elementos de acampadaSCQ Máis no mural de acampadaSCQ

lunes, 6 de junio de 2011

Informativo da #acampadaobradoiro: 5-6 de xuño.

Nova edición do Informativo Obradoiro.
Disfrutadeo!!!!

-----------------------

Nueva edición del Informativo #acampadaobradoiro
Disfrutadlo!!!!


31 comentarios:

  1. Parece que vai decaendo a cousa non? E polo que parece a sociedade galega parece cada vez mais alonxada destas reivindicacións, por non mencionar a mala imaxe que se está dando nos medios de comunicación con esas polémicas sobre ataques fora de lugar a xente que vai apoiar o movemento.

    ResponderEliminar
  2. Isto é algo que xa non vai parar, porque xa transpasou fonteiras. Pode que os medios o criminalicen e intenten cortalo, pero é unha tela de araña ben enraizada en todo o planeta. E gracias á enconomía que non para de decaer, o mundo está comezando a abrilos ollos, tranquilo que teremos indignados para rato. Entre eles eu.

    ResponderEliminar
  3. Que peniña, co ben que empezara esto, e agora pola vosa culpa (video de Guillerme do BNG) estamos na boca de todos pero por deformadores e manipuladores da información. Non sei que pretendedes intentanto facer politica sectaria e dereitosa e facendo informativos nos que xa non cree ninguén. Nada, seguide asi, todo dereito ata o descredito total.

    ResponderEliminar
  4. Está moi ben que abriras os ollos, amigo visionario. Pronto te decatarás de que nada desto é casual e de que o movemento leva en marcha desde bastante antes ca tí tiveras a ben levantar os ollos da play. No entanto, suxíroche que reflexiones sobre o erro de insultar á xente cuxo traballo logrou que os abriras, por que levan 24 horas tratando de axudarte a correxir o erro que cometeches. Se tí aínda non estás preparado, haberá que axudar a quen si sexa capaz de facelo. Comprende que non é algo personal.

    ResponderEliminar
  5. A min gustaríame poder disfrutalo pero co mal rollo que estades creando os de comunicación co tema de metervos cos do bloque a verdade é que se lle quitan as ganas a calquera. O próximo qué vai ser, poñer eso de "reservado el derecho de admisión"? Si non cabemos todos nesto entón mellor chapamos o chiringuito e quedamos como estabamos.

    ResponderEliminar
  6. Hai un erro no título desta entrada. En vez de "5-6 de xuño" é "05/06", ou sexa, 5 de xuño.

    ResponderEliminar
  7. http://i21.servimg.com/u/f21/12/81/01/95/a10.jpg

    ResponderEliminar
  8. Y de la reunión de Madrid se sabe algo?

    ResponderEliminar
  9. Como tedes todo en español (a locución do vídeo, os apartados do blog...) parece que queredes excluir á xente que fala galego. A verdade é que un pouco raro. É normal que a xente desconfíe e pense que sodes os típicos listillos que veñen de Madrid a decirlle aos galegos o que hai que facer.

    ResponderEliminar
  10. Lo he puesto en otro comentario, pero no me extraña que haya tan mal rollo y por eso lo pongo otra vez, perdón por repetirme, pero: hay un hecho fundamental por el que esta polémica DESACREDITA a la acampada: decenas de personas (¡más de 80 solo en este blog!) han mostrado aquí su opinión mayoritariamente EN CONTRA del comunicado de los de comunicación contra Guillerme Vázquez, no consensuado con la asamblea. A pesar de ello, los de comunicación hacen oídos sordos. ¿Es esa la democracia real que se promueve? Como dice el refrán: "Hechos son amores y no buenas razones". Esta polémica está desacreditando al movimiento.

    ResponderEliminar
  11. "Les comisions cest la dictadure".

    ResponderEliminar
  12. Na #acampadabcn recollen o dereito de autodeterminación como reivindicación propia. E na #acampadaobradoiro, non se pronuncian nese ámbito?

    Está claro que estades fora de lugar. Non recoñecedes quen é o inimigo...

    Non pode haber ningún tipo de democracia real nesta españa centralista. Non pode existir liberdade en nacións escravas... e, por suposto; non se pode sair avante nunha revolución nunha lingua allea (a mesma que vós empregades).

    Ao principio uninme ao movemento 15M, mais agora decido marchar, porque estades a defender postulados filoespañois.

    Xa o dicía o franquista: "prefiero una España roja que una España rota". Cando estabamos a piques de romper o estado e liberar ás nacións e á clase obreira... apareceu o 15 M para impedir que unha revolución real sucedese... Conmigo non contedes. A miña España será "roja y rota". ...e no idioma dos invasores que falen os invasores (de dereitas e de esquerdas)

    ResponderEliminar
  13. por favor; algúen pode lexendar o video en Galego para que os que somos galegos entendamos algo?. Eu non comprendo o Koruño. Grazas!

    ResponderEliminar
  14. O movemento é moi importante porque espertou conciencias e reviviu métodos democráticos de participación, pero agora toca organizarse en torno a ideas, programas políticos, etc, que, loxicamente, non serán iguais: haberáos nacionalistas e outros que non. Iso si: hai que manter as reivindicacións básicas e o espíritu. Sobre comunicación... prefiron non dicir nada.

    ResponderEliminar
  15. Xa estades os galeguistas intoxicando as cousas. Temos que estar unidos, loitando contra o inimigo comun, non importa o idioma no que o fagamos. Lembrade que xa se perdeu unha guerra por pelear entre nos. Estades facendo un flaco favor a revolucion. Reflexionade, por favor.

