocatoria de madrugada para concentraros al día siguiente a las 9 de la mañana. Parece que vais a corriente de las demás acampadas del resto del Estado. Pase por alli dos veces, la casualidad hizo que tuviera que acercarme precisamente hoy a la Xunta, el espectáculo era esperpéntico. Lo siento, no os entiendo.

    ResponderEliminar
  5. QUÉ FUERTE! ESTÁ TODO EL MUNDO BIEN? Y YO DURMIENDO DESPUÉS DE UN EXÁMEN...ME SIENTO FATAL!
    Ya sabéis lo que dijo Ghandi, "Primero te ignoran, luego se ríen de ti, después te atacan, entonces ganas"
    Ánimo a todos!

    ResponderEliminar
  6. Estas cousas non se deberían facer así. É responsabilidade de cada un de nós que a mensaxe do 15M chegue o máis lonxe posible e o máis claro posible. E tamén que os símbolos sexan heteroxéneos e útiles, é decir: unha sentada de 2.000 persoas de tódalas idades e condicións ten moito sentido. Unha sentada de 20 persoas dun só perfil da unha imaxe lamentable e fai moito dano ó movemento de cara ás moitas persoas que aínda non teñen claro de qué vai. Habería que reflexionar un pouquiño. Non quero ser malo, pero estiven en conversas no Obradoiro das que se desprendía que algunhas persoas estaban DESEXANDO levar un bó porrazo pra lucir feridas de guerra que elevasen o seu status revolucionario. ¿É isto o que se perseguíu nesta ocasión?. Veña ho, máis seriedade e sobre todo máis intelixencia colectiva. É a miña opinión persoal.

    ResponderEliminar
  7. Xaquín...non poderías expresar mellor os meus pensamentos

    ResponderEliminar
  8. A Confederación intersindical Galega (CIG) chama a todos os parados de Galicia a mobilizarse contra as políticas económicas actuais, que "camiñan cara a un tipo de modelo produtivo que para nada axuda a recuperar a actividade económica e o emprego". Para iso, organiza unha marcha que arrancará o próximo mércores día 29 de xuño das diferentes cidades da comunidade e chegará a Santiago de Compostela catro días despois, o domingo 3 de xullo.

    ResponderEliminar
  9. Firma como un cidadán, non coma un sindicato. Deixadevois de individualismos e colectivismos e ir cada un a súa puta bola. Sen uniónnon se fai nada. Vou crear un sindicato de galegos que falan suajili para tirar do meu. O importante é que o sistema fracasa. O resto pot outras vías. As vosas de sempre, pero deixade de aproveitarvos que ademáis só dades mala imaxe.

    ResponderEliminar
  10. unaoquellequitaronuncomentario12 de junio de 2011, 21:26

    Aquí non se poden por citas de Gandhi?

    ResponderEliminar