    ResponderEliminar
  16. Pero que vos costa rectificar. O se lle dá a importancia que ten ao galego, ou esto xa esta morto!
    Medio pais non quere que discriminedes o idioma propio a favor dun alleo.

    ResponderEliminar
  17. Ya están los regionalistas y terroristas con sus exigencias! Libertad para escojer la lengua!

    ResponderEliminar
  18. xa estades os españolistas intoxicando as cousas. Temos que estar unidos, loitando contra o inimigo comun que é España, o capitalismo e a imposición do castellano en Galiza, non importa o que fagamos. Lembrade que xa se perdeu unha guerra por pelexar os galegos entre nós. Estades facendo un fraco favor á revolución. Reflexionade, por favor.

    O españolismo é fascismo!

    ResponderEliminar
  19. O 15M perdeu a batalla cando decidiu apoiar o centralismo españolista. Imaxinades o diferente que serían as cousas se apoiasen as linguas minorizadas (lembrades as 100.000 persoas no Obradoiro?)ou o dereito á independencia das nacións oprimidas polo estado (compre falar dos CENTOS DE MILES de manifestantes en movilizacións en Euskadi, Catalunya ou Galiza?)... todo isto, evidentemente, coas reivindicacións coas que todos estamos dacordo.

    Ora ben; escolleron a opción españolizante e ficaron sós

    ResponderEliminar
  20. non todos son iguais. en barcelona acordaron solicitar o dereito de autodeterminación. pero os cataláns son xente máis concienciada que os galegos. é unha pena que estea pasando isto. levo movilizándome desde os 16 anos e esta é a primeira vez que un movemento de protesta emprega o idioma dos banqueiros e represores españois. enfin.

    ResponderEliminar
  21. Isto é o que sacamos en conclusión http://www.youtube.com/watch?v=BQ8iaqoby3Y

    ResponderEliminar
  22. http://globalizate.org/taibo050611.html

    ResponderEliminar
  23. Sería importante saber que opinan en Madrid de todo esto.

    ResponderEliminar
  24. Se tedes tanto que debatir e falar, vide á asemblea da praza do Obradoiro a aportar a vosa voz. Internet non é un lugar fiable para mesurar a cantidade de xente en desacordo cos métodos de comunicación-audiovisual. Menos trolleo e máis dar a cara.

    ResponderEliminar
  25. Esto é unha casa de putas, se quero falar en galego falo en galego e ninguén me vai impoñer o castelán. Porque estou en Galicia e falo galego.

    Esto es una casa de putas, si quiero hablar castellano hablo en castellano y nadie me va a imponer el gallego. Porque estoy en España y hablo castellano.

    De aquí podemos deducir unha doble implicación: Por ser Galicia unha comunidade autónoma bilingüe, podo falar en castelán ou en galego (e viceversa) e ninguén mo vai prohibir.

    De aquí podemos deducir una doble implicación: Por ser Galicia una comunidad autónoma bilingüe, puedo hablar en castellano o en gallego (y viceversa) y nadie me lo va a prohibir.

    E por certo, os que vos queredes independizar non sodes máis galegos ca min, ademáis de que sodes os menos.

    Y por cierto, los que os quereis independizar, no sois más gallegos que yo, además de que sois los menos.

    ResponderEliminar
  26. Acabades de ver a onde leva o bilinguismo ármonico do PP. Esta persoa está mal, moi mal. E claramente a favor do castelán, ainda que disimule.

    ResponderEliminar
  27. hahahaha! Estoy en España y hablo castellano. ????? Non deberías dicir iso de "estoy en castilla y hablo en castellano"? Ah non! resulta que estás en Galicia e por iso falas Galego!!

    ou é que en España só existe o Castellano? O Castelán é a lingua rexional de Castela imposto pola forza aquí en Galicia! As demais linguas son todas igual de españolas que o castelán, ou non? Quen é o separatista???

    ResponderEliminar
  28. A asamblea debe buscar o autogoberno, a asamblea do meu barrio debe buscar o autogoberno do meu barrio, a asamblea do meu pobo debe buscar o autogoberno do meu pobo, idem na vosa cidade, etc. etc.

    Hai traballar por crear un movemento asambleario que busque a democracia na base e que teña poder de decisión e acción na vida diaria.

    As grandilocuentes chorradas de consenso de mínimos ou a tontada da reforma electoral que vai acabar coa corrupción política e cambiar o mundo enteiro antes do vran. Todo eso valeu para sair as rúas xuntos, pero para nada máis. Canto antes nos deamos conta de que a nosa responsabilidade é traballar por cambiar a realidade desde a nosa vida diaria e desde abaixo, pois mellor.

    ResponderEliminar
  29. Enton según o teu razonamento, todos debemos saber catalán e vasco? Se nos poñemos así, solicito que faledes en bable, xa que tan progres sodes.

    Mira, vou ser sincero, si vos queredes separar, pirade para portugal. Eu son galego de Galicia, non de Galiza nin hostias. E Galicia non é un país, é unha comunidade autónoma. E desde logo, ningún de vos é máis galego ca min, que levo toda a vida en Galicia, nacín en Galicia e vivo en Galicia. Son de ezquerdas e non soporto ás dereitas. Peor non escribo en portugués, porque non o son. Todos os que vos credes máis galegos que os demáis, sodes unha pouca merda.

    ResponderEliminar
  30. Debería existir unha comisión para a "mediación de problemas" que ensine a falar e discutir.

    O problema é que nadie quere baixar da burra, moito dano fixo cronicas marcianas..........

    ResponderEliminar